Seguimos coa destrución

Segundo un estudo, os anfibios son os animais vertebrados que teñen máis posibilidades de extinguirse debido á súa meirande parte por consecuencias que teñen que ver co ser humano.

O 30% de especies de anfibios no planeta aparecen como especies ameazadas no catálogo da Unión Internacional para a Conservación da Natureza . Un dos últimos feitos que descubriron uns investigadores é que nas rexións onde máis anfibios hai é onde as tres ameazas que facilitan a extinción dos tipos máis abundantes de anfibios ( as píntegas, as rás e as cecilias ) son máis patentes. A destrucción do seu hábitat polos cambios no uso deste territorio (uso do monte como novo polígono industrial), o cambio climático e un fungo chamado quitridios, son as causas máis graves de extinción.


Autor: Aleksei Nogueira

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Cambio Climático, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

37 Responses to Seguimos coa destrución

  1. fab-paulaalba di:

    A desaparición dos anfibios é sinal do empeoramento que o medio ambiente está a sufrir.
    Ademais do seu valor na biodiversidade, os científicos están interesados nas propiedades
    médicas que teñen as secrecións da súa pel. Pese a isto, o ritmo de desaparición de anfibios é
    cada vez maior, e nos últimos 25 anos desapareceron arredor de 122 especies.

  2. Victor di:

    Credes que hai algunha razón pola que os anfibios poidan ser máis sensibles á destrución de ecosistemas ca outros grupos de vertebrados?

    • faa-damianlores di:

      A razón de que os anfibios sexan máis sensibles a contaminación é que poden vivir en dous medios, no ambiente acuático e terrestre. Tendo a posibilidade de respirar pola nariz ou absorver o osíxeno da auga a través da pel.
      Grazas a súa versatilidade pode ser adaptados a diversos ambientes acuáticos pero eso provoca que sexan máis sensibles a contaminación.

    • faa-victorinosouto di:

      Os anfíbios son máis sensibres a destrución do ecosistema porque poden habitar en dous espazos e necesita os dous. Cando por exemplo se destrue un lago para nel facer calquera actividade pois obligamos a desplazar todos eses animais que vivian nel o cal non todos sobreviven devido a que necesitan os dous medios tanto auga como terra para satisfacer as suas necesidades de reproducción, alimentación,…

    • fab-paulaalba di:

      Os anfibios viven nos hábitats terreste e acuático. Por iso é máis fácil que se vexan afectados pola ameaza de calquera dos dous hábitats, xa que necesitan dos dous para sobrevivir.
      Ademais, o quentamento global causado pola contaminación modifica as súas condicións de vida, xa que provocan aparición de novas enfermidades nos anfibios.

    • fab-antiachantada di:

      Os anfibios son animais vertebrados que viven entre dous medios: o acuático e o terrestre. Polo que teñen a facultade de respirar pola nariz (aspiran CO2) pero tamén pola pel, é dicir, que poden absorber o osíxeno do aire respirando pero tamén tomalo a través da auga respirando pola pel. Isto fainos máis sensibles á contaminación xa que ao ter a pel tan sensible fainos moi vulnerables por iso cando hai un lago ou río contaminado se fai un estudo dos anfibios que habitan nel.

    • fab-robertootero di:

      Os anfibios son mais vulnerabeis a outros vertebrados por que o seu organismo precisa vivir nos dous ecosistemas, e dicir, na terra mais na auga. Polo tanto se lle falta un dos dous ecosistemas nn poderian sobrevivir e morrerian.

    • fab-robertootero di:

      Os anfibios son mais vulneraveis ca outros vertebrados porque o seu organismo precisa do dous ecosistemas, e dicir, a terra e mais a auga. Polo tanto se nn pode ter contacto con un dos dous ecosistemas non podería sobrevivir e morrerian.

    • faa-antoniomrodino di:

      Os anfibios son importantes porque se alimentan de insectos e así axudan ao control de zancudos e doutros insectos que transmiten enfermidades aos seres humanos, ademais de que serven como un bioindicador da saúde dun ecosistema.
      A contaminación no ambiente é o principal factor que afecta aos anfibios, xa que estes respiran pola pel, o que fai que a través do sangue, as substancias nocivas sexan transportadas ás súas células, xerándolles enfermidades que en moitas ocasións lévaos á morte.
      En xeral, son moi sensibles á degradación do seu medio, o que os leva a ser seres vivos moi ” delicados” dentro dun ecosistema.

  3. fab-isaacabal di:

    O quencemento global ten un impacto sobre a biodiversidade e o ecosistemas. Esta condición non está xeralizada sobre todas as especies. Os grupos máis sensibles son os anfibios porque realizan a respiración a través dunha pel moi delicada, sen escamas ou pelo, son moi vulnerables a luz solar.

  4. faa-borjavarela di:

    Como di Damian os reptiles poden vivir nos dous terreos pero coma vertido de cntaminantes na auga fai que non podan ir sen que perigue a sua vida o q fai q se teñan que quedar na terra pero como o cambio climatico está presente non se poden quedar mioto tempo na terra xa que se podrían secar e polo tanto morrer. Por eso necesitan dos dous medios para sovrevivir e si non poden estar en un ó final acabano sufrindo gravemente.

  5. faa-emilioabal di:

    Un dos causantes desta desaparición é un fungo quítrido, causante da quitridiomicosis (. O cal perxudica seriamente a pel dos anfibios, órgano vital para estes e imprescindible para su equilibrio hídrico, gasoso e defensa inmunolóxica. Unha das causas responsables da extensión desta enfermidade infecciosa é o cambio climático, que fai que os días sexan más calorosos, as noites máis frías, cambios no patrón das chuvias, perdida do hábitat…, co que o fungo consigue unhas condicións ideais para su desenvolvemento e proliferación.

  6. fab-mariajblanco di:

    A man do home é a principal causa deste acontecemento, pero tamen existen outras causas como poden ser a destrucción do seu habitat povocado polo home,a introducción de especies foráneas e tamen a cantaminación e a caza indescriminada que sofren os animais.
    Si estos animais desaparecesen teria fortes consecuencias como, o aumento das plagas polo tanto grandes perdidas económicas e un aumento da poboación de insectos vectores de enfermidades.

  7. faa-noarivas di:

    A extinción de moitas especies animais é un problema que levamos tras de nós dende hai moito tempo.É certo que os anfibios son os que máis sofren xa que son moi sensibles, pero hai moitas outras especies de mamíferos e acuáticos que tamén están en perigo de extinción e na meirande parte por cazas ilegais: como as baleas, que utilizan as súas graxa para facer cosméticos, cremas, productos farmacéuticos…etc.

  8. Victor di:

    Entre as ameazas están o cambio climático, a destrucción dos ecosistemas eo ataque dun fungo. Explicade algo as dúas últimas causas como afectarían?

    • faa-paulagondar di:

      A destrucción de ecosistemas afecta gravemente non só á extinción de anfibios, senón doutras especies tamén.
      Cando un ecosistema se destrúe , por calquera razón como pode ser por deforestación, degradación da terra ou cultivo intensivo, a onde van parar os seres vivos que nel habitaban¿? Estes seres vivos vense obligados a marchar para poder sobrevivir, pero moitas veces non atopan o lugar adecuado, e pouco a pouco vanse extinguindo. No caso dos anfibios, un 21% está en perigo de extinción por esta e outras razóns.

    • faa-fernandogarcia di:

      E sobre os fungos: é certo que algúns casos poden ser nocivos para o medio porque existen especies de fungos que producen substancias químicas perigosas. Se unha desas especies aparecese poderían suceder varias cousas, que dependen do medio de transmisión deses axentes químicos: poderían afectar á cadena alimentaria infectando plantas e por tanto aos animais que as comen, podería rematar con moitos animais ao transmitirse polo aire, etc. As causas son variadas pero a consecuencia unha mesma: o desequilibrio do ecosistema

    • faa-antoniomrodino di:

      A destrucción dos ecosistemas pode afectar, en trazos xerais, ademmais dos seres vivos que conforman ese ecosistema, obviamente, aos animais que se alimentan dese propio ecosistema formando unha cadea ou rede trófica. As causas poden ser varias, sendo moitas pola propia acción do ser humano, ou por plgas de animais dominantes neses ecosistemas, como exemplo.
      Por outra banda, o ataque dun fungo pode afectar tanto a vexetais, como poden ser as vides dunha cepa de viño, e mesmo a animais, como é o caso dos virus, un intermedio entre bacteria e célula aínda sen xustificar.

  9. faa-paulagondar di:

    Aparte dos outros moitos efectos que produce o quentamento global, o que esta a suceder dende hai algúns anos é a ateración dinámica dun fungo da pel que resulta fatal para os anfibios.
    Por exemplo, nos nubosos bosques de Costa Rica a rana alerquín de Monteverde desapareceu a finais dos 80. Usando rexistros de temperaturas da superficie mariña e do aire, mostrouse que estas rás desaparecían á vez que a temperatura iba cambiando. A elevación das temperaturas da Terra reforza a cuberta de nubes nas montañas tropicais. Isto provoca días máis frescos e noites máis calurosas, favorecendo ambas cousas ó fungo Chytrid, que se reproduce mellor nesas condicións.

  10. fab-isabelcouceiro di:

    O malo do cambio climático e a destrución dos ecosistemas, ademáis de enfermidades que poden chegar a matar aos anfibios se non se curan, é que non son os únicos que sofren e sufrirán as consecuencias. Se estes problemas non se solucionan agravaranse, provocarán o mesmo efecto noutras especies animais ao igual que o está a facer hoxe nos anfibios. Dende os animais máis débiles aos máis fortes, podendo chegar ata nos.

  11. faa-angelfigueiras di:

    A enfermidade causada polo Batrachochytrium dendrobatidis chamada quitridiomicosis. Causa nas ranas infectadas lesións na pel e hyperkeratosis, e crese que a morte é causada porque o fungo fai imposible que os anfibios poidan respirar a través da pel. O tempo dende a infeción ata a morte calculadose en 1 ou 2 semanas en probas experimentais.

  12. fab-raquelblanco di:

    A destrución de habitats é o proceso polo cal un hábitat natural non é capaz de soportar as especies orixinarias do mesmo. As plantas e animais queo utilizaban son destruidas ou forzadas a emigrar, xomo consecuencia hay unha reducción na biodiversidade.As causas principais da destrucción de habitats son a minería, a tala de árbores, a sobre pesca…
    A destrucción de habitats é actualmente a causa máis importante na extinción de especies no mundo. As causas adicionais incluyen a fragmentación de habitats, cambios climáticos, especies invasoras, alteración dos nutrientes…

  13. Victor di:

    Cales e como son os ecosistemas característicos dos anfibios? A destrución dese tipo de ecosistemas está relacionada coa pouca utilidade práctica que o ser humano ve neles?

    • fab-antiachantada di:

      Aos ecosistemas dos anfibios denomínanselle manglares, son comunidades de árbore se arbustos que viven en zonas costeiras, en zonas intermareales, é dicir, en áreas de transición entre o mar e a terra. Como por exemplo os deltas, as lagoas costeiras e incluso os bordes de illas en mar aberto.
      En parte si porque o que contamina estes medios e o ser humano pero aínda así a destrución de estes ecosistemas supón grandes pérdidas para a economía mundial e para o sustento de millóns de persoas, nas últimas tres décadas o planeta perdeu unha quinta parte destes ecosistemas, e a pesar dos esforzos que os países fixeron para intentar restauralos séguense a perder a un ritmo de tres a catro veces maior.

    • faa-manuelbusto di:

      Os anfibios soen vivir en ambientes húmidos, xa que a auga é unha parte esencial para eles. A auga doce mantén a humidade da súa pel, e é necesaria para a reproducción principalmente para especies que pasan gran parte da súa vida como larvas acuáticas.
      Aínda así moitos anfibios se adaptaron a vivir nunha sorprendente variedade de hábitats como charcas, árbores, bosques, desertos…

    • faa-adrianfeijoo di:

      Os anfibios habitan zonas húmidas,como bosque,ríos,lagos …
      O ser humano hoxe en día está a prexudicar xa que os anfibios están desaparecendo debido a destrución dos seus ecosistemas debido a deforestación , o cambio de uso do solo ,e a contaminación ambiental danan a auga e o solo das zonas que estas especies teñen como medio de vida.Un exemplo desta contaminación e o uso de fertilizantes que rematan por contaminar as súas augas.

    • fab-cristinaporto di:

      Xogan un papel importante no ecosistema tanto como depredadores como presas, mantenendo o delicado equilibrio da natureza. Actúan como controladores de plagas, o que é fundamental para o éxito da agricultura e reducen a proliferación de enfermidades como a malaria.A súa pel produce substancias que eliminan microbios e virus, sendo unha prometedora e posible cura para diversas enfermidades. Son o único grupo de vertebrados que xeneralmente posen unha fase de vida acuática (larvaria) e outra terrestre (adulta), o que lles fai sensibles as alteracións en ambos medios.

    • faa-paulagondar di:

      Os ecosistemas dos anfibios son lugares húmidos como bosques, ríos no seu curso inferior, charcas,manglares, etc. A auga xoga un papel imprescindible nesta especie, posto que necesitan manter a humidade da súa pel, e dado que os anfibios poñen os seus ovos no medio acuático.
      Destes ecosistemas, o ser humano extrae varias materias primas como a madeira, polo que utilidade práctica si que teñen. A destrucción destos ecosistemas pode vir dada, precisamente, pola extracción excesiva destas materias primas, que poden producir que estos ecosistemas se sequen. Como por exemplo a deforestación para asentamentos humanos, zonas turísticas, infraestructuras. Tamén o feito de que se reduzca o fluxo da auga por motivos de rego, pode producir a destrucción do ecosistema, ou a súa propia contaminación.

    • faa-iriagondar di:

      Se nos chegaramos a destruír o t dos anfibios sería un problema pero eles serían quenes de adaptarse a un medio que reúna as seguintes condicións: o lugar ten que ser húmido e sombreado, vivir en lugares que non sexan secos e recoller auga de superficies húmidas e molladas. Como comprobamos nas condición ditas a auga é fundamental para a vida dos anfibios. O anfibios raramente beben auga aínda que algo inxiren co alimento. Posúen vulnerabilidade para captar e perder auga rapidamente pero moitos anfibios xa adaptan o seu comportamento a estrutura da superficie da súa pel e son capaces de vivir en sorprendente variedade de hábitats: charcas e arbores ( aproveitando a auga que recollen nos ocos das follas), desertos , etc.

  14. faa-iagogonzalez di:

    Os manglares son os “ecosistemas anfibios” por excelencia da natureza: son comunidades de árbores e arbustos que viven nas zonas costeiras dentro das zonas intermareais, é dicir, nas áreas de transición entre o mar e a terra firme. Pódeselles ver ocupando os deltas nas desembocaduras dos ríos, en estuarios, lagoas costeiras e incluso, nos bordes de illas no mar aberto. Estes ecosistemas constitúen complexos ensamblaxes de especies que, aínda que non son moi diversos, reúnen numerosas especies de plantas epífitas, parasitas, crustáceos, moluscos, aves e peixes.

  15. faa-nereapaz di:

    Os anfinbios adoitan asentarse en zonas con abundantes árbores en arbustos nas zonas costeiras e nos deltas dos rios. A auga é un factor moi importante para o desenvolvemento desta especie xa que os afibios pasan moito tempo na auga.
    Pola acción do ser humano, estes ecosistemas están sendo destruídos ben sexa para a construción de infraestruturas , zonas turísticas,etc.
    A contaminación do solo e da auga polos fertilizantes tamén proporciona un factor negativo para a supervivencia destas especies.

  16. Victor di:

    Cal é para vos a importancia de conservar a biodiversidade?

    • faa-luciasantos di:

      Dende o meu punto de vista, a conservación da biodiversidade é fundamental para o ecoloxismo. Debemos ter en conta que moitas das especies que actualmente están desaparecidas ou en perigo de extinción é pola obra do ser humano. Penso que é indispensable conservar a maior parte das especies, sobre todo, aquelas que cumplen unha función irremplazable dentro dun ecosistema ou que poden ser vitales para a conservación da diversidade. Tanto en especies animais como en vexetais, hai especies que teñen funcións dentro da cadea trófica, que a súa desaparición causaría a inestabilidade dentro do ecosistema, como por exemplo, a función polinizadora das abellas ou os organismos edáficos, encargados da descomposición da materia. Polo tanto, o coidado da biodiversidade é un problema actual, que nos afecta a todos e polo que nos interesamos ben pouco.

    • fab-rosammillan di:

      Actualmente a tasa de desaparición de está en 100 especies/día. É dicir a finais de ano 36500 desaparecen no noso praneta.
      As importancias de conservar a biodiverdidade son:
      1. Razóns científicas:dende o estudo da evolución ata a obtención de productos curativos.
      2.Razóns ecolóxicas: Depuran a auga e o aire e impiden a desertización.
      3.Razóns estéticas: xeran a paisaxe.
      4.Razóns económicas:manteñen a economía do praneta enteiro xa que é de donde se obteñen as materias primas,permitenos a agricultura e a gandería.

    • faa-antoniomrodino di:

      O valor esencial e fundamental da biodiversidade reside en que é resultado dun proceso histórico natural de gran antigüidade. Por esta soa razón, a diversidade biolóxica ten o inalienable dereito de continuar a súa existencia. O home e a súa cultura, como produto e parte desta diversidade, debe velar por protexela e respectala.
      Ademais a biodiversidade é garante de benestar e equilibrio na biosfera. Os elementos diversos que compoñen a biodiversidade conforman verdadeiras unidades funcionais, que achegan e aseguran moitos dos “ servizos” básicos para a nosa supervivencia.
      Finalmente desde a nosa condición humana, a diversidade tamén representa un capital natural. O uso e beneficio da biodiversidade contribuíu de moitas maneiras ao desenvolvemento da cultura humana, e representa unha fonte potencial para necesidades futuras.

    • faa-paulagondar di:

      A conservación da biodiversidade é importantísima para moitos ámbitos. O feito de que unha especie se extinga pode producir inestabilidades no equilibrio da biosfera, que afectarían a todos nós. Que haxa tantas especies en perigo de extinción é, básicamente, obra do ser humano. En resumidas contas, o que estamos a facer, é botar a perder algo do que nos beneficiamos día a día. Como consecuencia disto, acabaremos por eliminar as materias primas que nos resultan imprescindibles para sobrevivir, polo que o ser humano acabará extinguindo tamén. Esta é unha conclusión moi drástica, pero se as cousas seguen así, posible.

  17. fab-raquelblanco di:

    A conservación da biodiversidade é unha tarea de moita importancia para os países e o planeta, tanto por razóns éticas e estéticas como por razóns de desarrollo e económicas.
    Éticas porque nós os humanos temos a capacidade de mosificar e algunhas veces de maneira inconsciente, ecosistemas na súa funcionalidade e especies na súa supervivencia, recae a posibilidade da súa conservación.
    Estéticas, porque temos o dereito de disfrutar das maravillosas escenas que nos brinda o planeta.
    De desarrollo, porque en países en vías de desarrollo, como Bolivia, dependemos en gran medida do uso dos recursos naturais.
    Económicos porque existe un sinfín de oportunidades do uso sostenible da biodiversidade.