A enciclopedia do cancro

Un novo programa, dirixido por Josep Baselga, levarase a cabo co obxectivo de crear un catálogo de tipos de cancro cos xenes que o determinan. Isto permitirá darlle a resposta farmacolóxica adecuada a cada paciente e non sometelo aos efectos secundarios de tratamentos inútiles para eles.

Os oncoxenes toman o mando da célula; dirixen toda a súa actividade” aclarou o médico. O problema é que a morte dun oncoxén reactiva outros. Por esta razón, “se tratamos e combatemos un oncoxén, e ao cabo dunhas horas, analizamos, poderemos determinar que vías se reactivaron e atacalas ata que a célula tumoral morre“.

No últimos congreso da Asociación Americana de Oncoloxía Clínica presentáronse os datos dun novo fármaco contra o cancro de mama, pero o efecto é mínimo e, nalgúns casos, o tumor reactivase. Pero ao combinar este fármaco por outro dos que actúan sobre as vías secundarias, conseguíronse resultados esperanzadores, e pasouse dunha supervivencia de 4 a 11 meses.

Outra das vantaxes de crear este catálogo, é que serían suficientes ensaios clínicos máis pequenos de posibles tratamentos, polo que se abaratarían.

Autora: María Martínez

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina, Saúde e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

28 Responses to A enciclopedia do cancro

  1. faa-paulagondar di:

    Este programa é un gran avance médico, xa que se está a falar de coñecer e controlar a resposta adaptativa dos tumores, o cal podrá proporcionar tratamentos personalizados para cada tipo de tumor e evitará os efectos secundarios doutros tratamentos que non funcionarían. Este traballo baséase no comportamento dos tumores ante os fármacos de última xeración. Comprovouse que a morte dun oncoxén (xen anormal que procede da mutación dun xen normal chamado protooncoxén) reactiva outros, asique decidiuse investigar as vías que se reactivan e atacalas ata que a célula tumoral morrese. Pode que este sea o primer paso para unha cura total do cancro na que as farmacéuticas estén dacordo.

  2. faa-monicagonzalez di:

    Na miña opinión estou de acordo con Paula, pois con este estudo axudaran a moitas persoas que sufran cancro as poidan salvar ou polo menos intentalo, mediante os fármacos que están creando para dita cura, quen sabe nun futuro, cos novos avances o cancro non se verá como unha enfermidade tan perigosa grazas a súa cura.

  3. fab-mariaarojo di:

    Penso que é unha idea moi boa a de crear unha “enciclopedia” dos cancros, xa que se aforrarían moitos cartos en farmacos innecesarios (nos EE.UU gastáronse cerca de 124 billóns de dólares só no 2010 exclusivamente nos fármacos para as enfermidades oncolóxicas ou cancerosas) e sobre todo, aforrando ao enfermo cousas coma a quimioterapia ou radioterapia, procesos nos que sufre moito.

  4. Este pode ser o primeiro achegamento á cura do cancro.
    Darlle unha resposta adaptada ao tumor de cada paciente evitará sometelos a tratamentos inncesarios, porque actualmente estase proporcionando quimioterapia e radioterapia a persoas que non a necesitan. Con este tratamento evitarase que isto suceda.
    E o decubrimento da combinación de fármacos para superar o cancro de mama é unha noticia fantástica, posto que esta enfermidade afecta a 11 de cada 11 mulleres. Aínda que non é unha cura definitiva, mellora considerablemente a súa supervivencia.

  5. Victor di:

    Pero todos os cancros teñen orixe xenética?

    • Tan só o entre o 5 e o 10% dos cancros teñen unha orixe xenética, o resto, o entre o 90% e o 95% son producidos polas circunstancias ambientais ás que estamos sometidos. Por iso é moi importante a prevención, cunha dieta equilibrada, exercicio físico e nada de tabaco.

    • fab-antiachantada di:

      Dacordo con Ismael, só o 5 e o 10% dos cancros teñen unha orixe xenética, o resto veñen dados por outras moitas circunstancias:
      3% alcohol; 30% fumar; 3% raios do sol; 10% infeccións; 1% radiación; 35% alimentación; 2% contaminación; 4% traballo e o 12% restante por outras causas.

    • faa-adrianfeijoo di:

      Tan só o 5% ou o 10% dos cancros teñen unha orixe xenética por ter xenes mutados BRCA1 E BRCA2.Son xenes que cando se produce algún cambio neles (mutación),relaciónanse con máis posibilidade de que se desenvolva o cancro.
      Por exemplo no caso do cancro de mama só o 5-10% son hereditarios e o 90% restantes tamén teñen un compoñente xenético pero non son herdables.

    • faa-mariacmaquieira di:

      Os cancros teñen diferentes orixes entre elas atopase a xenética que é a causante dos cancros entre o 5 e o 10%. Outras posibles causas do cancro son certas substancias químicas como o alquitran, radiacións que é un dos factores causales máis coñecido, a inxesta de bebidas alcoholicas e unha dieta pouco equilibrada

  6. fab-carmenrodriguez di:

    Non, non só a través da xenética prodúcese o cancro, varios factores son capaces de orixinar o cancro, entre eles destacan:

    -A herencia familiar(5 a 10%)
    -A través de substancias químicas.
    -Radiacións, unha das causas máis recoñecidas.
    -Mediante infeccións ou virus.
    Outra das causas son os traumas; irritación mecánica producida sobre unha porción da pel ou a fricción exercida sobre lunares.

  7. faa-victorinosouto di:

    Esta e unhas de estas noticias que a todos nos gusta escoitar xa que falar de cancro a maior parte das veces e falar de morte. Cando a alguien se lle dectecta un cancro a esta persoa a vida bolbeselle moi difícil xa que os médicos case sempre deciden curar esta enfermidade con quimioterapia ou radioterapia o que proboca que a persoa se sinta debil e moitas veces con bochas na boca, pes… e mesmo que co paso do tempo non se poida mober. Que na actualidade se nos fale dun catálogo de medicamentos que poidan curar un cancro sen recurrir a os métodos actuais que son moi agresivos será un gran avance no campo da medicina.

  8. Victor di:

    Existen diferentes tipos de terapias para loitar con diferentes cancros. Tamén, un mesmo cancro segundo como se desenvolva nunha persoa pode necesitar distintos tipos de tratamento. En que casos se deben aplicar a quimio ou a radioterapia?

    • faa-victorinosouto di:

      A radioterapia aplícase cando o tumor está en unha parte do corpo o cal non afecta o todo organismo como nunha perna, un brazo… pero nunca na pelvis xa que o máis seguro e que irrite a vixiga.
      A quimioterapia e un tratamento que se suministra intravenoso o cal e un tratamento general, mentras que a radioterapia e un tratamento local. A quimio utilízase cando o tumor se encontra en partes do corpo no cal non se pode radiar como estómago, cabeza…

    • faa-adrianfeijoo di:

      A radioterapia utilízase como tratamento único para aqueles casos nos que os tumores sexan sensibles a radiación e non haxa ningunha sinal de que se estendera cara outro lugar.
      A quimioterapia actúa sobre as células que se dividen moi rápido que é o que solen facer as cancerosas.Aínda que tamén hai outras células que se dividen rápido e non son cancerosas. Algúns tratamentos quimioterápicos interrompen a fase na que a célula cancerosa se divide e isto fai que o tempo de crecemento sexa maior e que a célula morra.

    • fab-antiachantada di:

      A Radioterapia é un dos tratamentos máis antigos para o tratamento do cáncer, detén o crecemento dos tumores si se aplica de maneira controlada. Cando se aplica, cruza o organismo, producindo danos irreversibles nas células, que as acaba matando, tanto as canceríxenas como as normais. En cambio a quimioterapia non é un aparato senón que un conxunto de medicamentos, que a diferenza da radioterapia afecta a todo o organismo pero só destrúe as células que se dividen con rapidez, como as canceríxenas, ao contrario da radioterapia

  9. Victor di:

    En que consiste iso de aplicar tratamentos á carta en función do perfil xenético?

    • faa-paulagondar di:

      O diseño de tratamentos á carta en función do perfil xenético, ou farmacogenómica, trata de buscar o medicamento idóneo para cada paciente. O que se trata é de usar a información xenética para determinar que pacientes teñen risco de desenvolver efectos secundarios , partindo do seu perfil xenético, e cales serían os medicamentos que non lle preduciran ningún efecto secundario, que simplemente fosen efectivos.

    • fab-isaacabal di:

      Para tratar a un pacente, hai que facer un estudo desa persoa: tipo de cancro, xénetica, antecedentes en familiares…
      En función dese estudo, haberá que elexir o tratamento máis adecuado e máis efectivos para esa persoa, tendo en conta, que ese tratamento lle afectara dunha maneira mellor que outro que sería mellor para outro pacente.

    • faa-adrianfeijoo di:

      O tratamento en función do seu perfil xenético,consiste en buscar fármacos que sexan específicos contra estas células, e desta forma darlle a cada paciente a medicación adecuada sen que lle causen efectos secundarios, e desta forma conseguir o medicamento máis efectivo.
      Antes de decidir que tratamento darlle a cada persoa primeiro debese estudar o tipo de cancro,e os antecedentes familiares que ten.

    • faa-mariamartinez di:

      Trátase de buscar e atopar o tratamento máis adecuado para cada persoa, dependendo do tipo de cancro e de como lle afecta, xa que non todos temos os mesmos xenes e, polo tanto, e non todo nos afecta igual que aos demais.

    • fab-antiachantada di:

      Aplicar tratamentos á carta en función do perfil xenético trátase de aplicar a cada persoa, individualmente, o fármaco máis apropiado para tratar a súa enfermidade, optimizando as dosis e minimizando os efectos secundarios.

    • faa-monicagonzalez di:

      Trátase de aplicarlle a cada persoa o fármaco que lle corresponde dependendo do seu perfil xenético para tratar a súa enfermidade .

  10. fab-alekseinogueira di:

    Pois consiste na diferencia dos xens que teñen as persoas xa que se unha persoa padece un cancro a esta aplicariaselle un tratamento diferente xa que se eu teño non todas as persoas padecemos de igual maneira os cancros nin reaccionamos a eles e aos tratamentos de igual forma.

  11. Victor di:

    No momento actual ciencia xenética forma parte do currículo dos estudos de medicina? En caso negativo credes que debería ser unha materia desta carreira?

    • faa-iriagondar di:

      Pois claro que a ciencia xenética se rexe no estudo de Medicina. Estudase en profundidade no segundo semestre do terceiro ano de carreira.
      No caso de que esta materia non se impuxese na carreira sería un grave erro xa que a xenética na actualidade é a base da Medicina.

    • faa-paulagondar di:

      Actualmente, a xenética si forma parte dos estudos de medicina. No caso de que non formara parte, creo que sería un erro moi grande. A medicina encárgase do estudo das enfermidades, a súa causa, tratamento, prevención, mantemento e recuperación da saúde. En todo isto a xenética xoga un papel moi importante, xa que para poder previr e tratar enfermidades, hai que estudar a xenética de cada persoa, porque non todos os tratamentos poden ser adecuados para esa persoa. Tamén para atopar enfermidades e a súa procedencia , ou as probabilidades que unha persoa ten de portar algunha enfermidade en función da súa xenética. Estes, e outros moits casos, son posibles gracias ó estudo da xenética. Pódese deducir, polo tanto, que a xenética é unha materia importantísima na medicina.

  12. faa-iagogonzalez di:

    Eu penso que esta rama da bioloxía sí forma parte do currículo dos estudos de medicina, pero en caso de que me equivoque, creo que esta rama debería ser indudablemente parte desta disciplina nas facultades de medicina.

  13. fab-raquelblanco di:

    A ciencia xenética non forma parte do currículo dos estudos de mediciña, é unha rama da bioloxía que busca comprender a herencia biolóxica que se trasmite de xeración en xeración.
    Pero eu opino o mesmo que Iago creo que debería ser unha materia da carreira de mediciña xa que os médicos deberían controlar ben este tema.