Rematará algún día?

O cancro contaxioso que afecta ao diaño de Tasmania, está facendo que esta especie vaia desaparecendo, xa que cada vez son menos, e os pouco que hai están enfermos. Pénsase que este tumor, o cal comeza na boca, transmítese mediante as mordeduras duns animais a outros. Xa trataron por todos os medios eliminar algúns destes nunha rexión apartada para ver si os outros curaban, pero a operación foi totalmente nula. Créese que si se eliminara o 96% destes animais enfermos, despois si se podería facer que o resto estivesen ben e despois xa se reproducirían, polo cal non desaparecerían. Pero isto último é case totalmente imposible, xa que mais ou menos entre un 20% destes non se deixarían capturar. Outras das estratexias que se poderían levar a cabo, sería manter a unha poboación destes individuos non infectados en zoolóxicos e reservas, así como tamén criar animais con resistencia o cancro.

De non seren capaces de facer que esta especie se cure totalmente estes desaparecerían, xa que o cancro afecta a zonas tan delicadas como a boca, facendo que lles sexa imposible alimentarse e isto sempre os acabaría levando a morte, ainda que tamén a outras zonas, xa que se trata dun cancro facial. O último recurso sería deixar morrer a todos aqueles que estivesen enfermos e estivesen en liberdade, e despois recorrer aos animais da reserva para así introducir novos diablos na profundidade da selva tasmánica.


Autora: Atenea Prado

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

33 Responses to Rematará algún día?

  1. Victor di:

    Que teñen en especial os vertebrados de Tasmania e Australia que os fai diferentes aos que temos nos aquí?

    • faa-antoniomrodino di:

      A historia dos vertebrados tasmánicos e australianos remóntase a uns 130 millones de anos atrás ( no Cretáceo inferior), cando se separaron o resto vertebrados en América do Norte; a partir de entón, evolucionaron de maneira totalmente independente.

      As características destes animais veñen dadas conforme á súa adaptación ao medio.

      Os antepasados dos actuais animais australianos e tasmánicos, abandoaron as árbores, quizais en busca de alimentos mais nutritivos que as follas. Elo comportou toda unha serie de modificacións para adaptarse á vida na terra.

      Ademais, a súa fisioloxía tivo que facerse compatible coa vida en climas áridos (ambientes que empezaban entón a predominar en Australia e Tasmania). Finalmente, os parelles desérticos volvéronse dominantes e, na súa inmensidade, animais coma os canguros fóronse diversificando, orixinando as máis de cincuenta especies actuais.

    • faa-iriagondar di:

      Existen dous grupos de marsupiais: os australidelfos e os ameridelfos. Os australidelfos son os marsupiais que viven en Australia, Nova Guinea e demais illas veciñas mentres que o outro grupo nomeado son marsupiais propios do continente americano.
      Os marsupiais australidelfos caracterízanse porque as femias posúen unha bolsa onde gardan aos seus fillos acabados de nacer para que se desenvolvan. Tamén é certo que moitas especies deste grupo non posúen bolsa, os científicos creen que isto se debe aos dous ósos presentes na pelve ou no nacemento prematuro. Outras características que os diferencian sería a mandíbula inferior e o cranio.

  2. fab-rosammillan di:

    Son especies endémicas,é dicir que só se poden encontrar nesa rexión e non en calquera parte de mundo. Este alto nivel de endemicidad surxe polo aislamento do continente,a estabilidade tectónica e cambios na flora e na fauna.
    Unha característica da fauna australiana é a abundancia de marsupiales e a escasez de mamíferos placentados.
    Outros lugares con características similares son:España co lince ibérico,Nova Guinea,Filipinas,Hawai,Illas Galápagos…

  3. fab-antiachantada di:

    Australia e Tasmania, é dicir o continente de Oceanía contén ata 300.000 especies diferentes, das que só 100.000 estás catalogadas. Este continente dispón de especies tan estrañas e únicas porque ao ser unha illa bastante apartada dos continentes non foi posible a súa expansión (a maioría das especies que habitan nel, son orixinais de alí) nin houbo moitas opción de levar as especies comúns aquí ao continente australiano.

  4. Victor di:

    Centrémonos niso dos marsupiais?, que son?, que relación teñen cos mamíferos?, porque non hai marsupiais en Galiza?

    • faa-luciasantos di:

      Os marsupiais son unha infraclase de mamíferos terios. Caracterízanse por estar pouco tempo dentro do útero materno, e completan a maior parte do seu crecemento agarrados ás glándulas mamarias da bolsa marsupial da súa proxenitora. Existen dous grupos de marsupiais: os australidelfos, presentes en Australia, Nova Guinea e illas próximas; e os ameridelfos, presentes no continente americano.
      Non hai presenza de marsupiais en Galicia debido á súa evolución e distribución cando os contienentes aínda non estaban separados. A súa orixe remóntase 130 millóns de anos atrás, no Cretáceo inferior, cando se separaron do resto de mamíferos en América do Norte, para evoluvionar independentemente. A finais desta época, fai uns 70 millóns de anos, emigraron a América do Sur, desaparecendo parcialmente no Norte. Por último, hai uns 60 millóns de anos, ocuparon toda Sudamérica, e atravesando a Antártida chegaron ata o continente australiano, posto que América, a Antártida e Australia estaban unidos naquela época. Polo tanto, a súa presenza, limítase só a estes lugares concretos.

    • faa-manuelbusto di:

      Os marsupiais son un grupo de animais que teñen a característica de que as súas crías nacen nun estado inmaduro.As femias soen levar ás súas crías nas bolsas que teñen no seu abdome.
      As crías recen nacidas quédanse neste lugar ata que se encontran ben formados e non precisan máis leite materno para alimentarse.

    • faa-iagogonzalez di:

      Os marsupiais son unha subclase de mamiferos terios.Caracterizanse por desenrrolarse moi pouco no interior da nai e completar gran parte do crecemento agarrados ao exterior do corpo.

      Moitas das femias destos animais teñen unha bolsa onde gardan a seus fillos. Ali permanecen ata que rematan o seu desarrollo.

    • faa-monicagonzalez di:

      Os marsupiais son mamíferos que se atopan polo continente americano, e tamén por Australia, onde son os únicos mamíferos terrestres viventes nativos. Caracterízanse por un corto desarrollo no útero materno e pasan a maior parte do seu crecemento agarrados as glándulas mamarias do interior da bolsa marsupial.

    • fab-lauragonzalez di:

      Os marsupiais son unha clase de mamíferos terios. Caracterízanse por estar pouco tempo dentro do útero materno, e están a maior parte do tempo agarrados ás glándulas mamarias da bolsa marsupial da nai.
      Non hai marsupiais en Galicia pola á súa evolución e distribución cando os non estaban separados os continentes.

    • faa-paulagondar di:

      Os marsupiais son un tipo de mamíferos terios (subclase de mamíferos que non se desenvolven no interior dun ovo, senón no útero materno)que nacen pouco desenvolvidos, polo que completan o seu crecemento nas glándulas mamarias situadas no interior da bolsa marsupial.
      Esta especie non existe en Galicia porque cando os continentes formaban a Panxea, a especie estaba distribuída por Norteamérica, e a partir de aí foron desplazandose lentamente por diferentes razóns: aparición de novos predadores, falta de alimentos, etc. Finalmente chegan a Australia, hai aproximadamente uns 60 millóns de anos. Logran chegar a este continente cruzando a Antártida, xa que nese tempo os continentes Sudamericano, Antártico e Australiano estaban unidos, e o arrefriamento da Antartida aínda non comezara.

    • faa-luismdoval di:

      -Os marsupiais son unha infraclase de mamíferos,que se caracterizanpor pasar a maioria do tempo de crecemento na bolsa marsupial.

      -Os marsupiais son unha evolucion dos mamíferos

      -En Galiza,non existen os marsupiais, dado que, os marsupias apareceron, evolucionaron e distribuíronse cando aínda non se separaran os continentes e cando quixeron evolucionar de maneira independente dos demais mamíferos, emigraron cara ó sur e logo ao prdoucirse a separación dos continentes só se manteu a especie alí.

    • fab-antiachantada di:

      Os marsupiais son unha clase de mamíferos terios, caracterízanse polos eu corto desarrollo no útero materno e por completar gran parte do crecemento agarrados ás glándulas mamarias do interior da bolsa marsupial. Na actualidade existe nunhas 270 especies desta clase, unhas 200 propias de Australia. Estes animais teñen a súa orixe 130 millóns de anos atrás, no Cretáceo inferior; cando se separaron do resto de mamíferos en América do Norte evolucionaron de maneira totalmente independente. A finais do Cretáceo emigraron a América do Sur (desaparecendo de América do Norte), máis tarde emigraron a Sudamérica e atravesando a Antártida chegaron ao continente australiano onde se estableceron e permaneceron ata agora debido á separación dos continentes.

  5. fab-aracelilores di:

    Os marsupiais son unha clase de mamíferos que se caracterizan por desenrolarse moi pouco no interior do útero da nai, e completar o seu crecemento no interior da bolsa marsupial. Aínda que tamén hai algún marsupial que non ten bolsa.
    Os máis coñecidos son os canguros e os koalas, aínda que existen arredor de 270 especies diferentes de marsupiais. A gran maioría son orixinarias de Australia, mentres que o resto provén do continente americano.

  6. faa-nereapaz di:

    Os marsupiais son un pequeno grupo de mamíferos, que se localizan principalmente en zonas do continente americano e Australia.
    Estes animais desarrolláronse durante a época do cretácico. Nesa época os marsupiais estaban distribuídos por todos os continentes que formaban a Panxea.
    Coa fragmentacion dos contienentes, os marsupiais localizábase só no continente americano por iso non hai marsupais en Europa.Desplazáronse cara o sur de América desaparecendo do Norte do continente,e acabaron por colonizar Australia. Cando Australia se separou de América, os marsupiais tiveron un gran desenvolvemento, xa que se alonxaron das especies que lles producían unha competencia en canto á supervivencia no continente americano. A fauna australiana tamén contribuíu ó asentamento dos marsupiais en Australia mellor que en Sudamérica.

  7. faa-rubengonzalez di:

    Na miña opinión o mellor que se podería facer é “eliminar” (de unha maneira ou outra) todos os diaños de Tasmania enfermos ou infectados, xa que, senon e case imposible que a especie sobreviva. Ainda que para min deixaría que a natureza actuara por si mesma e decidira se sobrviven ou morren.

  8. faa-paulagondar di:

    Creo que o mellor que habría que facer é manter unha poboación sá desta especie en reservas, para que se reproducisen e desen lugar a novas especies con boa saúde. Logo, como di Rubén, o mellor sería deixar que a natureza seguira o seu curso, dado que os esforzos científicos por eliminar este tumor foron nulos. Non creo que estea nas nosas mans decidir se unha especie viva ou morra. Claro que, ¿de que serviría ter as reservas se nun futuro este problema non se soluciona? Se nalgún momento se trata de soltar algunha especie da reserva ao exterior, esta acabaría por contaxiarse. O problema é bastante máis grave do que parece, xa que está en perigo a supervivencia dunha especie única.

  9. faa-monicagonzalez di:

    Eu creo que deberían esperar que as cousas ocorreran como deben ocorren, ao mellor cabe a posibilidade de separar animais sans para que se reproduzan, pero como di Paula, si todo sae mal non valería de nada.

  10. Cando un diaño enfermo entra en contacto con un san pódese producir un intercambio de texidos que poden conter células tumorais. A semellanza xenética provoca que o sistema inmune do anfitrión non identifique estas células invasoras como alleas, co que o cancro propágase con rapidez.

    A secuencia do xenoma do diaño permitirá agora que a cría en cautividade se realice atendendo á diversidade xenética.
    Un estudo asegura que a aplicación de estas técnicas para a conservación servirá para crear diaños máis fortes e resistentes a este tipo de cancro.

  11. Victor di:

    Tasmania é unha illa; que relación existe entre a diversidade xenética e vivir nunha illa? Que é a endogamia?

    • A endogamia é o cruzamento entre individuos dunha mesma raza dentro dunha poboaación aislada, tanto xeográfica, como xenéticamente. E estamos diante dun dos casos que serven de exemplo,porque esta especie só existe nesta illa, o que fai que a diversidade xenética sexa prácticamente nula.

    • fab-antiachantada di:

      Por diversidade xenética entendemos que é a variación de xenes dentro de cada especie, é dicir, que existen poboacións determinadas de cada especie, con variacións xenéticas. Todo isto non pode ocorrer nunha illa porque os animais están apartados do resto, non hai diversidade xenética, o que leva á endogamia que é a relación e reprodución entre individuos que teñen a mesma ascendencia común.

    • faa-luismdoval di:

      A relacion é que a adiversidade xenética, é a variación dos xenes dentro das especies,mentres que nunha illa esa diversidade é case nula.

      A endogamia é a reprodución enter individuos da mesma familia,nunha poboación aislada xeograficamente e xeneticamente.

    • faa-victorinosouto di:

      A endogamia producese cando animais dunha mesma raza pura ou dunha mesma familia, e dicir, entre irmáns ou primos, se leva a cabo a reprodución. Isto e un problema xa que o que proboca e que os animais teñan problemas de saude. O problema co que nos atopamos neste caso e moi serio xa que case todos estes animais teñen a enfermidade e polo tanto e moi difil de eradicala xa que os animais teñen pouca diversidade xenética debido a que habitan nunha illa o que proboca que sexa moi difil erradicar este problema.

  12. fab-carmenrodriguez di:

    Como ben dixo Ismael, a endogamia defínese como un tipo de reproducción entre parentes (cruzamentos consaguíneos) que causa unha pérdida da variabilidade xenética, ó igual que efectos negativos sobre a poboación (a chamada depresión consanguínea).
    No referido a que vivan na Illa, é o termo
    principal, é unha das causas máis importantes, xa que o Diaño de Tasmania está illado xeográficamente. Perderon diversidade xenética. En termos xerais, o sistema inmunolóxico dun Diaño non detecta a diferenza entre as súas células e as doutro Diaño xa que son moi semellantes.

  13. Victor di:

    Por que é unha vantaxe que as poboacións de seres vivos presenten variabilidade xenética?

    • faa-adrianfeijoo di:

      Ter máis variación xenética ,ten vantaxes sobre as especies porque axudas a sobrevivir como especie ,xa que desta forma teñen máis mecanismos para enfrontarse o medio ambiente e tamén se poden adaptar a condicións diferentes.

    • fab-antiachantada di:

      Porque a variabilidade xenética é unha condición necesaria para a evolución. Sábese que a maior variabilidade xenética maior cambio evolutivo ademais de que se se deran moitos casos de endogamia non sería nada bo xa que acabaríamos todos tendo os mesmos ascendentes e tendo relacións con individuos con mesmos xens. Sería un problema.

    • fab-isaacabal di:

      A variabilidade xenética é imprescindible para a evolución. Ademáis evita enfermidades e deficiencias que se fomentan coa a unión de seres de xénetica simil.

    • faa-paulagondar di:

      O que proporciona a variabilidade xenética é a capacidade de adaptarse a novas condicións do medio. Canta maior variabilidade exista entre os individuos dunha poboación, maiores serán as probabilidades de que a poboación se adapte ós cambios do ambiente, e polo tanto, que sobreviva. O que fai a selección natural é elixir as características favorables para a supervivencia. Como por exemplo, se a poboación inicial dos animales do Ártico tivese a pel marrón e blanca, os depredadores verían antes os de pel marrón, mentres que os de pel branca quedarían confundidos coa natureza e terían unha maior posibilidade de supervivencia.