Espiral de lixo


Gran parte do lixo do mundo vai parar ao mar, unha parte deste, degrádase e outra afúndese acabando no fondo mariño, pero hai outra porción, especialmente os plásticos, que permanecen flotando no océano durante centos de anos, sendo levadas polas correntes mariñas.

O vertido de lixo no mar chegou a tal punto que no océano Pacífico, formáronse dúas enormes capas de lixo, de dúas veces o tamaño de Estados unidos e uns 10 m de profundidade. Estes residuos chegaron a formarse debido ao movemento circular das correntes mariñas, que son causadas polo movemento de rotación da Terra.

O plástico que acaba no mar resiste á degradación durante centos de anos, pero a acción do vento, do Sol e das correntes, rompen estes plásticos deixando pequenos fragmentos que os animáis acaban confundindo con comida. Moitos animáis, coma aves mariñas ou tartarugas, son atopadas mortas co estómago cheo de lixo plástico.

O 80% do lixo que hay nestas capas proveñen de lixo doméstico ou industrial. Ás veces orixínanse como lixo das rúas que coa choiva é arrastrado ata os desaugüadoiros e de alí van aos ríos que chegan aos océanos, permanecendo no ecosistema durante anos.


Autora: Laura Rodríguez

Esta entrada foi publicada en Residuos, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

33 Responses to Espiral de lixo

  1. faa-xosemartinez di:

    É impactante pensar o que ocorre ca basura que tiramos ó chan ou que non reciclamos. Xa que todos estes residuos van a parar a algunha parte, e neste caso estanse a formar unhas illas no océano Pacífico e Atlántico que estan facendo moito dano á biodiversidade que habita nestas zonas, porque de cada 5 Kg de plácton recollido nestas “illas” 1 Kg é de trozos de plástico. E estes 100 millóns de toneladas de basura cada vez conteñen unha densidade maior de residuos.

  2. Victor di:

    Cal é a orixe das correntes oceánicas que producen estas acumulacións de lixo?

    • fab-alvarolopez di:

      Pois a orixe e causa da acumulación de lixo neses lugares é porque esas correntes son lentas e hai pouco vento.

    • fab-lauragonzalez di:

      Polas correntes lentas e o pouco vento que hai.

    • faa-xosemartinez di:

      O movemento das correntes mariñas depende do vento e a densidade da auga, e se ven afectadas polos fondos oceánicos, a colocación dos continentes e a rotación da Terra.

    • faa-iagopaz di:

      Estas correntes son orixinadas polo vento e que realicen xiros continuos débese ao movemento retatorio terrestre que fai que xiren cara a dereita no hemisferio norte e a esquerda no sur.

    • faa-mariamartinez di:

      As correntes oceánicas están determinadas polo vento, o movemento de rotación terrestre, a configuración do relevo do fondo submariño e das costas, o transporte da calor da radiación solar absorbida, …

    • fab-isaacabal di:

      A orixe das correntes mariñas son os movementos da terra.

      • Victor di:

        Isaac, non sexas rácano nas túas explicacións. A razón de traballar deste xeito é que aprendades a expesarvos e redactedes os textos con corrección.

    • faa-antoniomrodino di:

      A orixe destas correntes son o movemento de rotación terrestre ( actúa de maneira distinta e ata oposta no fondo do océano e na superficie) e polos ventos constantes ou planetarios, a configuración das costas e a localización dos distintos continentes.

    • fab-robertootero di:

      As correntes circulares mariñas arrastran esos vertidos a zonas do nordeste do Pacifico onde a basura acumulada, basada en plasticos non biodegradables suman o tamaño da peninsula iberica, e didir, 600.000 km cuadrados

  3. fab-antiachantada di:

    A orixe da acumulación de lixo , como din os meus compañeiros, é debido ás correntes mariñas lentas e o pouco vento que hai.

  4. fab-zoecacabelos di:

    Parece increíble que se poda acumular tanta basura no mar, pois a superficie contaminada polos plásticos é superior a superficie que ocupa españa, o máis preocupante e que ninguén está disposto a solucionar este problema pois significaría unha gran inversión de cartos, e inda que a nosa mentalidad sexa “o mar é de todos”, neste caso non lle pertenece a ninguén, pois non estamos dispostos a invetir os nosos en algo que aparentemente non nos afecta, algo que é moi preocupante pois seguindo o triangulo alimenticio, nos nalgún momento podemos comer algún animal mariño que proceda de esas augas, debese de buscar unha solución antes de que esta espiral de lixo aumente inda máis o seu tamaño.

  5. fab-alekseinogueira di:

    Estas correntes oceánicas que transportan o lixo e fan que se formen as illas de residuos orixínanse debido principalmente ó movemento de rotación da terra pero tamén se orixinan debido ós ventos constantes e tamén inflúe a ubicación das costas.

  6. Victor di:

    As correntes mariñas dependen en gran parte da salinidade da auga e da súa temperatura que teñen un efecto directo sobre a densidade. Como afectan estes dous á densidade da auga do mar?
    Como afecta a temperatura á osixenación das augas mariñas?

    • fab-antiachantada di:

      A auga dos céanos é máis densa que a auga doce porque contén sal. Os principais factores que fan que a auga dos océanos sexa máis ou menos densas son a temperatura, e a salinidade da auga. A medida que a temperatura descende, a auga faise máis densa, o aumento de salinidade tamén fai que aumente a súa densidade mais a temperatura ten máis influencia sobre a densidade, polo que a auga con maior grado de salinidade pode flotar sobre a auga con menor grado de salinidade. A medida que se descende ao fondo do océano, a temperatura é cada vez máis baixa.

    • faa-adrianfeijoo di:

      A medida que a temperatura descende a densidade da auga dos océanos aumenta constantemente hasta que a auga se conxela.O aumente da salinidade provoca un aumento da densidade da auga do mar.
      A temperatura ten maior efecto que a salinidade sobre a densidade da auga.Polo que unha porción de auga con máis grao de salinidade pode flotar sobre outra con menor grao de salinidade,sempre e cando a porción con maior grao de salinidade sexa máis quente que a outra porción.

  7. Victor di:

    Cando comentedes no blog non o podedes facer como se fora unha simple afirmación nunha charla. Non vale aquilo de que … é polas correntes… e xa está. Debedes explicar como son esas correntes e porque se producen dese xeito.
    Eu non vos fago as preguntas para ver se acertades, senón para ver se sabedes buscar información e expresala correctamente.

    PREGUNTA: A que temperatura está a auga nos Polos?, a que temperatura se conxela a auga do mar?, por que non se conxela a auga debaixo dos xeos árticos?, por que flota o xeo?

    • faa-adrianfeijoo di:

      Nos polos a temperatura da auga é tan so -2,2ºC de media .
      A auga do mar,debido a salinidade conxelase a temperaturas máis baixas que a auga doce.Debe alcanzar temperaturas inferiores aos -2,2ºC.
      A causa pola que non se conxela o xeo por debaixo é porque non se arrefría o necesario,debido a calor específico da auga e tamén pola resistencia ao cambio de temperatura.
      Cando a auga se conxela aumenta de volume pero a súa densidade é menor que a da auga líquida.Por iso a causa pola que o xeo flota é porque e menos denso que a auga líquida.

    • faa-manuelbusto di:

      A auga dos polos atópase a unha temperatura de -2,2ºC.A auga do mar, debido á súa salinidade conxélase a unha temperatura máis baixa que a auga doce, debe alcanzar temperaturas inferiores a -2,2ºC
      O xeo flota debido a que a súa densidade é menor que a auga líquida.

    • fab-antiachantada di:

      A auga dos polos está aproximadamente a -2,2ºC, nestas zonas polares a auga coxéase formando grandes bloques de xeo, pack ice, que flotan na auga porque son moito menos densos que á auga líquida. En cambio, a auga do mar debido á súa salinidade conxélase a temperaturas máis baixas, debe alcanzar temperaturas inferiores a 2,2ºC.
      A auga non se conxela debaixo dos xeos árticos porque a temperatura da auga e do ambiente é demasiado alta para chegar a conxear a auga, como ocorre nos polos.

    • faa-juancsineiro di:

      o xeo flota porque é menos denso que a auga. La temperatura media del agua en los polos es de -1 a 5ºC.

  8. faa-mariacmaquieira di:

    A auga nos polos atópase aproximadamente a unha temperatura de -2,2ºC. A agua salada debido a súa salinidade conxela a temperaturas máis baixas que a auga doce, estes niveis están por debaixo dos 2,2ºC.
    O xeo flota porque ten menos densidade que a auga en estado líquido.

  9. Victor di:

    Que se podería facer para que non se acumulo tantan cantidade de lixo nesas zonas oceánicas?

    • faa-monicagonzalez di:

      Eu penso e creo que para que non haiga tantas correntes de lixo, o que deberíamos facer é reciclar os materiais non orgánicos, intentar sustituír o uso do plástico con outros materiais menos contaminantes e por último que nos mesmos sexamos conscientes de que estamos contaminando e poñamos da nosa parte.

    • faa-antoniomrodino di:

      Deberíanse establecer unhas leis máis ríxidas en canto ao depósito de lixo no mar, como poden ser multas de alto custo.
      Por outra banda, o plástico existente, debería ser levado a laboratorios pra reducirlle algunha das propiedades que os fai tan resistentes a súa degradación.
      Finalmente, deberiamos ser máis conscientes, deixando o emprego de tantos plásticos, e pasar a bolsas ou obxectos reciclables e inclusive de cartón.

    • faa-adrianfeijoo di:

      Na miña opinión para non acumular tanta cantidade de lixo nas zonas oceánicas o primeiro é reciclar os materiais orgánicos.
      Empregar bolsas de papel , ou botellas en vez de plástico que sexan de vidro, xa que se poden reciclar sen que o material perda ningunha das súas propiedades.
      E eu creo que o primordial de todo tamén é mentalizarnos nos mesmos do gran problema que estamos a causar,xa que cando estamos na calle e comemos algo ,sempre tendemos a tirar o envoltorio o chán ,só por pereza de non levantarnos ata unha papeleira que está a tan só uns poucos metros.Isto facémolo sen decatarnos de que estes residuos dunha forma ou outra van chegar ao mar ,ben sexa a través das alcantarillas ou arrastrados polo vento.

    • faa-juancsineiro di:

      Eu penso que hai que tratar de reciclar toda a basura, porque así estamos reutilizando todo o lixo e non temos que tirar nada, e a parte de que non tiramos podemos estar axudando a non ter que coller materiais do ecosistema, que o final banse acabar acabando.

    • fab-antiachantada di:

      Para evitar a contaminación no mar e que empeore deberíanse de reciclar os materiais orgánicos e acostumarnos a tirar a basura ó lixo porque non nos costa nada e é de gran axuda para empezar a valorar e coidar o medio ambiente. Tamén se deberían de tomar novas medidas, como cambiar produtos que poden ser de papel sen ter a necesidade de utilizar o plástico, como as bolsas ademais de impoñer un castigo a quen ira todo ese lixo ao mar.

  10. faa-iagogonzalez di:

    Algunhas maneiras de logralo son por exemplo:

    1) Utilizar bolsas reciclables cando vaiamos ao mercado, son bens convenientes e soamente nesecitamos facelo unha boa costume.
    2) Usa botellas de cristal ou aluminio para a auga en sustitucion da peligrosa e toxica botella de plastico.
    3) Chamar a atencion das autoridades locais sobre este problema.

  11. faa-nereapaz di:

    En primeiro lugar deberíamos reciclar o noso lixo, especialmente os materiais non orgánicos. Outra alternariva sería buscar outros mateiras alternativos para evitar o uso inecesario do plástico, como empregar botes de aluminio ou de vidro, ou bolsas de papel ou cartón.
    Todos temos que ser conscientes de que o lixo que tiramos vai cara algunha parte e non desaparece, polo tanto a mellor maneira de acabar con este lixo oceánico sería que todos puxésemos un pouco da nosa parte para evitar este tipo de accións que afectan de forma negativa á biodiversidade mariña e incluso pode afectar tamén á saúde das persoas.

  12. faa-paulagondar di:

    O que deberíamos facer para que non hubera tanta contaminación é reciclar. Non costa nada tirar cada residuo no contenedor apropiado ou evitar o uso de materiais plásticos, só hai que acostumarse. A contaminación oceánica non só afecta á biodiversidade mariña, ás persoas tamén. Como di o vídeo, “o lixo que tiramos ao mar, dalgunha maneira acaba regresando a nós”, a través dos peixes que comemos, ou cando vamos a unha praia que está moi sucia, algunhas veces ata acaban saíndo ronchas ou granitos de toda a porquería que ten a auga.

  13. fab-raquelblanco di:

    Penso o mesmo que Paula, estase a notar xa o cambio climático e para que isto nos siga así deberíamos reciclar máis. Os humans provocamos esta situación e agora temos consecuencias.