Parentes próximos

Os Neardentais viviron en Europa ata hai 28.000 anos. Hai pouco tempo afirmábase que a causa da súa desaparición fora a convivencia con nos, o “Homo sapiens”. Unha recente investigación, mantén que se foron integrado nas  poboacións de “sapiens” que, naquel momento,  eran  máis numerosos e, ademais, ámbalas especies semellábanse moito.

Os arqueólogos analizaron como a mobilidade desta especie foi aumentando conforme as glaciacións ían a máis e tiñan que desprazarse na procura de alimentos. Aplicando modelos informáticos aos seus desprazamentos, observouse que as dúas especies tiveron que cruzarse a cotío. Os científicos din que os Neandertais eran capaces de modificar o seu comportamento cando  competían co “Homo Sapiens”. É probable que a nosa especie os considerara como posibles compañeiros sexuais e, como consecuencia, foran sendo absorbidos pola nosa especie e que, polo tanto, hoxe todos teñamos algo de Neardentais nos nosos xenes. Aínda así, estas afirmacións non deixan de ser meras especulacións pois  non se atopou unha evidencia física de encontros entre ámbalas especies.

Esta entrada foi publicada en Evolución, Orixe humana, Xenoma humano e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

37 Responses to Parentes próximos

  1. faa-luciasantos di:

    É probable que a nosa especie conteña xenes Neandertais, de feito numerosas investigacións o afirman. O último estudo realizado en Xibraltar concluiu que os Neandertais non se diferenciaban tanto do Homo Sapiens, xa que estos tamén cazaban animais mariños e tiñan un comportamento próximo á segunda especie. Polo tanto, por que non podería ser? Os Neandertais tamén cegaron a explotar todos os recursos naturais, cegando, case, ó alcance do Homo Sapiens.

  2. fab-alvarolopez di:

    Os Neandertais e os Homosapiens conviviron 12.000 anos xuntos. Na televisión, en concreto onte, botaron un documental da especie humana e a súa evolución. Nel cruzáronse un grupo de Neandertais e de Homosapiens. Os primeiros quedaron moi abraiados, xa que as diferencias físicas eran considerables e por suposto cos avances tecnolóxicos máis variables que estes tiñan.

    No mesmo documental comentaron sen moita certeza que os Neandertais desapareceron por mor das enfermidades dos Homosapiens, polos cambios bruscos do clima e porque non superon adaptarse a estes cambios e ós novos alimentos.

  3. Victor di:

    Cales son as principais diferenzas entre nos e os neardentais?

    • fab-alvarolopez di:

      A principal diferenza entre o Neandertal e o Homosapiens está nos ósos. Como podemos observar na imaxe do post, o cráneo do Homosapiens é máis grande, o que leva a mayor capacidade cerebral. Tamén podemos ver que nós somos máis altos e menos anchos de cadeira, pero con ósos menos fortes.

    • fab-lauragonzalez di:

      As principais diferenzas están nos osos, así como presenta a imaxe, xa que temos un cráneo máis grande por iso temos máis capacidade cerebral. Tamém podemos ver que somos máis altos aínda que os ósos son máis estreitos.

    • faa-iriagondar di:

      Os Neandertales teñen unha capacidade cerebral maior que a do Homo Sapiens e incluso maior que a do home actual. Os neandertales foron os primeiros en crear ferramentas e esculturas artísticas mentres o Homo Sapiens segue a ser primitivo. Os neandertales tamén tiñan a capacidade de falar pero a súa larinxe limitaba a súa capacidade a uns poucos fonemas moi agudos, mentres que os Homo Sapiens tiñan unha linguaxe moito máis rica e por tanto unhas capacidades de transmisión de coñecementos entre eles e a súa descendencia.

  4. Victor di:

    Habería diferenzas a nivel cerebral? Utilizaban algún tipo de linguaxe?

    • faa-manuelbusto di:

      A situación do pescozo adiantado e a dispososición da larinxe parecerían haber dificultado unha linguaxe articulada, sen embargo outros estudios supoñen que estaba o suficientemente desarrollado e posicionado como para a emisión de fonemas discretos.

    • faa-adrianfeijoo di:

      Os Neandertales tiñan a farinxe máis curta que nos.Isto quere dicir que non podían reproducir os mesmos sons que nós.Seguramente os Neandertales posuían unha linguaxe articulada,con xestos ou outras formas.
      Despois de facer unha análise chegouse a conclusión de que os Neandertales podían pronuncias tres vocais:a,i,u.
      Pero non se sabe con exactitude, xa que se atopou un óso Neandertal en Israel dun óso hioides.Este é un óso flotante que serve de fixador aos músculos da garganta.Este óso é moi parecido ao dos humanos, o que leva a non saber se podían falar ou non.

    • faa-breixoalonso di:

      Nun primeiro momento os seus cerebros son moi parecidos pero evolucionan de forma diferente co paso do tempo. Si que podían falar xa que cientificos atoparon o FOXP2, xen que facilita a fala. Este xen non se atopou noitro ser vivio o cal nos combertiría nun ser vivo unico.

  5. Victor di:

    Que rasgos craniais dos neandertais deben considerarse primitivos con respecto aos dos sapiens?

    • fab-alvarolopez di:

      Un dos rasgos é a apertura nasal, xa que nos Neandertais é máis estreita(máis parecido co mono) e nos Homosapiens é máis estreita.

    • faa-mariacgarcia di:

      As características craneais do home Neandertal poden ser adaptacións ao clima glacial ou tamén ao poderoso mecanismo óseo e muscular que sería o resultado do uso habitual dos dentes dianteiros como ferramenta.En cambio as características craniais nos sapiens débense a unha adaptación para a produción da fala.

    • faa-iriagondar di:

      O Neandertal ten a parte superior do cranio alongado e aplanado , o torus supraorbitario (rebordes dos ósos) moi pronunciado, non posuía mentón e tiña unha nariz ampla de aletas prominentes este rango móstranos a súa adaptación a climas fríos .Outra característica sería a mandíbula xa que é moi alongada, coa superficie anterior lisa e sen fosa canina. A súa capacidade cranial é moi elevada cunha media de 1.600 cm. aproximadamente, superior a do Home Moderno.

  6. fab-antiachantada di:

    O cráneo dos nendertais ten un aspecto más siamés que o do homo sapiens. A cara é moi prognata, é dicir, sobresáelle a mandíbula; a cavidade nasal é de gran tamaño, a fronte é baixa e o cráneo alargado e proxectado hacia atrás e ten un perfil moito máis redondeado.

  7. fab-alekseinogueira di:

    Creo que o rasgo craneal máis importante como se ve na imaxe é o tamaño da cavidade craneal xa que no Homo neandertal é máis pequena ca no Homo sapiens e esto permítelle ao Homo sapiens desenvolver o seu cerebro mellor cao o Homo neandertal.

  8. Victor di:

    En que lugar xeográfico se orixinaron os neardentais? E os sapiens?

    • fab-antiachantada di:

      – O homo neandertal ten unha antigüidade de 300.000 anos , asóciase coa cultura Mousteriense (Paeolítico Medio) de Europa, ou coa Idade de Pedra en África.
      Lugares do seu descubrimento: Alemaña, Bélxica, Italia, Francia, España, Xibraltar, Irak, Uzbekistán, Siria, Israel y Croacia.

      -O homo sapiens ten unha antigüidade de 150.000 anos, dise son orixinarios de África e que migraron a Euroasia, reemprazando a todas as poboacións anteriores ao Homo erectus. Lugares do seu descubrimento: Sudáfrica, Etiopía, Marrocos, Israel, República checa, Francia, Italia, Alemaña, Rusia, China, Xava, Australia, USA, Brasil y Arxentina.

    • faa-xosemartinez di:

      Os Neandertais evolucionaron en África, sen embargo se cree que se puideron orixinar na Península Ibérica. E o homo sapiens, que ten ata 250.000 anos, na sua orixe substituíu ó homo erectus en moitas zonas xeográficas.

    • faa-adrianfeijoo di:

      -Fai uns 1,5 millóns de anos, a especie Homo erectus expándese dende África cara Europa e Asia.As diversas poboacións de Homo erectus dos diversos lugares evolucionaron de forma separada.
      O homo sapiens apareceu fai uns 200.00 anos a partir da evolución de unha poboación africana de Homo erectus.Despois expándese por todos os continentes ,desprazando e substituíndo as outras especies humanas que apareceran por causa da primeira expansión do Homo erectus.

      -Os Neandertais habitaron Europa e partes de Asia ,fai uns 300.000 anos.Pero estudos recentes indican que a súa orixe pode estar na Península Ibérica.

  9. faa-iagogonzalez di:

    O Homo sapiens evolucionou en África, dende onde emigrou fai entre 100.000 e 60.000 anos cara o resto do planeta, o home Neandertal crese que descende do Homo heidelbergensis. Estudos recentes indican que a sua orixe podería estar na Península Ibérica.

  10. Victor di:

    Procede o neardental do sapiens ou viceversa?

    • A teoría máis escoitada di que o Homo Sapiens evoluciou en África e logo foise extendendo por Europa, pero agora o antropólogo Eugène Morin asegura que o Homo Sapiens é unha evolución dos neandertais.

    • faa-adrianfeijoo di:

      Os Neandertais dise que proceden do Homo Heidelbergensis.Pero o Homo Sapiens dise que apareceu a partir da evolución de unha poboación de Homo erectus africana.
      Pero no 2010 comparouse o xenoma do Neandertal co do Homo sapiens ,e os resultados indican que houbo cruces entre as dúas poboacións.Dise que os asiáticos e os europeos teñen ata un 4% do xenoma Neadertal.

      • faa-antoniomrodino di:

        O Homo sapiens pertence a unha estirpe de Primates, os hominoideos.
        Cabe a posibilidade de que durante o Pleistoceno Medio en Europa, huberan coexistido varias linaxes humanas difrentes, o que obligaría a redefinir a especie de H. heidelbergensis.

        Por outro lado, como ben di Adrián, mentres o homo sapiens evolucionou en África, dende onde emigrou fai entre 100.000 y 60.000 anos hacia o resto do planeta, o home de Neandertal crese que descende do Homo heidelbergensis. Estudos recentes5 indican que a súa orixe podría estar na Península Ibérica.

    • faa-manuelbusto di:

      Non, existiron de forma paralela, tanto o homo sapiens como o Neanderthal proveñen do homo Erectus.
      O neanderthal viviu na parte norte de europa, pola contra os Homo sapiens vivían en climas máis cálidos, África.

      • Victor di:

        Manuel, se ollas o mapa deste artigo notaras que compartiron espazo xeográfico en determinados momentos. Tamén hai probas xenéticas que o demostran (temos ADN neardental nunha pequena proporción)

        • faa-antoniomrodino di:

          Conviviron máis de 10.000 anos co home de Cro-magnon (na liña evolutiva do homo Sapìens) desenvolvendo o seu corpo e o seu encéfalo. Fronte a eles o Home de Cromagnon perdía fortaleza, adaptando o seu volume físico á estreiteza da súa pelvis. Pero, ao mesmo tempo, iso dáballes vantaxe en canto a aforro enerxético, e o desenvolvemento da súa intelixencia seguía crecendo. Mantense a teoría de que unha maior cooperación social compensou a perda de forza individual. A táctica do home moderno ( Sapiens), a súa organización, derrotou no Pleistoceno medio ao home de Neandertal.
          Aínda que competiron durante miles de anos, estas dúas especies non se relacionaron o suficiente para crear unha especie nova con xenes comúns.

    • faa-mariamartinez di:

      O homo sapiens evolucionou en África e migrou ao resto da Terra e pénsase que o homo neanderthalensis descende do homo heidelbergensis. En relación co homo sapiens, o lugar do neandertal na clasificación científica foi tema de debate durante bastante tempo pero agora, é coñecido como unha especie aparte.

    • faa-luciasantos di:

      Tras varios estudos sobre as orixes dos nosos antepasados, observouse que o Homo Sapiens e o Neandertal non proceden un do outro. Hai entre 100.000 e 60.000 anos, o Homo Sapiens migrou dende África cara o resto do planeta. Por outra parte, crese que o Neandertal descende do Homo Heidelbergensis, e varios estudos recentes indican que a súa orixe podería estar no territorio da Península Ibérica.

  11. fab-antiachantada di:

    Tanto o Homo Sapiens como o Neandertal proceden do Homo Erectus. O sapiens vivía en África e despois migraron a Europa, onde habitaban os Neandertals, polo que compartiron espazo algún tempo e ata chegaron a ter relacións e cruces entre eles; e como di Adrián, en maio de 2010 a revista science publicou os resultados do xenoma do Homo Neandertal, onde din que os asiáticos e os europeos poden ter hasta un 4% de xenoma procedente diste.

  12. Victor di:

    Pódese afirmar que os neardentais tiñan unha estructura corporal axeitada para o clima frío?

    • faa-manuelbusto di:

      Os neandertais foron unha especie ben adaptada ó frío.Tiñan un cráneo amplo, eran de baixa estatura, complexión robusta, e grande nariz, como se pode observar actualmente nas poboacións do ártico.

    • faa-monicagonzalez di:

      Os primeiros ósos que encontraron dos neandertais as características que presentaron era que tiñan un cráneo alargado e amplo, baixa estructura(só chegarían a medir 1.65) presentaban rasgos de adaptación en zonas de climas fríos, como o Ártico.

    • faa-antoniomrodino di:

      Polo xeral, os animais que viven en cilmas fríos tenden a reducir a súa superficie corporal en relación ao peso, e desta forma conservar mellor a calor. A redución da superficie corporal pode alcanzarse de dúas formas: incrementando as anchuras e os diámtros dos cilindros que foman o corpo ou ben, reducindo a lonxitude das extremidades. Os neandertais reflexan na súa forma corporal ( baixos, corpulentos e con extremidades relativamente curtas), adaptacións ao clima frío como ben se pode comprobar.

  13. fab-alvarolopez di:

    Os Neandertais sempre se consideraron especies perfectamente adaptadas ó frío glacial pola súa fisionimía craneal, facial e corporal. Estas partes son específicas para a conservación do calor.

    Un artigo recente publicado no Journal of Human Evolution di no referente ó nariz que non era a mellor solución adaptativa, aínda que se considerou sempre eficaz contra o frío pola lonxitude das fosas nasais. Os autores de dito artigo poñen en evidencia que sexan típicas de mamíferos de zonas frías xa que observaron poblacións humanas e mamíferos ca conclusión que nas zonas frías as fosas nasais son máis reducidas, mentres que as fosas dos Neandertais non eran moi amplias. Esto leva a preguntarnos se estaba realmente adaptado ou se adaptou, e qué causou as diferenzas cos Homosapiens modernos.