Avance médico?

Gregg Homer, científico da empresa Stroma Medical, California, desenvolveu unha nova tecnoloxia láser que, por 3.000 €, permite cambiar a cor dos ollos de castaño a azul, denominada Lumineyes. Homer leva 10 anos traballando nesta tecnica e o único inconveniente que se lle atopa, de momento, é que unha vez feita a intervencion non hai marcha atrás. Stroma Medical realizou unhas enquisas que amosan que, polo menos, o 17% das persoas con ollos escuros cambiarían a súa cor se o método é seguro, efectivo e definitivo.

A explicacion científica é que as persoas cós ollos castaños teñen un pigmento chamado melanina na parte frontal do iris e nas persoas cós ollos azuis ou simplementes claros este pigmento esta ausente. Polo tanto, o tratamento de Homer, consiste en eliminar a melanina da parte frontal do ollo cun láser; o procedemento é moi simple e só dura 20 segundos, pero a cor azul tarda unhas semanas en aparecer.

Polo de agora realizáronse poucos experimentos con humanos, pero Homer prevé que o tratamento podería estar dispoñible en tres anos en Estados Unidos e únicamente nun ano e medio noutros paises.

Afirma o médico: ”Din que os ollos son o espello da alma. Un ollo azul non é opaco, pódese ver profundamente nel, mentres que un ollo marron é moi opaco. Creo que hai algo moi significativo en ter as ventás abertas para a alma” .


Autor: Martín Franco

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

44 Responses to Avance médico?

  1. fab-aldaragarcia di:

    Pois este e outro exemplo de que os avances médicos permetirán cambiar o noso corpo e ser como nos queiramos, completamente ó noso gusto, pero para elo teremos que pagar, por suposto, un alto prezo, ao que solo poderán acceder algunhas persoas. Sempre nos atopamos cunha división nas clases sociais: monarquía e campesiñado, proletariado e burguesía… e agora unha seríe de seres humanos perfectos frente a unhs que deben conformarse tal e como son.
    A operación que permite cambiar a cor dos ollos dura unhs 20 segundos, pero tardaría en aparecer case un mes. Tamén hai que dicir que Gregg Homer realizou as suas provas en México, e alí as normas sobre as probas médicas son menos seberas que en EE.UU.
    Moitos médicos din que isto non e unha boa operación, xa que o pigmento dos ollos está ahí para protexernos de que entre demasiada luz, e si o pigmento está ahí e por algunha razón. Tamen conta cunha serie de riscos, un sería o de rematar vendo dobre ou con reflexos móviles.

  2. faa-emilioabal di:

    É algo sorprendente é isto demóstranos que a ciencia segue avanzando, agora xa poderemos ter os ollos de cor azul pero o non ser reversible ten as seus inconvintes

    • Victor di:

      E paréceche un gran avance?

      • faa-victorinosouto di:

        A min esta técnica para cambiar o cor dos ollos non cabe duda que é un abance médico. Se nos preguntamos se é un gran abance, na miña opinión non e un abance moi importante. Este abance e para facer as persoas máis felices solo polo feito de ter os ollos azuis pero a o fin e a o cabo supoño que veran iguais as persoas dos ollos de color azuis, castaños, verdes…
        Para min un avance que me solprendería moito sería descubrir unha nova técnica de tratamento para as persoas que padecen cancro e así baixar o número de persoas que falecen por esta enfermidade.

      • fab-alekseinogueira di:

        Este é un avance como todos pero eu non o clasificarías no dos grandes porque e simplemente estético e non produce ventaxas pero si inconvintes se son artificiais,claro. Aínda que todo é mellorable.

      • fab-inesfeijoo di:

        Non supón ningún adianto evolutivo.O carácter que define que unha persoa teña ollos azules procede de unha mutación do xen que determina a cor oscura. Que surxiu en lugares do norte donde apenas hai sol.

        • fab-antiachantada di:

          Na miña opinión non é ningún avanze, sí, e algo que nos chama a atención porque a ciencia está avanzando moi rápidamente e agora podemos obter cousas incréibles, coma neste caso cambiar a cor dos nosos ollos. De todas maneiras, non supón para nada un avance médico, non é algo que necesitemos nin nada imprescindible,para min é unha perda de tempo e diñeiro xa que se poderían investigar cousas que realmente importan.

  3. faa-monicagonzalez di:

    Na miña opinión, xa se sabe que a ciencia cada vez esta avanzando máis, pero con iso tamén trae consecuencias,porque poidas cambiar o color dos ollos paréceme ben, pero creo que as súas consecuencias son poden ser peor.

  4. fab-alekseinogueira di:

    Polo que di o vídeo eu creo que non se deberían de cambiar a cor dos ollos porque é algo natural, algo noso, algo que se identifica con nos. Aquí as mulleres solen preferir os ollos claros, pero só porque son raros os ollos claros pero nos países do norte onde todo o mundo ten os ollos claros as mulleres séntense máis atraídas polos ollos escuros e así sucede con todo.A parte pola foto creo que a cor do ollo é máis ben tirando para gris que para azul e non sería un azul ceo como os ollos de cor azuis normais.

  5. fab-alekseinogueira di:

    E outra cousa, este é un avance como todos, un avance médico como a ciruxía estética que se ven facendo polo mesmo porque temos na mente que por exemplo non podemos ter uns quiliños de máis ou que non podemos ter a cara con enrugas o cal é algo típico e propio cando che van pasando os anos e este avance non aparecería se non pensaramos que os ollos azuis son máis atractivos que os escuros simplente aparece por capricho humano

  6. Victor di:

    É certo o que di Aleksei; isto é ciruxía estética. Que vantaxe supón ter ollos azuis?

    • fab-sandraromero di:

      O xen dos ollos azuis apareceu ao noroeste do mar Negro aproximadamente entre uns 10.000 e 6.000 anos. Polo feito de que sexa un xen recesivo, non foi ata varias xeracións despois cando naceu a primeira persoa con estes ollos claros. Os ollos azuis non son unha mutación positiva nin negativa, é dicir, non é ningunha desvantaxe. Pero si hai que ter en conta que os ollos azuis pola súa baixa pigmentación, están máis condicionados ás zonas donde a luz solar chegue con menos frecuencia. De feito estes ollos reciben o dobre da luz dispersa, o que provoca o deslumbramento cando incide unha cantidade considerable de luz neles, en cambio, os ollos oscuros non son tan susceptibles a este tipo de problemas visuais.

    • fab-lauragonzalez di:

      Ningunha, a caro dos ollos débese a factores climánticos. Así, en países de gran exposición solar abundan os ollos escuros, e en países con menos exposición solar abundan os ollos claros. Isto é debido a que os países con gran exposición solar necesitan de mayor protección contra os raios solares.

    • faa-luciasantos di:

      Estou de acordo con Aleksei, esa ciruxía non debe ser considerada avance médico, polo menos, na súa totalidade. O único que se fai nesta intervención é eliminar a melanina do iris do ollo, cun fin, exclusivamente estético. A única vantaxe que pode ter é a satisfacción da persoa que se somete a este tipo de operacións, que nin se quera son necesarias. Ademais, pola contra, poderá producirlle numerosas doenzas nestes órganos, debido á pouca protección do iris, pola falta de melanina.

  7. fab-amadeoabal di:

    A causa dos ollos azuís foi unha única mutación xenética sufrida por un só individuo fai entre 6.000 e 10.000 anos, según conclueu o profesor Hans Eiberg, da Universidade de Copenhague, tras máis de 10 anos de investigacións.Este profesor aclara que a mutación non representa ningunha ventaxa ou desventaxa desde o punto de vista da xenética.
    Os ollos azuís apareceron en lugares fríos donde non hai moita luz do sol e polo tanto ter ollos azuís non é unha desventaxa.
    Pero eu na rede encontrei algunhas ventaxas como:seleccion sexual positiva (xa que veñen de un só antepasado comun), tamén esta demostrado que sirven para saber si a túa parella che é infiel.Tamén para os medicos e oftalmólogos é máis fácil ver a pupila en ollos claros que nos que son oscuros.
    E unha desventaxa que tamén encontrei foi:anque non haxa unha relacion directa, os ollos claros tenden a fotofobia (non soportan a luz) e son suceptibles a determinados problemas visuais.

  8. fab-alekseinogueira di:

    Reafirmo o que digo no outro comentario creo que o cambio da cor de ollos é algo que facemos por simple estética porque queremos parecernos a alguén que nos parece más atractivo.
    É como a implantación de botox; a xente faina porque non quere ter enrugas nin quere ser vella e o cambio de cor de ollos neste caso é un cambio estético e aínda que teña riscos a xente faino igual porque non lle importa a saúde se non a estética.

  9. Victor di:

    A acarencia de melanina nos ollos vai a significar unha menor protección fronte á radiación lumínica; que tipo de doenzas se poden producir como consecuencia de ter uns ollos moi claros?

    • fab-inesfeijoo di:

      Albinismo ocular
      -O albinismo de tipo 1 e causado por defectos que afectan a producción do pigmento melanina.
      -O albinismo de tipo 2 debese a un defecto no xen “P”. As persoas con este tipo de albinismo teÑen unha pigmentación clara ao nacer.
      Agudeza visual reducida desde 20/60 a 20/400 e as veces tan boa como de 20/25 en el caso de Afro-Americanos.
      Nistagmus – movemento irregular e rápido de lado a lado de los ojos.
      Estrabismo – descontrol dos músculos dos ollos (ollos cruzados ou sin coordinación).
      Sensibilidade a brillos de luces fuertes ou ao resplandor.

    • fab-sandraromero di:

      Algunhas doenzas relacionadas coa baixa pigmentación dos ollos de cor clara son:
      A dexeneracióm macular por mor de idade padécena con maior frecuencia persoas con unha menor cantidade de pigmentación nos ollos.
      A medida que disminúe a melanina no iris das persoas con melanomas na coroides, existe un risco de morte pola desiminación do cancro a outros órganos do corpo.

    • fab-isaacabal di:

      Avance médico si que o é, o que pasa é que a súa utilidade é estrictamente económico.
      O único que se busca con isto é o negocio, xa que a cor dos ollos non afecta para nada as nosas vidas.

  10. fab-rosammillan di:

    Poden desarrollar fotobobia,unha sensibilidade ou intolerancia a luz.Esta sensibilidade ven dada tanto pola luz solar,fluorescente ou incandescente.Pero non teñen por que ter problemas graves.
    Por exemplo as persoas albinas padecen de :fotofobia, nistagmo, estrabismo, miopía y astigmatismo, producto da insuficiente melanina nos ollos.

  11. fab-isaacabal di:

    Exposición ocular aos UV depende de moitos factores: a radiación reflectida polo solo, a intensidade da luz do ceo que as forzas dos nosos ollos para o medio ambiente, a cantidade de luz reflectida pola atmosfera, ou o uso de lentes de sol.

    Algúns dos efectos agudos da radiación UV sobre os ollos inclúen fotoqueratite (inflamación da córnea ea vella) e fotoconjuntivite (inflamación da conjuntiva, que é a membrana que reviste a parte interna das pálpebras), que son disturbios Dolores pero reversible e facilmente evitadas mediante lentes de protección.

    Posibles efectos crónicos inclúen a aparición de pterigyum (tecido branco opaco que se forma na córnea), cancro de células escamosas da conjuntiva (malignidade escamosa ou prato), e catarata. Actualmente 16 millóns de persoas en todo o mundo sofren de cegueira por catarata, segundo estimacións da OMS, o número de casos causados ​​por exposición aos raios UV pode ser ata un 20%.

  12. Victor di:

    Que vos suxire a última frase do artigo, que é unha afirmación do médico investigador?

    • faa-xosemartinez di:

      O investigador ven a dicir que é mellor ter ollos azuis xa que “os ollos azuis non son opacos e pódense ver profundamente neles”, e que os ollos marróns son opacos neste aspecto. Esto suxíreme que di esto para intentar dar unha “razón” (sen fundamento científico) máis para que a xente a crea e se anime a operarse para cambiar a súa cor de ollos e que esta persoa se enriqueza.

    • fab-laurarodriguez di:

      Esta frase non ten ningún sentido. Según isto, poderíase ver fácilmente o estado da alma dunha persoa con ollos craros, mentres que non se podería saber nada sobre ela tendo ollos escuros. Xa, tendo en conta que é imposible ver a “alma” a través dos ollos, ésta frase só intenta animar a ver como algo “mellor” os ollos claros co fin de que esta operación se comercialice máis.

    • faa-mariamartinez di:

      Baixo o meu punto de vista e falando claro e pronto, o que afirma G.Homer é unha chorrada. Seguro que todos escoitamos algunha vez esa frase, e o que fai este médico é utilizala para promocionar o seu “avance”. Ademais contradícese a si mesmo xa que primeiro afirma que <>, sen distinguir entre cores, pero despois di que só se pode ver profundamente a través dos azuis.

    • fab-isaacabal di:

      Dinos que os que temos os ollos oscuros somos unhas persoas reprobables, pero penso que non se debería ter en conta xa que é unha estupidez e este home o único que busca é o seou maior benficio, que é o fin da ciruxía estética.

    • fab-antiachantada di:

      Este ciruxano, Homer, dinos que as persoas que teñen os ollos marróns somos malas persoas e peores que as persoas de ollos claros. Na miña opinión é unha tontería o que di, só o fai para sacar beneficios, intentando engañar as persoas xa que sempre hai algué que cree todas estas cousas.

  13. faa-luciasantos di:

    Dende o meu punto de vista, esta intervención non é máis que un capricho. Ninguén ten a necesidade de ter os ollos azuis, simplemente desexa esta cor, por mera apariencia física. Polo tanto, pode ser considerada unha operación de ciruxía estética, non un avance médico. Ademais, a falta de melalina, volve aos ollos máis vulnerables con respecto a todo tipo de radiacións,especialmente, ultravioletas. Por outra banda, pode supoñer a aparición de enfermidade hepéticas nos ollos, producidas pola falta deste pigmento.

  14. Victor di:

    Ata onde aprovariades vos unha operación quirúrxica coa única finalidade de cambiar de aspecto? Existen límites éticos para este tipo de intervención?

    • faa-adrianfeijoo di:

      Na miña opinión estes cambios de aspectos sempre que non sexan esencias para a supervivencia parécenme unha parvada facelos ,xa que cada un ten o físico que por natureza lle tocou.
      Eu aprovaría un cambio de aspecto se a persoa que está disposta a facelo,ten un trauma psicolóxico ,créndose inferior ao resto da xente e isto leva a que teña consecuencias sobre a súa vida.
      Outra causa pola que si se deberían facer estas intervencións é a unha persoa que presenta obesidade e lle cause problemas de saúde.
      Neste tipo de intervención non existe ningún tipo de limitación xa que realizan calquera cambio de aspecto e a calquera persoa,xa que o único que lles preocupa é ganar cartos e non mirar polo ben da xente.

    • faa-iagopaz di:

      Na miña opinión o feito de que unha persoa se someta a unha operación de este tipo non me parece mal, xa que cada un é dono do seu corpo e pode decidir como quere ser ou aparentar, de igual forma que compramos roupa ou nos facemos tatuaxes.
      Hoxe en día non están mal vistos estes cambios, pero chegando a certos extremos como o cambio de sexo a sociedade non sempre reacciona de forma positiva e mostrase contraria a eles.

    • faa-manuelbusto di:

      A min non me parece mal que a xente se someta a este tipo de operacións xa que cada un é libre de facer o que queira, pero esta operación en concreto paréceme bastante absurda xa que arriesgas a túa saúde.

    • fab-alvarolopez di:

      A través deste artigo non sabemos até donde pode chegar o límite das operacións estéticas. Non quero decir con isto que sexa un avance, pero sí outra opción da xente libre de cambiar de aspecto.

      As operacións máis comúns son as das mulleres nas mamas(consiste no aumento ou redución das mamas co mesmo levantamento delas). Os homes cada vez se operan máis, e o máis común é a operación de párpados e engurras faciais.

      Estas operacións están pensadas para que pareza natural o cambio. Pero buscando na rede, soprendinme por que hai xente que quere que se lle note.

    • fab-antiachantada di:

      A min paréceme absurdo someterte a unha operación para cambiar o teu aspecto xa que perxudicas a túa saúde, poñéndote en peligro, neste caso ao extraer a melanina do ollo, este vólvese máis sensible á luz polo que nun futuro seguramente se chegarían a ter problemas, é unha operación e un avance completamente innecesario.

    • faa-xosemartinez di:

      Calquera ten o dereito de facer co seu corpo o que queira, pero sempre tendo en conta os perigos que poden conlevar unha operación de calquera tipo, e específicamente nesta hai probabilidades de quedarse cego.

  15. Victor di:

    A técnica utilizada para esta operación pode ser considerada como un proceso de biotecnolóxia?

    • faa-breixoalonso di:

      Non, xa que as aplicacións da biotecnoloxía con respecto a o corpo humano son atención da saude e tratamento de enfermidades e unha operación de ciruxia non se pode clasificar en ningun deles xa que podemos vivir sen ese cambio.

    • Para que un tratamento sexa considerado biotecnolóxico ten que haber manipulación do ADN.

    • fab-alekseinogueira di:

      Non xa que a un proceso de biotecnoloxía chámaselle ó que produce un cambio xenético e este non é un cambia xenético só se elimina unha parte do ollo.

  16. fab-amadeoabal di:

    Non,xa que a biotecnoloxía é a tecnoloxía basada na bioloxía, especialmente usada na agricultura, farmacia, ciencia dos alimentos, medio ambiente e mediciña,mentre que esta técnica só elimina a melanina do ollo que é un pigmento que posee unha especie de color negro ou pardo negruzco e que se presenta en forma de gránulos que existe no protoplasma de algunhas células dos vertebrados, estos son os que provocan a coloración especial da pel, o pelo ou a coroides nos ollos.(Este non é un cambio xénetico si non sería unha técnica da bioctenoloxía,como ben di Aleksei e Ismael).

  17. faa-iagogonzalez di:

    Intentando aportar máis información, segundo o Convenio sobre a Diversidade Biolóxica de 1992, a biotecnoloxía podería definirse como “toda aplicación tecnolóxica que utilice sistemas biolóxicos e organismos vivos ou os seus derivados para a creación ou modificación de produtos ou procesos para usos específicos”.