Na procura da supervivencia

Aínda ca os océanos quéntanse máis lentamente  ca os continentes, a velocidade á que está a producirse o cambio climático e o adianto das estacións, está sendo igual de rápido en ecosistemas mariños e terrestre. De feito a primavera está a adiantarse en continentes e océanos, sobre  dous días ao ano.

O problema é que os vexetais e animais mariños, ante o aumento das temperaturas, necesitan desprazarse para adaptarse ao ecosistema que máis lles favorece. Pero non todas as especies teñen as mesmas posibilidades, pois as do Ártico non poden migrar cara a mares máis fríos, e outras especies coma as do Mediterráneo non poden desprazarse cara ao norte porque o mar está pechado por Europa. É dicir, cando a velocidade do cambio climático é maior ca velocidade de dispersión dos seres vivos, ou cando existen barreiras que impiden esa dispersión, as especies só poden adaptarse ou extinguirse. Cal destas dúas opcións vos parece que ten máis posibilidades de producirse?

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Cambio Climático e etiquetada , . Garda o enlace permanente.