Coidado co que bebes!

Fai anos, descubriuse que o alcol inxerido de maneira constante, aumenta o risco do cancro de mama. A Organización Mundial Da Saúde (OMS) e o Fondo de Investigación do Cancro, coinciden en que o risco de padecer  cancro de mama aumenta co consumo de 3 a 6 copas de alcol á semana. Nun estudo evaluouse a 105.086 enfermeiras maiores dos 30 anos e a frecuencia coa que consumían alcol dende 1998 a 2008. O resultado indicou que con dous vasos de alcol, diario, aumentaron un 50% o risco de padecer cancro de mama. Isto débese a que cando unha muller consume alcol moderadamente, aumenta as súas hormonas sexuais.
Nun estudo financiado polo Instituto Nacional da Saúde de Estados Unidos, os investigadores atoparon que o risco aumenta un 10% por cada gramo (103.50 mililitros) de consumo de alcol diario. Por exemplo, as mulleres que toman entre 3 e 6 copas de viño por semana teñen un risco de padecer cancro de mama 1´15 veces maior cas mulleres que non beben. Segundo este estudo, as mulleres que beberon menos de 3 copas de viño por semana non mostraron un crecemento de risco de padecer cancro de mama.

A doctora Wendy Chen, autora principal do estudo e profesora asistente de Medicina na Escola de Medicina de Harvard dixo: “Aínda que o mecanismo exacto para a asociación entre consumo de alcol e cancro de mama non é coñecida, unha explicación probable envolvería os efectos do alcol sobre os niveis circulantes de estróxenos”. Este estudo mostrou que o alcol sumábase a calquera tipo de risco que a muller tiña de desenvolver cancro de mama. Por exemplo, se unha muller tiña antecedentes familiares de cancro de mama, cun maior consumo de alcol o risco aumentou, xa que o consumo moderado de alcol relaciónase cun menor índice de mortalidade por unha enfermidade cardíaca. Por isto, Chen opina que as mulleres deben afrontar os riscos e as vantaxes en base aos seus historiais clínicos. Este estudo lévanos a reafirmar un feito evidente: un estilo de vida saúdable non é garantía contra o cancro, pero danos posibilidades ao noso favor.


Autora: Cristina Barreiro

Esta entrada foi publicada en Medicina, Saúde e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

34 Responses to Coidado co que bebes!

  1. Victor di:

    O profesor de CCMC está agardando por artigos dos alumnos e alumnas para publicar neste blog.

    Este artigo deixa claro que o consumo de alcol é malo para a saúde?

    • faa-fernandogarcia di:

      Pois bastante claro, pero o alcol é unha droga moi introducida na nosa sociedade, e por moito perigo para a saúde que supoña vai ser difícil se non imposible eliminala.
      E xa non polo posible cancro de mama, senón que a adición que provoca é un dos maiores perigos, xa que intentar cortar unha adición ao alcol provoca un síndrome de abstinencia moi forte. Incluso a consumición moderada xa ten posibilidades de rematar en outros problemas de saúde a longo prazo

    • fab-ateneaprado di:

      Claramente que o deixa claro. Xa antes sabíamos os riscos que supoñía consumir alcol, pero cada vez vanse sabendo cousas coma estas que debería facer que a xente, ainda que tomase algo de alcol que o fixese en moderación, xa que o que estan facendo é perxudicar gravemente a saúde ou como é neste caso pode aumentar o risco de coller outras enfermidades.

    • faa-luciasantos di:

      Obviamente que o alcol é nocivo para a nosa saúde, non debemos olvidar que é unha droga aínda que esté legalizada no noso país. Pouca xente relaciona o alcol cos perigos que pode traer, a longo e curto prazo. Non olvidemos que, ao ser unha droga, o alcol provoca adicción, non tanto coma outras, pero sí a ten. Neste artigo fálase de perigos graves para a nosa saúde, como o aumento de posibilidades de ter cancro, que penso que nos debería facer reflexionar sobre o consumo destas bebidas. Ainda que, por outra banda, é difícil facer chegar á población datos coma estes, xa que, é unha materia aceptada e presente na sociedade, día a día.

    • fab-lauragonzalez di:

      Si que o deixa claro, ademáis que nos xa sabemos todos os problemas que o alcohol conleva e ainda asi seguimos consumindóo. Pero en realidade o maior problema non é ese, senón que a maioría da xente consumeo sin moderación, sin pensar nas consecuencias. E a gran parte volvéndose adictos, e collendo enfermidades graves.

      • fab-amadeoabal di:

        Claro que o deixa claro.Pois beber alcol é malo,dende calquera punto de vista de donde o mires.
        Unha investigadora chamada Jasmine Lew fixo un estudo a unhas cantas mulleres e demostrou que:O riesgo de padecer cancro de mama por mor da bebida é evidente ,ademáis demostrou que as mulleres que máis bebían eran as que tiñas máis posibilidades de ter cancro de mama.
        Alrredor do 70 por cento das mulleres que son diagnosticadas con cancro de mama presentan tumores receptores positivos tanto de estróxeno como de proxesterona.

        O cancro de mama inda por riba é a segunda causa de morte por cancro entre as mulleres despóis dos tumores pulmonares. Este ano será diagnosticado en 1,2 millones de persoas en todo o mundo e causará a morte dunhas 500.000.

    • faa-margabarreiro di:

      Por suposto que que o alcohol e malo e ademáis esta moi introducido na sociedade,porque se ti saes os fins de semana pola noite e miras o teu arredor a xente que non está a beber e moi pouca…Na miña opinion a xente debería saber que para sair os sábados e pasalo ben non é necesario beber alcohol ou tomar calquera outra substancia,porque fas peligrar a tua saude.

    • faa-juancsineiro di:

      Si. Xunto con ter familiares que padeceran este mesmo cancro. E que ainda que sexa legal e unha droga que dana o noso corpo e crea adiccion.

    • fab-inesfeijoo di:

      O alcoholismo é posible que tamén provoque outras formas de cancro, incluíndo pulmón, estómago, páncreas e endométrio.

      Por outra banda, algúns estudos suxeriron que o consumo moderado de alcohol pode estar asociado a un menor risco de cancro de vexiga, riles, ovarios e próstata, polo cal apesar de ser malo tamén ten como todo algo de bo o que pasa e que tamén todo en exceso é malo por eso sempre hai que ter un control da nosa dieta.

  2. Victor di:

    En que consiste a técnica da ecografía?

    • fab-lauragonzalez di:

      Consiste na visualización dos
      órganos internos das diferentes especies
      domésticas, e incluso do home. Ten a
      ventaxa de non ser perturbadora das funcións,
      e sen o risco de exposición a radiación
      de raios X, permite un uso frecuente, non só
      en órganos reproductivos aislados, senon tamén
      do seguimento de eventos reproductivos
      completos.

    • faa-juancsineiro di:

      consiste en que con ultrasons e con unha crema se poidan ver cousas do interior do noso corpo, e ten a vantaxe de que como e sen radiacion usase para ver fetos por exemplo.

    • fab-martinfranco di:

      Unha ecografía non é máis que a emisión de ultrasons que penetran no corpo, rebotan e volven salir: medindo o tempo que tardan en facelo é posible saber dónde rebotaron e utilizar esa información para formar unha imaxen do interior do corpo.
      Hai moitos tipos de ecografias: Dopler (evalua o fluxo sanguineo), vascular, ecocardiograma (para diagnosticar as enfermidades do corazón), abdominal, obstétrica (para monitorizar a evoluciion do feto), pélvica, mamografía, ecografía da tiroides, do escroto, da prostata, do aparato locomotor e, finalmente, ecografía intervencionista (utilizada para tomar mostras de diferentes partes do corpo).

    • fab-inesfeijoo di:

      Unha ecografía é un procedemento de diagnóstico que utiliza ultrasóns para crear imaxes bidimensionais ou tridimensionais. Usado para ver o estado de estruturas internas do corpo como órganos, veas e arterias.Unha ecografía é un procedemento de diagnóstico que utiliza ultrasóns para crear imaxes bidimensionais ou tridimensionais. Usado para ver o estado de estruturas internas do corpo como órganos, veas e arterias. A pesar de que a ecografía utilízase para observar case todo o corpo. É un dos mellores métodos de diagnóstico para a súa seguridade, precisión e velocidade.
      A ecografía é realizado por un equipo chamado ecógrafo.

  3. fab-amadeoabal di:

    A ecografía , ultrasonografía ou ecosonografía é un procedemento da imaxenoloxía que emplea os ecos dunha emisión de ultrasonidos dirixida sobre un corpo u obxecto como fonte de datos para formar una imaxen dos órganos ou masas internas con fins de diagnóstico. Un pequeno instrumento chamado transductor emite ondas de ultrasonidos. Estas ondas sonoras de alta frecuencia transmítense hacia a área do corpo baixo estudo, e recíbese o seu eco. O transductor recolle o eco das ondas sonoras e unha computadora convirte este eco nunha imaxen que aparece na pantalla.

  4. A ecografía é unha técnica de exploración do interior dun corpo mediante ondas electromagnéticas ou acústicas, que rexistra os ecos producidos nas súas propagacións polas discontinuidades internas.
    É dicir,un transductor emite ondas de ultrasons. Estas ondas sonoras de alta frecuencia transmítense cara a área do corpo baixo estudo, e recíbese o seu eco. O transductor recolle o eco das ondas sonoras e un ordenador converte este eco nunha imaxe que aparece na pantalla.

  5. faa-iagogonzalez di:

    A ecografía é un procedemento sinxelo, non invasivo, no que non se utiliza radiación, a pesar de que se soe realizar no servizo de radiodiagnóstico, e por iso se usa con frecuencia para visualizar fetos que se están formando. Ao someterse a un exame de ecografía, o paciente sinxelamente se deita sobre unha mesa e o Tecnólogo Médico move o transductor sobre a pel que se atopa sobre a parte ol corpo a examinar. Antes é preciso colocar un xel sobre a pel para a correcta transmisión dos ultrasonidos.

  6. faa-monicagonzalez di:

    Como din os meus compañeiros o alcol é unha droga, aínda que esta legalizada no país. Eu penso que hai que beber con moderación, xa que vivimos nunha sociedade, o cal, é un pouco necia, que solo lle importa o que lle quere importar,xa que a veces o beber alcohol veno como algo gracioso, para pasalo ben, traendo consecuencias, como o resgo de que se produza un cancro.

  7. fab-carmenrodriguez di:

    Respecto o artigo, consta que o alcho ben sendo algo que non é nada bo para o noso corpo, aínda que certamente, beber con moderación e responsabilidade en ocasións especiais, non sería algo tan negativo.
    Nesta situación, un estudo levado a cabo por un cardiólogo da Universidade de Missouri, James H. O’Keefe, M.D, e algúns compañeiros máis observaron certas desventallas a hóra do consumo do alcol, aínda que advertiron do perigo que supón para a saúde beber moito en cantidades excesivas. O que importaría non sería a cantidade mínima que se consume, xa que os seus efectos serían igualmente negativos.

    A ecografía é unha proba médica na que se usa ultrasonidos , que aínda que nos non podemos percibilos, os aparellos utilizados compoñen con eles imáxes do corpo, sin producir dano algún sobre nenos, adultos ou embrións. Estas imáxes son estudadas polo médico ecografista que analiza o tamaño, a forma e a debida función dos órganos.

  8. fab-lauralesmes di:

    Menciónase costantemente que o acol é unha droga pexudicial para a saúde, e por suposto estou de acordo cos meus compañeiros.Pero di que só é perxudicial en cantidades excesivas.
    Co cal non é tan perigoso se se bebe con moita moderación.

  9. fab-isaacabal di:

    mais así, os xovenes non debemos beber, e a pesar de haber leis que o proiben, con sancións para os pais e máis para os vendedores, consumismos alcol todo os sabados, sen esforzarnos por mercalo, sen que nin sequera nos pregunten a idade.
    Se queremos fumar, tamén o temos bastante doado, sen ter que pedirlle tabaco a calqueira coñecido, vendencho en calqueira bar.
    O estado deberia encargarse de que estas leis se cumplan e non de endurecelas cando non se cumplen antes de modificalas.

    • fab-inesfeijoo di:

      Estás equivocado, porque é o segundo ano que traballo nun bar e durante todo o verán pasou moita xente xoven, máis que nada os meus amigos e o meu gefe non deixaba consumir alcol a ningún e aos que lle parecía que eran algo mozos pedíamoslles o DNI, e en outros bares aos que eu fun tamén fan así.O problema e que non controlan o botellón máis que nada nas rúas, eu cando salgo polo fin de semana suelo beber algo pero non hasta perder o sentido como fai moita xente e son menor de idade ese é o problema de camarer@s que hai en discotecas e demais locales dese tipo que venden sin saber a quén, pero aínda así ese é un problema que sempre estará ahí máis que nada porque si lle dis a un amigo de 19 anos que mañán estás de cumpleanos e queres facer botellón nun piso alquilado él vai ir comprarche todo tipo de acol que ti lle mandes e non vai a ir ningún policía detrás do teu amigo a ver o que vai facer él con esas botellas.

    • Victor di:

      Non esquezas Isaac, que se comeza a escribir con letra maiúscula.

    • Victor di:

      Cal é a posible orixe dos cancros?

      • fab-aracelilores di:

        O cancro é un proceso xenético. As alteracións xenéticas poden ser herdadas ou producidas nalgunha célula por virus ou lesións provocadas de maneira externa.
        A posible orixe do cancro é variada. Entre eles encontrase a herdanza, produtos químicos, radiacións ionizantes, infeccións ou virus, traumas, obesidade.. Os investigadores estudan como estes factores poden interceder e producir tumores malignos.

      • faa-fernandogarcia di:

        Os cancros son causados, como ben se sabe, por tumores (exceptuando tipos moi concretos como a leucemia, enfermidade na que os leucocitos, coñecidos como glóbulos brancos, son os que se multiplican sen chegar a formar masas). Estes non son máis que masas de células que sofren algunha alteración e comezan a medrar sen control, afectando ao órgano no que se atopan, aínda que tamén poden transmitirse polo corpo se se filtran por algún vaso sanguíneo. As causas poden ser variadas, dende adiccións ao tabaco ou ao alcol, ata cuestións de herdanza.

      • faa-mariamartinez di:

        O cancro orixínase cando as células normais se converten en canceríxenas e comezan a dividirse sen control. Isto pode ser debido a uns malos hábitos de vida, como fumar e consumir alcol, ou a diversos factores externos, aínda que, nalgúns casos a predisposición xenética tamén pode ser unha das causas.
        Dentro dos factores externos podemos distinguir entre químicos, relacionados coa actividade industrial; biolóxicos, atribuídos a infeccións provocadas por virus, bacterias ou parasitos; e físicos. Nestes destacan as radiacións ionizantes (raios X), as non ionizantes (raios ultravioleta do sol) e as producidas cando hai unha fuga nunha central nuclear.

      • fab-rosammillan di:

        Os factores son:a herdanza,sustancias químicas como o alquitrán de ulla,radiacións ionizantes,infeccións ou virus.Tamén se considera perxudicial a irritación mecánica producida sobre a pel ou a fricción exercida sobre lunares.Os modos de prevención contra o cancro son:non fumar,evitar expoñerse o sol durante moito tempo,controlar o consumo de bebidas alcolicas,unha dieta saudable e avitar a exposición a radiacións e elementos industriais perigosos como según din a uralita (que contén amianto que pode ser perxudicial)e outros elementos que se usan para insonorización dos fogares.

  10. faa-mariacmaquieira di:

    Son varios os factores que poden facilitar a presenza do cancro como son os seguintes:
    – A alimentación é un factor moi importante xa que as dietas altas en graxas e baixas en fibra asocianse co cancro de mama, prostata e colon.
    – O consumo de tábaco ou a exposición o fume do mesmo.
    – A obesidade
    – Causas xenéticas ou hereditarias calcúlase que entre o 5 e o 10 % dos cancros teñen esta orixe.
    – As radiaccións principalmente os raios ultravioletas do sol e os raios X aumentan as posibilidades de contraer un cancro de pel.

  11. fab-amadeoabal di:

    O cancro orixínase cando as células normais transfórmanse en canceríxenas, é dicir, adquiren a capacidade de multiplicarse descontroladamente e invadir texidos e outros órganos.
    Son varios os factores que orixinan o cancro:
    – O consumo de tabaco ou a exposición ao fume do mesmo, que está asociado directa ou indirectamente con todo tipo de cáncros e de outras enfermidades graves.
    – A dieta que probablemente sea o factor de riesgo máis importante, xa que as dietas altas de grasas e baixas en fibra,asócianse co cancro de próstata, colon, recto e mama.
    – O consumo excesivo de alcol, que asóciase directamente con co cancro de fígado, boca, esófago, estómago, colon, recto, pulmón e mama.
    – A obesidade.
    – O sedentarismo.
    – Nas mulleres a idade da primeira menstruación é un factor de riesgo, xa que mentras máis xoven a presente, maior é o riesgo.
    – O uso de anticonceptivos orais ou de terapia de hormona de reemplazo.
    – Predisposición xenética e hereditaria.

  12. faa-iriagondar di:

    Certos factores son capaces de producir cancro aos individuos expostos a eles. Estes son:
    – Herdanza: Calculase que un 5-10% dos cancros son de orixes herdadas.
    – Substancias químicas: O alquitrán de hulla e os seus derivados considéranse altamente canceríxenos. Os seus vapores nalgunhas industrias asócianse a unhas altas probabilidades de que os traballadores padezan cancro de pulmón.
    Outro exemplo é a combustión do carbón que pode provocar cancro na pel. Os cigarros son outro axente canceríxeno xa que conteñen: nicotina, ácidos e oxídos do carbono e alquitrán. O alcol é un importante promotor e o seu abuso crónico incremente a aparición de dita enfermidade.
    – Radiacións: As radiacións ionizantes son un factores causais máis recoñecidos. A radiación produce cambios no ADN, como roturas ou transposicións cromosómicas nas que os cabos rotos dos cromosomas se intercambian. Os raios ultravioletas do sol e os raios X aumentan as posibilidades de adquirir cancro da pel ou leucemia.
    – Infeccións ou virus: Existen cada vez máis evidencias que algunhas infeccións poden chegar a provocar en concreto as que están relacionadas con cancros de estómago, fígado, etc…
    – Traumas: Considerase prexudicial a irritación mecánica producida sobre unha porción de pel e a fricción exercida sobre lunares ou marcas.

  13. Victor di:

    Pódese agardar que nun futuro se obteña unha única cura para todos os tipos de cancro?

    • faa-victorinosouto di:

      Na miña opinión creo que non xa que cada cancro e diferente e hoxe en día os médicos estudan o cancro de cada persoa para así saber cal e o medicamento ou tratamento máis axeitado. A mellor cura para un cancro e que se detete a tempo xa que asi pois se pode coller na fase inicial o que lle permite a os médicos poder operar ou realizar o tratamento e que as células danadas estean pouco estendidas. Esta enfermedade é unha enfermeda que todo o mundo lle ten moito medo xa que case sempre e sinónimo de morte pero por sorte non e así o que nos permite pensar que nun futuro non moi lonxe sexa unha enfermidade non mortal.

  14. fab-alekseinogueira di:

    Según o que busquín pola rede creo que non se podría buscar unha cura en xeral para todos, pero si unha específica para cada un ,porque o noso corpo non é igual en todas as partes e non é o mesmo darlle un tratamento á pel que ó estómago,e tamén depende do individuo non lle podes dar o mesmo tratamento a unha persoa que pesa cinco quilos que a unha persoa que pesa sesenta é algo totalmente desproporcional.