Un planeta, dous soles

A NASA anunciou o descubrimento do primeiro planeta con dous soles, chamado Kepler 16-b. Críase que os sistemas estelares binarios eran comúns na Vía Láctea, pero este descubrimento por fin confirma que un planeta circumbinario, que orbita dúas estrelas, pode formarse na nosa vecindade galáctica.

Kepler 16-b ten o tamaño de Saturno e está a só 200 anos luz da Terra. Orbita o sistema binario cada 229 días, mentres que as duas estrelas se orbitan entre si cada 41 días.

O nome de este planeta provén de que foi descuberto polo vehículo espacial Kepler que explora exoplanetas posiblemente habitables, aínda que científicos dudan que a vida exista neste planeta xa é bastante frío e a súa  temperatura na superficie  oscila entre -73 e -101 ºC, debido a que os seus dous soles son considerablemente máis pequenos e fríos que o noso, e esta composto de metade rocha e metade gas.

Pero o que este descubrimento demostra, segundo a axencia espacial estadounidense, é a diversidade de planetas que forman a nosa galaxia.

Autor: Manuel Busto

 

 

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

33 Responses to Un planeta, dous soles

  1. fab-amadeoabal di:

    Este descubrimento é un paso moi importante que dan os científicos,pois demóstrase que traballan moi duro día a día ata ter resultados espectaculares como estes.
    Os científicos anque xa antes observaron planetas que se creía que eran circumbinarios(Un planeta circumbinario é un planeta que orbita ao redor de dúas estrelas en lugar de una sola. Debido a proximidade e a órbita de algunhas estrelas binarias, a única maneira de que se formen planetas é que o fagan por fóra da órbita das dos estrelas), o descubrimento de Kepler-16b pola Misión Kepler convirtiuse no primer caso confirmado cando observouse ao planeta pasar diante dos seus dous soles.

  2. fab-aracelilores di:

    Este planeta é o primeiro que xira arredor de dúas estrelas.
    Descubriuse que era un planeta porque nos sistemas binarios, as estrelas eclípsanse unha a outra,e isto tradúcese en cambios de brillo que son detectables dende a Terra. Pero os astrónomos observaron que os cambios de brillo de dous astros producíanse incluso cando non estaban en posición de eclipse, polo que deduciron que tiña que existir un terceiro corpo no sistema que os científicos identificaron como un planeta, o Kepler-16b. Este descubrimento demostra a diversidade de planetas na nosa galaxia.

  3. fab-lauragonzalez di:

    Os astrónomos descubriron un planeta donde se podría observar este espéctaculo, xa que este corpo orbita arredor dun sistema binario de estrelas, e incluso unha de elas é tan vermella como a que aparece na película de George Lucas.

    Non é a primeira vez que se detecta un planeta orbitando un sistema binario, pero sí a primeira vez que se observa este planeta mentres pasa por diante as súas estrelas nais no transcurso da súa órbita, eclipsándoos, o que permite aos científicos realizar medicións bastante precisas sobre o tres corpos.

  4. Victor di:

    Son comúns os sistemas binarios de estrelas?

    • fab-alvarolopez di:

      Estou dacordo co comentario do noso compañeiro Iago, e quero engadir os tipos que hai de estrelas binarias:
      -Visuais: Pódense encontrar cos telescopios ordinarios.
      -Eclipsantes: Só se poden observar cando as súas órbitas están aliñadas coa nosa de tal maneira que, periódicamente, unha estrela por diante da outra.
      -Astrométicas: Só é visible un componente da estrela.
      -Espectroscópicas: Igual cas astrométicas, tamén posúen unha estrela visible.
      -Óptica: Se o movemento da estrela é lineal se pódese admitir que as estrelas non son binarias, senón falsas.

    • faa-antoniomrodino di:

      Si son comúns, xa que como apunta Laura eran comúns entre as primerias estrelas do universo.
      Realizadas varias simulacións numéricas sobre como se formou e evolucionaron as primeiras estrelas do Universo mostran que os discos ao redor destas estrelas primixenias do universo eran gravitacionalmente inestables e fragmentadas, posiblemente para formar múltiples estrelas binarias ou sistemas estelares.

    • faa-luciasantos di:

      Sí, estás convinacións de estrelas son moi común, de feito, estudos recentes demostran que un alto porcentaxe deste astros son parte de sistemas de, polo menos, dúas estrelas. Estos sistemas están compostos por estrelas que orbitan mutuamente ao redor dun centro de masas común. Os sistemas múltiples poden ser ternarios, cuaternarios ou de cinco estrelas, e tamén son chamadas estrelas binarias. Un exemplo deste caso é a estrela Alfa Centauri A e B.

    • fab-isaacabal di:

      Sí son comúns os sistemas binarios de estrelas, de feito o sistema do noso Sol é moito máis extraños que dúas estrelas.

  5. faa-iagogonzalez di:

    Si, xa que máis da metade das estrelas se forman e evolucionan no seno de sistemas binarios ou múltiples, polo que o seu estudo é esencial para entender a evolución estelar.

  6. fab-lauragonzalez di:

    Si,os sistemas binarios ou múltiples eran comús entre as primeiras estrelas do Universo, según di un estudio da Universidade de Heidelberg en Alemaña.

  7. fab-mariaarojo di:

    Sí, pois se pensa que arredor do 75% de todas as estrelas encóntranse en sistemas binarios. Un exemplo é a estrela Sirius, que pertence á constelación “Canis Major” e que xa no seu descubrimento se creía que era binaria, e no 1862 atopuse a súa compañeira Sirius B, demostrando a existencia de sistemas binarios.

  8. Victor di:

    Que métodos utilizan os astrónomos para descubrir planetas no Universo?

    • faa-manuelbusto di:

      No caso do vehículo espacial Kepler, para detectar planetas orbitando outras estrelas utilizase o Método do Transito: cando un planeta cruza frente á súa estrela provoca una lixeira diminución do brillo. Esta pequeña variación no brillo da estrela prodúcese de forma periódica cada vez que o planeta realiza un transito.

    • faa-adrianfeijoo di:

      Os astrónomos empregan distintas técnicas para descubrir planetas:
      -Técnica da velocidade radial:A gravidade dun planeta pesado tira da súa estrela nai, provocando un movemento oscilante que pode ser medido.
      -Técnica de tránsitos:Un planeta diminúe a intensidade de luz procedente da súa estrela nai cando este pasa fronte a ela .Os astrónomos incluso poden saber o tamaño da súa atmosfera ,restándolle a luz cando o planeta non está fronte a ela.
      -Técnica da microlente gravitatoria:Cando dúas estrelas están perfectamente alineadas,a estrela máis próxima actúa como unha lente natural,e aumenta o brillo da estrela que está máis lexos.Unha interrupción no cambio de brillo pode atribuírse a un planeta.

    • faa-luciasantos di:

      Como ben dí Manuel, actualmente, utilízase a nave espacial Kepler para o descubrimento de novos planetas. Este aparello leva en marcha casi dous anos, e o seu obxectivo é descubir outros planetas que teñan entornos e características comúns coas da Terra. Para esto, é necesario que soporte condicións extremas, con altas temperaturas; que sexa capaz de soportar estar parada no vacío espacial; que os seus detectores funcionen correctamente e que a compatibilidade magnética esté asegurada.

    • faa-paulagondar di:

      A maioría dos planetas son descubertos polo método de tránsito, que detecta un escurecemento da luz mentres que un planeta está pasando por en frente da súa estrela.
      Ahora, gracias a unha nova investigación, pódese desarrollar un método baseado na detección de ondas de radio procedentes de auroras boreais. Descubriuse que planetas que orbitan ó redor de estrelas de entre 1 e 50 unidades astronómicas (isto é unha unidade de distancia aproximadamente igual á distancia media entre a Terra e o Sol) poden xerar ondas de radio con suficiente potencia como para se poidan detectar dende a Terra. Para as estrelas máis brillantes e os planetas que rotan máis rápido, as emisións poden ser detectables dende sistemas situados a 150 anos luz da Terra.

    • faa-iriagondar di:

      Hai dous métodos empregados na actualidade pa o descubrimento de exoplanetas :
      – Método do Vaivén: a gravidade do planeta provoca que a estrela principal sobre a que orbita xire levemente. Mediante a análise do espectro da luz estelar (efecto Doppler, si un obxecto se acerca a súa luz presenta unha lonxitude de onda máis curta que cando se alonxa), mídense os cambios na velocidade da estrela relativa. As variación periódicas revelan a presenza do planeta .

      – Método do tránsito: consiste en observar unha estrela para detectar a mínima diminución periódica do brillo que se produce cando un planeta en órbita pasa por diante e bloquea unha fracción da súa luz. Estes minieclipses chamados tránsitos son visibles desde a Terra.

    • fab-rosammillan di:

      Uns exemplos de métodos para encontar novos planetas son: a astrometría(que é o mais antigo) basease en medir a posición dunha estrela é observar as variacións que sofre co tempo.Se se produce unha oscilación na linea da traxectoria,e que hay un planeta.Outro é o de velocidade radial que mide as variacións na velocidade relativa da estrela con respecto a Terra.A velocidade radial midese polo desprazamento das lineas espectrales debidas o efecto Doppler.

    • fab-isaacabal di:

      Os mellor método para descubrir algo que teña qe ver co espacio, é sen dúbida a observación, minuciosa e precisa de todo o universo.
      A maioría das cousas descubrironse así, por pequenos movementos, cambios de intensidade da luz, a propia luz, tamén nos di a distancia dos planeta… logo, a observación, a pesar de ser latosa, é eficaz.

  9. fab-lauragonzalez di:

    A observación de planetas levouse a cabo inicialmente de forma indirecta a partir de efectos gravitatorios que os planetas provocan nas estrelas que orbitan. Últimamente ampliáronse os métodos de búsqueda utilizando, por exemplo, o infrarrojo.

  10. faa-nereapaz di:

    Empréganse estudios de velocidade radial que permite descubrir non só planetas senón tamén se usa para calculas as masas das estrelas, órbitas,etc
    Este método consiste en analizar o espectro da luz e segundo as cores das ondas sábese a que distancia están os diferentes astros e saber tamén se se están achegando ou alexando.

  11. fab-amadeoabal di:

    Para descubrir planetas extrasolares os astrónomos utilizan o seguinte método:

    A astrometría é o método máis antigo para detectar planetas extrasolares. O método astrométrico consiste en medir a posición dunha estrela no ceo e observar cómo cambia a través do tempo. Si a estrela ten un planeta entonces éste producirá una oscilación na súa línea de movemento.

  12. Victor di:

    Podedes aconsellar aos vosos compañeiros e compañeiras algunha web onde se facilite infomación sobre todos os novos planetas descubertos?

  13. fab-amadeoabal di:

    En esta páxina do xornal (ABC),aparece moita información sobre 50 novos planetas descubertos:
    http://www.abc.es/20110913/ciencia/abci-descubren-nuevos-planetas-entre-201109130852.html

    Outra páxina de 50 novos planetas descubertos é:
    http://noticiasdelaciencia.com/not/2205/cincuenta_nuevos_planetas_extrasolares_descubiertos_por_el_instrumento_harps/

  14. fab-carmenrodriguez di:

    Se queremos buscar planetas extrasolares é o mesmo se queres buscar ” una aguja en un pajar” .Os planetas emiten moi pouca ou ninguha luz por si mesmos, mentras que a súa estrela brila con moita forza.
    Hoxe en día existen ses técinicas para detectar planetas extrasolares:

    Detección directa:
    – Imaxe: con moita dificultade.
    Detección indirecta:
    – Velocidad radial
    – Astrometría
    – Cronometría de púlsares
    – Tránsitos
    – Microlentes gravitacionales

  15. Victor di:

    E que características debe ter un planeta para considerarse habitale?

    • fab-isaacabal di:

      habitáble por quén?, por nós coñecemos a reposta: a distancia á estrela, que teña auga… pero o mellor hai algún tipo de vida, que non precisa esa temperatura, nin auga… non teñen porque ser coma nós, penso que é posible que algún extraterrestre, moi diferente o que nos pensamos que é algo animado, non precisa deses elemetos para poder vivir.

    • faa-victorinosouto di:

      Pa que un planeta poida ser habitable necesita unha serie de requisitos e son estos:
      -Unha fonte de enerxía pa que os seres vivos poidan alimentarse.
      -Unha temperatura que permita a existencia de auga.
      -Unha distancia adecuada de unha estrala para que a auga non estea nin conxelada nin faga moita calor e que os seres vivos non a soporten.
      -Un tamaño adecuado para que a forza gravitatoria poida manter 1 atmosfera. A atmosfera realiza as seguintes funcións:
      -Contén os gases que necesitan os seres vivos.
      -Impide a chegada de radiacións perigosas.
      -Grazas o efecto invernadoiro evita os cambios bruscos de temperatura entre o día e a noite.

    • faa-xosemartinez di:

      En canto a distancia entre a estrela e o planeta, este último ten que estar a unha distancia que sea posible a presenza de auga líquida. Este planeta non debería ser de pequeno diámetro, xa que sería moi difícil a conservación dunha atmósfera, e canto máis grande sexa podería ter un campo magnético que o protexa do vento solar (partículas que proveñen do sol). En canto a órbita, ten que ser o máis circular posible, xa que non debe haber unha gran diferencia entre estacións, e debería rotar bastante rápido para evitar que haxa moita diferencia de temperatura entre o día e a noite.

    • faa-luciasantos di:

      A habitabilidade planetaria é a capacidade que ten un Corpo astronómico de sustentar a vida. En realidade, como non se coñece a existencia de vida extraterrestres, en planetas con condicións diferentes ás da Terra, son consideradas condicións parecidas ás do noso planeta. O único requisito absoluto para a vida non planeta é que haxa unha fonte principal de enerxía, así como tamén a existencia de organismos pluricelulares e non unicamente unicelulares.

  16. fab-amadeoabal di:

    A vida, tal e como a coñecemos, parece requerir enerxxía, carbono, agua líquida e unha atmósfera. As circunstancias que favorecen ao desarrollo e a permanencia dunha vida complexa en un planeta son, entre outras:

    * A distancia do planeta a estrela.Nos planetas moi cercanos ou ou moi lexanos a unha estrela a temperatura reinante non permite a existencia da agua en estado líquido.
    * Un núcleo metálico fundido. Ao xirar, o núcleo xenera un campo magnético que protexe ao planeta das radiacións X e radiacións gamma da estrela.
    * Satélite grande. Sin o anclaxe gravitatorio da nosa Luna, a inclinación do exe de rotación da Terra tal vez habría variado considerablemente ao largo do tempo, provocando grandes cambios no clima.
    * Una gravidade suficiente no planeta. Si é un pequeno como Marte, a gravidade non é suficiente para reter a atmósfera. E si a perde, a falta de presión atmosférica provoca que a hidroesfera vaporízese.
    * O tiempo da vida da estrela. As estrelas moi masivas viven moito menos tempo que as pouco masivas.
    * Existencia de planetas xigantes cercanos. Grazas a súa intensa atracción gravitatoria, poden desviar asteroides, protexendo a outros planetas de posibles impactos.
    *A situación dentro da Vía Láctea. Lexos do centro galáctico, donde as explosions de supernovas que emiten unha gran cantidade de radiacións perjudiciais para os seres vivos son moito máis frecuentes, é un bó lugar para que a vida desarrollese cómodamente.

    • faa-iriagondar di:

      Como ben di Amadeo un planeta debe reunir todas esas características. O ano pasado sen ir máis lonxe os científicos da Institución Carnegie e Universidade de California encontraron un planeta habitable fora do noso Sistema Solar (2o anos luz aprox.).
      Este denominase Gliese 581G,encontrase a unha distancia da súa estrela que lle permite ter unha temperatura apropiada para que haxa auga líquida na superficie. A súa temperatura está entre menos de 31º-12ºC. O seu período orbital é de 36 días, o único inconveniente que ten é que só ten unha cara con luz a outra é escura e fría así que para que exista vida habería que estar entre os límites do día e da noite.

  17. faa-antoniomrodino di:

    Como síntese de todas as posibles respostas dos meus compañeiros, para que un planete se considere habitable debe darse que:
    – Posúa unha atmosfera protectora de todas as radiacións externas sexan solares ou non.
    – No interior desa atmosfera debe existir unha gran cantidade de Osíxeno, e ademais diso, que ese Osíxeno sexa reconvertido a través da función dos organismos fotosintéticos.
    – Que exista unha gran cantidade de auga, da cal un porcentaxe do 50% sexa potable.
    – Ademais, debe ter porcións de superficie sólida compacta para poder habitar.
    – Finalmente, entre moitas outras características máis de tipo técnico que poderían existir, e que ese planeta se atopase a unha determinada distancia dunha estrela, a cal lle poidese proporcionar luz, calor e enerxía, pero de maneira repartida e necasaria.