Saúde por cartos

Científicos da Universidade de Alberta (Canadá) atoparon unha cura contra o cancro que elimina as células afectadas por tumores, pero carecen de fondos para continuar coas investigacións e as farmacéuticas non queren apoiar este descubrimento. Xa existe cura contra o cancro, utilizando unha substancia chamada dicloroacetato, que consigue eliminar as células “malignas” dos tumores. Sen embargo, como esta substancia non require patente e é barata en comparación cos medicamentos usados para combater o cancro polas grandes farmacéuticas, a investigación non recibiu moita axuda nin está facéndose eco nos medios.

O Dr. Evangelos Michelakis probou o dicloroacetato en células humanas e notaron que mata as células de cancro nos pulmóns, no cerebro e no peito. En ratos con severos tumores as súas células encolleron ao ser alimentadas con auga coa substancia.

O dicloroacetato detoa unha acción na mitocondria para que esta acabe de forma natural co cancro nas células.  Este fármaco ao non requerir patente non é rentable para a farmacéutica “Big Pharma” e podería ser bloqueada.

Xa o dixo o Premio Nobel de Medicina, Richard J. Roberts, nunha entrevista sobre como os fármacos que curan non son rentables e non son desenvolvidos polas farmacéuticas que en cambio si desenvolven medicamentos cronificadores que sexan consumidos de forma serializada. Nestes momentos as “curas que curan” non aportan beneficio económico  e, por tanto, as farmacéuticas non invisten nelas. Polo tanto, a saúde non é mais ca un negocio das grandes multinacionais.

Autora: María Rojo

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Saúde e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

45 Responses to Saúde por cartos

  1. Victor di:

    Tendes que intentar utilizar unha linguaxe máis propia de vos. No artigo dise:”desenvolven medicamentos cronificadores que sexan consumidos de forma serializada”. Esta frase non é dun alumno de 1º de bacharelato (cronificadores, serializada…).
    A redacción dos artigos tamén a valoro.
    Que alguen traduza en linguaxe máis coloquial o sentido desta frase.

    • faa-mariamartinez di:

      Creo que se refire a medicamentos que teñas que consumir durante moito tempo e de forma regular, por exemplo para tratar unha enfermidade crónica, é dicir, de longa duración.

  2. faa-iagogonzalez di:

    Na miña opinión penso que é un erro o que fan as farmacéuticas internacionais xa que o verdadeiramente importante da medicina non son os cartos, senón os fármacos que se poidan encontrar contra as diversas enfermidades, sobre todo se se trata dunha enfermidade tan complexa como o cancro.Isto que nos conta o artigo sobre o dicloroacetato está probado cun ensaio de laboratorio realizado sobre ratos na Universidade de Alberta, que mostrou que “o DCA induce apoptosis, reduce a proliferación e inhibe o crecemento dos tumores, sen toxicidade aparente. Recentemente concluíuse a segunda fase de ensaios, en humanos.

    • Victor di:

      Que é o que fai a DCA?

      • faa-mariamartinez di:

        O dicloroacetato provoca apoptosis, ou o que é o mesmo, unha morte celular pero regulada xenéticamente. Ademais evita que os tumores medren e se extendan ao resto do organismo.

      • faa-luciasantos di:

        O DCA, ácido dicloroacético, é un composto químico; do cal moitas das súas sales son utilizadas como medicamentos, xa que inhiben a actividade dunha encima que contribue á regularización do metabolismo e da glucosa. Polo tanto, un dos seus principales obxectivos na medicina actual é parar o crecemento dos tumores e a súa proliferación.

      • fab-antiachantada di:

        O DCA é un composto químico que non se produce de forma natural no corpo nin na natureza. É considerado un elemento potencialmente perigoso, incluso canceríxeno, aínda que se proba para o tratamento contra este. Este medicamento cambia o metabolismo das células canceríxenas facéndoas envellecer e morrer (algo que nunca fan as células canceríxenas).

  3. faa-mariamartinez di:

    Como ben di Iago nun tema tan importante como o cancro non deberían importar os cartos. En 2007, 7’6 millóns de persoas morreron a causa desta enfermidade en todo o mundo, e as farmacéuticas o único que queren é ter máis e máis ganancias. Pero de verdade lles dá igual a saúde e o benestar humano? É algo que non podo entender.

  4. fab-sandraromero di:

    É ilóxico como a investigación da saúde do ser humano estea fortemente influenciada polas empresas multinacionais do mercado capitalista. E é aínda máis descarado que a estas empresas o único que lles conveña é o seu propio interés(obter beneficios)en función da saúde humana, xa que se deixaron de investigar moitos antibióticos que lles eran pouco rentables porque eran moi efectivos e erradicaban a enfermidade de todo.E por mor disto, moitos microorganismos infecciosos volvéronse resistentes. Así é que este descubrimento vaise desviar hacia mediciñas que non curen de todo e que fagan a enfermidade máis crónica.
    Pero hai que ter en conta que as investigacións científicas son financiadas por grandes empresas privadas, gran parte do sistema capitalista, que teñen moito poder e o seu único fin e obter beneficios e para iso deixan de preocuparse polos seres humanos.

  5. faa-luciasantos di:

    Como xa aportaron os meus compañeiros, penso que esta é unha nova afirmación sobre o egoísmo humano. Non entendo como en temas tan serios como o do cancro. Cada ano detéctanse miles de novas persoas que o padecen e moita xente morre por mor destes. Agora ben, por que as farmacéuticas ou os responsables non queren dar unha solución aos tumores? Unha vez máis debido aos intereses económicos. Como xa dixen, pareceme unha actitude moi egoísta, que se estén poñendo en perigo as vidas das persoas, diariamente, só por intentar sacar unhs cantos cartos máis con este medicamento.

  6. Victor di:

    E credes que a sanidade debería ser pública e universal ou que debera depender do prezo que teñen os diferentes tratamentos das enfermidades (se son caros que axude a pagar o paciente)?

    • fab-antiachantada di:

      Na miña opinión a sanidade debería de ser pública e universal, xa que por moi cara que sexa a experimentación para novos medicamentos e os tratamentos contra as enfermidades non é xusto que unha persoa que non supoña de medios suficientes para poder tratar a súa enfermidade e comprar os medicamentos necesarios non sexa capaz de superala e quede sen ningunha oportunidade mentres que a xente que si dispón de medios poida tratarse, e ter un mellor trato e recuperación.

    • fab-lauragonzalez di:

      Eu penso que a sanidade debería ser pública e universal, porque hai persoas que non teñen cartos,e creo que a saúde non ten prezo, e a xente que non pode pagalos deberíaselle proporcionar os tratamentos con máis facilidade.

    • faa-antoniomrodino di:

      A sanidade en ningún momento e en ningún ámbito da vida debería ser privada, xa que é un dereito esencial e primordial ante todos os demais, incluíndo a educación, do que todos debemos dispór en igual medida e condicións. Aínda que parezca mentira, pouca xente da que precisa da sanidade ten a capacidade económica como para manter os gastos que xera, xa que podemos falar de custos incluso superiores ao millón de euros no noso país como é o caso dun pacente con cancro sometido a radioterapia e quimoterapia.
      Polo tanto, a sanidade é un campo no que non se debería nin recortar nin privatizar, polo ben das persoas que se aproveitan dela, e polo das que traballan nesta labor. Finalmente, tamén quero engadir, que está demostrado que non é a sanidade privada a que mellor exerce a súa labor, aínda que dispoña de máis modernizados mecanismos.

    • faa-adrianfeijoo di:

      Na miña opinión creo que a sanidade ten que ser pública e universal,xa que a saúde é un dereito fundamental da persoa que se debe garantizar,sendo de calquera nivel social e económico.
      Xa que si unha persoa depende de un tratamento ou dunha operación, para poder saír adiante coa súa enfermidade e sobrevivir ,se non conta cos cartos suficientes podería morrer. Deste xeito só poderían loitar contra estas enfermidades a xente que tivera cartos para pagar as operacións ou tratamentos.

    • fab-aldaragarcia di:

      A sanidade debe de ser pública e universal, xa que é un dereito do ser humano. E ademáis, o Estado, debería subencionar suficientemente ás universidades públicas para que investiguen, xa que son as universidades as que descubren os novos avances tecnolóxicos e sanitarios. Si os gobernos deixan de potenciar a investigación pública, esta quedará exclusivamente en mans das industrias farmacéuticas as que están xa a subencionar as universidades e ademáis aproveitándose logo de todos de todos os novos investigadores que saen das universidades, para que traballen na empresa privada.

    • faa-luciasantos di:

      Obviamente, a sanidade é un dereito humano, polo tanto, debe ser pública e universal. Todo o mundo debe recurrir a ela, sen ningunha prohibición de tipo político ou económico.

    • fab-sandraromero di:

      Na miña opinión, optaría por unha solución intermedia, un sistema onde a sanidade sexa pública para aqueles que a súa renta sexa relativamente pouca e privada para aqueles que teñan unha renta considerablemente maior.

    • O dereito a unha sanidade pública e de calidade é un dereito que deben ter todos os cidadáns, aínda que en algúns países como Estados Unidos aínda non existe.
      Todos os tratamentos, sexa da enfermidade que sexa debe a Seguridade Social facerse cargo do seu custo, posto que a vida dunha persoa non ten prezo.
      Agora coa excusa da crise económica algúns intentan desmantelar a sanidade pública, só para o beneficio da privada, duns poucos.
      Só engado, unha autoestrada pode agardar pero salvarlle a vida a alguén non.

  7. fab-cristinabarreiro di:

    A sanidade debería ser pública e universal, porque unha persoa teña pouco diñeiro non significa que teña que morrer dunha enfermidade por non poder pagar os medicamentos. Todos temos dereito a unha boa sanidade.

  8. faa-mariacmaquieira di:

    Na miña opinión a sanidade debería de ser pública xa que non se pode permitir que moita xente perda as súas vidas por non poder facer uso do tratamento que conseguiría a súa cura por falta de diñeiro. Tamén sería convinte que aínda que a sanidade fose pública que estivera vixiada en certos factores como no uso de medicamentos, xa que polo xeral ante calquera enfermidade na que nos proporcionen un determinado medicamento polo regular sempre nos sobra parte do tratamento e con este tratamento poderíase curar outra persoa ou as veces incluso varias.

  9. Victor di:

    Cambiando de tema; en que se diferencia unha célula normal dunha tumoral?

    • faa-mariacmaquieira di:

      Unha célula tumoral diferenciase dunha normal nos seguintes factores:
      As células cancerosas son moitos máis brandas e flexibles que as normais polo tanto as células cancerosas o ter estas características conseguen entrar con máis facilidade entrar na sangue e desgraciadamente extenderse.

    • faa-luciasantos di:

      As células normais distínguense das tumorais na súa velocidade de división. En condicións normais, a célula divídese, e ao facelo, as súas estruturas divídense tamén noutras exactamente igual ás anteriores. Pero, en ocasións, debido a unha alteración dos xenes responsables do crecemento celular, estas divídense a maior velocidade e acumúlanse en exceso. Esta acumulación de células forma un bulto ou tumor dentro dun determinado órgano.

    • faa-adrianfeijoo di:

      As células tumorais teñen unhas características que as fan moi diferentes as células normais:
      -Perden a regulación na reprodución e multiplícanse de forma descontrolada.
      -As células fillas,por causa da rápida multiplicación,non sempre son idénticas a orixinal.
      -Perden a súa especialización.
      -Perden a unión coas outras células que conforman o tecido.

    • fab-aldaragarcia di:

      Como apuntan todos os meus compañeiros, a principal diferencia é que as células tumorais son moito máis brandas e flexives que as normais, polo tanto poden introducirse facilmente nos vasos do sangue e usalos como medio de transporte, para así extenderse a outros órganos. Cando estas células se extenden e forman tumores noutros órganos ou en proximidades coñecémolo co nome de Metástasis.
      Pero outras diferencias, que tamén apuntaron os meus compañeiros, serían as seguintes:
      As células normais cando reciben un estímulo para multiplicarse fano baixo unha seríe de condicións. Unha vez que desaparece este estímulo as células normais deixan de multiplicarse. Pola contra, as células tumorais non fan caso deses estímulos e condicións, polo cal divídense sen parar e cando elas queren, o que da lugar a un gran número de células anormais, o que coñecemos como tumor.

  10. faa-mariacgarcia di:

    As células cancerosas teñen núcleos máis grandes e outras diferenzas sutís. Con todo, as células normais a partir de fluídos da cavidade do corpo poden parecer case idénticas ás células cancerosas baixo o microscopio.
    As células cancerosas tamén son moito máis brandas que as normais.

  11. Victor di:

    Que tipos de medicacións adoitan utilizarse para loitar contra as células tumorais?

    • fab-sandraromero di:

      A terapia biolóxica, chamada tamén inmunoterapia, bioterapia e terapia modificadora da resposta biolóxica. Esta terapia utiliza o sistema inmune do noso corpo para combatir o cáncer ou para disminuír os efecos secundarios que poden causar algúns tratamentos contra o cáncer.

    • faa-adrianfeijoo di:

      Os tratamentos para o cancro son:
      -A ciruxía:emprégase para os tumores pequenos e que están en lugares concretos.Extirpase parte do tecido que rodea o tumor,para asegurarse que as células cancerosas foron extirpadas.
      -A radioterapia:Utiliza partículas de alta enerxía para penetrar no corpo.A través dunha maquina chamada “acelerador lineal”, se xenera e dirixen esas partículas cara lugares concretos onde se teña que aplicar.Emprégase para os tumores sensibles a radiación.
      -A quimioterapia:Actúa sobre as células que se dividen con gran rapidez.Algúns tratamentos quimioterápicos interrompen a fase na que a célula cancerosa se divide,e fai que o crecemento sexa máis lento e que a célula morra.
      Outros medicamentos actúan para interromper todas as fases da célula.

    • fab-cristinaporto di:

      Os tratamentos contra o cancro:
      – A ciruxía é o método máis empregado para os tumores pequenos localizados en lugares concretos. Si o cáncer se estendeu a outras zonas haberá que realizar outros tratamentos ben sexan quirúrxicos ou diferentes.

      – A radioterapia emprega partículas de alta enerxía capaces de penetrar o corpo.

      – A quimioterapia actúa sobre as células que se dividen con gran rapidez que é o que soen facer as canceríxenas.
      – O transplante de medula ósea realízase cando se produciu un dano que impide realizar funcións que antes da quimioterapia estaban realizando. Esta función consiste na formación das células sanguíneas, papel fundamental para a vida humana.
      – O transplante aloxénico é cando as células se transplantan sexan de medula ósea ou de sangue periférica de un donante familiar, etc.
      – O transplante autólogo consiste en obter medula ósea do propio paciente, mentres que a enfermidade está en remisión, para mantela conxelada e realizar o transplante despois de aplicarlle o paciente unha alta dose de quimioterapia.

    • fab-aldaragarcia di:

      Pois existen varios métodos, os calen indicaron os meus compañeiros Adrián e Cristina:
      -A ciruxía, so se emrega para tumores pequenos e situados en lugares concretos. Este tratamento so é posible se o cancer non se extendeu a outras partes do corpo.
      -Radioterapia, rádiase so a parte concreta onde se atopa o cancro e o resto das zonas protéxese.
      -Quimioterapia, actua so sobre as células que se dividen con gran rapidez.
      Logo exixten dou métodos, que se empregarían en caso de que a quimioterapia afectase a nosa médula e deixasemos de facer cousas que antes podíamos:
      -Transplante de médula, faise no caso de que a médula ósea resule dañada pola quimioterapia.
      -Transplante autólogo, extráese médula ósea do paciente e conxélase para máis tarde poder relizar o transplante.

    • faa-mariacmaquieira di:

      Os tratamentos máis frecuentes ante esta enfermidade son os seguintes:
      -Ciruxía: é o primeiro tratamento en tumores sólidos e detectados nun estado pouco avanzado.
      -Radiación: pode ser empregada xunto con ciruxía. A súa función é matar directamente as células cancerosas o danalas con altas radiacións.
      -Quimioterapia: A súa función e impedir a reproducción de células cancerosas.

    • faa-mariamartinez di:

      A cirurxía pode ser suficiente para curar ao paciente se o cancro está nun estado pouco avanzado.
      A radiación acaba directamente cas células canceríxenas e pode ir acompañada de cirurxía e tratamentos fármacos.
      A quimioterapia actúa sobre as células cancerosas que se dividen para evitar que isto ocorra.
      Os inhibidores específicos son tratamentos relativamente recentes que tamén preveñen o crecemento e división das células canceríxenas.
      Os anticorpos son proteínas presentes no noso organismo, pero os usados para combater o cancro son modificados para actuar como fármacos e poden matar directamente as células afectadas ou deixalas sen as súas sinais necesarias. Este tratamento pódese clasificar dentro dos inhibidores específicos.
      Os modificadores de respostas biolóxicas consisten en utilizar proteínas do noso corpo para estimular as defensas contra o cancro.
      As vacinas teñen como fin estimular as nosas defensas.

  12. faa-iagogonzalez di:

    As células malignas (coñecidas como canceríxenas ou cancerosas), son células con crecemento e división máis alá dos límites normais, (invasión do texido circundante e, ás veces, metástasis).A metástases consiste na propagación a distancia, por vía fundamentalmente linfática ou sanguínea, das células orixinarias do cancro, e o crecemento de novos tumores nos lugares de destino de dita metástases, mentres que nas células orixinais a velocidade de crecemento é normal e a súa división tamén .

  13. faa-paulagondar di:

    Sabendo que cada ano se detectan 12 millóns de casos novos, paréceme unha actitutde moi egoísta e irresponsable esto que está a suceder. A única mensaxe que a min me transmite este artigo é que, ao igual que todo neste mundo, a sanidade é outro negocio máis, e parece mentira que algo tan vital e fundamental como estar entre a vida e a morte se convirta nun negocio. É sorprendente a hipocresía que existe no mundo, tantos anos en busca dunha cura contra o cancro, tantas campañas feitas, e resulta que agora que por fin se encontra unha cura, e que teñamos a sorte de que sexa relativamente barata, as farmacéuticas non dan o seu apoio polo baixo rendemento económico que lles aportaría. É algo realmente triste.

  14. faa-nereapaz di:

    Para o tratamento das células tumorais empréganse diferentes métodos segundo a zona onde se localicen estas células e a intensidade de propagación que teñen.
    Nos casos onde as células están nun lugar localizado e de posible estirpación sen causar a morte do paciente, empréganse métodos quirúrxicos que soen ir acompañados dalgunhas sesións de quimioterapia para asegurarse de que non quedan restos desas células tumorais.
    Nos casos de moita gravidade e xa se prduciu a metástasis, empréganse sesións de radioterapia e quimioterapia. Estes dous métodos en ocasións poden acurtar a vida do paciente, xa que non só eliminan as células malas senón tamén as células sanas.

  15. fab-amadeoabal di:

    Para loitar contra as células tumorais úsanse medicacións como a radioterapia:a radioterapia é unha forma de tratamento baseado no empleo de radiacións ionizantes (raios X ou radiactividade, a que inclúe os raios gamma e as partículas alfa).
    A Radioterapia é un tipo de tratamento oncolóxico que utiliza as radiacións para eliminar as células tumorais, (xeneralmente canceríxenas), na parte do organismo donde se apliquen (tratamiento local). A radioterapia actúa sobre o tumor, destruíndo as células malignas e así impide que crezcan e se reproduzan. Esta acción tambén poden exercerse sobre os texidos normais.
    A radioterapia é un tratamento que vense utilizando dende hace un século.

  16. Victor di:

    Neste artigo afírmase que o dicloroacetato actúa sobre as mitocondrias das células; que función desempeñan estes orgánulos celulares?

    • faa-fernandogarcia di:

      As mitocondrias son os orgánulos encargados de realizar un proceso coñecido como respiración celular.
      As mitocondrias reciben os nutrientes e mediante o uso do osíxeno que reciben do sangue oxidan estes compostos para degradalos a outros máis sinxelos que a célula pode aproveitar. O CO2 que expulsamos ao espirar provén dese proceso, no que o CO2 resulta como produto residual desa oxidación.

    • faa-luciasantos di:

      As mitocondrias son orgánulos presentes, tanto en células animais como vexetais. A súa principal función é a da respiración celular. É decir, é a principal fonte de enerxía para a célula. As mitocondrias posuen encimas capaces de transformar os nutrientes nun tipo de moléculas determinadas que a célula aproveita para abastecer o 90% da súa enerxía.

    • faa-mariamartinez di:

      As mitocondrias teñen como función principal levar a cabo a respiración celular aerobia mediante a cal os seres vivos, en presenza do osíxeno, extraen enerxía de moléculas orgánicas. Este orgánulo celular só se encontra nas células eucariotas, aquelas que teñen núcleo, e é o único que posúe un sistema xenético propio.

    • fab-rosammillan di:

      Como ben din os meus compañeiros a mitocondria é un organulo que está presente tanto en células vexetais coma animais.A súa función e a respiración celular para manter a actividade;ten forma alargada ou oval e está envolta por duas membranas distintas, unha externa (lisa) e outra interna (repregada).

  17. fab-amadeoabal di:

    As mitocondrias son os orgánulos celulares encargados de suministrar a maior parte da enerxía(90%) necesaria para a actividade celular. Actúan, polo tanto, como centrales enerxéticas da célula sintetizan ATP a expensas dos carburantes metabólicos (glucosa, ácidos grasos e aminoácidos). Aa mitocondria presenta una membrana exterior permeable a ións, metabolitos e moitos polipéptidos. Eso é debido a que conteñen proteínas que forman poros chamamados VDAC (canal aniónico dependente de voltaxe), que permiten o paso de moléculas de ata 10 kD e un diámetro aproximado de 20 Å.
    As mitocondrias están cubertas por dúas membranas, a membrana interna presenta una gran cantidade de pliegues aos cales chámaselles crestas mitocondriales. A membrana externa, por outra parte, é lisa e sirve para demarcar o límite exterior.

  18. faa-juancsineiro di:

    neste exemplo sigue vendose que con tal de gañar cartos faise calquera cousa e penso que non deberia ser asi. Eu creo que a xente ten que empezar a mirar mais polos outros porque se seguimos asi hasta perdemos medicamentos moi importantes que poderian curar o concra de varios sitios..