Nova enerxía renovable?

Un equipo de investigadores da Universidade Heriot-Watt, en Edimburgo, creou un sistema de xeración de electricidade a partir da urea, o maior compoñente orgánico dos ouriños, que xa se usa con frecuencia na química moderna. Podía ser interesante se temos en conta que cada ano se producen 6,4 billóns de litros de ouriños no mundo, o que converte a este líquido nunha potencial fonte de enerxía alternativa moi interesante.

Nos seus experimentos, os investigadores lograron producir ata 2,9 miliamperios por metro cadrado en cada célula durante tres días, con so 25 mililitros de líquido. A eficiencia de conversión directa en electricidade era de hasta un 70%.

A tecnoloxías das pilas de combustible de urea son semellantes a das pilas de combustible de hidróxeno.

Con billóns de litros ao ano dispoñibles, esta tecnoloxía podería axudarnos a cambiar o mundo e o  impacto podería ser enorme tamén para a industria de tratamento de augas residuais.

Autor: Ángel Figueiras Outeda

Esta entrada foi publicada en Biocombustibles, Enerxías renovables, Residuos, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

24 Responses to Nova enerxía renovable?

  1. faa-antoniomrodino di:

    Unha forma de transformar a urea en fonte de enerxía, pode ser, como o equipo de investigadores da Universidade Heriot-Watt fixo: desarroiando pilas de combustíbel que funcionan con urea as cales empregan un proceso electroquímico de conversión de enerxía parecido ao dunha batería común, pero que se diferenza desta xa que permite un reabastecemento continuo dos reactivos consumidos.
    Esta tecnoloxía, é similar á do hidróxeno polo seu potencial para revolucionar a tecnoloxía de enerxías renovables, pero o sistema aínda precisa máis tempo de desarroio para poder ser aplicado a gran escala, accesible para o público en xeral.
    Tamén hai que destacar que se produce auga, dióxido de carbono e nitróxeno.

  2. fab-aldaragarcia di:

    Pois é unha enerxía renovable moi curiosa, a verdade. Pero temos que ter en conta como imos separar a urea do resto dos residuos que van polas canles, xa que a urea xúntase con augas e feces e para separala faría falta a invención dunha máquina que o separase do resto dos resíduos. E outra cousa a ter en conta sería que hai outras moitas formas de enerxías renovables que son efecientes ao igual que esta, pero non atoparon alguén que as promocionase ou sitio no mercado das grandes enerxías.
    Pero si esto funcionase, a urea dunhas 22 mil persoas(unha persoa orina 3 litros por día) abastecería a electricidade de 60 casas.
    O sistema que se empregaría para combertir a urea en electricidade sería aplicar unhas pequenas descargas eléctricas así descompoñeríase a urea en amoníaco e hidróxeno, esto sería más facil e barato que obter hidróxeno a partir da auga, por eso, esta enerxía resulta tan atractiva aparte de curiosa.

  3. fab-noeliafernandez di:

    Paréceme unha proposta moi interesante. Os investigadores da Universidade Heriot-Watt, desarollaron este prototipo, que convirtise en electricidade a “enerxía química” contida na urea, dos oriños animais e dos humanos. Entre as moitas ventaxas, este novo sistema de obtención de enerxía reduciría as emisións de óxido nitroso que producen outras fontes drenovables como o metanol. Ademáis a urea resulta moito máis barata que o hidróxeno usado actualmente nas chamadas pilas de combustible, e tamén é máis fácil de transportar. Por si fora pouco, durante o proceso de transformación divídese a orina en auga, nitróxeno e dióxido de carbono, polo que a auga obtida podería reutilizarse.

  4. faa-iagopaz di:

    Sen dubida sería unha fonte importante de enerxía, xa que non se esgotaría e é de sinxelo aceso, pero os científicos da universidade de Ohio confían nela como substituínte da auga para obter hidróxeno que sería empregado para a xeración da enerxía, debido ao aforro de enerxía empregada.
    Inda así estes sistemas de enerxéticos inda non están o suficiente desenvolvidos para aportar unha cantidade importante de enerxía.

  5. Victor di:

    A urea é un composto de nitróxeno que aparece nos ouriños do ser humano; cal é a súa procedencia?
    Que outros compostos de N hai nos nosos ouriños?

    • faa-antoniomrodino di:

      Ademais das abundantes respostas dos meus compañeiros, podemos engadir que a urea encóntrase abundantemente nos riles e na materia fecal. A orina humana contén uns 20g/ L, e un adulto elimina de 25 a 39 g diariamente.
      Tamén procede en cantidades menores do sangue, do fígado e da linfa e dos fluídos serosos, e tamén dos excrementos e moitos outros animais. Tamén podemos atopala nos pulmóns, no corazón, nos osos e en órganos reprodutivos así como no seme. O nitróxeno da urea, constitúe o 80 por cento do nitróxeno da orina.

  6. fab-amadeoabal di:

    A urea é o producto final do metabolismo e prodúcese no fígado , encóntrase ademais nos riles e na materia fecal, pois é o produto terminal das proteínas.A urea procede do ouriño animal,do ouriño dos homes e do ouriño dos mamíferos.
    Os outro compostos de nitróxeno que creo que hai, son Nh2,N2…

  7. fab-lauragonzalez di:

    Procede da degradación dos diversos compostos con nitróxeno, sobre todo dos aminoácidos das proteínas nos alimentos.

    Outros de N nos nosos ouriños son a metilurea e o IUPAC de la citrulina que é Ácido 2-amino-5-ureidopentanoico.

  8. faa-iagogonzalez di:

    A urea é un composto químico cristalino e incoloro, de fórmula CO(NH2)2, que se atopa de xeito abondoso nos ouriños e nas feces fecais. É o principal produto terminal do metabolismo de proteínas no home e nos demais mamíferos.Outros compostos nitroxenados que posúen os nosos ouriños son o amonio e o ácido úrico que están formados parcialmente pos este elemento.

  9. Victor di:

    XA PODEDES PARTICIPAR NO NOVO FORO (terá unha duración de 10 días)

  10. Victor di:

    Vedes algún inconveniente na utilización páctica da urea como combustible?

    • faa-luciasantos di:

      Dende o meu punto de vista, creo que a utilización da urea como sombustible sería un gran avance na sociedade e no medio ambiente. A urea é un composto químico presente na nosa orina, que é expulsado a través da orina de da suor, obviamente. Polo tanto é fácil de conseguir e abundante. Unha das maneiras de alcanzar este obxetivo é queimando o combustible con urea, basicamente. Esto supón un beneficio para o medio ambiente, que creo, que coa situación actual, debería ser unha razón convincente para comezar a implantar este método.É unha eficaz maneira de eliminar o gas tóxico, que é o óxido de gas nitróxeno e substituilo por hidróxeno puro, polo tanto suporia unha axuda ó medio ambiente, pola nosa parte. Mais, as dificultades sociais e económicos non son fáciles de superar.

    • faa-antoniomrodino di:

      Baixo o meu razoamento non vexo ningún inconvinte na práctica da urea como combustíbel, xa que como di Lucía, esta atópase presente na nosa orina e mesmo na suor, polo tanto sería un medio económico, e como o di a palabra, renovable, pero iso si, só ata certo punto, xa que a urea non aparece se non existe auga potable pra que os organismos a convertan.

    • fab-aldaragarcia di:

      Todos os meus compañeiros teñen razón ao dicir que a utilización da urea como combustible e realmente un gran avance, xa que todos os seres hmanos e animáis miccionan. Aparte resolvería moitos problemas que teñen as cidades cando tiras os nosos resíduos ao mar ou ríos, xa que se a urea se empregase como combustible, os nosos resíduos irían a unha planta onde os separarían e aprobeitarían a urea para producir enerxía. Pero contamos co problema de sempre, non crearía tantos beneficios económicos como crea o petroleo, polo cal non atopou aínda nadie que o patrocine e o comercialice. Aparte dos factores beneficiosos naturais cos que contaríamos se empregamos a urea coma forma de enerxía, tamén debemos ter en conta outros factores, como o de se lle será rentable a empresa crear aparellos que separen a urea dos resto dos resíduos, etc.
      Pero baixo o meu punto de vista, si que sería correcto empregala.

  11. fab-fuensantabuceta di:

    Eu non lle vexo ningún inconvinte ó uso deste material. É certo que ao pensar en usar a urea como combustible danos tal vez un pouco de noxo, pero a urea non é tóxica, nin dana o medio ambiente, nin é inflamable. Ademáis a urea existente é moi superior á demanda acutal, polo que algúns científicos plantéxanse usar a urina de aves e mamíferos. Esto supón convertir un residuo nun producto de gran demanda, o que nos aportaría beneficios tanto económicos como ambientais.

  12. fab-cristinabarreiro di:

    Eu penso que a utilización da urea como combustible non ten inconvenientes, xa que non ten toxicidade, ten estabilidade e é moi fácil de transportar e almacenar. Ademais é un recurso barato e moi abundante.

  13. O uso urea para como combustible é interesante e resolvería o problema do petróleo e os problemas que xeran os bio-combustibles actualmente.
    BMW, Mercedes Benz, GM, Ford e Toyota xa cotan con equipos de enxeñeiros que se ocupan de construír prototipos para vehículos de hidróxeno.
    Un dos maiores problemas consiste na falta de infraestructura para a recarga de combustible dos tanques. A esto engádeselle a necesidade de platino, un metal precioso de gran valor, para o armado das células de combustible hidroxenado.

  14. Victor di:

    Pregúntome como se recollerían eses ouriños en cantidade suficiente para extraer a urea a escala industrial. Hai algunha información sobre ese tema?

    • fab-aldaragarcia di:

      Pois a verdade e que non atopei nada de información. Pero poderían crear unha máquina que separe as heces da orina, e unha vez separadas, extraiga da orina a urea e así consigamos enerxía. A máquina situaríase ou na casa de particulare se estes contan con fosas sépticas propias na casa ou nas Depuradoras de Augas Sépticas e unha vez extraída a urea, levala a unha planta onde se transforme en enerxía e logo pasala a os fogares.
      Outro factor polo que a urea non e de interese económico (como dicia no meu comentario a pregunta de Victor: Vedes algún inconveniente na utilización páctica da urea como combustible?) pois sería que habería que crear estas plantas de separado dos resíduos e crear canles para que esta enerxía chegue as nosas casas e nalgunhas casas habería que facer unha reforma eléctrica ao igual que se instalamos placas solares, aínda que sería beneficioso a longo plazo.

    • faa-iriagondar di:

      A sínteses da urea a nivel industrial realizase a partires de amoníaco (NH3) líquido e (CO2) gasoso. A reacción verificase en 2 pasos. No primeiro paso os reactivos mencionados forman un produto intermedio chamado carbamato de amonio e na segunda etapa o carbamato deshidratase para formar urea. A primeira etapa é moito máis rápida que a segunda. Segundo o dito o proceso completo da formación da urea pode separarse nas seguintes etapas:
      1. Obtención do CO2.
      2. Obtención de amoníaco.
      3. Degradación do cabomato e reciclado.
      4. Síntese da urea
      5. Deshidratación, concentración e granulación.

  15. Victor di:

    Son a urea e, en xeral, os compostos de nitróxeno dos ouriños, substancias moi tóxicas e contaminantes?

    • faa-angelfigueiras di:

      Pois a urea non é un composto tóxico para os humanos. A sustancia non é tóxica para a sangue, riñóns , pulmóns, sistema nervioso, sistema reprodutivo, fígado e membranas mucosas. Non se conoce ningún efecto crónico por a exposición a este produto. A urea está aprobada como aditivo para alimentos e cosméticos, é un ingrediente das preparacións clínicas, é un metabolismo normal humano que se encontra nos ouriños.

    • fab-rosammillan di:

      Non xa que se úsa de fertilizante para plantacións ,como mezcla para suplemento alimenticio para gando e para producir resinas para a producción da madeira aglomerada.
      Polo tanto non é toxica e non produce contaminación algunha.

  16. faa-antoniomrodino di:

    A urea é unha sustancia non perigosa, non tóxica, no canceríxena e tampouco é inframable aínda que si é levemente irritante en contacto cos ollos e a pel.

    É explosiva si se mestura con axentes reductores fortes, como hipoclorito, e polo termo descomposición, produce gases inflamables e tóxicos (NH3 y CO2)