Lixo espacial

Desde hai anos estanse lanzando satélites ao espazo exterior pero co paso do tempo estes aparellos quedan inservibles flotando en orbita ata que por algunha razón caen a terra. O primeiro en caer foi “UARS”, un satélite da NASA, o 24 de setembro deste ano. Caeu ao norte do Océano Pacifico, cerca da costa estadounidense, sen causar ningún dano. A NASA anunciou que estes incidentes débense as tormentas solares. Cando se produce unha explosión na superficie do sol, a súa enerxía empuxa o lixo e de esta forma chega a terra.

O último en caer foi “ROSAT” inhabilitado dende 1999. Entrou na atmosfera terrestre o pasado domingo 23 de Outubro e estimase que caeu en Asia, aínda que non se rexistraron noticias do seu impacto.

Aparte dos satélites fora de servizo, tamén se encontran fragmentos de restos de misións espaciais e vellos depósitos de combustible. Nestes últimos anos a destrución dunha sonda meteorolóxica  fora de servizo e a colisión de dous satélites  dobraron a cantidade de fragmentos no espazo.


Autora: Araceli Lores

 

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Residuos e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

32 Responses to Lixo espacial

  1. Victor di:

    Como vexo que vos costa empezar, dicídeme que mecanismos se está a utilizar para por un satélite en órbita?

    • faa-antoniomrodino di:

      Os satélites hoxe en día póñense en órbita integrándoos nun cohete ou póndoos como carga no Space Shuttle. Varios países e empresas de ámbito internacional, teñen a capacidade de lanzar cohetes e satélites de varias toneladas facendo que orbiten de forma segura. Para a maioría dos satélites que se poñen na órbita, o método do lanzamiento de cohetes é considerado unha das principais vías, xa que consegue atravesar a parte máis espesa da atmosfera máis fácilmente e minimiza mellor o gasto de combustíbel.
      Despois de que un destes dispositivos é lanzado ao espazo, o mecanismo de control do cohete emprega un sistema de guiado para calcular os axustes necesarios para que o cohete siga o plan de voo.

  2. fab-alekseinogueira di:

    Para poñer un satélite en órbita utilízanse os cohetes guiados ou o Space shuttle. Os cohetes que levan o satélite ao seu punto exacto agora estanse a utilizar estes máis a miudo xa que minimizan o coste do gasoil comparado co Space shuttle. O Space Shuttle é un transbordador espacial que se encarga de poñer os saélites en órbita.

  3. fab-amadeoabal di:

    Como ben di meu compañeiro Aleksei os satélites póñense integrandoos nun cohete ou poñéndonos como carga no Space Shuttle. Para a maioría dos satélitesd que se poñen en órbita, o método de lanzamento de cohetes é considerado unha das principais vías, xa que consigue atravesar a parte máis espesa da atmósfera máis fácilmente e minimiza mellor o gasto de combustible.

    Despóis de que un de estos dispositivos é lanzado ao espazo,o mecanismo de control do cohete usa un sistema de guiado para calcular os axustes necesarios para que o cohete siga o plan de vóo. En moitos casos, o plan de vóo dille ao cohete que se dirixa ao este,xa que a Terra rota en esa dirección, dándolle ao lanzamento un empuxón extra.

  4. Victor di:

    E os satélites teñen algún tipo de combustible?

    • faa-xosemartinez di:

      Os satélites si que levan combustible, máis exactamente, combustibles químicos. Xa que estes deben ter o menor peso posible, o maior tamaño, e o máis importante, ter unha gran eficencia para que poidan durar o máximo posible. O combustible máis utilizado é a Hidracina, e de este dependerá a vida útil do satélite.
      Dentro do peso dun satélite a súa metade é combustible (150Kg a 200Kg) que se usa para maniobras de todo tipo, dende fixar correctamente a órbita, mantela, ou, no caso de misións interplanetarias facer maniobras para manter un rumbo.

  5. Victor di:

    Cantos satelites están en activo na actualidade?
    Os adicados a recoller información do noso planeta, que tipo de sitema utilizan para obter esa información?

    • fab-aldaragarcia di:

      Pois actualmente atopámonos con 5600 satélites orbitando pero solo 800 (aproximadamente) están en activo. Pero aínda así este número é unha expeculación, xa que ningún país rebela o número de satélites espía que ten.
      Os satélites adicados a recoller información do noso planeta, un dos sistemas que empregan é o sistema de posicionamente global (SPG ou GPS)este sistema dinos onde se atopa un obxeto, persoa ou automobil en todo momento. A Unión Soviética empregaba o GLONASS, pero actualmente Europa está comenzando a empregar o seu propio o Galileo. E China tamén emprega o seu propio, o Beidou que conta con 13 satélites.

    • faa-manuelbusto di:

      Na actualidade hai 918 satélites activos.
      Os satélites que obteñen información don noso planeta posúen varias maneiras de recoller información, unha delas é mediante sensores que realizan fotografías da terra.

    • fab-rosammillan di:

      Hai aproximadamente 5600 satelites pero só 800 en activo.Para captar a información do exterior usan teledetección usando instrumentos de grabación.

    • fab-noeliafernandez di:

      Na actualidade están no espacio uns 5.600 satélites artificiais, aínda que activos só hai uns 800, pero realmente é algo moi difícil de saber exactamente cantos destes obxectos hai en realidade, xa que ningún país revela a cantidade de satélites espía que ten orbitando arredor da terra. Na actualidade o país que máis satelites ten orbitando é Rusia cuns 1200, EEUU con 700 e Xapón con 60,España só conta con 5.

  6. fab-aldaragarcia di:

    Como ben apunta Xosé, os satélites si que levan combustible. Os combustibles químocos dos que fala Xosé son pouco eficientes pero son os máis baratos e os máis fiables.
    Pero aparte de combustibles os satélites, para manterse en órbita empregan motores iónicos, estes motores expulsan gases cara atrás procedentes da aceleracións de ions, que permiten que o satélite se mova cara adiante. E outra alternativa, poden ser os paneles solares.

  7. fab-amadeoabal di:

    Según a NASA, ao redor da Terra orbitan actualmente unhs 5.600 satélites artificiais (anque solo 800 están en activo). Realmente, resulta difícil contar con exactitud estos obxectos: está claro que ningún país revela el número de satélites espía que teñen orbitando ao redo da Terra, e ademáos, muoitos de estos obxectos quedaron desorbitados e non foron contabilizados. Desde o lanzamento do Sputnik en 1957 (primer satélite artificial lanzado) enviáronse ao espazo unhs 6.000 artefactos, anque 400 deles explotaron ou saliron da traxectoria terrestre.

    Na actualidade, o país con máis satélites na órbita é Rusia, con 1.300, Estados Unidos, con 700 e Xapón, con 60 satélites. Por curiosidade, España conta con solo cinco satélites en órbita.

  8. fab-lauragonzalez di:

    Según contan, cerca de mil. Hai moitos de comunicación, outros para atender aos fenómenos atmosféricos e outros moitos que quedaron como simple chatarra espacial.

    Utilizan o sistema de radiación electromagnética (é a combinación de campos eléctricos e magnéticos oscilantes, que se propagan a través do espacio transportando energía de un lugar a outro.)

  9. faa-iagogonzalez di:

    Segundo a NASA,ao redor da terra orbitan actualmente uns 5.600 satelites artificiais dos cales só 800 están en activo.Para poder transmitir a información, unha estación terrestre que está baixo a cobertura dun satélite envíalle un sinal de microondas, denominada enlace ascendente. Cando a recibe, o transpondedor (aparato emisor-receptor) do satélite simplemente a retransmite a unha frecuencia máis baixa para que a capture outra estación, isto é un enlace descendente. O camiño que recorre esa comunicación, equiparándoo coa lonxitude que ocuparía un cable, é de uns 70 mil km, o cal equivale, máis ou menos, ao dobre da circunferencia da Terra, e só lle leva arredor de 1/4 de segundo cubrir dita distancia.

  10. fab-mariaarojo di:

    Tal como din Aldara e Xose si, os satélites utilizan combustibles químicos e para ser mais exactos, utilizan alcohol, hidracina, ou tiocol (compostos de ácidos fluorhídrico ou nitrato de potasa, respectivamente), e o comburente (sustancia que participa na combustión oxidando ao combustible) é osíxeno líquido.
    Pero os combustibles líquidos estan sendo cambiados polos sólidos, de maior potencia e mesmo volume.

  11. Victor di:

    Tendes algunha proposta de como facer para reducir ao máximo o lixo espacial?

    • faa-manuelbusto di:

      Principalmente reducir o número de emisións de satélites e outros obxetos á órbita terrestre.
      Unha forma de reducir os envios dos satélites é desarrollar técnicas alternativas para as comunicacións nas que non fora preciso enviar satélites á orbita terrestre.

    • faa-adrianfeijoo di:

      Para evitar que este lixo siga medrando hai que intentar reducir o número de obxetos que se poden converter en lixo espacial.
      E para eliminar o lixo actual:
      Só se están buscando medidas para eliminar os fragmentos máis grandes.Como por exemplo poñer un láser na terra de millóns de megavatios de potencia, para apuntar aos fragmentos grandes.Cando a luz do láser golpea o fragmento ,o anaco que toca vaporízase,creando un empuxe na excentridad da órbita dos fragmentos ata que volverán a entrar na terra e desta maneira destruílos.

      Outras propostas son crear naves de lixo.Por exemplo naves que teñan un brazo robótico e desta maneira coller os fragmentos mais grandes e destruílos ao chegar a terra.
      Tamén se prevé que en misións espaciais se inclúan propulsores ,para que se encarguen de facer caer a terra o lixo para que estes se desintegren.

    • faa-mariamartinez di:

      Baixo o meu punto de vista, o primeiro que se debería facer é reducir o número de obxectos que poidan converterse en lixo espacial.
      A proposta máis defendida é a de crear un láser que sexa o suficientemente potente para que, ao quentar a partícula de lixo espacial, a súa traxectoria se modifique. Pero algúns expertos apuntan que este método podería ser empregado como unha arma contra os satélites dos seus “inimigos”.

    • faa-angelfigueiras di:

      Buscando na rede algunha proposta atopei que se está construíndo un láser pulsado. E dende a Terra escolleran un lixo e dispararan o láser, con este impacto enerxético cambiar a orbita do lixo, e con isto precipitarase a atmosfera terrestre e así desintegrarase. Métodos para reducir o lixo espacial, non hai moitos posto que son moi custosos.

      Na miña opinión o que se podería facer é non producir máis lixo espacial, de que maneira? Pois cando se lle acabe a vida a un satélite podelo dirixir a Estación Espacial Internacional. E dende alí podelo baixar outra vez a Terra para o seu correcto reciclaxe.

    • fab-aldaragarcia di:

      Aparte de todas as propostas que dan os meus compañeiros e as outras propostas que aparecen na rede, a min a que máis me gusta e a de traer de volta os satélites a Terra a partir dun combustible extra. Como indican os meus comprañeiros esto saería moi caro, pero aínda así e o mellor método, xa que si os volven traer cara a Terra, poderían aproveitarse alguns dos seus compoñentes para a fabricación de novos satélites e o resto, os compoñentes que non servan, reciclalos ou facer un museo de satélites.
      Tamen poden, a partir dun laser pulsado dende a Terra, cambiar a órbita do obxeto e así que entre na atmósfera e se desintegre.
      Pero de todas formas, as investigacións acerca de reducir o número de basura espacial non son obxeto de interese, xa que son moi caras e de momento, a basura espacial, non e perxudicial.

  12. fab-rosammillan di:

    Facer que os satélites o final da sua vida útil entren na atmósfera terrestre cun combustible extra para evitar que colisionen.Pero este método ten un inconvinte xa que aumenta o prezo do lanzamento.Outro método e enviar o satélite cun globo acoplado na cuberta e cando se acabe a sua función,o globo encheriase con helio para que aumente a forza terrestre cando o globo colisione contra a atmosfera.

  13. faa-antoniomrodino di:

    Algunhas propostas serían:
    O establecemento dun código de conduta, que busca reducir a creación de novos
    desfeitos para preservar o espazo comercialmente valuable ao redor da Terra.

    Ademais, para evitar explosións involuntarias, os vehículos espaciais deben de agotar as reservas de combustíbel que queden ao rematar a súa vida útil, de modo que o deterioro polo hostil ambiente espacial non provoque a explosión dos tanques presurizados, creando infinidade de fragmentos que se dispersen na órbita.

    Para tratar de eliminar os obxectos existentes na órbita, ha dúas alternativas. A primeira, para os vehículos a pouca altitude, é acercalos á atmosfera terrestre, para que coa fricción de rentrada á Terra, o material se queime chegue como pó imperceptible á superficie. A segunda opción é empregar o combustible restante para levar aos satélites de órbitas superiores a distancias onde a gravidade da Terra e as pequenas forzas da radiación solar non os retornen.
    Todas as medidas anteriores dependen da estandarización dun código de conduta que faga estas medidas obligatorias, pese ao aumento de custos que supón. Sen embargo, solo un terzo das misións espaciais, levan a cabo os procedementos.

  14. fab-amadeoabal di:

    O científico italiano Marco M. Castronuovo acaba de propoñer un novo sistema basado en nun satélite dotado de brazos robóticos que permitiría atrapar os fragmentos máis peligrosos e levalos a unha órbita máis baixa para que se destrúan co roce coa atmósfera.

    O sistema funcionaría da siguiente maneira: cando o satélite encóntrase co seu obxectivo, acóplase a el por medio de un brazo robótico. Un segundo brazo coloca no obxecto cinco equipos propulsores que levan o satélite. Despóis, o obxecto libérase e o propulsor actívase para conducilo a unha órbita máis baixa, donde destruiráse cando entre en contacto coa atmósfera. Unha vez cumplida a súa misión, o satélite diríxese ata o seu próximo obxectivo para repetir a operación. Cando xa utilizara os cinco equipos propulsores, o satélite irá ao encontro dunha estación de recarga en órbita. Por medio do seu brazo robótico abasteceráse de novos equipos propulsores e volverá ao traballo.

  15. Victor di:

    Por que cando cae un satélite non se queima na atmosfera como unha estrela fugaz?

    • faa-iagogonzalez di:

      A diferenza, é que a estrela fugaz cando entra na atmosfera dun planeta, quentase e vaporizase parcial ou completamente. O gas que queda no camiño ionizase e brilla. O rastro de vapor brillante chamase estrela fugaz (de onde ven o nome) ou bólido se é especialmente brillante.No caso dos satélites non existe esa vaporización ao entrar na atmosfera, polo que non pode desprenderse o gas que se ionice e a faga brillar.

    • fab-alekseinogueira di:

      A parte do que di Iago, non se poden desfacer na atmósfera porque están feitos para eso , para poder salir dela. Xa que se o satélite se desfixera na atmósfera non podería tampouco salir dela, por eso ten unha estructura preparada para eso e non se desfai.

    • fab-aldaragarcia di:

      O que din Iago e Aleksei é certo. Por unha parte unha estrela fugaz cando entra na atmórfera vaporízase totalmente ou so queda unha pequena parte dela, que e inofensiva se impacta contra a terra. Pero os satélites non se vaporizan xa que como añade Aleksei están preparados para sair da atmósfera, polo cal, tamén o están para sair dela. Aparte a mín gustaríame añadir que as estrelas fugaces, contan con hidróxeno (ou gases combustibles) como un dos seus compoñentes entón cando as estrelas fugaces entran na atmósfera a interacción entre a alta velocidade, o aíre e a estrela fan que este se queime e se vaia consumindo pouco a pouco. No caso dos satélites esto non pasaría xa que ao pesar máis que as estrelas caerían máis rápido e non lle daría tempo a consumirse.

  16. Victor di:

    XA PODEDES PARTICIPAR NO NOVO FORO (terá unha duración de 10 días)

  17. faa-antoniomrodino di:

    Ademais de todas as propostas aquí presentes dos meus compañeiros, eu quero recalcar como dato xeral e significativo o seguinte:
    Calcúlase que os restos desta lixo espacial aumentan a un ritmo dun 5 por cento e supoñen unha ameaza crecente para os equipos e persoas en órbita terrestre.
    Este lixo, que como xa está mencionado anteriormente está composta principalmente por restos de naves e cohetes lanzados ao espacio dende a Terra, así como de satélites en desuso ou avariados.
    Gran parte dos restos proceden das explosións, aínda que cada vez máis se incrementa a orixe de restos menores procedentes da colisión de obxectos movéndose e velocidades relativas entre sí de ata 50000 Km/ h. O choque dun obxecto a esa velocidade contra a Estación Espacial ou calquera outra nave tripulada podería resultar unha catástrofe.

  18. faa-antoniomrodino di:

    Para concluír, engado que se seguimos contaminando o espacio pondremos en perigo misións de observación da Terra como as dos setélites de observación do clima e o medio ambiente ERS ou Envisat, o cal será un verdadeiro problema. Este tipo de satélites normalmente orbitan a uns 800 km de altura, precisamente onde actualmente hai unha grande cantidade de desfeitos espaciais e onde o risco de colisión é alto. Habemos de preservar o entorno espacial para o futuro. Si non o facemos nada pomos en risco calquer inversión actual e futura no espacio, e corremos risco de ter que reducir e incluso renunciar a realizar actividades de ningún tipo no espacio.