Un gran problema

A capa de Ozono distribúese a través da Estratosfera. O ozono é un composto inestable de tres átomos de osíxeno, que actúa como un filtro solar, que evita o paso dunha parte da radiación ultravioleta. Este tipo de radiación afecta de forma diversa aos seres vivos, provocando serias alteracións na saúde dos seres humanos e no crecemento e reproducción das plantas e a fauna mariña.

Pero existe un gran problema , o burato de ozono.

Denomínase burato na capa de ozono á zona da atmosfera terrestre onde se producen reducións anormais da capa de ozono, fenómeno anual observado durante a primavera nas rexións polares e que vai seguido dunha recuperación durante o verán. Sobre a Antártida a perda de ozono chega ao 70%, mentres que sobre o Ártico chega ao 30%.

Os CFC (clorofluorocarbonos), ao chegar á estratosfera, interfiren no proceso natural de formación do ozono, xa que, mediante un proceso químico de descompresión e transformación, forman compostos clorados que os destrúen. Esta situación dase na Antártida a finais do inverno, cando un vórtice extremadamente frío produce nubes de xeo que atrapan os CFC. Cando retorna o Sol, a mestura de luz solar, nubes de xeo e CFC forman unha combinación que destrúe o ozono.

Aínda que non se trata en realidade dun burato, senón dun adelgazamento da capa de ozono (que envolve todo o planeta) acrecentado sobre o extremo sur da Terra. Isto provoca que as radiacións cheguen con máis poder ata a superficie terrestre, causando múltiples alteracións biolóxicas.

Ten forma ovalada e o seu centro está ubicado a uns 900 kilómetros do polo sur. Este fenómeno alcanza as súas dimensións máximas entre setembro e decembro. O pasado 12 de setembro alacanzou o seu máximo tamaño anual, ao chegar aos 16 millóns de kilómetros cadrados, o noveno maior dos últimos 20 anos.


Autor: Ismael Agra

Esta entrada foi publicada en Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

31 Responses to Un gran problema

  1. Victor di:

    Inicialmente este artigo estaba clasificado dentro do apartado Cambio Climático; pero a destrución da capa de ozono está producida polo cambio climatico ou ten algo que ver con este?

    • faa-luciasantos di:

      A destrución da capa de ozono sí que ten que ver con cambio climático terrestre, está relacionado con el. O cambio nas temperaturas que estamos a sufrir actualmente, é producido pola acción humana, polo emisión de determinados gases, en exceso, á atmosfera. Estos gases provocan, na estratosfera, liberación de átomos de Cl a través da radiación ultravioleta sobre os seus enlaces moleculares. Cada átomo de Cl destrue miles de moléculas de ozono, transformándoas en moléculas de diosíxeno. Polo tanto, prodúcese un enorme buraco na capa de ozono, pola cal non se filtran as radiacións solares na súa totalidade, provocando o aumento das temperaturas.

    • faa-antoniomrodino di:

      A destrución da capa de Ozono ten que ver co cambio climático xa que a probabilidade de que os clorofluorocarbonos, e outras sustancias que esgotan a capa de Ozono, afectaran tamén ao sistema climático descubriuse por primeira vez nos anos setenta, así como os efectos do quecemento atmosférico a nivel mundial.

  2. fab-raquelblanco di:

    Un dos motivos da destruccion da capa de ozono é o uso de diferentes compoñentes químicos producidos polo home, por exemplo os clorofluorocarburos (CFC) de productos, como os aerosoles, disolventes, propelentes e refrixerantes. A acción de estos gases na Estratosfera libera átomos de cloro (Cl) a través da radiación UV, cada átomo de Cl destrúe miles de moléculas de Ozono.

  3. fab-amadeoabal di:

    Eu creo que débese a outros factores que non teñen que ver co cambio climático,como o uso dun compoñente químico que é producido polo home, os productos refrixerantes a base de cloro, contidos nos aerosois, disolventes, propelentes e refrixerantes. A acción de estos gases na estratosfera libera átomos de Cl a través da radiación UV sobre os seus enlaces moleculares; cada átomo de Cl destrue miles de moléculas de ozono transformándoas en moléculas de dioxíxeno.

  4. Victor di:

    Tratade de aclarar ben a miña primeira pregunta; é básica para comezar a falar deste tema.

    • A causa do cambio climático é o efecto invernadoiro provocado pola queima de combustibles fósiles (carbón, petróleo, gas) nas actividades humanas (enerxía eléctrica, calefación, aire acondicionado, transporte, fabricación de envases, etc.)e a causa do burato de ozono é por causa dos CFC como indico no artigo.

  5. faa-angelfigueiras di:

    A causa da diminución da capa de ozono son:

    Clorofluorocarbonos-Como estes compostos licúanse con facilidade, é son mais o menos inertes, non tóxicos, non combustibles e volátiles, foron utilizados como refrixerantes para acondicionadores de aire y refrixeradores. Pero non son nin tóxicos nin contaminantes a curto prazo, pero a medida que pasan os anos vanse degradando máis e producindo máis contaminación.

    Óxidos de nitróxeno- estes compostos proveñen dos gases expulsados por os avións supersónicos que voan a grande altura, así como por procesos naturais e por outros procesos feitos por o home na Terra.

    Causas naturais y artificiais- Así como poden ser os aerosois, gases provinte das combustións como pode ser o CO2. Os volcáns tamén teñen os seus gases contaminantes.

    En definitiva, tanto o cambio climático como a destrución da capa de ozono, e culpa do home. Todo empezou coa revolución industrial, e sigue na actualidade, frear esta desastrosa situación e moi custoso, polo que se pasa bastante de largo.

  6. faa-emilioabal di:

    Ese burato que ten a capa de ozono é producido por o cambio climático non prodúceo cambio climático porque non aiga capa de ozono. Principais motivos son aerosois pero non só eses se non o Clorofluorocarbonos (CFCl), A maior parte dos CFC que se usan son no comercio e la industria arróxanse directamente á atmosfera.
    A curiosidade que eu encontrei era que os principais produtores de (CFCl) están no hemisferio norte e o este burato no hemisferio sur.

  7. Victor di:

    Polo tanto son problemas ambientais de orixe diferente e que non debemos mesturar aínda que ámbolos dous están directamente relacionados coa atmosfera.
    Sempre houbo capa de ozono no noso planeta? De carecer dela que implicacións tería isto para os seres vivos?

    • faa-mariacmaquieira di:

      A capa de ozono foi descuberta en 1913 é constitúe a zona da Terra composta por unha cantidade relativamente alta de ozono, esta capa extendese aproximadamente dos 15 Km a os 40 Km de altitude. Hoxe en día a capa de ozono atopase ameazada debido a problemas como a contaminación, debido a este problema a capa de ozono está sufrindo un adelgazamento o cal pode contraer serios problemas para o noso planeta xa que gracias a ela estamos protexidos dos raios solares máis prexudiciais, e sen ela estes raios afectaríanos directamente expoñendonos a grandes perigos.

    • faa-xosemartinez di:

      A capa de ozono creouse cando comezaba a formarse a nosa atmósfera e o ozono foi resultado de osíxeno a determinadas condicións de presión e temperatura. Penso que, no planeta Terra, sen capa de ozono, a vida no planeta sería inviable, xa que, sen a capa de ozono, os seres vivos seríamos obxeto de radiacións nocivas que nos afectarían gravemente.

    • faa-iagopaz di:

      Non, non foi ata a aparición dos primeiros organismos fotosintético cando se xerou está capa, grazas ás grandes cantidades de osíxeno que se comezaron a liberar e que sufríron unha transformación debido ao efecto dos raios ultravioletas sobre elas.
      Si a capa de ozono desaparecera os seres vivos sufrirían unha cantidade insostenible de mutacións que os extinguiría completamente.

  8. fab-amadeoabal di:

    A capa de ozono protexe a vida do planeta da radiación ultravioleta (UV). Un exceso de radiación ultravioleta, pode producir cáncer de pel, cataratas, reducir a respuesta do sistema inmunitario, interferir no proceso de fotosíntesis das plantas e afectar ao crecimento do fitoplancton oceánico.
    A erosión da capa de ozono, esta producida polo uso frecuente cotidián dos CFC que empléanse na refrigeraxión, aire acondicionado, disolventes de limpeza, materiais de empaquetado e aerosois.
    Si a capa de ozono non existira:
    Entrarían os 3 tipos de raios solares.
    Non podriamos respirar xa que todo o oxígeno saldría.
    Non tendriamos alimento.
    Polo tanto non se viviría.

  9. Victor di:

    A asociación da formación da capa de ozono ao momento en que aparece o osíxeno na Terra, quere dicir que os organismos vivos anteriores a ese momento carecían da protección do ozono; a carencia do ozono na orixe da vida no noso planeta puido ser positivo para a evolución dos seres vivos?

    • faa-adrianfeijoo di:

      A actividade fotosintética dos primeiros organismos produciu o primeiro osíxeno libre a atmosfera según a seguinte reación:
      CO2 +H2O CH2O +OS
      Esta reación que se produciu fai 600 millóns de anos produciu a capa de ozono.O que permitiu a partir desta aparición foi crear novas formas de vida cada vez más complexas(animais),e desta forma a superficie quedou protexida dos raios ultravioletas que provocarían mutacións nos seres vivos.
      O osíxeno foise formando como consecuencia da primeira actividade fotosintética dos organismos procariotas .

    • faa-antoniomrodino di:

      Para nada a carencia do ozono na orixe da vida do noso planeta puido ser positivo para a evolución dos seres vivos xa que, recordando a función do Ozono de que forma un escudo protector que impide que os raios perxudiciais do Sol alcancen a faz da Terra, deixando, polo contrario, continuar o seu camiño hacia a superficie aos raios benéficos; a súa inexistencia provocaría que ademais dos raios benéficos, cegasen a superficie da Terra as radiacións perxudiciais tamén, as que poden provocar melanomas na pel, cataratas oculares, supresión do sistema inmunitario en humanos e en outras especies. Tamén afectará aos cultivos sensibles á radiación ultravioleta, polo tanto, todos estes problemas afectarían as pasadas xeracións, o cal provocaría a redución do número de individuos en cada especie.

  10. Victor di:

    RECORDADE QUE SO SE PODE COMENTAR NOS TRES ÚLTIMOS ARTIGOS PUBLICADOS (por esta razón acabo de borrar dous comentarios de iago González)

  11. Victor di:

    O que realmente vos pregunto é que importancia puideron ter na evolución dos seres vivos primitivos uns niveis altos de mutación.

    • faa-iagogonzalez di:

      Pois a importancia que tiveron estos niveis de mutación, foi que grazas a eles aumentou a variabilidade dos seres vivos, é dicir que grazas á mutacion os seres vivos puideron ir evolucionando progresivamente ao longo do tempo, isto foi grazas a que se foron transformando respecto do sistema que os rodeaba para poder adaptarse a el, e esta transformación é a que coñecemos como mutación.

      • faa-iriagondar di:

        A teoría de Darwin sobre a selección natural ten varios parámetros:

        1. Os tipos biolóxicos ou especies non teñen unha existencia fixa nin estática se non que se encontran constantemente en cambio.
        2. A vida manifestase como unha loita constante pola existencia e supervivencia.
        3. A loita pola supervivencia provoca que os organismos que menos se adaptan a un medio natural específico desaparezan e permite que os mellores adaptados se reproduzan.
        4. A selección natural, o desenvolvemento e a evolución requiren dun enorme período de tempo, tan largo que na vida humana non se poden apreciar estes fenómenos.
        5. As variacións xenéticas que producen o incremento de probabilidades de supervivencia son azarosas.

  12. Victor di:

    Alguén pode aplicar a Teoría Darwinista (variabilidade + selección natural) ao que di Iago?

    • fab-aldaragarcia di:

      Pois as mutacións deron lugar a unha gran variabilidade de seres vivos(xa que como ven di Antonio estas son herdables), pasaron de ser case todos iguais a haber dentro das especies moitas máis formas. Pero non todas estas especies conseguiron adaptarse correctamente ao medio, ou ben non sonseguiron adaptarse e foron morrendo xa que costáballes sobrevivir por que as capacidades que tiñan non eran axeitadas ao medio no que vivían polo cal desapareceron, o que coñecemos como selección natural (o medio selecciona ós organismos mellor adaptados). Pero o cambio que resultou no medio puido facer as mutacións dos seres vivos, xa que estes seres vivos atópanse máis desarroiados cos seus compañeiros, entón, os seres vivos mutados perdurarian no tempo xunto co seu xenotipo (constitución xenética dun individuo) e os non mutables quedarían atrás.

    • faa-manuelbusto di:

      A selección natural foi proposta por Darwin como medio para explicar a evolución biolóxica.
      Por definición a selección natural di que, os individuos máis aptos teñen máis posibilidades de contribuír con descendentes á seguinte xeración, mentres os menos aptos tendrán menos descendentes ou morrerán antes de acadar a idade adulta. Como resultado,os individuos mellor adaptados serán máis abundantes na seguinte xeración, mentres que os peor preparados tenderán a desaparecer.

    • faa-mariamartinez di:

      Un grupo de seres vivos ten as mesmas características pero, por unha mutación, as características dun cambian. Dependendo do medio no que vivan, ese ser vivo sobrevivirá ou non, e transmitiralle aos seus descendentes ese cambio. Darwin explicaba isto mediante un exemplo cunha poboación de xirafas na que, por unha mutación, aparecían individuos co pescozo e as patas máis longos. Estas xirafas achéganlle ás follas das acacias máis altas, polo que nunha época na que a comida escasea, van a estar mellor alimentadas e teñen máis descendentes. Este proceso repítese e chegará un momento no que as xirafas “normais” desaparezan.

  13. faa-antoniomrodino di:

    Mutacións. A mutación é a causa principal da variabilidade xenética ( herdable). Aínda que a maioría destas son perxudiciais, algunhas son neutras para o individuo no ambiente no que vive. Estas mutacións permanecerán no su ADN e transmitiranse aos seus descendentes dando lugar ás diferenzas entre individuos. É probable que ante novas condicións (por exemplo, cambios medioambientais) unha mutación xa existente resulte agora beneficiosa para os individuos que estarán máis desarroiados con respecto ao resto da poboación.
    Selección natural: xenotipos máis favorables para a especie perdurarían deixando desta forma unha maior descendencia e, polo tanto, aumentaría a súa frecuencia estatística.

  14. Victor di:

    A variabilidade xenética entre os seres vivos está causada por mutacións e, sobre todo nos seres vivos de reproducción sexual, por recombinación xenética; en que consiste a recombinación xenética e por que non se produce nos seres vivos de reproducción asexual?

  15. fab-amadeoabal di:

    A recombinación xenética é o proceso polo cal unha hebra de material xenético é rota e logo unida a uha molécula de material xenético diferente. A recombinación de eucariotas comúnmente prodúcese durante a meiosis como entrecruzamento cromosómico entre os cromosomas apareados. Este proceso conduce a que a proxenie teña diferentes combinacións de xenes dos seus pais e pode producir alelos quiméricos.

  16. faa-adrianfeijoo di:

    A recombinación xenética é o proceso mediante o cal, se obtén un novo xenotipo a través do intercambio de material xenético entre dúas moléculas de ADN que posen distintas mutacións.
    Na reprodución asexual non se da a recombinación xenética ,porque os organismos por si sos son capaces de desprender unha célula ou un anaco do seu corpo, e a través da mitoses poden formar un individuo xenéticamente idéntico a el.

  17. faa-iagogonzalez di:

    A recombinación xenética é un proceso que leva á obtención dun novo xenotipo a través do intercambio de material xenético entre secuencias homólogas de ADN de dúas orixes diferentes. A información xenética de dous xenotipos pode ser agrupada nun novo xenotipo mediante recombinación xenética. Polo tanto a recombinación xenética é outra forma efectiva de aumentar a variabilidade xenética dunha poboación.Na reprodución asexual un solo organismo é capaz de orixinar outros individuos novos, que son copias exactas do proxenitor desde o punto de vista xenético, polo que non existe a recombinación xenética.