Xemelgo da Terra

A sonda Venus Express, da Axencia Espacial Europea (ESA), descubriu a existencia dunha capa de ozono en Venus o que nos permitirá avanzar en investigación sobre a existencia de vida noutros planetas.

O descubrimento produciuse cando a sonda puido permitir a observación de estrelas situadas xunto ao perfil do planeta e a través da súa propia atmosfera. O ozono foi detectado xa que absorbía parte dos raios ultravioletas emitidos polas estrelas. O ozono conten tres átomos de osíxeno e o de Venus fórmase cando a luz do Sol rompe as moléculas de dióxido de carbono (CO2) e permite a liberación de átomos de osíxeno.

Polo momento só se detectou o ozono nas atmosferas da Terra, Marte e agora tamén Venus. O ozono na Terra ten unha importancia fundamental para a vida porque absorbe gran parte dos raios ultravioletas prexudiciais procedentes do Sol.


Autora: Iria Gondar Santórum

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Universo e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

37 Responses to Xemelgo da Terra

  1. Victor di:

    Por que se di que Venus é un planeta xemelgo da Terra?

    • fab-aldaragarcia di:

      Dise que son xemelgos xa que teñen un pasado relativamente común. A súa superficie non conta con moitos cráteres polo que se di que as duas son novas. As suas densidades e composicions químicas son semellantes. E por outra banda, Venus, pode mostrar o futuro da terra se seguimos a enviar CO2 a atmosfera que potencia ó efecto invernaodiro.

    • faa-adrianfeijoo di:

      Dise que Venus e a terra son xemelgos xa que se formaron fai 4.550 millóns de anos,na mesma zona da nebulosa solar primitiva.Os dous planetas formáronse a partir dos mesmos materiais.Durante moitos millóns de anos os dous tiveron unha gran actividade volcánica e tiñan auga na súa superficie.
      Pero hoxe en día Venus ten unha atmosfera moito máis maior ,cunha temperatura de 460C na superficie.A terra foi capaz de manter a auga líquida debido as temperaturas estables.

    • faa-antoniomrodino di:

      Dise que Venus e a Terra son xemelgas porque Venus é só lixeiramente menor que a Terra (95% do diámetro da Terra, o 80% da súa masa).
      Ambos teñen poucos cráteres, indicando superficies relativamente novas.
      As súas densidades e composicións químicas son semellantes.
      Por causa desas similitudes, pensouse que Baixo as súas densas nubes Venus podería ser semellante á Terra e podería incluso haber vida nel.

  2. fab-amadeoabal di:

    A Venus chámase o Planeta xemelo da Terra non solo por ser o máis cercano, 41 millóns de kilómetros na súa mínima distancia, sinon porque o seu tamaño é moi similar ao do noso planeta, 12.104 km contra 12.780 da Tierra.

  3. Victor di:

    Como se forma e como se destrúe o ozono?

    • faa-adrianfeijoo di:

      O ozono é unha substancia cuxa molécula está formada por tres átomos de osixeno,formada ao asociarse dous átomos que compoñen o gas de osíxeno.Desta forma, cando cada átomo de osíxeno liberado únese a outra molécula de osíxeno,formando moléculas de Ozono .
      A produción do Ozono prodúcese no propia natureza ,ao irradiar raios ultravioletas no osíxeno prodúcese ozono ,coa fotosínteses das plantas ou no mar coas olas.
      O ozono destrúese cando se combina con el un átomo de cloro.Tamén se destrúe en presenza de osíxeno a temperaturas que superen os 100 grados centígrados,ou coa presenza do dióxido de manganeso a temperatura ambiente.

    • faa-mariamartinez di:

      Cando os enlaces dunha molécula de osíxeno se rompen, debido a que absorben radiacións ultravioletas de menos de 240 nm (nanómetros) , forman dous átomos de osíxeno libres, e cando un destes reacciona con outra molécula de osíxeno, da lugar a O3 , ou o que é o mesmo, ozono.
      O2 + hv ( O + O
      O + O2 ————> O3
      Por outra banda, se as moléculas de ozono absorben radiacións ultravioletas de menos de 320 nm , estas rómpense en moléculas de osíxeno e átomos de osíxeno libres. Os átomos de osíxeno libres reaccionan con máis moléculas de ozono e dan lugar a osíxeno molecular.

  4. faa-mariamartinez di:

    Cando os enlaces dunha molécula de osíxeno se rompen, debido a que absorben radiacións ultravioletas de menos de 240 nm (nanómetros) , forman dous átomos de osíxeno libres, e cando un destes reacciona con outra molécula de osíxeno, da lugar a O3 , ou o que é o mesmo, ozono.
    O2 + hv ( O + O
    O + O2 ————-> O3
    Por outra banda, se as moléculas de ozono absorben radiacións ultravioletas de menos de 320 nm , estas rómpense en moléculas de osíxeno e átomos de osíxeno libres. Os átomos de osíxeno libres reaccionan con máis moléculas de ozono e dan lugar a osíxeno molecular.

  5. Victor di:

    Dade máis información sobre a destrución do ozono.

    • fab-alvarolopez di:

      Na destrución da capa de ozono, inflúe sobre todo a produción de gases de “efecto invernadoiro” (combustión de autos, queima de pastizales, extración do petróleo…).

      Podemos diferenciar contaminantes primarios (ou emitidos directamente; aerosoles,óxidos, hidrocarburos, monóxido de carbono…) e contaminantes secundarios ( fórmanse pola reacción dos primarios cos compoñentes naturais da atmosfera, creando así unha gran familia de substancias producidas por reaccións fotoquímicas; ozono, aldehídos, cetonas, ácidos, peróxido de hidróxeno, nitrato de peroxiacetilo, radicais libres e outras de diverso orixen como sulfatos e nitratos).

  6. fab-alekseinogueira di:

    O ozono destrúese pola radiación ultravioleta, se esta posúe unha lonxitude de onda menor a de 290 nm(nanometros) fai que se desprenda da molécula un átomo de osíxeno, e esta é a forma natural na que se destrúe ozono. Pero por culpa nosa o ozono destrúese artificialmente xa que nos aerosois e noutros, encóntranse clorofluorocarbonos que fan que a capa destrúase máis rapidamente da seguinte maneira: as radiacións ultravioletas arrancan da molécula de clorofluorocarbono un átomo de cloro e este ao combinarse cunha molécula de ozono destrúea pero o malo non é que só poida destruír unha se non que pode destruír ata cen mil moléculas de ozono ou máis, o proceso termina cando o átomo de cloro se mezcla cun composto químico que o neutraliza.

  7. Victor di:

    Cambiando de tema; cal é a gran diferencia entre Venus e a Terra que permite a vida no noso planeta soamente?

    • fab-raquelblanco di:

      A temperatura da superficie do planeta Terra sube solo a uns 100 grados Fahrenheit, o que posibilita que a vida prospere neste planeta. Por outro lado, a temperatura da superficie do planeta Venus e nove veces máis quente que o planeta Terra. Como tal, é extremadamente imposible para calquer forma de vida o sobrevivir e prosperar na superficie de Venus.
      A Terra e Venus teñen unha atmósfera, pero a composición da atmósfera de estos planetas é outra diferencia moi importante. A atmósfera do planeta Venus compónse principalmente de dióxido de carbono en comparación coa atmósfera que se encontra no planeta Terra, que se compón principalmente de nitróxeno e osíxeno.

    • fab-aldaragarcia di:

      A atmósfera. A atmósfeda de Venus está composta principalmente por CO2 e a da Terra por nitróxeno e osíxeno, o cal, permite a nosa vida. Tamén existen outras diferenas, pero menos insignificantes:
      -Venus experimenta un efecto invernadoiro tan forte que eleva a temperatura da superficie ata 470ºC.
      -Aínda que nos atopemos con algunhas nubes na Terra, Venus está cuberto delas e estás nubes están cheas de ácido sulfúrico.
      -E outra diferencia obvia sería o período de rotación.

    • fab-antiachantada di:

      Debido á densa atmosfera de (90 veces máis densa que a da Terra) e á súa composición química (a diferencia da Terra posee o 97% de dióxido de carbono),Venus experimenta un gran efecto invernadero que proboca unha temperatura na superficie de máis de 470ºC, o que fai que sexa imposible a existencia de vida.

    • faa-iriagondar di:

      En Venus atopamos temperaturas moi altas, unha atmosfera moi pesada, elevada presión aproximadamente 91-94 veces maior da presión a nivel do mar da Terra como ven din as compañeiras pero en Venus tamén hai nubes corrosivas de ácido sulfúrico.

    • faa-antoniomrodino di:

      Pero, desgraciadamente, máis estudos teñen demostrado que en moitos apectos, e moi importantes, Venus é radicalmente diferente da Terra:
      A presión da atmosfera de Venus na súa superficie é de 90 atmosferas (equivalente á presión en 1 km nos océanos da Terra). É composta principalmente de dióxido de carbono.Os ventos que hai na parte superior das nubes son moi fortes (350 kph), pero os da superficie son moi lentos, de tan só uns quilómetros por hora.
      Venus probablemente xa ten grandes cantidades de auga como a Terra, pero todo se evaporou hai moito tempo. A Terra sufriría o mesmo destino se estivese un pouco máis preto do Sol.
      Maior parte da superficie de Venus consta de suaves chairas con pouco relevo. Existen tamén varias depresións longas (nas chairas de Atalanta, Guinevere e Lavinia).
      Existen dous planaltos: Ishtar Terra no hemisferio norte (do tamaño da Australia) eAphrodite Terra ao longo do Ecuador ( do tamaño de América do Sur).

  8. fab-amadeoabal di:

    A razón de que haxa vida solamente no noso planeta é que a Terra é o único planeta do sistema solar que posée auga nos tres estados da materia:sólido, líquido e gasoso é por esta razón non está estática na superficie e movilízase a través do ciclo hidrolóxico.
    Venus en cambio pode ter auga pero solo en estado líquido,e non en estado gasoso e sólido.Por eso non pode existir alí a vida.

    • Victor di:

      A cuestión Amadeo, é por que non pode ter auga. Que llo impide?

      • faa-iriagondar di:

        Debido a que o campo magnético de Venus é moito máis débil ca o de outros planetas do Sistema Solar isto debese a súa lenta rotación. Como resultado disto , o vento solar golpea a atmosfera de Venus se ser filtrado. Suponse que Venus nun principio tivo tanta auga como a Terra pero ao estar sometida a acción do Sol sen ningún filtro protector, o vapor de auga na alta atmosfera descomponse en hidróxeno e osíxeno escapando o hidróxeno ao espazo pola súa baixa masa molecular.

  9. fab-amadeoabal di:

    Parece ser que Venus tuvo nos seus inicios tanta auga como a Terra, pero ao estar sometida as altas temperaturas do Sol sin ningún filtro protector, o vapor de agua existente na atmósfera disucionouse en hidróxeno e osíxeno. O hidróxeno habría escapado da atmósfera debido a súa baixa masa molecular.
    Polo tanto Venus non pode ter auga porque ao non ter un filtro protector o vapor de auga da atmósfera disucionase polas altas temperaturas do sol en hidróxino e osíxeno.

  10. faa-luciasantos di:

    Venus é considerado o planeta xemelgo da Terra debido ás súas características comúns, como tamaño, composición superficial ou a presenza dunha atmosfera densa, capaz de incluir un sistema meteorolóxico. Pola contra, tamén hay moitas características opostas, como a duración dos períodos de rotación e traslación. Debido á desidade da súa atmosfera prodúcese un enorme efecto invernadeiro que eleva a temperatura do planeta ata os 480ºC. Esta é a razón pola que, en Venus é improbable a presenza de auga.

  11. Victor di:

    Existe algún outro planeta ou satélite do Sistema Solar que podería albergar vida?

    • faa-xosemartinez di:

      No Sistema Solar, o planeta con máis posibilidades de ter vida na súa superficie é Marte, xa que ten un rango de temperaturas similar. Ademáis, nos seus polos hai masas de auga conxelada, e hai posibilidades de que debaixo da superficie haxa auga líquida.
      A parte de Marte hai distintos satélites (Encélado, Europa, Titán e Ío) nos que tamén sería viable a vida grazas a distintas características: en Encélado hai unha temperatura agradable, no satélite Europa hai actividad volcánica, en Titán hai atmósfera, e en Ío tamén hai atmósfera e compostos químicos complexos prometedores para a vida.

    • fab-alvarolopez di:

      Marte podería ser habitable xa que podemos encontrar elementos fundamentais para crear unha colonia (auga, osíxeno, etc.) pero é moi difícil extraelos . Outra contra é que non é posible consérvalos en todo o planeta, polo tanto, teríamos que facer unha cúpula.

  12. fab-amadeoabal di:

    No sistema solar,eu creo que o único planeta que pode ter vida é Marte pois algunhs microbios especialmente resistentes e que viven nos lugares más inhóspitos da Terra podrían pasalo ben no frío de Marte , de acordo aos resultados de investigacións realizadas por astrónomos e microbiólogos.

    En un estudio que fixo un laboratorio hai dous anos, os investigadores descubriron que algunhs microorganismos adaptados ao frío, non sólo sobreviven, sinon que poden reproducirse a temperaturas baixo o punto de conxelamento da auga, 1 grado baixo cero C. Os microbios desarrollaron mecanismos que os protexen das baixas temperaturas.Polo tanto Marte é un bó lugar para que se dea a vida.

  13. Victor di:

    Falade algo das posibilidades de vida no satélite Europa.

    • fab-alvarolopez di:

      Profesor Víctor, refírese á habitabilidade no satélite Europa ou na existencia de vida nel?

    • faa-mariamartinez di:

      A NASA, en 1998, informou de que baixo a superficie de Europa hai un material condutor e o máis probable é que sexa un océano salgado. Falouse da existencia de vida neste suposto océano, situada nun entorno parecido ó das profundidades dos océanos da Terra cerca das chimeneas volcánicas ou ó Lago Vostok na Antártida.
      Un estudo recente amosa que este satélite ten suficiente cantidade de auga líquida, e esta ten unha concentración de osíxeno elevada. Nunhas condicións semellantes poderíanse albergar, ademais de microorganismos, formas de vida máis complexas.

  14. Victor di:

    E hai vida nas chemineas termais dos nosos fondos oceánicos?
    E no Lago Vostok?

    • faa-iagogonzalez di:

      Como ben apunta Adrián,no lago Vostok aínda non se sabe con certeza se pode existir vida, debido a que se encontra a uns 4000 m baixo o xeo antártico e na zona onde se rexistraron as temperaturas máis baixas do planeta, batendo o record do 21 de xullo de 1983 con -89,2 º C. Unha das entornas máis extremas do planeta si se lle engade a altitude, falta de oxíxeno, fortes ventos e, radiación ultravioleta.Aínda así os científicos rusos descubriron que o xeo é de 450.000 anos, polo que o lago podería levar illado do mundo exterior entre 500.000 e 1 millón de anos baixo o xeo, polo que podría albergar formas de vida moi primitivas, que estiveron preservadas neste entorno aislado.

  15. faa-adrianfeijoo di:

    -Nas chemineas termais hai formas de vida ,bastante raras.Dende 1977 descubríronse trescentas especies novas .Habitan bacterias que utilizan o sulfuro de hidróxeno e o calor das gretas para producir as biomoléculas que as constitúen.
    Algúns organismos presentes aliméntanse de bacterias para absorber enerxía ,pero tamén hai unha especie de gusanos.Non teñen intestino nin sistema dixestivo pero no seu tecido incrústanse millóns de bacterias vivas que satisfacen a súa fame.E ao revés o seu sangue apórtalle a esas bacterias o sulfuro de hidróxeno que necesitan para vivir.
    -No lago Vostok, non se sabe exactamente se hai vida,porque os rusos levan moitos anos facendo escavacións de 100 m do lago e so encontraron algunha que outra bacteria.
    Considerábase que as condición que había eran imposibles para a vida,pero existe un tipo de organismos denominados extremófilos que soportan calquera condición para poder sobrevivir.Dependendo da condición extrema que soporten pode ser de diferentes tipos.

  16. Victor di:

    Que relación existe entre a investigación dos microorganismos “extremófilos” en diferentes lugares da Terra e as posibilidade de vida en planetas ou satélites do Sistema Solar?

    • faa-luciasantos di:

      Os microorganismos extremófilos son os cales son capaces de vivir en condicións extremas,entendendo por tales, condicións moi diferentes ás da Terra. A investigación destes elementos está directamente relacionado coa investigación de vida noutros planteas. Debido a que, se estes son capaces de vivir con duras condicións, deberían estar presentes noutros planetas. Por exemplo, os anhidrobiosis, son microorganismos que viven en ausencia de auga, e actualmente estanse a realizar experimentos e estudos sobre as posibilidades de que estes, e outros, microorganismos estén presentes en planetas como Marte.

  17. Victor di:

    XA PODEDES PARTICIPAR NO NOVO FORO (terá unha duración de 10 días)