Cabeza de “alcornoque”

A Península Ibérica alberga a área con maior superficie de sobreiras (Quercus suber) de todo o mundo (725.000 hectáreas). Da súa codia de grosor único podemos extraer a cortiza. A súa falta de rexeneración natural, xunto co abandono e a rivalidade da producción de tapóns de plástico reduce a súa supervivencia. Esta árbore perenne ten unha grande capacidade para a reproducción, o que a fai sublime, aínda que o seu futuro é incerto…

Investigadores e científicos afirman que existe unha acusada falta de rexeneración natural nas sobreiras que se encontran en terra de pastoreo, e que nos máis xóvenes é case nula, o que leva ás poblacións envellecer sen  renovarse. Este non é o seu único problema, senón tamén os incendios forestais, as talas, a desertificación, o cambio climático,  a sobreeplotación… facéndoos máis vulnerables.

“Se as sobreiras se abandonan, se queiman ou o seu uso se cambia, algunhas especies protexidas (águia imperial, lince ibérico…) que viven nos sobreirais, ademáis da calidade e do funcionamento destes ecosistemas, poderán verse ameazados” (palabras dun responsable de Bosques de Greenpeace).

Ademáis do valor biolóxico citado anteriormente, as sobreiras aportan un rendemento económico rural a través da explotación da cortiza. Este material vese ameazado polo metal e o plástico, para a fabricación de tapóns. A substitición deste pode poñer en risco a conservación dos sobreirais e isto restaría a positividade do impacto medioambiental deste material.


Autor: Álvaro López Moldes

Esta entrada foi publicada en Recursos naturais, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

24 Responses to Cabeza de “alcornoque”

  1. faa-breixoalonso di:

    O combio climático non so esta afectando as sobreiras xa que moitas especies están desprazandose a pisos mais altos intentado fuxir do calor, o problema da sobreira e que non todas poden emigrar, xa que é moi sensible a condicións medio ambientais adversas. Outra gran causa e a mala xestión forestal que favorece aos vexetais de mais rápido crecemento.

  2. faa-luciasantos di:

    Penso que os responsables dos montes españois, ou das zonas onde se encontra esta árbore as deberían ter en coidado. Non só polos beneficios económicos que se extraen da explotación da cortiza, que evidentemente, son grandes. Senon, polo mantemento da biodiversidade, creo que somos os primeiros en querer manter as especies reinantes agora, e a mantención dos alcornoques é importante, ademais sabendo que a súa extinción sería causa de problemas para a supervivencia de especies en perigo como o lince ibérico, e sería, principalmente, por culpa da acción humana.

  3. fab-amadeoabal di:

    A sobreira é un dos compoñentes do bosque mediterráneo e demanda climas de invernos máis suaves húmidos que a enciña.
    A industria europea da cortiza(corcho) produce 340.000 toneladas de cortiza ao ano, por un valor de 2,5 millóns de euros.
    A extracción da cortiza realízase mediante o retiro da corteza da sobreira, donde se encontra este material. Unha vez extraída a corteza, a árbore queda “en descanso”, e ao cabo de algunos anos a corteza vólvese a extraer; esto faise principalmente por dous motivos:
    1. Pola la calidade da corteza ao ano seguiente non é a mesma en comparación á extraída por “primeira” vez.
    2. Para evitar un eventual agotamento da producción da árbore.

  4. faa-mariamartinez di:

    Baixo o meu punto de vista, deberiamos actuar dalgún xeito para previr a desaparición da sobreira e canto antes, mellor. A partir desta árbore obtemos grandes beneficios económicos e, o máis importante, temos que ser pioneiros en manter a nosa biodiversidade. Segundo un estudo de Europa Cork , entre 2071 e 2100 non quedará case ningún exemplar en pé. A causa, o cambio climático. En corenta anos, o clima deixará de ser axeitado, no mellor dos casos, para o 57% das principais especies forestais da Península, e no peor, estariamos falando do 94% destas.

  5. Victor di:

    Por certo, sabedes onde atopar sobreiras en Cambados? Que tipo de seres vivos están asociados aos sobreirais en Galiza?

    • faa-manuelbusto di:

      Unha das árbores máis significativas de Cambados é a sobreira que se encontra no mirador da pastora.

    • fab-aldaragarcia di:

      En Cambados non podemos atopar un gran número de sbreiras, pero como di Manuel Busto, na Pastora, no mirador, podémonos atopar con unha.
      As sobreiras, como tamén di Amadeo, relaciónanse co porco ibérico, xa que este, é do que se alimenta xunto con outros tipos de bellotas conseguindo un recebo mixto. Pero aquí en Galicia empregase a cortiza para facer colmenas é un dos usos máis comúns.

  6. fab-amadeoabal di:

    EVamos allá con una historia curiosa, anecdótica. Galicia no es tierra de alcornoques, sobreiras en gallego. El mapa adjunto muestra que ni Galicia ni el corredor que desde ella recorre el norte de la península reúnen condiciones naturales óptimas para su desarrollo: es un árbol propio de climas mediterráneos.

  7. fab-amadeoabal di:

    En Cambados non hai sitios con sobreiras,según me informín.Galiza non é terra de sobreiras. Nin Galiza nin o corredor que desde ela recorre o norte da península reúnen condicións naturais óptimas para o seu desarrollo: é un árbol propio de climas mediterráneos.Normalmente as sobreiras relaciónanse cos porcos ibéricos porque estes comen as bellotas que caen das sobreiras e tamén as ardillas relaciónanse con esta árbore.Pero xa digo que en Galiza hai moi poucas sobreiras xa que o clima non as acompaña a medrar.

    Nota:Víctor podes borrar meu comentario anterior,e que estaba intentando facer este comentario e enviíno sen querer.

  8. faa-rubengonzalez di:

    A verdade e que nunca me parara a pensar na cantidade de cousas que se poden sacar dunha sobreira. E unha pena que moita xente non se de conta da importancia destas árbores non só para nós senón para os animais que nelas se refuxian.

  9. faa-damianlores di:

    Galiza, nin o norte da península reúnen condicións naturais óptimas para o seu desenrolo. É un árbore propio de climas mediterráneos. Pero nas zonas das Rías Baixas e nas concas do Sil e do Miño encaixan con áreas de distribución. Por iso non é de estrañar que atopemos sobreiras no sur de Galiza, o seu interese reside na súa cortiza. Que é usado para a elaboración de tapóns para embotellar todo tipo de vinos. Nas comarcas galegas a cortiza recibía outros usos como a fabricación de boias para a pesca, revestimentos para as súelas das zocas e a creación de colmeas. As zonas de Silleda e a Estrada foron os lugares no cal se conservaron os exemplares de sobreiras mais antigos de Galiza seguindo en pé grazas a que quedaron como adorno de pazos e prazas públicas.

  10. fab-fuensantabuceta di:

    Amadeo ten razón no de que a sobreira é propia de climas mediterráneos, pero sí que hai sobreiras en Galicia. En Cambados, no monte da Pastora, temos unha que é a árbore máis vella do pobo. Pero tamén hai moitas máis sobreiras repartidas por diferentes lugares de Galicia como en Vilagarcía de Arousa, A Estrada, O Courel e varios sitios máis que podemos ver neste blog de Adela Leiro:
    http://www.adelaleiro.com/galeria.aspx?id=7

  11. fab-noeliafernandez di:

    A sustitución de corchos por tapóns sintéticos para embotellar viños pode levar a desaparición destes bosques como xa dixo o noso compañeeiro Alvaro, pero según advirte un informe da organización ecolóxica WWF/Adena, un 75% destos bosques desaparecerían xa en 2015 se continuamos con esa tendencia.
    Ademáis esto non é todo o que se perdería, no peor dos casos os tapóns de corcho poderían ser sustituídos nun 95% por sintéticos en 2015, e isto supondría a pérda de 62.000 postos de traballo nas rexións productoras

  12. fab-cristinaporto di:

    Un dos usos máis utilizados é o corcho xa que se utiliza para botellas de viño, para botellas de aceite, bebidas espirituosas… Estos tapóns fabrícanse sólo con corcho natural; aínda que hoxe en día utilízanse outros materiales, principalmente plásticos.
    Outra aplicación frecuente é o corcho é a produción de paneles con fins acústicos ou decorativos, que en ocasións colocánse sobre as paredes, a modo de carteleras onde se fixan notas, avisos ou obxectos liviáns mediante chinchetas. Igual que os tapóns, este tipo de paneles fabrícanse orixinalmente con corcho natural; aínda que actualmente prodúcese tamén con fibras plásticas ou de celulosa ou outros materiales textiles.
    Tamén se usa como componente os instrumentos de vento como cerradura para evitar a salida de vento nas chaves e outras zonas.

  13. fab-laurarodriguez di:

    Da sobreira sácase a cortiza, que se utilizaba principalmente para as botellas. Debido a que agora os tapóns das botellas fabrícanse con plástico ou con metal, o cultivo destas árbores deixou de ser tan importante, e polo tanto empeza a desaparecer a poboación xoven de éstos e non se renovan os árbores que morren. É triste que se deixe desaparecer unha especie, e os animáis que viven nas sobreras, tan sólo por temas económicos, xa que sae máis rentable fabricar os tapóns con plástico.

  14. Victor di:

    Ten Galiza un clima mediterrán?

    • faa-luciasantos di:

      Non o clima galego é oceánico, en xeral templado e húmido.Caracterizado pola regularidade de precipitacións e a suavidade das temperaturas. Así tamén, a medida que avanzamos dende a costa, máis suaves pola influencia marítima, o clima no interior é progresivamente máis seco. No sur da comunidade pódese chegar a dar un clima parecido ó mediterráneo, con períodos secos no verán, coas conseguintes sequías. Esto non implica que Galicia teña este clima, posto que soamente se produce en determinadas épocas do ano, polo tanto, Galicia ten un clima oceánico.

    • fab-aldaragarcia di:

      Galicia ten un clima oceánico puro. Chamado máis comunmente clima Atlántico. Dise que Galicia ten un clima Mediterráneo, pero isto non é verdade, o termo correcto sería subtropicalizada, xa que as chuvias en Galicia dependen da corrente subtropical. Pero o clima Mediterráneo situaríamolo ao sur de Lugo e en Ourense, xa que no verán podemos atoparnos con períodos de sequía e un inverno frío.

  15. fab-amadeoabal di:

    Non, Galiza non ten clima mediterrán,pois Galiza está no extremo norte de España e é, polo seu clima marítimo, suave e húmido, unha parte da ‘España verde’. No verán fai calor pero non tanto como no sur e no invierno non fai moito frío. No verano a media de temperatura é de 20° – 25°C, e no inverno entre 8° – 10°C. En primavera, inverno e otoño chove con frecuencia.

  16. Victor di:

    As sobreiras son comúns en zonas de Ourense, onde se di que hai un clima de tipo mediterrán; é isto certo?

    • fab-aldaragarcia di:

      Non é certo. Ourense consta cun clima Oceánico e Continental. Ourense atópase nun val, o que fai que os veráns sexán secos e de moita calor e no inverno as temperaturas son moi baixas. Dise que ten un clima Mediterrán por que no veran fai moita calor, pero isto non e correcto.

    • faa-mariamartinez di:

      Como dixeron os meus compañeiros e compañeiras, o clima de Ourense é de tipo oceánico, con precipitacións e temperaturas suaves durante todo o ano, pero o certo é que podemos diferenciar catro zonas climáticas:
      – Oceánico de transición: parte noroccidental.
      – Oceánico continentalizado: zona sur.
      – Oceánico de montaña: nas montañas do este e no Macizo Central.
      – Oceánico-mediterrán: tamén na zona sur, pero dende Ribeiro a Valdeorras.

  17. fab-amadeoabal di:

    Non é certo,pois climáticamente a provincia de Ourense, como toda Galiza, pertence ao tipo oceánico, que caracterízase en xeneral por temperaturas suaves e tamén precipitacións durante todo o ano. A posición interior do territorio de Ourense, e a existencia dun alto releve, ofrece diferencias, carecendo por outro lado de homoxeneidade en toda a provincia.

  18. fab-alekseinogueira di:

    Coñecemeos a Ourense polas grandes extensións de soutos que ten e non polas sobreiras pero nos vales ourensáns debido ás altas temperaturas que sofren nos veráns e debido á seca que hai tamén nos veráns abundan grandes extensións de sobreiras. E non só en Ourense sen ir máis alo no río Ulla tamém hai unha pequena extensión de sobreiras.