Perigo: FUNGOS

As pinturas de Altamira conserváronse especialmente ben ata o seu descubrimento. Pero a apertura da cova e os miles de visitantes provocaron un deterioro tal que houbo que pechala a última vez en 2002. Un equipo de oito expertos advertíu que as investigacións mostran a necesidade de conservar a cova manténdose pechada no futuro próximo. Sainz Jiménez e os seus colegas  sinalan que se plantexaron reabrir Altamira polo impacto positivo que tería o turismo da rexión, pero advirten que iso sería  perigoso para as famosas pinturas. Un dos perigos sería a poliferación de bacterias e fungos que colonizaron a cova e que parecerán estar contidas na entrada da cova.

Ao desprazarse polo interior do recinto, levantaranse dañinas partículas que quedan en suspensión no aire, incrementando a erosión das paredes e liberando bacterias e esporas de fungos. Altamira converteuse durante miles de anos, grazas a un contorno pobre en  nutrientes e con escaso contacto con a atmosfera exterior.

A política e a ciencia enfrontadas a cova de Altamira

.

Autora: Cristina Porto Rivas

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, General e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

32 Responses to Perigo: FUNGOS

  1. faa-xosemartinez di:

    Sería unha pena que, grazas a incentivar o turismo na zona, se puxera en serio perigo algo tan importante como o son as Covas de Altamira. Un vestixio como o son estas covas, deben ser protexidos e coidados polas autoridades e científicos para que estes vestixios artísticos (dos máis importantes da prehistoria) perduren ó longo da historia, e as xeracións posteriores poidan admirar as Covas de Altamira.

  2. Victor di:

    E son a mesma cousa as bacterias e os fungos? En que se diferencian?

    • As bacterias son todas unicelulares e os fungos poden ser unicelulares ou pluricelulares.

      As bacterias teñen vida por sí mesmas, mentres que os fungos necesitan de outro ser vivo do cal se alimentan.

      Os fungos son heterótrofos (non fabrican eles mesmos o seu alimento) mentres que as bacterias poden ser tanto autótrofas (fabrican o seu propio alimento) como heterótrofas.

    • faa-manuelbusto di:

      As bacterias son microorganismos procariotas, é dicir non teñen núcleo definido, en cambio os fungos si posúen un núcleo definido polo que son eucariotas.
      Outra das súas diferencias está na maneira de reproducirse, as bacterias utilizan a división celular, pola contra os fungos reprodúcense mediante esporas.

    • faa-monicagonzalez di:

      As bacterias e os fungos son moi distintos: as bacterias son microorganismos unicelulares é poden ser autótrofas ou heterótrofas, é dicir, poden fabricar o seu propio alimento ou non, tamén teñen vida por si mesma, en cambio, os fungos son microorganismos unicelulares ou pluricelulares, son heterótrofos e necesitan doutro ser vivo para vivir.

    • faa-adrianfeijoo di:

      Na miña opinión creo que non.
      As bacterias son organismos procariotas( non posen un núcleo membranoso ,e falta una envoltura nuclear para aislar e separar o ADN do resto da célula) e os fungos son organismos eucariotas (posen un núcleo membranoso e teñen unha envoltura celular e permite separar o ADN do resto da célula). Os fungos teñen paredes celulares que conteñen quitina,mentres que as paredes celulares das bacterias conteñen peptidoglicano.
      As bacterias son os organismos máis abundantes do planeta,encóntranse en todos os hábitats terrestres e acuáticos.Crecen hasta nos hábitats máis extremos como os mananciais de augas quentes e ácidas e tamén en profundidades tanto do mar como da corteza terrestre.E os fungos solen vivir en solos y xunto a materiais en descomposición.

  3. O criterio que debe prevalecer é o dos técnicos. O Museo Nacional de Ciencias Naturais e o Consello Superior de Investigacións Científicas indican que a única garantía de conservación das pinturas é manténdoas pechadas ao público.
    Porque sexa un gran atractivo turístico non se pode poñer en perigo un vestixio artístico como son as Covas de Altamira.

  4. fab-amadeoabal di:

    A diferecia é que as bacterias son organismos procariotas e os fungos son organismos eucariotas unicelulares ou pluricelulares.

    As bacterias teñen unha estructura citoplasmática moi sinxela con carencia de todos os orgánulos a excepción dos ribosomas e, o que é máis característico, é a ausencia dunha membrana nuclear que envolva o ADN (o material hereditario).

  5. fab-isabelcouceiro di:

    Está ben eso de tratar de conservar os debuxos das covas de Altamira, pero non me parece que teña moito sentido restrinxirlle o paso aos turistas hoxe en día para que os turistas de próximas xeracións poidan aprecialas. Se os visitantes de hoxe non poden ir velos debuxos, que nos fai crer que poderan velos os do futuro?Máis ben creo que deberían buscar unha forma de que os debuxos non se vexan afectados polo paso dos turistas polas covas.

  6. Victor di:

    E as esporas: que son?, para que lle serven?,fungos e bacterias posúen esporas?, nos dous grupos teñen a mesma función?

    • fab-aldaragarcia di:

      As esporas son unha célula reproductora que a producen alguns fungos, plantas e bacterias. Reprodúcense sen fecundacion, por división propia e da pe a novos organismos en vexetais.

      No caso dos fungos, a reproducción por esporas permite a supervivencia a longo gracias á suspensión da actividade física, do desarroio e do crecemento. Esto reduce a actividade metabólica facendo que o organismo aforre enerxía.

      As bacterias que forman esporas atópanse habitualmente no chan. Cando unha célula bacteriana que é capaz de esporular abandona o seu crecemento exponencial debe tomar a decisión de esporular ou seguer crecendo. Se esporula, quedará nunha forma de vida inactiva e quedará como tal ata que as condicións do medio sexan óptimas, as cales permetiranlle xerminar e volver a medrar.

    • faa-iriagondar di:

      Unha espora é unha célula reprodutora producida por certos fungos, plantas e algunhas bacterias. Certas bacterias producen esporas como mecanismos de defensa. As esporas bacterianas teñen paredes grosas e son moi resistentes as altas temperaturas, a humidade e a outras condicións desfavorables.
      As esporas dos fungos son tremendamente variadas poden ser móbiles ou inmóbiles, sexuais ou asexuais. Moitos fungos producen esporas microscópicas mentres que outros forman corpos frutíferos (estrutura multicelular sobre a que se forman outras estruturas produtoras de esporas) para liberalos.

  7. fab-amadeoabal di:

    En bioloxía designa unha célula reproductora que transporta Materiales as setas, xeneralmente haploide e unicelular. A reproducción por esporas permite ó mesmo tempo a dispersión e a supervivencia por largo tempo en condiciones adversas. A espora produce un novo organismo ó dividirse por mitosis sin fusión con outra célula, producindo un gametofito pluricelular. A espora é un elemento importante nos ciclos vitais biolóxicos de plantas, hongos e algas.
    A maioría de fungos posúen esporas e as bacterias tamén posúen esporas.

    Os fungos orixínanse a partir de esporas, que son células especializadas que teñen a misma función que as semillas nas plantas. Cando as esporas encontran as condicións adecuadas de humidade, temperatura, luz e nutrentes, entre outras, xerminan e producen hifas, que son unhas estructuras filamentosas que constitúen a unidade estructural fundamental da maioría dos fungos.

    En condicións desfavorables, moitas bacterias concentran o citoplasma envólvense nunha cápsula; esta fase de reposo soe recibir tamén o nome de espora, pero non se trata dunha célula reproductora e, polo tanto, non é comparable coas esporas verdadeiras que forman outros organismos.

  8. fab-antiachantada di:

    As esporas son células reprodutoras que lle transporta materiais tanto aos fungos como ás bacterias, e a reprodución por estas permítelles unha mellor supervivencia en condicións adversas

  9. fab-mariaarojo di:

    Unha espora é unha célula reproductiva producida polas plantas (fungos, musgos) e por algunhas bacterias. A espora a miudo desenvolvese completamente despois dun estado de latencia ou hibernación.

    Certas bacterias producen esporas como mecanismo de defensa. Ditas esporas bacterianas posúen paredes grosas e son moi resistentes as altas temperaturas, á humedade e outras condicións.

  10. Victor di:

    Cando un fungo crece sobre unha pintura e a destrúe, enténdese que se está a alimentar desa pintura?

    • faa-mariacgarcia di:

      Eu creo que os fungos non comen a pintura dado que son vexetais saprófitos(que viven a costa de materias orgánicas mortas), ou parasitos(que viven a costa doutros organismos vivos).

      • faa-luciasantos di:

        Como di Amadeo, os fungos non son autótrofos, é dicir, non poden producir o seu propio alimento. Deste xeito, buscan o seu alimento nutritivo en outras plantas ou seres vivos, mortos ou vivos. Neste caso, dentro da cova, os fungos non se alimentarían da pintura das paredes.

  11. fab-amadeoabal di:

    Eu creo que non porque os fungos teñen alimentación heterótrofa, posto que non poden realizar a fotosíntesis porque non teñen clorofila. Teñen dixestión externa, pois veten ao exterior enzimas dixestivas, substancias proteicas que actúan sobre os alimentos dividíndoos en moléculas sinxelas, que atacan aos alimentos.Os fungos absorben os alimentos despóis de dirixilos.Polo tanto eu creo que os fungos aliménmtanse da humidade desa pintura,non da pintura en concreto

  12. faa-luciasantos di:

    Na miña opinión, creo que é bastante egoísta pola nosa parte esta situación. A cova de Altamira é sen dúbida unha das conservacións de ciclos pictóricos e artísticos máis importantes da Prehistoria. É lóxico que queiramos mantela aberta e poder ensinar ao mundo a información que nos aportan as súas evicencias arqueolóxicas, pero se deste xeito a mantemos en perigo, gústenos ou non, deberíase cerrar, sobre todo, para mantela polo menos, en bo estado. Non seberían deixarse levar, os responsables desta decisión, polos intereses económicos que sacarían co turismo.

  13. Victor di:

    De que se alimentan os fungos que crecen nos teitos do baños e que rematan formando manchas negras?

    • faa-manuelbusto di:

      Cada vez que se utiliza a ducha, produce vapor, e si o baño non ten unha boa ventana ese vapor vai parar ás paredes e ó teito, neses lugares aparecerán fungos que se alimentarán da humidade depositada nas paredes.

      • Victor di:

        Non, da humidade nos se alimentan. A humidade so é auga. Alímentanse dalgunha cousa que queda na humidade; de que se trata?

        • faa-breixoalonso di:

          Os fungos non teñen estomago co cal absorben atraves da sua parede celular azucares, sales…, para poder alimentarse, cando estamos na ducha coa auga quente non só se forma vapor de auga se non que no vapor de auga tamen van as substancias que liberamos ao sudar, como as mencionadas anterior mente.

          • Victor di:

            Non.
            Na humidade dos baños quedan atrapadas multitude de esporas e microorganismos que hai no aire e que lle serven aos fungos para alimentarse

    • fab-paulaalba di:

      Os fungos son incapaces de producir o seu propio alimento, por iso absorben materia orgánica que poden tomar doutras plantas ou animais vivos ou mortos.
      Necesitan da humidade para o seu desarrollo, causa de que se orixinen nos teitos dos baños, xa que dispoñen de materia orgánica para alimentarse.

  14. fab-noeliafernandez di:

    Os fungos teñen a necesidade de atopar as sustancias nutritivas xa elaboradas, neste caso absorven sales e outras susbstancias que se atopan no vapor.
    OS fungos poden ser de tres tipos sengundo a súa alimentación, saprofítos (alimentanse de sustancias en descomposición) parásitos ou simbióticos (en combinación con outras plantas)

  15. faa-juancsineiro di:

    eu creo que deberia prevalecer o que crean os técnicos porque son os que realizan os que estan capacitados para realizar as provas para saver se se deve permitir a entrada ou non, e aparte diso estan as bacterias e fungos que poden facellerlle dano a xente, e ademais poderia supoñer perder todo o ontido da coba debido a erosion das paredes. asi que eu creo que se deveria manter pechada se é o que os tenicos consideran.

  16. fab-carmenrodriguez di:

    Como ben dixo Paula, os fungos non teñen a capacidade de producir o seu propio alimento, polo que se alimentan da materia orgánica en descoposición. Aliméntanse mediante a absorción da materia orgánica, xa elaborada que poden tomar de otros organismos vivos e dos seus restos en descomposición. No primeiro caso chámanse “parásitos” o Consumidores e no segundo caso chámanse “saprófitos” ou Descompoñedores. Os fungos viven en lugares húmidos, con abundante materia en doscomposición e ocutlos da luz do sol, da ahí que aparezan nos teitos dos baños.

  17. Victor di:

    E todos os fungos producen cogomelos?

    • faa-luciasantos di:

      Como xa se dixo anteriormente, os fungos son organismos unicelulares ou pluricelulares, que carecen de clorofila e son heterótrofos. Dentro dos fungos distínguense cinco grupos: mixomicetos, ficomicetos, ascomicetos, basidiomicetos e deuteromicetos. Cada un destes grupos ten unha función dentro da natureza ou como beneficio para o home. Polo tanto non todos os fungos producen cogomelos. Por exemplo, utilizamos determinados hongos para a procución de levadura ou para medicamentos como a penicilina. Os hongos procutores de cogomelos atópanse principalmente no grupo dos ascomicetos e dos basidiomicetos.