A gran extinción

A moitos de nós cantas veces nos teñen explicado que os dinosaurios desapareceran por mor do asteroide da familia baptistina?Moitas,pois ahora mesmo, as sondas Wise poñen en duda que os dinosaurios desapareceran por ese motivo fai 65 millóns de anos.

Os científicos están seguros de que un gran asteroide impactou na  Terra e causou a extinción dos dinosaurios e algunhas outras formas de vida no noso planeta.

En 2007 un estudo realizado por científicos do Instituto de Investigación Southwest, en Colorado, con telescopios terrestres apuntou por primera vez como sospeitoso a un asteroide da familia Baptistina, situado no cinturón do asteroides entre Marte e Xúpiter.

Segundo esta teoría, o asteroide Baptistina impactou contra outro asteroide do cinturón fai aproximadamente cento sesenta millóns de anos,que despedazouó primero en fragmentos tan grandes como montañas, un deles creíase que había chegado a  Terra causando a extinción. En cambio, coas observación dos instrumentos infrarroxos da sonda WISE, deixaron libre a este asteroide.

Os resultados  analizados polos investigadores mostran que si fora o asteroide da famila do Baptistina tendría que haber impactado coa terra en menos tempo para causar a extinción dos dinosaurios.


Autor: Amadeo Abal

Esta entrada foi publicada en Catastrofes naturais e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

20 Responses to A gran extinción

  1. Victor di:

    O meteorito que semlla acabou cos dinosaurios, tamén afectou a outras especies?

    • faa-emilioabal di:

      Pois claro este impacto produciu a maior extinción da Terra e afectou praticamente a maioría dos seres vivos da Terra. Estimase que un 96% das especies mariñas e un 70 % dos vertebrados desapareceron, tras a catástrofe so sobreviviron o 10% das especies que existían a finais do Pérmico. Con tan pouca biodiversiade resultante a vida tardou moito tempo en recuperarse.

    • fab-aldaragarcia di:

      Como ben di Emilio, está claro que o meteorito afectou a outras especies. Xa que cando este impaoctou deixou na atmósfera unha gran nube de sedimentos, o que fixo moi difíciles as condicións de vida na terra, e como consecuencia provocou a extinción da maior parte dos dinosaurios xunto con outras especies. As especies que sobreviviron foi por que se viron beneficiadas, foron capaces de adaptarse ao medio ou os seús depredadores desapareceron, xa que os organismos non reaccionaron da mesma forma ante esta catástrofe.

    • faa-iriagondar di:

      Hai moitas teorías que explican a extinción dos dinosauros, unha delas é a explicada por Amadeo neste artigo. Non todo o mundo pensa que os dinosauros foron extinguidos polo famoso meteorito xa que nesa época produciuse na Terra a baixada do nivel do mar e aumentaron as emisións volcánicas e sobreviviron as especies que mellor se adaptaron ao medio. Estas causas tamén explican a desaparición dalgúns organismos.
      No mar desapareceron especies como as ammonites e belemnites (cefalópodos) e conseguiron sobrevivir grupos como os de corais. Nos ecosistemas terrestres extinguíronse os dinosauros pero as aves e os mamíferos lograron sobrevivir. As plantas terrestres con flores tamén lograron sobrevivir esta crise.

    • fab-antiachantada di:

      Co impacto de meteorito desapareceron a maioría das especies, tanto terrestres, coma marítimas e vexetais, pero non foi esa a única razón da desaparición dos dinosauros, xa que anteriormente xa había outras causas que pouco a pouco foron acabando con eles, o meteorito só foi unha máis.
      Un recente estudo fixou con maior exactitude o momento do impacto e según a comunidade científica da Universidade de Priceton o meteorito precipitouse sobre a Terra 300.000 anos antes da desaparición dos dinosauros o que confirma as suposicións de que a desaparición foi dada pola influencia de varios factores; algúns deles foron a redistribución dos continentes a finais do cretáceo, que puxo en contacto floras e faunas diferentes facendo que novas especies e depredadores de encontraran, ademais da aparición de plantas con flores que ao non estar acostumados a alimentarse de estas novas plantas lles causara a morte a algún herbívoros.

  2. Victor di:

    Que efectos ten que producir un impacto de meteorito na Terra para causar tantos danos coma o que extingüíu aos dinosaurios?

    • faa-borjavarela di:

      Pois creo que o impacto dun meteorito tubo que causar a morte de algúns dos dinosaurios pero algúns sobreviviron pero co impacto do meteorito destruíronse varios bosques e o os dinosaurios quedaron sen alimentos e tamén fixo elevar muchas partículas de pó o que ocasionou que os rallos do solo non chegaran, tamén por culpa da destrucción dos bosques e os poucos rallos de luz que chegaron as plantas non podían converter o dióxido de carbono en osíxeno así que aumentou o nivel de dióxido de carbono na atmósfera e diminueu o de osíxeno que fixo que os dinosaurios non puderan ter osíxeno para respirar e morreran.

    • fab-rosammillan di:

      Por exemlo o impacto dun meteorito de 10 km produciría 100.000 megatones de enerxía (equivalente a cinco millóns de bombas atómicas) , un terremoto de magnitude 12,ventos de 500 Km/h e un quentamento no punto de impacto duns 100.000°C.

    • faa-breixoalonso di:

      Aparte do po o meteorito elevou a temperatura provocando a evaporación de moitos materiais os cales acabaron deron lugar a chuvias ácidas. Coas chuvias ácidas extinguiuse o 95% do plantón o que provocou a extinción de moitas especies mariñas.Despois da subida das temperaturas debido ao meteorito veu unha baixada por a escaseza da radiación do sol ocasionado por o po dando lugar a extinción do 75% das especies. Sen embargo os mamíferos non nos extinguimos gracias a que soportamos mellor a calor e a gran variedade alimenticia que posuían aqueles mamíferos, tamén foron beneficiados gracias os refuxios subterráneas construídas en entornos acuáticos.

  3. fab-cristinaporto di:

    Os dinosaurios dominaron a Terra por 150 millóns de anos. Fai 65 millóns de anos morreron todos. Sin embargo, eles non foron os únicos animais que se extinguiron en ese momento. Moitos animais que vivían no mar tamén desapareceron xunto con moitas variedades de pequenas algas mariñas. Os restos destas plantas e animales depositáronse nos leitos de mares e ríos. Por millóns de anos éstos formaron capas de roca sedimentaria. É esta roca a que nos axuda a entender por qué os dinosaurios desapareceron.
    Nadie sabe con exactitude que provocou a extinción en masa que destruíu a moitos dos animais da Terra, incluíndo aos dinosaurios. Algunos científicos pensan que os dinosaurios poderían comenzar a desaparecer uns pocos millóns de anos antes da súa extinción. Dita reducción podería ser causada polo clima más frío que, contradictoriamente, segui moitas erupcións volcánicas que tuveron lugar nesa época. Outros expertos indican que a principal causa podería ser o impacto dun asteroide que chocou contra a terra, causando un enorme dano.

  4. faa-nereapaz di:

    Cando o meteorito impactou contra a Terra, a onda espansiva deste causou a morte inmediata de todo ser vivo nunha franxa cercana a costa de México, onde se pensa que caeu o meteorito. Ó caer no mar, tamén provocou unha serie de tsunamis xigates con olas de ata 100m que asolaron as costas de Ámérica do leste e as zonas de Europa e África máis occidentais. Posteriormente, os fragmentos que polo impulso foran expulsados ó espacio, pola forza gravitatoria terrestre, víronse atraídos de novo cara a Terra, como unha chuvia de fuego que provocou incendios en toda a Terra, o que acabou con todos os bosques. Por mor deses incendios, a temperatura da Terra aumentou e a vida na supreficie dos continentes era practicamente imposible. O atmosfera estaba cargada de gases de efecto invernadoiro, nunha cantidade que se correspondería con 30 anos de emisións de dióxido de carbono. Co paso dos días, a situación cambiou, o po levantado pola onda expansiva provocou unha nube que impediu o paso da radiación e a calor á Terra, o que propiciou unha baixada da temperatura.
    Todos os animais de maior tamaño que vivían na superficie desapareceros. A vida limitouse ó medio marítimo e a aqueles seres vivos que se encontraban no momento do impacto escondicos en buracos e túneles subterráneos.

  5. Victor di:

    Cal é a razón de que certos meteoritos impacten coa Terra e outros sexan meras estrelas fugaces?

  6. fab-amadeoabal di:

    A causa é que as estrelas fugaces(máis ben chamados meteoros) son fenómenos luminosos que se producen cando un meteoroide atravesa a nosa atmósfera.(Pero este ao impactar contra a átmosfera desintégranse.

    Mentres que un meteorito é un meteoroide que alcanza a superficie dun planeta debido a que non se desintegra por completo na atmósfera.(Este non se desintegra ao chocar coa atmosfera e choca polo tanto coa Terra)

  7. faa-nereapaz di:

    As estrelas fugaces son en realidade meteoros, partículas de po e xeo ou rochas que son os restos do paso dun cometa.
    Cando impactan coa nosa atmosfera, desintégranse provocando fenómenos luminosos.
    En cambio, os meteoritos cando impactan coa atmosfera terrestre poden non sofrer unha desintegración completa, o que provoca que algúns anacos cheguen a impactar na superficie terrestre provocando danos ou non dependendo do seu tamaño e no lugar onde caigan, xa que moitos deles caen ó mar como é o caso do meteorito que provocou a desaparición dos dinosaurios.

  8. Victor di:

    Tense coñecemento de outros meteoritos que no pasado houbesen impactado co noso planeta?

  9. fab-amadeoabal di:

    Algúns meteoritos entre outros son:
    1-Willamette,foi descuberto no estado de Oregon en 1902. Os Clackamas, pueblo indíxena de Norteamérica chamábano “Visitante del cielo”. Está formado de níquele ferroe ten un peso de 15.5 toneladas.
    2-Outro é Mbosi,encóntrase en Tanzania e foi descuberto en 1930.Pesa 16 toneladas.
    3-Outro máis o é Agpalilik. É un dos trozos máis grandes do meteorito Cape York. Pesa 20 toneladas.
    4-Chaco é outro e foi descuberto en Argentina e pesa 37 toneladas.
    5-Noba é tamén outro e está en Namibia,foi descuberto en 1920 e pesa 66 toneladas.
    6-Tamén é outro o Bacubirito,foi encontrado en Sinalo e pesa 20 toneladas.
    7-Un último é,aínda que hai máis o Ahnighito,e outro dos cachos do cape york e pesa 34 toneladas.

  10. Victor di:

    Pero como sabemos se no pasado impactou un meteorito contra a terra?

    • fab-sandraromero di:

      Os cráteres de impacto fórmanse cando os meteoritos son demasiado grandes para ser freados pola atmosfera e golpean a Terra a gran velocidade.

      Estes impactos tenden a facer cráteres dun considerable tamaño: os cráteres simples con forma de cunca son os máis pequenos. Os cráteres complexos teñen forma de cunca ademais de teren unha cresta no seu interior. Son moito máis grandes que os simples e se o vísemos dende arriba decatariámonos de que ten forma de anel.

    • fab-aldaragarcia di:

      Pódense atopar cráteres de dúas formas, como ben di Sandra. Os máis simples son uns cráteres redondos onde atopamon unha zona máis fonda e outra máis elevada, resultado do impacto do meteorito e na zona máis fonda, atopámonos con minerais e substancias das que puido estar composto o meteorito.
      No caso desde meteorito, o que causou a extinción dos dinosauros non foi así. Cando dous xeofísicos estaban a buscar petróleo na península do Yucatán, en México. Cando o estaban a buscar atopáronse cun arco subterraneo moi simétrico. Anos despois, atopouse outro arco, tamén subterráneo que coincidia con este. Unha vez que se descubriu que fora o impacto dun meteorito, comezaron a estudiar a súa composición. Este Cráter coñécese co nome de Chiczulub.
      Pero hai outros tamén importantes coma o Cráter da terra de Wilkes ou o Cráter de Vredefort.

    • faa-antoniomrodino di:

      Ademais do cráteres comúns, outros efectos que provocan a longo prazo os impactos de corpos asteroidais é que sumen a Terra en periodos de oscuridade e provocan importantes crises biolóxicas, afectando moi drásticamente en varias ocasións a evolución da vida no noso planeta.
      Ademais, son unha das causas do aumento do efecto invernadoiro, entre outras, e do quentamento do aire polo movemento dos materiais.