Recordar o irrecordable

A memoria é unha capacidade do cerebro que permite: codificar, almacenar e recuperar información. Xurde como resultado das conexións sinápticas repetitivas entre as neuronas. Permite almacenar experiencias pasadas e divídese en: memoria a curto prazo (mantén unha pequena cantidade de información activa) e memoria a longo prazo (almacena información durante nun prazo de tempo,desde uns días ata incluso décadas).

Os investigadores da Universidade de California-Irvine, coa axuda da experta Elisabeth Loftus , estudiaron os mecanismos da memoria para desvelar a fraxilidade das testemuñas nos procesos xudiciais. Descubriron que se poden implantar falsos recordos dando detalles relativos aos 5 sentidos, así que reuniron a un grupo de persoas para experimentar, dando como resultado que máis dunha terceira parte do grupo recordaron ese momento ficticio como se fose seu. Isto explícase porque forma parte dos mecanismos naturais da memoria humana, que fabrican recordos a partir da experiencia e  a partir de sensacións vividas como reais. Os detalles sensoriais son a esencia dos recordos , por iso ao incluilos nunha historia ficticia, o proceso da memoria perturbase e convértese nun recordo real. Demostran que a xente ao ser manipulada pode recordar o pasado de formas diferentes a como ocurríu e, incluso,  poden lembrar eventos que nunca sucederon. A mente confunde escenas imaxinadas coa realidade do recordo orixinal, polo tanto máis dun 25% das persoas son susceptibles a recrear estas situacións por mor de suxestións externas.

Outra clase de experiencia semellante é o Déjà vu (en francés “xa visto”) tamén denominado paramnesia; quén non tivo algunha vez esta experiencia?,esa extraña sensación de que xa vivistes esa situación con anterioridade. Este fenómeno foi nomeado por primeira vez polo psíquico francés Émile Boirac. Os estudios afirman que o 60% da poboación sufre o déjà vu polo menos unha vez na sua vida. Foi sometido a diversas investigacións psicolóxicas e neurofisiolóxicas que explican que a súa causa é unha anomalía da memoria: a impresión de que unha experiencia esta sendo recordada.


Autora: Rosa Millán

 

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

17 Responses to Recordar o irrecordable

  1. faa-nereapaz di:

    O cerebro humano é algo moi complexo, e aínda non se sabe con certeza como se producen moitas das sensacións que temos, como por exemplo os soños. No caso da memoria, esta leva estudiándose dende fai anos no campo da filosofía aínda que a partir do século XX comezou a estudarse na rama da psicoloxía cognitiva. Esta rama consiste no estudo dos procesos da mente encargados do coñecemento, é dicir, tanto da memoria como do aprendizaxe.

  2. Victor di:

    Pero o que si se coñece é a forma de funcionar o cerebro por medio de mensaxes químicas chamadas impulsos nerviosos. En que consisten os impulsos nerviosos? É o mesmo un impulso nervioso e unha sinapse?

    • faa-luciasantos di:

      O cerebro é o encargado de procesar a información sensorial, e de controlar os movementos e o comportamento, entre moitas das súas funcións. Este actúa mediante impulsos nerviosos, que son mensaxes electroquímicos que transmiten os nervios. Orixínanse no sistema nervioso central e os receptores sensitivos, tranforman os estímulos en impulsos nerviosos, que a través das fibras sensoriales chegan ao cerebro. Por outra banda, a sinapse tamén é a transmisión de impulsos nerviosos, pero neste caso, dáse a relación entre as neuronas. A descarga química iníciase na membrana da célula, e unha vez se alcance o axón (unión entre dúas neuronas)a segunda neurona segrega unhas proteínas que se depositan no espacio sináptico (espacio intermermedio entre as dúas neuronas)e que que se encargan de levar a cabo a acción da outra neurona.

    • faa-mariamartinez di:

      Ao estimular o *axón prodúcese un cambio na polaridade da membrana ó que chamamos potencial de acción, e cando este viaxa pola membrana plasmática da neurona, denomínase impulso nervioso.
      O impulso nervioso vai dunha neurona a outra por medio da sinapse, que pode ser eléctrica ou química.

      *Axón: prolongación da neurona especializada en transmitir o impulso nervioso.

  3. faa-mariamartinez di:

    O que máis me chama a atención deste artigo é o <> , xa que eu experimento esta sensación moitas veces, e estou segura de que vós tamén. É moi desconcertante, raro,confuso cando sentes que algo xa ocorreu, sobre todo cando, por exemplo dis en voz alta “ Isto xa pasou” e alguén responde “Xa, eu tamén o creo”. Hai diferentes tipos:
    <> (xa vivido ou experimentado) : é unha sensación moi detallada, é dicir, como se todo fose exactamente igual que antes.
    <> (xa sentido) : é un suceso mental que case nunca permanece na memoria da persoa que o experimenta.
    <> (xa visitado): esta sensación refírese ao coñecemento dun lugar novo, como por exemplo, atopar o camiño por unha cidade descoñecida ata o memento para nós, sabendo ao mesmo tempo que iso é imposible. Hai diferentes explicacións para este feito, pero a máis “normal” é a descrición, é dicir, cando alguén nos describe un sitio con moito detalle ou ao lela nun libro.

  4. faa-mariamartinez di:

    O que máis me chama a atención deste artigo é o <> , xa que eu experimento esta sensación moitas veces, e estou segura de que vós tamén. É moi desconcertante, raro,confuso cando sentes que algo xa ocorreu, sobre todo cando, por exemplo dis en voz alta “ Isto xa pasou” e alguén responde “Xa, eu tamén o creo”. Hai diferentes tipos:
    Déjà vécu (xa vivido ou experimentado) : é unha sensación moi detallada, é dicir, como se todo fose exactamente igual que antes.
    Déjà senti (xa sentido) : é un suceso mental que case nunca permanece na memoria da persoa que o experimenta.
    Déjà visité (xa visitado): esta sensación refírese ao coñecemento dun lugar novo, como por exemplo, atopar o camiño por unha cidade descoñecida ata o memento para nós, sabendo ao mesmo tempo que iso é imposible. Hai diferentes explicacións para este feito, pero a máis “normal” é a descrición, é dicir, cando alguén nos describe un sitio con moito detalle ou ao lela nun libro.

  5. faa-paulagondar di:

    Practicamente todo o que vivimos esta asociado co cerebro. As nosas sensacións, os recordos, a intelixencia… todas as nosas capacidades parten dun mesmo punto. É algo indispensable para nós.
    Hai xente que ten máis memoria que outra. Isto pode deberse a que algúns teñen unha maior capacidade natural, é dicir, teñen uns niveis óptimos das moléculas que se usan para crear sinapses (unións entre neuronas) e á vez unha boa estratexia de codificación dos recordos, é dicir, atender, codificar e integrar ben o recordo para logo non olvidar con tanta facilidade as cousas.
    O funcionamento do cerebro é algo que nunca deixará de sorprender, e aínda queda un longo tempo de investigación.

  6. Victor di:

    E en que parte do cerebro está a memoria?, e a intelixencia?

    • fab-amadeoabal di:

      A memoria está no sistema nervioso central( cerebro) gracias a rede neuronal que levan estímulos e respostas específicas a este órgano, específicamente a memoria radica na sustancia GRIS do cerebro e certas células que acompañan as neuronas, os ASTROCITOS son responsables de dar ao cerebro maior capacidade memorística, xa que ao analizar o cerebro de moitos xenios encontaron una gran proporción de astrocitos na súa masa encefálica.

    • faa-luismdoval di:

      A memoria encóntrse no hipocampo,que forma parte da corteza cerebral e encárgase de transferir a información entre as memorias a curto e longo prazo,acontecementos que che acaban de pasar e acontecementos que che pasaron fai un tempo.

      A intelixencia non ocupa un lugar exacto no noso cerebro,encóntrase nas infinitas posibilidades de conexión que teñen as nosas células nerviosas,en resumo,que a nosa intelixencia depende da capacidade das nosas neuronas para relacionarse mediante impulsos eléctricos.

    • fab-rosammillan di:

      Os psicólogos y neurocientíficos están de acordo en que o hipocampo ten un papel importante na memoria.Por iso cando o hipocampo recibe unha lesión severa,prodúcense profundas difultades a hora de recordar(amnesia).

    • faa-mariacmaquieira di:

      O hipocampo forma parte da corteza cerebral esta é a zona que se ocupa da memoria. Hai dous tipos de memoria como son:
      -Memoria a corto plazo: que garda a información que acaba de recibir.
      -Memoria a largo plazo: capacidade de almacenar varios tipos de información durante horas o ata anos.
      A intelixencia non se atopa nun sitio concreto do cerebro debido a que esta formase de acordo á capacidade das neuronas de relacionarse con outras para facerlles chegar un impulso eléctrico ás demáis.

  7. fab-amadeoabal di:

    O impulso nervioso é o fenómeno de polarización ou de despolarizacion polo cal a actividad anormal dunha fibra propágase en dirección do nervio.Ademáis o impulso nervioso é unha mensaxe electroquímica que transmiten os nervios. Orixinanse no sistema nervioso central o en los órganos de los sentidos.ou nos órganos dos sentidos. Os receptores sensitivos transforman os estímulos en impulsos nerviosos, que a través das fibras sensoriales chegan ao cerebro. Mentres que a sinapse é unha estructura que permite pasar a unha neuronaunha señal eléctrica ou química a outra célula.Por eso non son o mismo un impulso nervioso que unha sinapse.

  8. Victor di:

    Que tecnoloxías existen actualmente para estudiar o funcionamento do cerebro?

    • A neurotecnología posúe ferramentas para analizar e influir sobre o cerebro. Estas tecnoloxías inclúen simulacións de modelos neurais, computadores biolóxicos, aparatos para interconectar o cerebro con sistemas electrónicos e aparatos para medir e analizar a actividade cerebral.

    • faa-adrianfeijoo di:

      A neurotecnoloxía é a rama da enxeñería que se encarga do desenvolvemento e aplicación de tecnoloxías avanzadas que faciliten o estudio do sistema nervioso central,en especial do cerebro.
      Estas tecnoloxías tamén inclúen computadores biolóxicos ,aparatos para interconectar o cerebro cos sistemas electrónicos ,aparatos para medir e analizar a actividade cerebral e simulacións de modelos neurais.

  9. faa-iagopaz di:

    Dentro da neurotecnoloxía empreganse estos procedementos entre outros:

    -Electroencefalograma, no que se mide a actividade eléctrica do cerebro através de electrodos.
    -MRI. Mide a resposta dos fluxos sanguineos a unha imaxe xenerada por resonancia magnética.
    -Magnetoencefalogrfía, durante a que se mide a xeneración de campos magnéticos debido á actividade eléctrica do cerebro.
    -Tomografía de emisión de positrións. Localízanse as areas de maior actividade cerebral grazas á inxeccción de glicosa radiactiva.