Felinos invasores

“Os gatos asilvestrados son unha das especies invasoras más dañinas para as comunidades de vertebrados nas illas” afirma o investigador do (CSIC), Manuel Nogales. Estes son responsables do 8% das extincións de aves, mamíferos e réptiles, os cales están considerados en “peligro crítico” pola UICN. Ó longo do tempo, a súa presenza naqueles entornos contribuíu á extinción dun mínimo do 14% de vertebrados. A nivel global, as illas máis afectadas  son as Galápagos (Ecuador), Hawái (EE.UU.), varias illas caribeñas e o arquipélago canario.

Hai casos onde o felino foi fundamental para a extinción dalgúns vertebrados, como o do “carrizo de Stephens” (Travesía lyalli), no estreito de Cook (Nova Zelanda) e a “rula de Socorro” (Zenayda graisoni) en México, onde dita especie está eliminada da natureza e tan só encóntranse exemplares en cautividade.

Os gatos asilvestrados ecóntranse na mayoría das apróximadamente 179.000 illas do mundo. Polo contrario, no terreo continental, as especies ameazadas teñen a posibilidade de desprazarse a outras zonas dispoñendo de varias poboacións. Todo isto deu a que algúns expertos repararan na alternativa da erradicación destes gatos,  sendo considerada como calquera outra especie invasora, xa que a súa presenza pode supoñer a extinción de multitude de especies  no futuro. Frecuentemente dase o caso nas illas onde trátase de supervivencia, a especie nativa ante a especie invasora.

Autora: Carmen Rodríguez

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, selección natural e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.