40 anos despois…

 

Estes días a noticia que máis se repite nos medios de comunicación é o que está acontecendo en El Hierro. Todo empezou o 17 de xullo, data dende a cal o IGN rexistrou e localizou case 10.000 movementos sísmicos producidos polo magma do subsolo.

A semana pasada tivo lugar unha erupción submarina a 1.000 metros de profundidade e 5 kilómetros da costa que, tal e como indican os expertos, foi consecuencia dunha fisura provocada polo  sismo rexistrado dous días antes, de 4,3 graos na escala Richter.

A última hora infórmanos de que a erupción volcánica submarina localizada a 2,4 km da costa e 150 metros de profundidade mantense na primeira fase de expulsión de burbullas de lava á superficie que conteñen gas e unha vez que o perden, descenden. Ademais os científicos non descartan que nas próximas horas poidan saír columnas de vapor sobre a superficie mariña e incluso se cheguen a producir explosións  de cor negra coñecidas como “colas de gallo”.

Algúns expertos dixeron que este acontecemento podería chegar ata a última fase, é dicir, á formación dunha pequena illa da que sairía lava… pero que pensades vós? Non nos estamos anticipando demasiado aos feitos?


Autora : María Martínez

Esta entrada foi publicada en Tectónica de Placas e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

25 Responses to 40 anos despois…

  1. faa-emilioabal di:

    Non creo que as medidas que se tomaron foran demasiado excesivas inda que algúns científicos dixeran que o mellor non se chegaría a rematar as fases e se deteña antes en unha delas. As probas están ai e as evidencias de unha erupción evidente pois pode ser que alerte a poboación por iso tamén seria bo telos informados ben de cada paso do volcán

  2. fab-alekseinogueira di:

    Pois todo é posible; é posible que só se quede no que está agora ou que continúe durante anos ata formar unha nova illa ou unha continuación da actual en todo caso se se formara a illa sería unha oportunidade de negocio moi boa para a localidade para a o desarrollo do seu turismo e a chegada de científicos que estudien a zona que tamén impactaría no economía da illa, pero é unha pena que pola falta dun barco aínda non se poidan grabar imaxes da do que se estea expulsando.

  3. Victor di:

    Cal é a orixe do vulcanismo nas Illas Canarias?

    • faa-iagopaz di:

      O vulcanismo nas illas Canarias débese ao cambio no movemento da placa africana ao impactar coa europea e a presión que xera a expansión do fondo oceánico atlántico sobre esta.
      Durante a xeración das illas pódese observar que estas chegan á superfie de este a oeste, polo que a máis antiga é Lanzarote e a máis nova Hierro

  4. faa-victorinosouto di:

    Nas últimas noticias que escoitei hoxe e que actualmente hai un forte olor a azufre, mesmo ata o punto de que os cidadans de La Restinga non poden regresas as suas casas. Os residentes de este lugar deixaronlle hoxe aceder as suas casas de cinco en cinco e un máximo de 30 minutos para coller algunhas pertenencias. Como ben dixo Emilio eu tampouco creo que as medidas que se levan a cabo por seguridade pois sexan excesibas. Hoxe tamén abriron o túnel de Los Rosquillos, o cal estaba pechado por causa dos seismos, pero solo poden pasar certos vehículos como camións, vehiculos pesados…

  5. fab-rosammillan di:

    Hay diversas teorías do orixe do vulcanismo nas Canarias:un punto quente no manto( área de actividad volcánica alta en relación os seus entornos na capa sólida da Terra situada entre o núcleo e a corteza),unha zona de demormación litosférica(os materiais da corteza poden deformarse pero hata certo límite) ou unha fractura que se propaga hacia o oeste dende o Atlas.

  6. fab-carmenrodriguez di:

    Como ven dixo Rosa, o vulcanismo das Illas Canarias é calificado por algúns como “punto quente” (columnas de magma que ascenden, orixinando estes volcáns)aínda que outras persoas discuten esta adscripción.
    É probable que teña relación estreita ca zona de transición entre o continente Africano e a litosfera oceánica do Atlántico e que se encontre tamén afectada polos movementos tectónicos que levantaron á cordillera do Atlas no Norte de Africa e, por supuesto, polo lento movemiento(ó redor de 1 cm por ano) da placa Africana. Ó resultado de todos estos fenómenos sería a aparición do conxunto volcánico das Canarias.

  7. faa-breixoalonso di:

    A formación dunha nova illa nestes momentos é moi complicado xa que tendría que ocorer unha forte explosión volcanica e asta agora non esta ocorrendo. Nestes momentos o magma esta situdo a 150 metros de profundidade pero en caso de que logre alcanzar entre 50 e 20 metros de profundidade aumentara a súa explosividade co cal aínda pode haber unha última esperanza.

    • Victor di:

      Breixo, non é correto o que dis con respecto ao que afirmas sobre unha gran EXPLOSIÓN

    • faa-iagogonzalez di:

      O nacemento dunha nova illa no arquipélago canario é completamente certo xa que esta surxindo nestes momentos unha pequena ínsula a uns setenta kilómetros ao suroeste de El Hierro, a máis meridional e xoven de todas as canarias. Esta afirmación hai que entendela en tempo xeolóxico, posto que se calcula que aínda tardará miles de anos en emerxer das augas do Atlántico.
      Estamos falando do bautizado como “volcán de Las Hijas”, un cráter submarino de uns 500 metros de altura que se atopa en activo e en constante e lento crecemento nas profundidades do océano, a 3.500 metros da superficie.

  8. faa-angelfigueiras di:

    Estou totalmente de acordo con Emilio, nada está de sobra cando pode estar en perigo a vida das persoas. Polo que observei na paxina web de AVCAN (actualidade volcánica de canarias), o director de seguridade e emerxencias das Illas Canarias, Juan Manuel Santana, afirmou da existencia de dous punto de emisión volcánica. Un situado a 2 millas e 750m de profundidade e o outro a 1.5 millas e a 200 m de profundidade. Vin agora mesmo no telexornal que a mancha negra xa tocou terra, pola costa de La Restinga. E está deixando un forte cheiro a xofre, pero sen problemas tóxicos para a poboación.

  9. faa-luciasantos di:

    Pode ser que nos estemos anticipando demasiado, é certo, pero máis vale previr que curar, non? Supoño que a poboación próxima á erupción estará máis informada que nós ou os medios de comunicación, pero aínda así, non debemos olvidar que o volcán está activo, e que está nunha das primeiras fases, por que non poderían sucederse máis erupcións? Penso que a xente non debería regresar ao pobo, dende o meu punto de vista todavía non é seguro. Ninguén nos informa do que pode suceder nas próximas semanas e tampouco temos a certeza de que esto remate aquí.
    Por outra banda, como din os meus compañeiros, as illas Canarias son de procedencia volcánica. Formadas por un punto quente, producido polas correntes de convección do manto da Terra. Esto provoca que algúns materiais fundidos procedentes do núcleo externo, formen plumas mantélicas a todo o longo da mesosfera (gran parte do manto, excepto a superficie), ata chegar á superficie terrestre, formando illas volcánicas. O posterior desprazamento das placas litosféricas produciría a formación de novas illas, que como di Iago é o que explica que Lanzarote sexa a illa máis antiga e El Hierro a máis nova, a última en formación.

  10. Victor di:

    De que factores depende o grao de explosividade dun volcan?

    • fab-aldaragarcia di:

      Depende do volume total do material que expulsou o volcán (lava, cinzas), a altura que alcanza a nube eruptiva, canto tempo dura a erupción.
      Dependendo destes factores o nivel do volcan ordease nunha escala de 8 grados coa que medimos a magnitude da erupción volcánica. Nesta escala, cando o valor aumenta 1 grado significa que a erupción é 10 veces máis potente.

    • faa-manuelbusto di:

      O factor máis importante, e o que fai que un volcán sexa explosivo ou non é o estado da lava, si a lava ascendente é viscosa vaise solidificando a medida que a abertura do cráter se arrefría, polo que irá acumulando gases, e chegado a un punto ocasionarán unha gran explosión. Un exemplo deste tipo de volcáns é o krakatoa.
      Pola contra os volcáns hawaianos, por exemplo, presentan unha lava moi fluída sen que teñan lugar desprendementos gasosos explosivos, estas lavas só desbordan cando rebasan o cráter e deslízanse facilmente polas ladeiras.

  11. faa-paulagondar di:

    Eu non creo que nos estemos precipitando, vexo moi razonables as medidas de seguridade establecidas. Aínda que agora mesmo a erupción volcánica estase mantendo estable, non vexo normal que lle dean permiso á xente a regresar ás súas casas, sobretodo ó pobo de “La Restinga”, que é o que se atopa máis cerca do fenómeno submarino. Segue habendo burbuxeos e remolinos pola zona do volcán ,polo que en calquera momento podría volver a erupcionar en maior ou menos cantidade.
    Que se chegue a formar ou non unha nova illa non é tan seguro, pero é probable. Polas plumas mantélicas seguirán ascendendo os materiais procedentes do núcleo exterior e irán saíndo ao exterior como erupcións submarinas, pero ao mellor non se producen as suficientes erupcións como para que a lava ascenda á superficie e se forme unha nova illa. Si ben este acontecemento non chega ata a última fase agora, farao dentro de moitos anos, pero non no mesmo lugar, debido ó desprazamento das placas litosféricas.

  12. Victor di:

    Cantas das illas Canarias teñen na actualidade volcáns activos?

    • Outro volcán activo nas Illas Canarias e o Teide, situado na illa de Santa Cruz de Tenerife. Aínda que a súa última erupción foi en 1798.

    • faa-paulagondar di:

      Tenerife, La Palma, Lanzarote e El Hierro son as illas que tiveron erupcións nos últimos séculos e que se consideran que seguen volcanicamente activas.

  13. faa-iagopaz di:

    Actualmente hai volcáns activos na Palma, el Hierro, Tenerife, Lanzarote, Fuerteventura e Gran Canaria. Nas duas últimas o risco de erupción e menor mentres na Gomera a actividade sísmica considerase extinta

  14. Victor di:

    O FORO SEGUIRÁ ABERTO ATA O PRÓXIMO MÉRCORES

  15. faa-nereapaz di:

    Hai volcáns activos praticamente en todas as illas Canarias aínda que os que máis posibilidades teñen de sufrir unha erupción son El Hierro e La Palma.
    Aínda que as demáis illas tamén eñen actividade volcánica.

  16. fab-aldaragarcia di:

    Onte os veciño da isla del Hierro xa podían voltar as súas casas. Pero estes preferiron non ir, tan so a limpar e ordear, xa que o risgo de que o volcán entre en erupción aínda non cesou e eles non queren arrisgarse a volver.

  17. Victor di:

    De que depende que unha erupción volcánica estea acompañada dun terremoto?

    • fab-sandraromero di:

      A explosión dun volcán é máis perigosa canta máis enerxía se libere, xa que unha explosión volcánica de intensidade media ou alta libera unha enerxía similiar á de un terremoto de 6,5 a 8,5 na escala de Richter. Tamén depende a viscosidade do magma e a cantidadde de gases que se liberen.