Un planeta de diamante?

Unha colaboración internacional descubriu un novo sistema binario formado por un púlsar e un planeta, situado a uns 4.000 anos luz de distancia da Terra. Os púlsares son estrelas de neutróns que xiran sobre si mesmas a gran velocidade. Cun radio de apenas 20 km, as súas masas superan con frecuencia a do Sol. Os máis rápidos chegan a completar centos de voltas por segundo.

O  equipo atopou o planeta, situado a uns 600.000 km do púlsar, contaría cun radio cinco veces superior ao da  Terra e unha masa do orden da de Xúpiter. O “planeta”completa unha volta en torno ao púlsar (o equivalente ao seu ano) en tan só  2 horas e 10 minutos. Unha das propiedades máis curiosas do planeta reside na súa composición química. Os expertos cren que se encontraría formado sobre todo por carbono e osíxeno. Dada la elevada densidade do planeta, isto implicaría que o carbono se encontrase en forma cristalina: é dicir, diamante.


Autor: Iago González Abal

Esta entrada foi publicada en Física de partículas, Investigación espacial, Universo e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

14 Responses to Un planeta de diamante?

  1. fab-aldaragarcia di:

    Compre recordar que o carbono en condicións normais e o grafito que empregamos para escribir, pero en altas densidades muta a unha estrutura cristalina que e coñecido coma os diamantes.
    Este planeta que podería haber sido nalgún momento unha estrela masiva pero a sua masa foi absorvida polo pulsar, atópanse máis preto do centro da galaxia ca o noso sistema solar.
    Ainda que o valor monetario deste planeta na terra sexa elevado, para os científicos ten moito máis valor que non é posible expresar de ningunha forma.

  2. Victor di:

    Varias cousas: que é iso dunha estrela masiva á que se refire Aldara?
    Que formas cristalinas pode orixinar o Carbono?

    • fab-aldaragarcia di:

      Pois unha estrela masiva, e aquela que a súa masa e dez meces maior ca do sol.
      Este planeta dise que anteriormente puido ser unha estrela masiva. E, por que xa non o é? pois por que estas estrelas, ao ser tan grandes teñen unha temperatura moito maior, polo cal queiman o hidróxeno que se atopa no núcleo máis pronto, polo cal, desaparecen antes.
      Actualmente coñécense cinco formas de atopar o carbono, estas formas chámanse Alótropos. Os Alótropos do carbono son:
      Grafito, é un bo conductor eléctrico. E a forma máis estable do carbono a condicións normais.
      Diamante, é o material natural máis duro coñecido.
      Fulerenos, son a 3ª forma máis estable do carbono.
      Nanotubos, a súa estrutura e procedente dunha lámina de grafito.
      Carbinos.

  3. fab-amadeoabal di:

    Chámase estrela masiva a aquelas estrelas que ó formarse teñen unha masa maior a unhas 10 masas solares,é dicir, cuia masaé maior a 10 veces a do Sol.
    Estas estrelas,ó ser tan grandes, teñen temperaturas moito máis altas, tanto nas súas superficies como nos seus núcleos, que as que ocorren no Sol,cuia superficie está a 6000 K,mentras que unha estrela de 15 masas solares ten unha temperatura superficial de 28 000 K.É por esto que as estrelas máis masivas queiman o hidróxeno do núcleo máis rápido, facéndoas máis brillantes.
    O carbono pode orixinar formas cristalinas como o grafito e o diamante.

  4. faa-manuelbusto di:

    Considéranse estrelas masivas a aquelas que ó formarse posúen unha masa maior a dez veces a do sol.
    Estas estrelas ó ser tan grandes teñen unha temperatura moito máis alta que o sol, débese a isto que as estrelas masivas queimen o hidróxeno do núcleo máis rápido, o que as fai máis brillantes.

  5. faa-iagogonzalez di:

    As formas cristalinas en que podemos atopar o carbono son:en forma de diamante, en forma de grafito, de grafeno, de carbono amorfo, de fulereno, de carbono vítreo,de nanoespuma de carbono e de Lonsdaleíta.Na miña opinión, creo que ao que quere referirse Aldara coa expresión ” podería haber sido nalgún momento unha estrela masiva, pero a súa masa foi absorbida polo pulsar” é que o planeta podería haber sido unha estrela ao igual que a que se atopa ao seu carón , de non haber sido absorbida parcialmente por este púlsar. Coñécense sistemas coma este nos que se atopan dúas estrelas xirando unha ao redor da outra sen producirse ningunha alteración de este tipo en ningunha delas.

  6. fab-alekseinogueira di:

    Co que di Aldara de que podería ser unha estrela masiva refírese a que a estrela na súa formación tiña unha masa dez veces maior ca a do Sol, polo tanto sería unha estrela moi grande.

  7. Victor di:

    Os púlsares son astros que se detectan con radiotelescopios; en que consiste o seu funcionamento?

    • faa-luciasantos di:

      Cando dicimos que os púlsares se detectan con radiotelescopio, referímonos a que localizan a través do son. Este aparello capta ondas de radio, procedentes de fontes de radio, por medio de unhas antenas parabólicas (platos) moi grandes, normalmente en conxunto.
      Esto non supón ningunha novedade, xa que actualmente, a maioría das investigacións que se están a realizar sobre o universo xa non se realizan mediante a vista, un sentido máis reducido, xa que non podemos ver moito máis alá do que coñecemos, senón mediante o son, que é un proceso máis efectivo.

    • faa-iriagondar di:

      Como ben di Amadeo os púlsares son estrelas de neutróns fortemente magnetizadas, con campos de intensidade que alcanzan os 100 millóns de Tesla (1 millón de millóns de Gauss, comparado con menos de 1 Gauss para o campo magnético Terrestre). Os púlsares son poderosos xeradores eléctricos debido a súa rápida rotación que son capaces de acelerar as partículas cargadas hasta enerxías de mil millóns de millóns de Voltios. A súa enerxía ven dada pola rotación da estrela , ten por tanto que estar a baixar a súa velocidade. A diminución da velocidade provoca un alargamento no período dos pulsos.

    • faa-antoniomrodino di:

      En resumo poderíamos decir q un pulsar é unha estrela que emite radiacións a intervalos breves e regulares, como si se tratara dun radiofaro.

      Este singular comportamento explícase admitindo que os púlsares son estrelas de neutróns, en rápida rotación arredor do seu propio eixo.

  8. fab-amadeoabal di:

    Os púlsares funcionan poseendo un intenso campo magnético que induce a emisión de estos pulsos de radiación electromagnética a intervalos regulares relacionados co periodo de rotación do obxecto.

  9. faa-paulagondar di:

    Os púlsares poden rotar ata centos de veces por segundo emitindo feixes de luz (raios gamma que nos serven de guía para decirnos onde exactamente temos que mirar, ou escoitar, para atopar un púlsar) que iluminan o espazo coma se fosen faros cósmicos. Pero os púlsares non son solamente fontes de ondas gravitacionais segundo a teoría da Relatividade, senón que ademais os seus pulsos poden emplearse para detectar esas ondas no espazo.
    Os investigadores calculan que na Vía Láctea existen aproximadamente unhas decenas de miles de púlsares de rotación ultrarrápida, coñecidos como púlsares milisegundo, pero os radiotelescopios apenas descubriron uns 100.

  10. Victor di:

    O FORO SEGUIRÁ ABERTO ATA O PRÓXIMO MÉRCORES