Un microorganismo mortal

Hai 600 anos Europa veu arrasada máis de 1/3 da súa poboación por unha das peores pandemias que se rexistraron na historia. Esta enfermidade infecciosa era causada pola bacteria Yersinia pestis que se contaxabia polas pulgas que parasitaban ás ratas negras. Pero hoxe en día esta bacteria segue matando xente e mantense practicamente case inmutable respecto á variante que na segunda metade do século XIV fixera estragos en Europa.

Estes días dita bacteria é foco de atención, xa que un equipo de investigadores internacionais das universidades de Ontario e Tübingen de Alemaña foron capaces de secuenciar o seu ADN exhumándoo dos esqueletos das vítimas da peste que estaban enterradas en fosas comúns preto da Torre de Londres. Trátase nin máis nin menos que do primeiro patóxeno antigo en poder ser reconstruído, e poderíase dicir que a súa estrutura é case idéntica a que aínda hoxe existe, co cal a razón de que actualmente non mate a tanta xente sexan eses pequenos cambios.

Esta reconstrucción abre un camiño para ao seguimento doutras epidemias antigas. Pero hoxe en día factores como a hixiene, os antibióticos, os transmisores de bacterias e a sensibilidade do noso organismo a determinados ataques de microorganismos son indispensables no momento de infectarse con este mortal bacilo.

Autora: Sandra Romero

Esta entrada foi publicada en Evolución, Medicina e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

23 Responses to Un microorganismo mortal

  1. couceiro di:

    Está ben que hoxe en día teñamos certos habitos hixiénicos e medicamentos que evitan que vivamos epidemias como as de hai 600 anos atrás.Pero hai que ter en conta que se extremamos demasiado as nosas medidas hixienicas podemos enfermar con máis facilidade. É coñecido ese dito que nos avisa de que “Nada é bo en exceso.”, como son coñecidos os centos de casos de nenos que se forman con alerxías a toda clase de cousas, debido a que seus pais non os deixan explorar o entorno cando ainda son uns bebés. Quen non veu algunha vez a un bebé no chan levando á boca unha presada de herba? Isto pode parecer antihixiénico, pero en realidade fai que as defensas do pequeno se fortalezan e aprendan a defenderse das bacterias que o rodean.
    É importante que nos deamos conta de que por moi hixienicos que sexamos e moitos fármacos que creemos, non imos deixar de enfermar. Por iso o noso organismo ten defensas, as cales temos que enfrentar contra gripes e vacunas, porque se elas non son capaces de liberarnos das bacterias que entran no noso organismo (ainda que sexa coa axuda dun fármaco), non hai medicamento que nos poida curar.

  2. Victor di:

    Isabel Couceiro, utiliza o teu nome de usuario de curso.
    Lavar as mans antes de xantar foi unha das medidas que significaron unha maior reducción das enfermidades infeccciosas e da morte. No comentario anterior éntrase en terreo perigoso ao afirmar que ata pode ser saudable comer cousas do chan (falaremos en clase deste asunto o próximo martes).
    Pero primeiro falemos de como se transmitía a peste e de como actúa a bacteria transmisora no organismos humano.

    • fab-alekseinogueira di:

      A peste transmitiuse de maneira sinxela; as ratas infectadas tiñan pulgas e as pulgas pasaban de rata en rata, a infección permanecía no intestino do animal tres semanas, e como era moi improbable que a rata non collera pulgas contaxiábanse todas, comoa antes, a hixiene era moi mala as ratas vivían moi preto da xente e con elas as pulgas, é moi fácil coller pulgas, asi que a xente que lle picaba unha pulga que proviña da rata contaxiábase e asi sucesivamente ata que moita xente se contaxiou e morreu un terzo da po0boación de Europa por mor das ratas.

    • fab-antiachantada di:

      A maioría dos contaxios producíanse a través de picaduras de pulgas procedentes dos roedores, pero tamén podían ser a mordedura dunha araña, arañazos de gatos e outros carnívoros, ou mesmo pola inalación de bacterias por parte dos propios humanos.
      Había tres tipos de contaxios: a bubónica provocaba protuberancias con pus na zona das ingles, axilas, cuello… era propia dos roedores e podía causar a morte ata en cuestión de horas; a septicémica, era igual ca bubónica pero unhas manchas violetas substituían ás protuberancias e a neumónica, afectaba aos pulmóns e a enfermidade contaxiábase como unha simple gripe.

    • faa-antoniomrodino di:

      Esta é unha enfermidade infeciosa aguda moi rara producida pola bacteria ” pestis” e cuxa manifestación no enfermo corresponde á aparición de ” bubóns” en diferentes partes do corpo. O vocablo ” bubón” significa tumefacción inflamatoria dos ganglios inguinales.
      É en realidade unha zoonosis, ou sexa unha enfermedade que afecta a certos animais e que pode ser transmitida ao home. Caracterízase por provocar protuberancias con pus ( bubóns ) na zona da incua e axilas, pescozo, etc; causando la morte ata en cuestión de horas. Esta afección é propia de animais de orde dos roedores, algúns dos cais fan interacción biolóxica cunha pulga, a cal á súa vez, transmite do roedor ao home o microorganismo causante da enfermidade. Manifiesta tres variantes, a bubónica caracterizada pola aparición de bubóns; a septicémica, que se manifesta con manchas púrpuras na pel pero sin bubóns, sin pus; e a neumónica, que sucede cando o microorganismo alcanza os pulmóns dun infectado, entón faise transmisible polo aire da mesma forma de contaxio cao resfriado común.

  3. faa-manuelbusto di:

    O transmisor máis común desta infección é a rata negra . Este animal a diferencia da rata marrón que habita nas cloacas , adoitan vivir nas casas ou barcos polo que é mais frecuente o seu contacto cos humanos.A proximidade co home favoreceu á transmisión das pulgas entre ratas e humanos, e así se propagou a peste. A enfermidade, xa fose no caso das ratas ou dos humanos, tiña unha altísima taxa de mortalidade.
    A bacteria multiplícase rapidamente na corrente sanguínea, producindo altas temperaturas e finalmente a morte por septicemia.

  4. fab-sandraromero di:

    A peste transmitíase basicamente a través das pulgas que parasitaban ás ratas e dita enfermidade era bastante común entre elas. Tras ser infectadas a gran maioría morre pero á vez sobrevive unha pequena porcentaxe, culpable da transmisión desta bacteria.

  5. fab-amadeoabal di:

    A maioría dos contaxios prodúcense pola picaduras de pulgas procedentes de roedores. Só en raras ocasións outras especies de pulgas pode transmitir a infección. O contaxio entre persoas por pulgas é moi infrecuente.
    Outro tipo de contaxios pódense producir a partir da mordedura ou arañazos de gatos e outros carnívoros, por inxestión de animais mortos, pola manipulación de cadáveres de animais afectados pola enfermidade, ou pola inhalación de bacterias a partir da forma neumónica humana.
    A bacteria da peste afecta no noso organismo e provócanos febre alta, escalofríos, náuseas, sede, agotamento físico e temblores. O resto dos síntomas dependía do tipo de peste contraída,que había tres(Peste bubónica,peste pulmonar e a peste septicémica).

  6. O vector da enfermidade é a pulga da rata. Para que unha pulga sexa infectante ten que sufrir o “bloqueo”.
    En condicións normais, a pulga pica a un animal infectado e suciona sangue que pasa ao estómago. Neste caso, a pulga non é infectante. Se a temperatura ambiental é baixa, os encimas gástricos non funcionan adecuadamente e parte do sangue pode quedar sen dixerir no estómago, onde se forma un coágulo no que as bacterias multiplícanse activamente. Co estómago bloqueado, a pulga non logra facer unha dixestión, e comeza a ter fame. A pulga vólvese voraz e pica a cualquera organismo para continuar alimentándose. Sen embargo, non logra satisfacer a sua fame porque a sangue non pode fluir a través do estómago bloqueado, e arrastra con ela bacterias, producindo así o contaxio do animal picado.
    Finalmente, a pulga morre de inanición.

  7. Victor di:

    Ben, e agora a bacteria. Como e a bacteria que provoca a peste?, por que se lle chama bacilo?

    • faa-mariacgarcia di:

      A palabra bacilo usase para describir calquera bacteria con forma de barra, e pode encontrarse en moitos grupos taxonómicos diferentes de bacterias.
      Son bacterias que se encontran en diferentes ambientes e solo se poden observar cun microscopio.

    • faa-iagogonzalez di:

      Intentando aportar máis información acerca dos microorganismos que provocan a peste negra (ou tamén chamada peste bubónica), podo dicir que é provocada por unha bacteria, a Yersinia Pestis(como ben di Iria).

      Esta bacteria é un cocobacilo gram negativo pertencente á familia das Enterobacterias. O microorganismo pode manterse viable durante semanas en augas, fariñas e grans húmidos, e é destruído pola luz solar en poucas horas; diferenciase da Yersinia enterocolítica porque a Yersinia pestis é inmóbil a temperatura ambiente.

    • faa-luciasantos di:

      A peste é considerada e enfermidade bacteriana máis agresiva e letal. É causada pola bacteria Yersinia pestis, que é un axente infeccioso que se transmite rapidamente. A súa transmisión comezou nas ratas. A maior parte delas morrían, pero moitas sobrevivían. A peste foise extendendo, e por mor da desaparición da maioría das ratas, as pulgas que chupaban o seu sangue,levando con elas as células desta bacteria, infectaban aos humanos.
      Por outra banda, o bacilo é unha bacteria con forma de barra que soamente pode verse cun microscopio. Así mesmo, soen dividirse en dous grupos: bacilos gram positivos e bacilos gram negativos.

      http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/alumno/1ESO/clasica/imagenes/bacilo.jpg

  8. fab-sandraromero di:

    Chámaselle bacilo porque é unha bacteria alongada con forma de barra.

  9. fab-amadeoabal di:

    A bacteria chámase bacilo,como ben dixo Sandra.
    A palabra bacilo úsase para describir calquera bacteria con forma de barra ou vara, e poden encontrarse en moitos grupos taxonómicos diferentes de bacterias.
    Os bacilos son bacterias que encóntranse en diferentes ambientes.
    Os bacilos sóense dividir en:
    * Bacilos Gram positivos: fixan o violeta de genciana na parede celular porque carecen de capa de lipopolisacárido.
    * Bacilos Gram negativos: non fixan o violeta de genciana porque poseen a capa de lipopolisacárido.

    • faa-iriagondar di:

      A Yersinia Pestis, o que é máis coñecido como peste pertencería ao grupo dos Bacilo Gram negativo xa que ten as características propias deste tipo de bacilos. As propiedades dos bacilos desta pandemia son as seguintes : posúen unha cápsula proteica, son inmóbiles e fermentadores, son anaerobios facultativos e non se presentan esporulados.

      • fab-sandraromero di:

        E ademais patóxeno, xa que son capaces de producir considerables danos a un individuo sendo máis predispostos a uns determinados factores coma a idade, dieta, o exercicio físico, etc.

    • Victor di:

      Non entendo o que significa o concepto de Gram + e -. Alguén pode explicalo para que o entenda?

      • fab-sandraromero di:

        As bacterias Gram – son auquelas que non se tiñen de azul oscuro ou violeta pola tinción de Gram e en diferencia, as Gram + son aquelas que se tiñen de azul oscuro ou violeta.

      • As bacterias Gram Positivo teñen unha rede de mureína moi desenrolada que chega a ter 40 capas.
        Os aminoácidos que o forman son distintos entre especies, os polisacáridos están unidos por enlaces covalentes e ten un baixo contido proteico e de aminoazucares pero un alto contido de lípidos.

        As bacterias Gram Negativo teñen unha rede de mureína de unha soa capa.
        Posúen unha gran cantidade de lipoproteínas e lipopolisacáridos e necesitan calcio para mantener a estabilidade das capas.

  10. fab-rosammillan di:

    Foi a enfermidade infecciosa mais letal de todos os tempos.Os síntomas eran:febre alta,náuseas,sed,agotamento e temblores.
    As zonas mais afectadas foron as cidades protuarias e comerciais.
    Ademais naquela época descoñecían a súa causa, e os métodos que utilizaban para curar a un enfermo de peste basabanse:no cambio de alimentación, na purificación do aire, nas sangrías “incisións para purificar o sangue” ,e na administración de brebaxes de herbas aromáticas.As sangrías aínda enriba de ser inefectivas debilitaban ainda máis o enfermo que sucumbia ante a peste.Os médicos daquela época levaban unhas máscaras de gas primitivas e unha vestimenta que cubria todo o corpo para atender os enfermos sen infectarse,pero tampouco era efectivo,xa que non se tomaron as medidas hixiénicas adecuadas.

  11. faa-luciasantos di:

    Como ben di Rosa, a peste negra foi unha das maiores, se non a maior enfermidade ao longo da historia. O seu fácil contaxio e os poucos coidados médicos e hixiénicos desa época provocaron a morte de miles de persoas. É certo que actualmente non estmos nesas condicións, que a hixiene cambiou e a ciencia evolucionou. Quere dicir que actualmente sería máis difícil sufrir unha infección así, tan propagable, pero non imposible, pensemos simplemente na famosa gripe A de hai un ano.
    A verdade é que o descubrimento destes restos e a comparación no ADN permitiría ibnvestigar máis sobre epidemias deste tipo, para estar preparados e mentalizados, por se se dera o caso.

  12. faa-paulagondar di:

    Factores como a hixiene e o progreso son as razóns básicas de que actualmente non se produzcan pandemias tan devastadoras, ou si se preoducen (como a gripa A que dixo Lucía) que sepan tratarse con relativa rapideza.
    Agora falamos da Peste Negra, pero non hai tanto (90 anos), cando as condicións hixiénicas non eran tan pésimas como na época da Peste, orixinouse a famosa Gripe Española que foi a máis devastadora da historia. Por facer unha comparación, o Sida matou a 25 millóns de persoas en 25 anos, pois a Gripe Española matou a 25 millóns de persoas en 25 semanas.
    Sería moi bo que puidéramos estar máis preparados gracias a este descubrimento de restos se se dera o caso doutra pandemia deste estilo…