Máis rápidos ca luz

Que algunha partícula subatómica sexa máis veloz ca luz, podería supoñer un desafío para unha das leis fundamentais da física e invalidar a Teoría da Relatividade que  Albert Einstein descubríu en 1905, que afirma que nada pode viaxar máis rápido ca luz. Pero segundo o CERN estas partículas existen e reciben o nome de Neutrinos. Estes móvense 60 nanosegundos máis rápido ca luz e ata o de agora, a velocidade da luz considerábase o límite de velocidade cósmica.

Para confirmar este novo descobrimento debe realizarse outro experimento totalmente independente a este que contrate os datos. Se o resultado segue sendo que os Neutrinos son máis veloces ca luz, estaremos ante unha nova física que descartará a Teoría  da  Relatividade e polo tanto a nosa comprensión actual do universo.

Ademais, como o propio Albert Einstein dixo: se existe algunha particula máis veloz ca luz, poderíamos enviar un telegrama ao pasado. Aínda está por confirmar se isto é certo ou non, pero so hai dúas posibilidades polas cales este descubrimento non sexa real. A primeira, que Albert Einstein errase e  a segunda, que o CERN non esté no certo, o cal e case imposible, xa que realizou esta proba con 15.000 neutrinos.


Autora: Aldara García

 

Esta entrada foi publicada en Física de partículas, Universo e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

32 Responses to Máis rápidos ca luz

  1. Victor di:

    RECORDADE QUE SO SE PODEN FACER COMENTARIOS NOS TRES ÚLTIMOS ARTIGOS PUBLICADOS (ACTUALMENTE SÓ HAI DOUS)

  2. fab-cristinaporto di:

    Eu penso que os neutrinos nunca poderían ser máis rápidos ca luz debido a que estos teñen unha masa chamadas “fotones” e son unha milséma parte máis pequena cos electróns que forman a luz.

    • Victor di:

      Cristina, non entendo a túa explicación. Co que dis xa está acabada esta controversia? Alguén é capaz de entender por que segundo a Teoría da Relatividade non se pode viaxar a máis velocidade ca luz?

      • fab-alvarolopez di:

        Segundo a Teoría da Relatividade non se pode viaxar máis rápido que a luz. Nós, as persoas se o fixéramos descompoñeríamos, pola contra os átomos sí o poden facer.

        O que sí que podemos facer as persoas é viaxar á velocidade do son (por exemplo os pilotos dos avións cazas).

      • faa-adrianfeijoo di:

        Eu creo que a causa pola que non se pode viaxar a unha velocidade superior a da luz,é porque si nos acercamos infinitamente a luz ,a nosa masa aumentaría infinitamente.
        E esa enerxía que empuxa, a medida que aumenta a masa ,elle máis complicado manter a mesma velocidade.
        Mentres que na luz os <> serían constantes xa que teñen una masa invariable 0 .E por moito que incremente a velocidade non aumenta a masa.

      • faa-manuelbusto di:

        Segundo a teoría da relatividade, o tempo vólvese máis lento a medida que a velocidade dun obxeto é maior, ata que alcanza a velocidade da luz, nese instante o tempo detense.

      • faa-iagopaz di:

        Porque a Teoría da Relatividade dinos que si dous corpos se moven a velocidades cercanas á da luz a distintas velocidades, as medidas do tempo son diferentes. E no caso da velocidade da luz o tempo deteríase.
        Si fixeramos caso a esta teoría no caso dos neutrinos estes viaxarían atrás no tempo, o que na miña opinión, é incompatible cos fundamentos físicos actuais.

  3. fab-amadeoabal di:

    A miña opinión é que si un obxecto fose capaz de viaxar a maior velocidade que a luz, entonces estaría retrocedendo no tempo e quén sabe o que pode pasar si eso ocurre.

  4. Debemos agardar a unha confirmación oficial porque se fose verdade que os Neutrinos viaxan a máis velocidade ca luz estariamos ante a unha revolución na física, porque a ciencia tamén avanza.
    Pero cómpre recordar que moitos expertos son escépticos con esta nova, posto que indican que a a proba se fixo baixo terra entre Xinebra e Gran Grasso (730 kilómetros) pero pode ser que no espazo a súa velocidade sexa diferente.

    • faa-fernandogarcia di:

      Como ben di o director Heuer, é posible que non sexa o mesmo para as partículas percorrer 730 km na Terra que percorrelos no espacio.
      Ademáis, Albert Einstein tamén proclamou que o universo é infinito, así que nunca coñeceremos todas as leis que o regulan, é por iso tampouco ten resposta (aínda) a pregunta de se usando partículas máis rápidas que a luz sería posible viaxar no tempo.
      Tamén é verdade que, e esta é a miña conclusión, este experimento tendrá repercusión en que axudará a futuras investigacións que poderán dar unha resposta máis clara

    • fab-alekseinogueira di:

      Pero isma con que te refires a espazo? Á atmósfera ou ao espazo exterior? Porque se te refires á atmósfera, eses neutrinos estarían dentro dela xa que eso é un tunel e creo que todos os factores son iguais ca na atmósfera.

    • fab-antiachantada di:

      Creo que é más probable que Albert Einstein errase, a pesar dos seus grandes coñecementos, e da axuda que supuxo a Teoría da Relatividade, os medios e as investigacións avanzaron moito e se é certo que o CERN realizou a proba con 15,000 neutrinos xa tendríamos que dar por oficial que os neutrinos son más rápidos ca luz.
      Aínda que a súa velocidade cambie no espazo, hai que ter en conta que noutros ambientes seguen a ser más rápidos co que estaríamos ante un descubrimento que cambiaría moitas cousas, xa que según un físico de CERN viaxar á velocidade da luz é o equivalente a viaxar ao pasado.

  5. faa-paulagondar di:

    Amadeo fala de que podría pasar se un obxecto puidese viaxar a maior velocidade ca luz. Que isto se descubra agora non significa que agora por arte de maxia comecen a ocurrir cousas. Opino que é máis probable que exista algo máis rápido que a luz, e que ese algo poidan ser os neutrinos, aínda que non estea totalmente confirmado. Ignoramos moitísimas máis cousas das que sabemos, e aínda que esto supoña unha revolución na física, mellor. Este descubrimento abriría novos horizontes e novas prespectivas, que é basicamente a finalidade da ciencia.

  6. faa-breixoalonso di:

    Eu creo que tivo que haber agun error xa que o neutrinos teñen unha masa 470 millons de veces que un protón e poden chegar a atravesar a Terra sen deixar rasro co cal seria dodado que se filtrase algún do exterior probocando un erro.

  7. fa-dolores di:

    Que son os fotóns? Cales son as partículas subatómicas que coñecedes?

  8. fab-aldaragarcia di:

    O que está claro e que si está nova resulta certa, estaremos ante unha nova física que deixaría atrás máis de cen anos de estudos de física baseados na Teoría da Relatividade.
    Pero por outra banda esto demostra que nunca coñeceremos todo o que nos rodea, que a física sempre está avanzando, coma a ciencia, nunca seremos plenamente coñecedores de todo o que nos rodea.

    • faa-antoniomrodino di:

      Baixo a miña opinión, os físicos do detector Opera, nos seus cálculos, non tiveron en conta as pequenas diferenzas na forza da gravidade nos dous lugares ( o de orixe e o de destino dos neutrinos nese experimento) que farían que os reloxos fixeran “tictac” a un rimo lixeiramente diferente, obedecendo a Relatividade Xeral tan verificada experimentalmente. A idea é que os reloxos non estarían sincronizados coa precisión requirida.

      Como a atracción gravitatoria en Xinebra ( a orixe dos neutrinos) é lixeiramente máis forte á de Gran Sasso (a meta, nos Apeninos), o primeiro reloxo iría algo máis amodo co segundo, polo que o tempo empregado polos neutrinos en percorrer os 730 kilómetros sería, en realidade, lixeiramente superior a o que os datos de Opera indican, dabondo para deixar en suspense a presunta velocidade superlumínica das partículas que se anunciaron.

  9. faa-mariamartinez di:

    En contra do que se pensaba, dende fai uns anos coñécese que os neutrinos teñen masa, polo que este descubrimento plantexa un contrasentido e é que todo aquilo que ten masa debería viaxar a una velocidade menor que a da luz.

  10. faa-mariacmaquieira di:

    Si isto é certo,o cal deberiamos de esperar a que se confirmase estaríamos ante algo realmente sorprendente xa que deixariamos atrás parte da nosa historia e moita información que sabemos do noso planeta, e non so iso xa que con este cambio porderíanse producir novos descubrimentos que ocasionasen máis cambios e máis incognitas de quen somos e de onde vimos.

  11. faa-luciasantos di:

    Aínda que é certo que esta proba non é definitiva, penso que sí sería posible. Moitos dos científicos actuais pensan que estes resultados se deron por erros en cálculos, e que Einstein segue estando presente na física a día de hoxe. A verdade é que sí, pero ao longo do tempo a ciencia mellora e avanza, por que neste caso non? Os experimentos realizados en Suíza por un túnel subterráneo onde se transportaron neutrinos ata Italia comparándoos coa velocidade da luz non deixa lugar a dúbidas. É certo que hai que ser cautelosos, pero tampouco restrinxivos, esto podería darse e podería confirmarse esta certeza, de ser así, moitas das cuestións da física moderna viríanse abaixo, pero creo que a humanidade está preparada para eso, e para seber convatir as virtudes e os defectos dos novos descubrimentos do home.

  12. faa-iagogonzalez di:

    Eu quero comentar apoiando o indicio q nos mostra a nosa compañeira Aldara, de que é imposible coñecer todo o que nos rodea e saber cal vai a ser o límite da ciencia, polo tanto eu creo que cando o científico Albert Einstein asegurou no ano 1905 que nada era máis rápido que a luz esqueceuse de mirar cara o futuro e non se parou a pensar no moitísimo q podería avanzar a ciencia dende a súa época ata esta actual.

  13. faa-nereapaz di:

    Este descubrimento podería ser un dos máis importantes da historia do home.Quizás sería doado actuar con moderidade e non falar aínda de que a teoría da Relatividade non sexa correcta ata estar seguros de que esta nova hipóteses é certera.
    No caso de que fora certo,a física actual daría un cambio de 360º.
    Tampouco debería pensarse que con este descubrimento o ser humano faga viaxes temporais, tal como dixo Einstein, xa que este tamén errou na Teoría da Relatividade.

  14. Victor di:

    E que son os fotóns?, cales son as partículas subatómicas que coñecedes?

  15. fab-amadeoabal di:

    En física moderna, o fotón é a partícula elemental responsable das manifestacións cuánticas do fenómeno electromagnético. É a partícula portadora de todas as formas de radiación electromagnética, incluindo ós raios gamma, os rayos X, a luz ultravioleta, a luz visible (espectro electromagnético), a luz infrarroxa, as microondas, e as ondas de radio. O fotón ten unha masa invariante cero, e viaxa n vaocío cunha velocidade constante c. Como todos os cuantos, ofotón presenta tanto propiedades corpusculares como ondulatorias (“dualidade onda-corpúsculo”). Compórtase como unha onda en fenómenos como a refracción que tin lugar nunha lente, ou na cancelación por interferencia destructiva de ondas reflexadas; sin embargo,compórtase como unha partícula cando interacciona coa materia para transferir unha cantidad fixa de enerxía, que ven dada pola expresión.

    As partículas subatómicas que sei da súa existencia son:
    * Bosón
    * Positrón
    * Electrón
    * Protón
    * Fermión
    * Neutrino
    * Hadrón
    * Neutrón
    * Leptón
    * Quark
    * Mesón

    • fab-antiachantada di:

      Como di Amadeo, os fotóns son as partículas portadoras de radiación electromagnética que en espazos vacíos, móvense á velocidade da luz; a súa masa é nula, polo que estas están sempre en movemento. Por outro lado, os neutrinos só se forman en certas reaccións nucleares polo que ningún físico foi aínda capaz de medir a súa masa pero o máis probable e que sexa igual ca dos fotóns. Os neutrinos viaxan sempre a 299,793 km por segundo.
      Pero aínda que as dúas partículas poden alcanzar velocidades enormes, teñen propiedades moi diferentes xa que os fotóns interaccionan facilmente coas partículas da materia, polo que cando pasan por ela son retardados e absorbidos por ela; polo contrario, os neutrinos apenas interaccionan coa materia e poden atravesar calquer tipo de materia (en línea recta) sen verse afectados.

  16. fab-aldaragarcia di:

    Como ben din os nosos compañeiros Antia e Amadeo, os neutrinos son partículas elementais que case carecen de masa. E teñen esa gran característica de que non interactuan ca materia. De feito, os neutrinos que desprende o Sol durante o proceso de transformación do hidróxeno en helio atravénsanos constantemente en milleiros.
    Segundo o modelo “standard” existen 6 leptones, 3 con carga eléctrica e 3 sen carga. O máis coñecido dos leptones e o electrón. Os neutrinos son os 3 leptones sen carga, e hai un neutrino asociado a cada un deses leptones.

    • fab-inesfeijoo di:

      O neutrino é unha partícula elemental mil millones de veces máis pequena que un átomo de hidróxeno.Os investigadores dispararon neutrinos desde Ginebra e observaron a sua vhegada ao Gran Sasso tras un sprint de 730 kilómetros baixo terra. Os resultados mostraban algo imposible: más de 15.000 neutrinos gañaronlle a luz por 60 milmillonésimas de segundo.
      Eu creo que si esto fora así sería un gran avance na ciencia, pero costará crer todo iso despois de tantos anos pensando e crendo que non hai nada máis rápido que a luz.

  17. Victor di:

    ESTÁ ABERTO UN FORO QUE SE PECHARÁ DENTRO DE 7 DÍAS. PARTICIPA

  18. Victor di:

    Todas as partículas subatómicas que pon Amadeo na súa resposta son partículas elementais?
    Agrupádeas explicando o criterio de clasificación?

    • fab-aldaragarcia di:

      As partículas elementais son os principais compoñentes da materia, son aquelas que non están constituídas por outras partículas. Actualmente o termo de partícula elemental vai ligado a calquera partícula subatómica. Pero podemos clasificar as partículas subatómicas en partículas elementais ou compostas.
      As compostas serían: electróns, protóns, neutrinos, hadróns, nuetróns, mesóns.
      Partículas elementais: bosóns, positróns, fermións, leptóns, quarks.

  19. Victor di:

    Revisade a clasificación que fai Aldara e aclarade cales son as partículas que forman as que ela chama composta.

  20. fab-amadeoabal di:

    Aldara chámalle os protóns ,neutróns e electróns partículas subatómicas compostas,porque un estudo que se fixo das partículas que forman o núcleo atómico, revelou que estas partículas non eran elementais, sinon que estaban formadas por partículas máis simples.Tamén lle chama partículas subatómicas compostas ós hedróns e mesóns porque están constituídos por partículas máis pequenas, chamadas quarks e antiquarks e “nubes” de gluóns que os manten unidos.