O “Pharming”

Unha nova forma de adición procedente dos Estados Unidos chega á España; cada vez máis xovenes se suman á moda do “Pharming”. O “pharming” é consumo de fármacos como método para lograr efectos euforizantes, relaxantes, ou alucinatorios. En EEUU hai 21 millóns de xovenes que se drogan con medicamentos, sen ter en conta que abusar deles ten consecuencias moi negativas, xa que provocan adición e conlevan un grave pergio para a saúde.

imagen

O problema está en que o “pharming” utiliza medicamentos legais, xa que se venden nas farmacias e a xente pensa que pode abusar deles con seguridade, sen decatarse das súas consecuencias. A fonte principal de acceso a estas medicinas é o botiquín familiar nun 60% dos casos. O 40% restante, obtén os medicamentos de forma legal na farmacia ou a través de receitas falsas. Os medicamentos que máis consumen os adictos son aqueles que conteñen codeína, metilfenidato, benzodiacepina, alprazolam e dextromethorphan.

Munné, un experto en toxicología, considera que os médicos deben ser rigurosos nas súas receitas para que as doses dos envases que prescriben se axusten ás necesidades terapéuticas. Segundo o experto, “o consumo de determinados medicamentos de venta en farmacia é un paso previo para o consumo de outros produtos máis perigosos e aditivos”.

 Autora: Sandra García

Esta entrada foi publicada en General, Medicina, Saúde e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

25 Responses to O “Pharming”

  1. victor di:

    O PRÓXIMO DOMINGO REMATA O PRAZO PARA FACER COMENTARIOS NO BLOG POR ESTE CURSO.

    ESTÁ ABERTO UN NOVO FORO

  2. samuelmarino.aso.1a di:

    Dende logo esta práctica é bastante perigosa para as persoas que toman todos estes tipos de medicamento sen receta médica e que poden alterar o seu organismo sen ter en conta os seus numerosos efectos secundarios altamente perxudiciais para a saúde. As autoridades sanitarias deberían controlar á xente que emprega recetas falsas e non permitilo. E tamén tratar de concienciar ós rapaces do perigosa que pode chegar a ser esta práctica.

  3. martinblanco.aso.1a di:

    Non sabía que esta práctica tiña tal cifra de “practicantes”, é realmente unha mágoa porque non ten nada ilegal, polo que son máis as persoas que se suman a esta “moda”. A única solución está en controlar máis os medicamentos que se venden, a cantidade que se vende e a quen se vende. Cada persoa debería ter un historial, un perfil, das súas compras en farmacia… Outra forma de evitar o famoso “Pharming” non se me ocorrería.

  4. noeliadozo.aso.1a di:

    Cada día aparecen modas máis parbas.
    A práctica do “pharming” emprégase como alternativa á consumición de drogas ilegais, que ao final os efectos veñen sendo os mesmos.
    Pero resulta que aínda por riba os medicamentos saen gratis. Supoño e espero que esto non se estenda entre a maioría da poboación e que pase simplemente como o que é, unha moda.

  5. laracores.aso.1b di:

    Un uso abusivo de calquer medicamento produce cambios nefastos no noso organismo, e se en lugar de un se abusa, como é o caso, de moitos medicamentos ó mesmo tempo podemos crear unha bomba para o noso corpo.
    En Estados Unidos, onde a moda comezou, o número de xoves que practican pharming supera os 12 millóns, e debido á rápida expansión das modas son moitos máis os que o practican no resto do mundo, por eso debemos evitalo canto antes, pero non é algo fácil xa que tódolos medicamentos son legais, por eso as prescripcións médicas debense facer so no caso de ser necesarias e deberiamos tamén ter certo control nas recetas que chegan á farmacía, ou algún método para poder detectar as falsificadas, igual que as que temos nos billetes.

  6. sandragarcia.aso.1b di:

    É moi difícil regular esta práctica, xa que se o pensamos, os nosos botiquíns están sempre cheos de medicamentos; xarabes, pastillas… Que facilitan ós adictos o seu consumo. Unha forma de regulalo, como dixen xa no post, sería a de regular as doses prescritas polos medicos para cada enfermidade. A verdade e que cando atopei esta noticia para face-lo post, impresionoume bastante. Cómo podemos os xoves chegar a eses extremos de adición? Cómo non somos conscientes de que un abuso dos medicamentos é dañino para a saúde? Se de pequenos rexeitabamos os medicamentos que nosos pais nos daban polo noso ben, como pode ser que agora os tomemos en exceso para buscar sensacións que son totalmente artificiais, sabendo que perxudican a nosa saúde?

  7. lorenabuceta.aso.1b di:

    Se como ben di Martin se controlase a venta de fármacos, e se tomasen unha serie de medidas para saber os medicamentos que merca cada persoa, estas recurrirán a outros materiais como os sales de baño, alterados com productos químicos, procedentes de EE.UU; como xa se dou o caso en Madrid.
    Baixo o meu punto de vista, hai que concienciar as persoas xa desde pequenas das consecuencias que pode causar esta moda, xa que moitos uniríanse a ela pola ignorancia dos seus efecctos ó non consumirse co fin para o que esta fabricado cada medicamento.

  8. micaelgarcia.aso.1a di:

    Hai moitas substancias con todo tipo de efectos o alcance de calquera hoxe en dia… Pero non so os adictos abusan deste tipo de substancias.Os medicamentos o igual que as drogas provocan unha adaptación do organismo a eles polo que cada vez necesitas máis cantidade para conseguir os mesmos efectos, cando unha persoa toma con regularidade medicamentos por molestias, como poden ser dores de cabeza ou cousas polo estilo, esta a “acostumar” o seu organismo os medicamentos e co tempo non lle farán tantos efectos, ademais de que se sofre unha enfermidade máis grave será máis difícil que os medicamentos lle axuden.

  9. manuelsomoza.aso.1a di:

    Case sempre cando existe un problema de este tipo, prodúcese en xente con pouca información sobre as pastillas que consomen, os seus efectos secundarios e o perxudiciais que poden chegar a ser se abusas delas… O gran problema disto e que a práctica disto é legal xa que son productos que se venden en calquera farmacia…
    Eu persoalmente para poñerlle algún límite a este problema sería non vender absolutamente ningún tipo de medicamento se non é por preescripción médica, porque non se me ocorren moitas barreiras para este problema…

  10. rebecapineiro.aso.1a di:

    A automedicación conleva varias complicacións das que a maioría das persoas non son conscientes.
    Algunhas destas complicacións son: diminuír a efectividade dos antibióticos na persoa que os toma e xerar cepas de bacterias resistentes ao antibiótico, que poden infectar a outras persoas. Tamén pode producir intoxicacións ou interaccións non desexadas.

  11. estelachaves.aso.1a di:

    É ben sabido que o abusa de medicamentos é moi perxudicial para a saúde, pois a pesar de que serven para rebatir enfermidades, están feitos de productos químicos ás veces moi potentes e que tomados en grandes cantidades perxudican gravemente algúns órganos vitais. Aínda que se teña unha doencia moi grave, o aumento da dose inscrita polo médico non a erradicaría nin tan sequera a diminuiría, pois esas doses restantes irían a parar a outros órganos, complicando a situación. Hai moitas persoas que teñen una grave adicción ás pastillas, e que necesitan medicarse constantemente para non “sentir dor”, cando en realidade non teñen nongún problema. Para estas persoas, que despois de facerlles todas as probas perminentes, deron negativo, existen uns medicamentos denominados placebos, que están feitos de auga e azucre (detalle que os pacientes ignoran), para que pensen que en realidade están medicándose contra algo.

  12. lourdesfarina.aso.1b di:

    Cada día máis mozos buscan a forma de divertirse, pasalo ben de formas moitas veces incomprnsibles, coma esta. O Pharming para moitos deles serán novas sensacións, que fan que as persoas se sintan eufóricas e con síntomas de alucinación. Ao principio pode ser verdadeiramente divertido, para estes rapaces, que viven experiencias novas pero as consecuencias poden ser amargas.
    Exceptuando unha mínima parte, todos os medicamentos teñen efectos secundarios, que se manifestan con máis gravidade se se abusa deles.
    Ademais esta inxesta de fármacos pode crear na súa maior parte grandes úlceras.

  13. angelpadin.aso.1a di:

    O principal problema desta nova moda é o fácil alcance dos xovenes ós fármacos, xa que todos os temos na casa e conseguir medicamentos na farmacia non é complicado, e facer restrincións para que non sexa tan doada a compra de pastillas etc é moi dificil, xa que hai algúns que se venden sin preescripción e para os que fai falta falsificanna. Na miña opinión as charlas de concienciación, que é o que todos pensariamos en facer para resolver esto, non son moi efectivas, asi que considero este un problema bastante grave. Como ben di Estela no caso dos pacientes adictos utilizanse placebos para que se den conta de que realmente non necesitaban os medicamentos xa que se sentian ben solo polo fgeito de tomar esas pastillas aidna que non teñen efecto.

  14. silviagarcia.aso.1b di:

    O fuerte e que hai xente que faga esto…a min pégame a risa, pero dentro dun pouco que vai ser da sociedade??van a traficar con aspirinas? eu penso que habría que darlle unha solución inmediata, xa que estas persoas, non so consumen fármacos raros seguramente o fagan coa mezcla de alcohol…e as consecuencias…son vastante nefastas…penso que debería de estar a cousa máis vixilada.

  15. silviagarcia.aso.1b di:

    E eses fármacos alguns han de estar caducados e sabe dios para que serán…eu penso que a sociedade está moi pouco vixilada en canto a esto, vixilan que non se fume maría pero que a xente se meta pastillas por cantas esquinas hai non…

  16. sarabetanzos.aso.1b di:

    A sobredosificación non é a única forma na que un medicamento pode causar a morte. Sabemos científicamente que as sustancias e compostos químicos, a veces interactúan entre sí. Polo tanto pode ser arriscado (e ata incluso letal), tomar determinados medicamentos ou fármacos conxuntamente.

  17. fatimafuentes.aso.1a di:

    Posiblemente moitas das persoas que consumen eses medicamentos non son conscientes do risco que corren nin do prexudicial que pode chegar a ser o seu abuso para a súa saúde. Para este tipo de persoas, a solución ó problema quizáis sexa un aporte maior de información, que pode inculcarse por calquera medio, como poden ser os telexornais, por exemplo. Pero no caso das persoas que son conscientes do que están a facer, atopar unha solución para eles é moito máis complicado, xa que están a drogarse dunha maneira legal. Non se me ocorre ningunha solución taxante a este problema, como moito, unha mellor precaución dos médicos á hora de receitar medicamentos e asegurarse do problema do paciente. En canto ós farmacéuticos, deberán coñecer mellor ós seus clientes e tal vez deberían tomarlles algúns datos. De tódolos xeitos, a concienzación e a información é algo que lle falta a esta xente, xa que será difícil atopar unha verdadeira solución.

  18. victorino.aso.1 di:

    Sen dúbida e un problema o cal lle hai que poñer remedio antes de que poida ser irreversible para milleiros de xóvenes.
    E moi frecuente ver que moita xente tome os medicamentos pola sua conta xa que como di o post os medicamentos sempre lle sobran doses e se unha persoa empeza a ter os sintomas parecidos a os da vez anterior toma o medicamento sen saber o que realmente lle ocorre e o peor e que pensas que fan o correcto.
    Un remedio para isto e que as caixas leven os sobres xustos e que non sobren, aparte de que aforrariase no medicamento e aforrariamos un diñeiro.

  19. mariacmaq.aso.1a di:

    Pareceme algo incrible penso que non se decatan do risco que é tomar medicamentos sen receta médica e en cantidades excesivas, sen decatarse dos problemas que pode contraer isto.

  20. miguel.aso.1b di:

    Resulta curioso que as dúas manchas máis grandes se atopen aos lados de EE.UU e nas costas de Xapón e Europa, di moito de que tipo de países son os provocadores de tales manchas.
    Ogallá que a iniciativa de limpeza destas manchas se poña en funcionamento o antes posible.

  21. laurareguera.aso.1b di:

    Non me paréce normal que os xovenes fagan esto tan solo por sentirse mellor, e sen pensar que xa que estes medicamentos son receitados por un medico e son legais non lles van a pasar nada, e non se dan conta que os medicamentos tamen son unha droga para así as persoas que padecen dalgunha enfermidade non sufran tanto.

  22. manuelsomoza.aso.1a di:

    Silvia o que ti acusas ten una sencilla explicación, ti cando ves a unha persoa na calle fumando María pois sabes que é ilegal e velo como algo negativo, pero ves a unha simple persoa tomando unha aspirina pois a maioría das persoas pensarán, doelle algo o non se sinte ben xa que a aspirina é legal e sobre todo é común para toda persoa e non nos extraña que algués consuma unha aspirina…

  23. arantxaleiro.aso.1b di:

    Opino que non se sabe o que se ha de inventar,pareceme totalmente incrible,parece que non chega coa maria,coca,etc…que ahora inventa esto.É unha cousa totalmente absurda,todo ten as suas cousas negaticas,eso e certo,pero que xovenes empezer a meter unha chea de farmacos no seu corpo non me parece algo moi normal.Opino o mismo que coas drogas como a maria e asi.
    E a verdad e que non é facil saber se unha persoa toma un farmaco porque se encontra mal ou simplemente para facer o que di o post.

  24. damianlores.aso.1a di:

    Paréceme incrible que haiga xente que consuma antibióticos e outros medicamentos, se non é para o seu uso. Drogarse con medicamentos paréceme moi peligroso. Aparte disto os farmacéuticos non deberían vender os medicamentos sen receta medica.

  25. rafaelgondar.aso.1b di:

    Os afeccionados a o “Pharming”, toman substancias como codeína, metilfenitado… para provocar euforia, relaxación ou incluso alucinacións. Para obtener eses efectos consumen todo tipo de medicamentos, usando recetas falsas ou combinacións caseras.