Sabes o que mercas?

Un claro exemplo do fraude no sector pesqueiro é cando, a prezo de ganga, véndense filetes de bacallau ou incluso de linguado supostamente procedentes do Báltico cando en realidade son simples filetes de peixe gato do mar do Norte. A Comisión Europea publicou un informe no que apostando pola tecnoloxía molecular, ofrece respostas a moitas das preguntas que se fan os consumidores que desexan saber de qué especie provén o produto, onde se pescou e, se é salvaxe ou de piscifactoría.

imagen

O estudio, titulado “Represión das actividades ilegais no sector pesqueiro”, elaborado polo Centro Común de Investigación da Comisión (JRC), explica que esta vía de investigación pode axudar na loita contra as prácticas ilegais. Ademais, permitirá trazar a orixe dun produto tan complexo como pode ser o peixe enlatado. Calcúlase que a pesca ilegal representa 10.000 millóns de euros ó ano en todo o mundo e que afecta negativamente a catro sectores clave: a economía mundial, os ecosistemas mariños, as comunidades pesqueiras e ós consumidores. Etiquetar o peixe e os produtos pesqueiros con nomes de especies falsas e asignándolles un falso lugar de procedencia son dúas das técnicas de fraude máis comúns. Por exemplo, en ocasións, especies moi económicas como a carpa véndense disfrazadas de mero.

imagen

O informe aposta por técnicas moleculares indicando que as baseadas na tecnoloxía do ADN permiten identificar a especie sen a necesidade dun experto. A novidade reside en que este método tamén funciona en produtos preparados. O informe demostra que usando a tecnoloxía molecular de forma coordinada e documentada, poderíase reducir o fraude pesqueiro. Suporá unha garantía para os consumidores que non só obterán aquilo polo que pagaron senón que tamén saberán exactamente o qué están a comer.

Autor: Manuel Somoza

Esta entrada foi publicada en Novas tecnoloxías, Recursos naturais, Sobreexplotación dos recursos e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

28 Responses to Sabes o que mercas?

  1. victor di:

    O PRÓXIMO DOMINGO REMATA O PRAZO PARA FACER COMENTARIOS NO BLOG POR ESTE CURSO.

    HOXE ABRIRASE UN NOVO FORO QUE PERMANECERÁ ACTIVO POR UN PERIODO DE 10 DIAS.

  2. laracores.aso.1b di:

    Descoñecía que os fraudes pesqueiros fosen tan comúns. Dende o meu punto de viste débense tomar canto antes estas novas medidas tecnolóxicas para evitar tales fraudes xa que en Galicia somos os segundos maiores importadores de peixe do mundo (despois de Xapón), e se non se controla este fraude os consumidores poderían decidir diminuir as súas compras dos nosos produtos, o que provocaría que nos sumísemos noutra importante crise coma a que se está dando agora cos pepinos.

  3. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Descoñecía este fraude de venta pesqueira, xa que nos están a vender un producto moi caro ou de calidade sen saber que estamos comprando. Palomenos hai xente que se deu conta deste fraude e intentanos axudar os demais. Pola forma de saber que tipo de peixe é mediante o ADN, creo recordar que a súa utilización pode saír un pouco cara, polo que é un defecto para os compradores, xa que non todos os peixes puideron ser identificados. Esa é única pega que lle vexo a esta método.

  4. rebecapineiro.aso.1a di:

    As novas técnicas ás que se podería recurrir nas distintas etapas da venta do produto, axudarían a combatir as prácticas ilegais ó determinar a procedencia e outros aspectos, como a súa cría salvaxe ou en cautividade.
    Cóntase coa tecnoloxía necesaria para determinar con exactitude de donde procede o peixe. Propoñen que se intensifique a difusión de información e se facilite ós laboratorios nacionais o acceso ós directorios comúns de referencia de análises do peixe e de produtos relacionados.

  5. gabriellema.aso.1a di:

    Eu sí coñecía a presenza destes fraudes pesqueiros pero non pensei que supuxese tales danos económicos e que estivera tan presente no mundo pesqueiro. Dende o meu punto de vista vexo moi positiva esta inciativa, xa que axudará a acabar ou diminuir estes fraudes e permitirá ó comprador saber o que está comprando realmente sen enganos.

  6. noeliadozo.aso.1a di:

    A pesca ilegal está causando estragos sobre algúns dos países máis pobres do planeta, tales coma Somalia. As perdas económicas dos pescadores legais a nivel anual son cuantiosas.
    Por iso, esta nova técnica molecular é un avance notable e infalible para conseguir unha pesca sostible e regular todas as actividades ilegais que están afectando a este mercado.

  7. victor di:

    NOVO FORO ABERTO

  8. martinblanco.aso.1a di:

    É importante vixiar moi ben o sector dos alimentos, calquer manipulación ou fraude pode resultar moi caro, xa que pode haber perigos de intoxicación ás comidas… etc. este e un caso exemplar.

    Por eso, a iniciativa desta técnica a partir das moléculas é moi boa para regular as actividades ilegais, como ben dixo a miña compañeira Noelia.

  9. angelpadin.aso.1a di:

    Esto que nos conta Manuel sobre os fraudes cando compramos peixe é a realidade na que vivimos. O comprador tería en todo momento que saber de donde provén o alimento que vai a comer pero non é así. Estas novas tecnoloxias axudarian moito para que a venta de peixe fora un mercado sostible e que o cliente levase o peixe que pagou e non outro pero este metodo de analizalo a partir das moleculas é moi caro e laborioso, pareceme que polo de agora non estamos preparados para iso.

  10. estelachaves.aso.1a di:

    Este tipo de sucesos é moi habitual, habitualmente saen nos telediaros e nos xornais noticias de enganos por parte de restaurantes, que venden a un precio moi elevado un peixe que ó final resulta que non é dito peixe, senon outro con algunha característica parecida. En Galicia, O ser unha das mariores productoras de peixe, estos enganos están á orde do día. Non tanto en restuarantes, senón na propia plaza, xa que se venden peixes que teñen varios días por peixes frescos, é dicir, máis caros do que en realidade deberían ser.
    Pero en Galicia xa se están tomando certas medidas cun dos peixes máis coñecidos e apreciados: a lamprea. Debido á excelente calidade e prestixio dos que goza este manxar, os mariñeiros decidiron inventar unha maneira de asegurar a procedencia galega da lamprea, podendo así comercializarse dacordo ó seu prezo orixinal. Esta táctica denomínase “RM Río Miño”, e consiste en adherir unha etiqueta ó peixe, (que se quita ó cociñar), para que os clientes poidan comprobar quén, cando e onde se pescou a lamprea. Esto permite a utilización da lambrea galega con total confianza da súa procedencia, deixando así o pracer ós clientes de pagar por algo realmente bo.

  11. lourdesfarina.aso.1b di:

    Eu opino que está moi ben que se intente coidar mares e que non haxa fraudes pero recordo un exemplo que me contara unha chica que traballaba nas conserveiras. Según me dixo, en moitas latas do que dicían que se vendía o atún, en realidade era outro peixe.
    Creo que o sector da pesca necesita outras medidas para que este fraude non suceda
    unha das ideas sería sacar barcos. Hoxe en día, e sobre todo a nosa zona, está sobreexplotada. Ademais existe unha cuota de peixes que a maior parte das veces se multiplica.
    Se un peixe na lonxa estivese ben pagado non sucederían tantos fraudes coma os actuais.

  12. cristinagesc.aso.1a di:

    Estou totalmente dacordo con Lourdes. A miña avoa traballou dende rapaza nunha conserveira e sempre di que ó principio, cando ela empezou, moitas veces cambiaban o bonito por atún, xa que así vendían o atún a prezo de bonito que é máis caro. Agora isto xa está máis controlado, aínda que eu teño as miñas dúbidas.
    Xa sexa de boa ou non de tan boa calidade o peixe, eu non vexo xusto que a maior parte do prezo que pagamos, cando mercamos unha lata de conserva ou incluso cando mercamos algún peixe na praza, vaia para os intermediarios e unha mínima parte para os mariñeiros porque os mariñeiros son os que realmente pasaron o traballo.

  13. martincabal.aso.1b di:

    Paréceme mal que algúns individuos do sector do mar e da conserva se adiquen a enganar os demais, con esto podémonos dar conta do parvos que somos, xa que moitas veces dannos unha cousa que non comeriamos ,camuflada como unha que si, e comémola con agrado. Esto debería facerlle pensar a xente se é necesario explotar sempre a mesma especie de peixe, eu digo que non.

  14. samuelmarino.aso.1a di:

    Como ben se ve neste post, vivimos nun mundo onde nos intentan enganar por todos os lados por culpa do diñeiro. Con este método daríase un gran paso contra este acto ilegal que afecta a tanta xente directa e indirectamente. Ademáis saber toda a información do que estamos a comer sempre nos fai ter máis confianza á hora de mercar.

  15. micaelgarcia.aso.1a di:

    Eloy, na miña opinión non sairía tan caro pois so se analizarían unhas poucas cantidades de cada lote de peixe , ademais, no caso de que sairá máis caro o peixe, almenos o consumidor estaría a comprar o que en realidade quere, e non outra cousa.
    Estou de acordo contigo Martín, deberíase variar no consumo de especies e así tamén darlle un “respiro” para que se recuperen da explotación, pero ,como se pode apreciar neste fraude, as veces a comida entra máis polos ollos que polo paladar.

  16. cristinaotero.aso.1a di:

    É vergoñoso o que acontece nas lonxas, nos mercados e nos supermercados co peixe, dinchen que o peixe esta fresco, que provén da ría ou de donde debería ser o peixe e cobranche polo que ti estás pedindo, aínda que sexan aberracións. Pero non sempre é así, engañannos e timanos xa que moitas veces o pescado non esta fresco, senón que pasa en cámaras frigoríficas moito tempo e nin procede da ría e a calidade pola que ti pagaches.

  17. sandragarcia.aso.1b di:

    Este post é moi interesante. Se nos paramos a pensar, a maior parte das veces non nos preguntamos de ónde ven o que xantamos, nin sequera se nos pasa pola cabeza a idea de que pode que o que estemos comendo non sexa o que realmente cremos, pero polo que vemos no post, isto sucede. Esta nova tecnoloxía molecular será moi beneficiosa para nós, porque xa é hora de que comecemos a saber o que comemos, de ónde procede e ónde se manipulou, para ter unha seguridade maior do que inxerimos, e para que non teñamos que pagar en exceso por algo que non compramos en realidade.

  18. miguel.aso.1b di:

    Un exemplo do que di Martín Corbelle é o atún vermello. As industrias pesqueiras xaponesas están a capturar de maneira masiva os atúns vermellos, e so queda arredor dun 15 por cento da poboación inicial destes animais.
    Grupos coma Green Peace loitan pola regulación da pesca do atún vermello.

  19. manuelsomoza.aso.1a di:

    Eu xa estaba algo informado disto xa que pertenzo a unha familia mariñeira. Gracias a iso o que mercamos, meu pai sabe moi ben xa que ten experiencia, pero nunha familia que non haxa esa experiencia pode supor un fraude a súa economía e incluso á súa saúde xa que pensan que mercan un peixe específico para comer e en realidade están a comer outro…
    Isto por desgraza non so pasa no mundo mariñeiro, tamén na agricultura con productos que expoñen os vendedores que veñen dun lugar específico pero en realidade non e son doutro lugar…

  20. manuelsomoza.aso.1a di:

    En ‘Slow Fish 2011’, a quinta reunión bianual dedicada ó mundo dos peixes e o ecosistema mariño, formuláronse propostas moi variadas. Unha delas decídese por ofrecer máis información. Apostan por crear unha rede de laboratorios que funcionen baixo un protocolo común.

  21. rebecapineiro.aso.1a di:

    Respecto ó comentario de Manuel, Slow Fish 2011 tivo lugar do 27 ao 30 de maio en Génova, Italia. Este ano o lema da feira foi “Os pescadores artesanais: outra especie en perigo”, este vai ser o tema central da feira, xunto con outros máis coma o empobrecemento dos mares e o papel tan importante do ser humano na labor de protexe-lo mar e a variedade alimentaria que este ofrece.

  22. manuelsomoza.aso.1a di:

    Para mellorar a trazabilidade dos produtos pesqueiros e combater a pesca ilegal, a Comisión está invertindo para que se aplique a norma conforme á cal todos os produtos pesqueiros teñan que vir acompañados dun certificado de captura.

  23. silviagarcia.aso.1b di:

    Cantas veces nos din…si esto é da ría e ti pensando que mercas da ría mercas de sabe dios donde???paréceme moi ben que se poñan eses certificados, e a venda ilegal debe de ser duramente castigado

  24. fatimafuentes.aso.1a di:

    É sabido que este tipo de fraudes no mundo pesqueiro son bastante habituais. Esta técnica paréceme unha boa proposta e iniciativa para impedir este engano. Ademáis esta clase de fraudes, exténdese a moitos mercados e, a xente mérca dunha maneira bastante fácil estas cousas, xa que no primeiro que se fixan á hora de mercar algo, é principalmente o prezo e se non se ten moita relación con estes productos resulta aínda máis fácil caer na trampa porque non é tan doado diferencialos.

  25. mariacmaq.aso.1a di:

    Sería moi importante tomar medidas canto antes xa que moi pouca xente ou ningunha se decata disto, está claro que é moito máis sano o peixe procedente do mar que o procendente de piscifactoría xa que este está alimentado de piensos que non son tan bos para a nosa saúde e o que fan que o peixe sea menos sano.

  26. victorino.aso.1 di:

    E vergoñento o que se fai cos productos xa que se lle poñen lugares de procedencia falsos e isto o único que fai e sacarlle prestixo a un certo sitio xa que por exemplo as nosas rias son famosas polos mariscos, polvos, peixes…
    Se unha certa marca compra polvos estranxeiros que son máis duros e non tan saborosos e poñen que proceden de Galicia o único que se esta facendo e desprestixiando unha zona xa que a xente pensará que os polvos de Galicia pois non son bos e polo tanto fastidiando un sector do cal vive moita xente.
    Algo parecido esta pasando cos pepinos de Andalucia por culpa dunha acusación falsa dun certo país o único que fixo e que moitos agricultores teñan que tirar cos productos porque a xente pois lle teñen medo e polo tanto unhas perdas enormes para os agricultores.

  27. arantxaleiro.aso.1b di:

    A verdade é que hai que mirar ven o que se merca,hoxe en dia ,e penso que sempre,rerspecto dos alimentos colanse moitos,pois a unha persoa podenlle dicir unha cousa sobr ese alimento,creela e ir tan contanta para a casa e en realidade simplemente lla colaron.Penso que hoxe en dia non se sabe moi ben o que leva a comida no medio e co pesaco pasa exactamente iwal porque poden decir que proven dun sitio x e non é así.

  28. damianlores.aso.1a di:

    Paréceme moi interesante esta técnica molecular para comprobar a procedencia do peixe e acabar cos fraudes, ademais galicia é un gran importador de peixe de todo o mundo.