Investigación estancada

Mariano Barbacid é o científico que dirixe o Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO). Descubrimentos recentes de Barbacid e o seu equipo mostran optimismo na cura contra o cancro de pulmón. Ata aquí todo iría ben se non se atopasen cun gran inconveniente, a falta de cartos para producir o fármaco que daría a solución a esta enfermidade.

A cura deste tipo de cancro viría dada pola inhibición (eliminación) dunha quinasa, a c-RAF.  Cando ésta  se eliminou   en ratos o resultado  foi positivo, xa que non se danaron os demáis órganos ( isto pasaba se se eliminaba outro tipo de quinasa en vez da c-RAF). Este feito impediu totalmente a aparición de tumores sen producir ningún efecto tóxico no paciente.

imagen

Pero a a este proxecto non lle queda outra que quedar estancado debido á falta de financiación por parte do Ministerio de Ciencia e Innovación. Como alternativa, Barbacid decidiu recurrir a fondos privados, pero atopouse cun segundo obstáculo por parte do Ministerio, xa que considera ilegal esta acción, argumentando que unha fundación pública como o CNIO non pode financiarse con fondos privados.

 

 Autora: Noelia Dozo.

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

25 Responses to Investigación estancada

  1. laracores.aso.1b di:

    É de vergoña que se os gastos do Estado se vexan reducidos en educación, sanidade ou investigacións e non en gastos militares ou en soldos políticos.
    Para min o investimento en educación, sanidade e investigacións non é un gasto senón unha inversión a longo prazo xa que tarde ou temprano verémonos beneficiados polos avances.
    O cancro de pulmón é padecido maiormente por personas fumadoras, e os principais síntomas son a dor de tórax, a falta de aire, a tos con sangue, inchazóns na cara ou no cuello…
    A única prevención posible é evitar os fumes e non fumar, ademais de evitar outros productos canceríxenos na vida a cotío

  2. cristinagesc.aso.1a di:

    O cancro de pulmón é un conxunto de enfermidades resultantes do crecemento maligno de células do tracto respiratorio e é un dos tipos de cancro máis frecuentes e é a causa máis habitual da morte causada por cancro tanto en varóns coma en mulleres.
    Este tipo de cancro sole orixinarse a partir de células epiteliais e pode derivar a outros texidos do corpo. Os síntomas máis frecuentes solen ser a dificultade respiratoria, a tos, a pérdida de peso, dolor torácico, ronqueira e hinchazón no pescozo e na cara.

  3. mariamcosta.aso.1b di:

    Investigacións coma esta, que poden axudar a salvar a vida de millóns de persoas, nunca deberían ser paradas. Meter cartos neste tipo de proxectos non só é unha inversión de futuro, senón que é unha necesidade, pois todo o que axude a salvar vidas é prioritario. Se o Estado non pode pagalo, ao menos que deixe que os fondos privados financien este tipo de proxectos.
    Da vergoña que se recorten gastos en ámbitos como a sanidade e non noutros, coma o soldo dos políticos. Coa educación pasa o mesmo: os programas de becas e axudas para estudar deben primar sobre outras cousas.

  4. rebecapineiro.aso.1a di:

    Estou totalmende dacordo coas miñas compañeiras, a investigación é unha das cousas nas que, na miña opinión, máis se debería investir, xa que unha cura do cancro de pulmón salvaría moitísimas vidas.
    O cancro de pulmón afecta a 82 de cada 100.000 españoles. En España diagnostícanse cada ano 20.000 novos casos (18,4% en homes e 3,2% en mulleres). A enfermidade representa o 12% de tódolos tipos de tumores e o 20% das mortes asociadas a esta patoloxía no noso país. Trátase, polo tanto, dun problema de saúde de primeira magnitude.
    As taxas de supervivencia do cancro de pulmón son moi baixas comparadas con outros tipos de cancro de gran incidencia. E a pesar de todo isto, o cancro de pulmón non é unha prioridade na política, unicamente o é en materia de prevención.

  5. gabriellema.aso.1a di:

    Ésta é outra das consecuencias da crise, aínda que como ben di a miña compañeira Lara, paréceme unha ofensa que os gastos do Estado se reduzan na sanidade e na educación e os soldos políticos permanezan intactos, xa que nós estamos a pagar impostos para cubrir as nosas necesidades.
    É unha lástima que o proxecto teña que deterse por falta de fondos, aínda que me parece unha inxustiza que a pesar de valerse de fondos privados, o ministerio considere este proxecto ilegal.
    Se non se financian estos tipos de proxectos nunca atoparemos solucións para estas enfermidades que tanto tememos.

  6. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Opino o mesmo que María, o Estado debería permitir que se poidan financiar as investigacións mediante fondos privados, así polo menos poderíamos saber como eliminar o cancer de pulmón e prolongar a vida de moitas persoas que o padecen. SE o Estado financia estas investigacións, aparte de aforrar diñeiro, pode comerciar esta mediciña con outros países e ganñar así moitos máis cartos. Entón a longo prazo sería convinte que o permitira, xa que aumentaría o Estado económicamente e en canto a ciencia e saúde.

  7. lourdesfarina.aso.1b di:

    Eu lendo a vida deste home, vin que era un funcionario do Estado, ata aquí ben. El dí que esta a piques de encontrar un remedio contra o cancro de pulmón pero o Estado rematou con tódolos fondos que se lle permitiron para a investigación. As empresas privadas non poden dar cartos, e eu estou de acordo. É ilegal. Polo tanto si este home esta a favor de seguir o proceso o que podería facer é saír da longa lista de funcionarios do Estado e seguir coa investigación dende unha forma privada.

  8. lourdesfarina.aso.1b di:

    Nós, como persoas, temos moi pouca información do que sucede en todas as investigacións e só se nos conta o que a algúns lles convén, neste caso as empresas farmacéuticas velaran polos seus intereses.
    Dentro deste tema xorde unha crítica ético-moral…para que estamos neste mundo? algo que pode favorecer a toda a poboación, á cidadanía, un tratamento que intentará previr o cancro, beneficioso para nós… e o único polo que se interesan é pola súa utilidade económica, é algo realmente triste a verdade.

  9. estelachaves.aso.1a di:

    Resulta inconcebible que se gasten millóns e millóns de euros en eventos que non traen ningún beneficio e que en cambio acarrea un tremendo gasto de capital. A sociedade actual está vivindo a través da codicia e do egoísmo, case ninguén se procupa pola xente que ten cancro, xa que non lle afecta a elas directamente. Para que estas cousas non se den, o máis necesario é que exista unha grande concienciación, educar ós nenos dende pequenos para que saiban que non todo o que se fai é para recoller beneficio, senon que tamén existe a caridade e a axuda desinteresada.
    Aínda que estas noticias axudan a crear unha aura de indignación, á hora de levar a cabo algún acto solidario, casi ninguén está disposto a colaborar.

  10. micaelgarcia.aso.1a di:

    O estado non quere que se usen fondos privados xa que asi fose,imaxino, que lle corresponderian unha boa parte dos beneficios. É incrible que non “exista” diñeiro para esto pero armamento ou soldos…si.Non estou totalmente dacordo contigo Estela, non é que a xente non se preocupe polos demais, se non que os que teñen o poder non o fan.
    Por cousas como estas esta a ocurrir o 15M, e na miña opión, con razón.

  11. victor di:

    Micael, o Estado estaría encantado de que a empresa privada investise en investigación pero o problema é que a investigación da beneficios a moi longo prazo ou non os da.
    Existen dous tipos diferentes de investigasción: pura e aplicada. A primeira é básica para facer a segunda e esta é a que dará beneficios. Pero non se pode facer unha vacina contra un virus (investigación aplicada) se antes non se coñece como é o virus (investigación pura)-como vedes, a pura non da beneficios directos-.

  12. victor di:

    A investigación resulta imprescindible para o desenvolvemento industrial e económico dun país. Que pode ocorrer se o Estado non segue a diminuír os fondos para investigación?

    O PRÓXIMO DOMINGO REMATA O PRAZO PARA FACER COMENTARIOS NO BLOG POR ESTE CURSO.

    HOXE ABRIRASE UN NOVO FORO QUE PERMANECERÁ ACTIVO POR UN PERIODO DE 10 DIAS.

  13. rebecapineiro.aso.1a di:

    Supoño que un dos problemas que traería seguir diminuíndo os fondos do Estado para a investigación, sería que se perderían moitos postos de traballo, e científicos e investigadores quedarían no paro, situación desgraciadamente común na actualidade.

  14. victor di:

    NOVO FORO ABERTO

  15. angelpadin.aso.1a di:

    Sacar a un país da crise é moi complicado e o estado ten que tomar medidas, a investigación é moi importante pero crear postos de traballo, na miña opinión, é mais importante todavía e na miña opinión pódese esperar uns anos e cando a economía española sexa mais estable retomar este proxecto, que polo que se ve será de moita utilidade para a cura dunha enfermidade moi dura como é o cancro.

  16. sarabetanzos.aso.1b di:

    Éste é só un exemplo máis de moitas das investigacións que se ven estancadas pola falta de capital e apoio.
    E é que a falta de apoio financieiro (eu creo), é o maior impedimento para que as investigacións poidan seguir levándose a cabo.

  17. martincabal.aso.1b di:

    E unha vergoña que o estado non financie un avance que parece levar a tan bo porto como este, pero é mais vergoña, que non se lle permita o señor Barbacid investigar con aportes privados, o final a decisión do goberno é un atropelo contra a ciencia, xa que non se lle permite mover ficha cara ningún lado.

  18. samuelmarino.aso.1a di:

    Paréceme un escándalo esta nova que nos conta Noelia, xa que sendo esta unha das enfermidades que máis xente mata ó ano en España e que non se poida seguir adiante coa investigación por culpa do Estado. Pero parece ser que as asociacións contra o cáncro xa se puxeron en marcha e saíron ás rúas a pedir donativos ós cidadáns. Como ben vemos eiquí, a crise segue afectando a todos os sectores.

  19. sandragarcia.aso.1b di:

    É frustrante ver como o Estado gasta unha enorme cantidade de cartos en cousas cuxa importancia é inferior á do desenvolvemento científico. Diminuíndo o orzamento destinado ás investigacións só conseguen que os científicos españois, en paro, se vexan obrigados a traballar noutros países onde sí financien os seus proxectos, pero entonces, os beneficios favorecerán tamén ó Estado que aportou os cartos. Como vemos, os investimentos en ciencia son moi importantes, porque a estas alturas, unha enfermidade tan común como o é o cancro de pulmón, podería ter cura, se os fondos estatales fosen ben distribuídos e se soubesen priorizar as cousas.

  20. miguel.aso.1b di:

    Digo eu que se a empresa privada invirte en investigacións científica, os empresarios terán algún dereito de elixir en que ámbito da ciencia queren que se invirta, para que sexa favorable aos intereses económicos da empresa e lles sexa rentable, non?

  21. manuelsomoza.aso.1a di:

    Algo incríble de creer. Parece ser que o mundo aínda non se da conta de que o que de verdade hai que financiar e o avance científico hacia a saúde e non por exemplo hacia ó avance científico militar…
    Esta investigación se chega a dar coa cura para esta enfermidade sería moi importante no campo da medicina xa que como ven di Samuel, é unha das enfermidades que máis xente mata…

  22. silviagarcia.aso.1b di:

    Si…deámoslle diñeiro os soldados para que fagan as súas misións, diñeiro aquelas cousas que verdadeiramente non necesitan tanto e o teñen a todo o innecesario, e claro como todo non avancemos no que temos que avanzar devido o aforro monetario…agora é cando digo eu?en que mundo vivimos???

  23. victorino.aso.1 di:

    Paréceme unha situación penosa xa que moita xente grazas a este abance o mellor podia salvar a sua vida pero no ten que haber algo que o fastidie. Xa hai tempo falamos dun foro se recortes na ciencia si ou non pero non se deve recortar como neste caso. Estamos nunha crisis moi grave e é penoso que se dean estas situacións xa que se pode recortar na ciencia pero se se esta a punto de poñer fin a algo tan grave como isto pois devese poñer os medios necesarios sean os que sean para rematalo.

  24. iriaduarte.aso.1b di:

    Está claro que este é un caso noque nos deberiamos de preocupar, xa que a investigación, o avance científico é moi importante. Os avances fan crecer a economía dun país e a parte diso chega a descubrise moitisimas curas de enfermidades graves pero sen fondos é imposible seguir coas investigacións. Deberíase deixar de meter fondos noutras cousas menos importantes e xuntar máis fondos para o avance científico.

  25. arantxaleiro.aso.1b di:

    Seria bo atopar a cura contra o cancro de pulmon ,sería algo que alegraria a moita xente pero todo ten o seu inconveniente,como o que di no post,non hai os fondos suficientes,os avances teñen os seus custos,ainda que todo o que sexa relacionado coa cura do cancro seria boa opción pero se se mirara en que se invirten eses fondos.