Enerxía piezoeléctrica

imagen

Na foto pode observarse uns pés debuxados, pero de que se trata? Pois ben, estes non son máis ca uns paneis denominados placas piezoeléctricas, formadas por cristal de cuarzo e que se alimentan da enerxía xerada por esforzos mecánicos, como a enerxía das pulsacións (neste caso dos pés das persoas), transformandoa en enerxía eléctrica. Estas foron as protagonistas, fai un ano, nas Navidades de Shibuya (Xapón), sendo a fonte de alimentación das luces de Nadal da estación de metro desta mesma ciudad.

A enerxía xerada non é abrumadora, sendo un panel de 60 metros cadrados que xera 0,5 vatios por cada pisotón dunha persoa de 60 kg, pero si se realiza continuamente pódese almacenar bastante, obténdose un apreciable beneficio. Tamén é unha enerxía moi prometedora para a nanotecnoloxía, onde xa se diseñou un pequeno dispositivo piezoeléctrico, que permite, grazas ao noso movemento, xerar a suficiente enerxía para facer funcionar pequenos aparatos, como un MP3, o móbil, … E tamén, nun futuro, existe a posibilidade de que se empregue para dar electricidade a un marcapasos grazas ao movemento do pulmón ao respirar.

 

imagen

Fai uns meses, nun partido de fútbol en España, puxéronse placas piezoeléctricas en todo o estadio de forma que todo o público, ao moverse e saltar para animar ao seu equipo xeraban enerxía que foi enviada a un pobo moi pobre e uns dos menos habitados de España, alimentando a unha televisión xigante de LEDs, o que permitiu ao pobo poder gozar do partido sen ningún inconveniente.


Autor: Martín Blanco

Esta entrada foi publicada en Enerxías renovables, Novas tecnoloxías e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

29 Responses to Enerxía piezoeléctrica

  1. gabriellema.aso.1a di:

    Sen dúbida este é un gran invento, xa que todo invento que xere enerxía eléctrica dun modo limpio e respetable co medio, debe ser considerado como tal. A enerxía piezoeléctrica non é nada novo, aínda que en comparación con outras enerxías renovables hai que reconocerlle certa aparición recente. Esta enerxía é explotada maioritariamente na comunidade científica sendo xa varios inventos os que se están a diseñar.
    Claramente estas pezas non aportarán moita enerxía se se sitúan en zonas pouco transitadas, pero se estás se dispuxeran nas grandes cidades, obteríase grandes cantidades de enerxía.

  2. sandragarcia.aso.1b di:

    Esta é outra das formas alternativas que se nos presentan para obter enerxía dunha forma non contaminante. A piezoelectricidade consiste en someter determinados cristais a tensións mecánicas, que adquiren unha polarización eléctrica na súa masa que fai que apareza unha diferenza de potencial e cargas eléctricas na súa superficie. Tamén se presenta á inversa, é dicir, defórmanse baixo a acción de forzas internas ó seren sometidos a un campo eléctrico. Normalmente, o efecto piezoeléctrico é reversible, é dicir, ó deixar de someter ós cristais a unha voltaxe exterior ou a un campo magnético, recuperan a súa forma.
    Os materiais piezoeléctricos son cristais naturais ou sintéticos que non teñen centro de simetría. O efecto dunha compresión ou dun cizallamento consiste en disociar os centros de gravidade das cargas positivas e das cargas negativas. Como consecuencia aparecen dipolos elementales na masa e, por influencia, cargas de signo oposto ás superficies enfrontadas.

    Distínguese entre dos tipos de materiais: os que xa posúen un carácter piezoeléctrico de forma natural, e os ferroeléctricos, que adquiren este carácter despois dunha polarización.

  3. laracores.aso.1b di:

    Non tiña nin idea de que existira algo así, e menos de que xa se utilizara nalgo tan recente coma un partido de España, con este invento mellorado quizais dentro duns anos nos podamos abastecer moito máis del, pero polo momento é algo útil para algunhas emerxencias ou para lugares pobres onde a electricidade é un ben escaso.
    Eu opto pola colocación desdes paneis en moitos máis lugares para podernos beneficiar máis a miudo.

  4. manuelsomoza.aso.1a di:

    Impresionante o que di este post, moi boa a idea de utilizar os pasos da xente para obter enerxía… A ver se co paso do tempo poderían eliminar algúnhas desvantaxes como que produce pouca enerxía e que necesítase moitas persoas para que dea un bo benefeficio enerxético, e dicir, que hay que inplantalo en zonas onde a xente ande moito o faga todos unha mesma actividade como a que indica no post a aficción no estadio de fútbol…

  5. mariacmaq.aso.1a di:

    Un invento moi beneficiante, xa que se trata dunha enerxía limpia. Persoalmente non sabía deste sistema pero creo que é moi bo xa que o que se fixo neste partido podese facer moitas máis veces, e noutros lugares onde se atope xente. Creo que este método no futuro terá unha gran repercusión.

  6. iriaduarte.aso.1b di:

    Vexo que se poden facer moitas cousas para aforrar enerxia. A min paréceme un bo invento o piezoelectricidade. Este é un fenómeno presentado por deteminados cristales que ó ser sometidos a tensións mecánicas adquiren unhapolarización elétricana sua masa, aparecendo unha diferenza de potencial e cargas eléctricas na sua superficie. Este fenómeno tamén se presenta á inversa, isto é, se deforman baixo a acción de forzas internas ó ser sometidos a un campo eléstrico. O efcto piezoelectrico é normalemente reversible: o deixar de someter os cristais a unha voltaxe exterior o campo deléctrico, recupera a sua forma.
    Os materiais piezoeléctricos son cristais naturais o sintético que non pose centro de simetría. O efecto dunha compresión ou dun cizallamento consiste en disociar cargas negativas. Aparecen deste modo dipolos elementais na masa e, por influencia, cargas de signo oposto nas superficies enfrentadas.

  7. aracelilores.aso.1b di:

    Este é un gran invento, xa que xera enerxía de forma limpa. Cada vez están aparecendo máis formas de facer enerxía segura. Esta forma de enerxía é moi boa, habería que integrala nas rúas de grandes cidades, onde cada día pasan milleiras de persoas, de este modo obtendriase moita enerxía de forma fácil e limpa.

    Tamén se creou unha mochila que ten os tirantes feitos con materiais que teñen a característica de ser piezoeléctricos, e que xera enerxía a fricción dos tirantes co corpo en movemento.

  8. victorino.aso.1 di:

    Sen duda algunha o avance tecnolóxico cada día solprendenos máis con estes maravillosos aparellos os cales oxe pois ainda non e moito o beneficio que se obten deles pero podemos falar que nun futuro moi próximo pois este sera un invento que creo que veremos nas extacións de metro, campos de futbol, paseos moi transitados… e isto fara que ainda que non sea moita a enerxía que xere pois e unha axuda para disminuir o consumo enerxético.

  9. noeliadozo.aso.1a di:

    Con esta técnica tamén foi creada unha mochila piezoeléctrica que funciona gracias á fricción que se produce ao camiñar.
    As asas desta mochila están feitas por un material coa capacidade de xerar potencial eléctrico.
    En principio este invento foi creado para soldados estadounidenses, aínda que non está moi claro que teña moito futuro noutros ámbitos.

  10. angelpadin.aso.1a di:

    Está é unha fonte de enerxia moi interesante por que aproveita un esforzo que temos que facer obligatoriamente como andar se queresmos ir a algun sitio para producir enerxía. O sea principal inconvinte é claramente a baixa productividade, ademais de que é como a enerxía eólica que se non hai vento non hai enerxía, o mesmo poderiamos aplciar neste caso, nun campo de futbol que só se utiliza 1 vez por semana 2 non é algo rentable, pero estou convencido de que este é outro pequeno avance, dos que hoxe en dia hai milleiros, que no futuro con algo de perfección será de gran utilidade.

  11. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Pareceme unha gran idea esta nova forma de conseguir enerxía limpa e renovable, xa que só fai falla pasar por riba deste cristal para conseguir máis enerxía. O único que falla nesta nova forma de optención de enerxía e a pouca que produce por pisada, sen embargo se colocamos varias destas placas en grandes cidades camo na Gran Manzana de Nova York, poderíamos conseguir enerxía de máis de 100.000 vatios por hora.

  12. noeliafv.aso.1b di:

    A verdade é que algo increíble, que como dixo o noso compañeiro dentro dun tempo poderá axudar a algo como un marcapasos. Esto foi descuberto en 1880 polos irmáns Curie.
    Estas tipo de placas utilizanse agora en grandes extensións e que son moi transitadas. Xapón esta estudando como poñelas no metro, e Israel nas súas carreteiras… Non cabe dúbida de que é un gran invento que terminará sendo moi utilizado.

  13. mariamcosta.aso.1b di:

    Este invento é algo moi curioso, ¡e moi útil! Sería unha boísima idea poñelos por exemplo nos campos de fútbol como fixeron aquí, ou en paseos ou sitios moi transitados. O metro como propón Noelia sería unha boa elección.
    Evidentemente hoxe en día non é demasiado rentable, pero todo o que sexan avances cara ás enerxías limpas está ben: no futuro pode perfeccionarse.

  14. laurareguera.aso.1b di:

    Pareceme un gran descubrimento, e moi boa idea a de poñer estos aparellos nos lugares onde a xente se move mais para producir enerxía, penso que deverian de poñelo en todos os lugares onde pasa tanta xente o día, como nun metro, nun estadio onde tanta xente pasa e salta, e mesmo nun supermercado xa que pode pasar bastante xente o día, e grazas a eso teriamos unha forma de enerxia mais a que axudaría, a parte, a contaminación do medio ambiente.

  15. damianlores.aso.1a di:

    O problema desta enerxía a pesar de ser unha enerxía limpa, é que a enerxía eléctrica non se pode acumular, isto obriga a usar a enerxía eléctrica de forma inmediata. Por iso creo que esta enerxía que produce as placas piezoeléctricas non é moi útil, xa que producir unha gran enerxía e despois mantela é moi difícil de conseguir. Ata que nun futuro se inventen os acumuladores de enerxía eléctrica, nese caso podría ter moitas aplicacións.

  16. micaelgarcia.aso.1a di:

    Este invento é unhha boisima idea, pois esta a utilizar unha fonte de enerxia “desaproveitada”, e unha posta de escena destas placas unha grande area como un centro comercial poderia chegar a ser algo rentable.
    O unico inconveniente que lle vexo, deixando o lado a pouca potencia, é o mantemento, pois para que sexa rentable tense que cubrir unha grande area, e co paso do tempo aparecerian problemas.

  17. samuelmarino.aso.1a di:

    Acabo de quedar abraiado lendo este post Martín, nunca pensei que ata a enerxía mecánica que producimos ó andar coas nosas pisadas servise para crear enerxía. Unha vez máis vese o gran poder de innovar que teñen os xaponeses.
    Aínda que a enerxía que produce non é moi alta serviría para manter o alumeado dunha rúa moi transitada sen ningún problema.

  18. sofiaoliveira.aso.1b di:

    Novamente os xaponeses volven a sorprendernos cos seus enxeñosos inventos.
    Vemos como a capacidade humana é infinita, e se poden conseguir cousas impensables pero que salvarían, neste caso, a situación de perigo que vive o noso mundo.
    A cuestión está en que os cartos antepóñense a moitas cousas, e neste caso non vai ser diferente, polo que este invento non se verá fácilmente realizado.

  19. rebecapineiro.aso.1a di:

    Paréceme moi interesante esta noticia, xa que na actualidade necesítanse de verdade inventos coma este, novos descubrimentos cos que a longo prazo poderemos reducir a contaminación que enviamos á atmosfera, o uso de enerxías non contaminantes é un paso. Por eso penso que se debería invertir en investigación, xa que poderían chegarse a descubrir cousas tan increíbles como esta.

  20. estelachaves.aso.1a di:

    Realmente, reitero a idea dos meus compañeiros de que este proxecto é unha boa forma de aforrar enerxía, sendo unha táctica á que se lle podería sacar moitas vantaxes nun futuro non moi lonxano. A idea de instalar multitude de paneis polas rúas resulta atractiva, pois pasarían desapercibidos e con soamaente realizar unha serie de actividades tan cotiás, como é andar ou correr, poderíase xerar a electricidade que encesita una casa. É unha idea interesante e moi productiva, pero tamén hay que ter en conta a actual crise e o caros que poderían chegar a ser estos paneis. Non tanto conseguilos, senon o traballo de ter que adaptar as rúas para instalalos.

  21. victor di:

    O PRÓXIMO DOMINGO REMATA O PRAZO PARA FACER COMENTARIOS NO BLOG POR ESTE CURSO.

    HOXE ABRIRASE UN NOVO FORO QUE PERMANECERÁ ACTIVO POR UN PERIODO DE 10 DIAS.

  22. victor di:

    NOVO FORO ABERTO

  23. fatimafuentes.aso.1a di:

    Cada día avanzamos un paso máis neste tipo de inventos e en moitos outros. Resulta bastante interesante que cunha actividade que tódalas persoas realizamos tan frecuentamente se logre producir enerxía eléctrica. Como ben se cita no blog e, como din os compañeiros, para aproveitar ó máximo o seu rendemento deben situarse en zonas transitadas, xa que cantas máis persoas o pisen, máis electricidade xerará. É un método para aforrar enerxía que debe seguir evolucionando e, que posiblemente nun futuro, veremos polas rúas.

  24. samuelmarino.aso.1a di:

    Para que este método fose máis productivo poderíanse colocar estes paneis en lugares onde estea preto un Burger King, un Mcdonalds,etc. Xa que por esas zonas é por onde frecuentas a maioría das persoas con obesidade. Un exemplo sería poñelas no famoso times square, por onde pasan milleiros de persoas cada hora.

  25. martincabal.aso.1b di:

    Efectiviwonder querido Samuel, eu tamén creo que estas placas serian unha boa alternativa para poñer en grandes rúas xa é nestas nas que pasan moita xente, penso que nunhas pouco transitadas non seria nada rentable.

  26. rebecapineiro.aso.1a di:

    Estou totalmente dacordo cos meus compañeiros, estas placas poderían dar moitos beneficios, nas grandes cidades, nos sitios máis concurridos, pero non servirían de moito nun lugar como, por exemplo, Cambados, xa que non amortizarían os gastos que levaría colocar as placas.

  27. paulacnine.aso.1b di:

    Estas placas poderían axudar a que a enerxía fose todas asi, xa que se colocamos estas placas polas ruas poderiamos aforrar moito xa que a xente o pasar pisarias e os automóbiles tamen, e as noies non faría falta xa que se a xente non camiña pola rua nin pasan coches non faría falta a enerxía electrica.(isto sería mais ben no caso da iluminacion das rúas xa que imaxino que non se produciria a suficiente enerxia para todo un pobo ou unha cidade).

  28. silviagarcia.aso.1b di:

    Penso igual cos meus compañeiros…calquera innovación que produzca enerxia de calquera tipo de forma limpa…é un método vantaxoso, agora hai que mirar como ben di corbelle, os lugares perfetos onde poñelos.

  29. arantxaleiro.aso.1b di:

    Estou dacordo pero ,esto xera enerxia e beneficio pero penso que tamen colocalas ou compralas deben de ter un custo moi elevado como todas as novidades que salen aos mercados.
    é un garn avance pero ao principio ten o seu inconveniente do custo que ten.