Afeción contaminante

Unha empresa española de centros auditivos, Gaes, elaborou un estudo sobre os ruídos que máis molestan aos españois. Neste estudio para demostrar os niveles auditivos que se rexistran nas cidades, maiores centros xeradores de ruído, unha afecionada do Barça, rexistrou 117 dB no sonómetro ao gritar un “gol”.

imagen

Tras a pasada serie consecutiva de clásicos do fútbol da Liga Española, os clásicos do Real Madrid – Barça, o estudio presentaba unha serie de datos significativos. O máis impresionante foi que, nun deses patidos, o estadio do Santiago Bernabeu puido chegar a xerar ata 140 dB de “ruído”, máis de dúas veces o nivel considerado de risco pola Organización Mundial da Saúde.
España é o segundo país máis ruidoso detrás de Xapón, e dentro das fronteiras españolas Galicia é das menos ruidosas, xunto co País Vasco, como se deu a coñecer no informe escrito con motivo da celebración do Día Internacional contra o Ruído, que foi o mesmo día que o partido.
As consecuencias de vivir nun lugar que supere as barreiras de ruído que recomenda a OMS pode derivar nun amplo rango de efectos sobre a saúde como por exemplo trastornos do sono, efectos cardiovasculares ou a perda progresiva da audición. Aínda que hoxe en día existen mapas de ruído para unha mellor xestión do contorno sonoro para non chegar á fronteira marcada de 65 dB.

Autora: Elisa Durán Rubí

Esta entrada foi publicada en General e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

33 Responses to Afeción contaminante

  1. laracores.aso.1b di:

    É increíble os decibelios que podemos chegar a producir e soportar. Como di no post soportar certos niveis de ruido é moi perxudicial, estar exposto a certos ruidos pode chegar a producirnos xordera, por eso hai qe ter moito coidado.
    En espazos pechados o ruido rebota nas paredes, por eso é recomendable acustizalos, para eso se necesita material que absorba o ruido como a goma, nunha discoteca, onde os niveis de decibelios son moi altos uns zapatos de goma transmiten moitas menos vibracións e fan que non cheguen ós nosos ósos e así non alterar o noso estado.
    Máis de 45 decibelios xa afectan negativamente á nosa audición, e a partir de 130 pode deixarnos xordos, por iso as discotecas deberían estar moito máis controladas xa que moitas teñen altavoces de ata 150 dB.

  2. cristinagesc.aso.1a di:

    A contaminación acústica ten moitas consecuencias, entre elas:
    – Pérdida de audición: Pode estar causda por exposicións curtas a sons moi intensos ou por exposicións longas a ruídos de máis de 85 dB.
    – Anomalías na atención: Isto é moi habitual en escolas situadas nas proximidades de aeroportos.
    – Alteracións do sono: Isto implica un peor rendemento das persoas.
    – Aumento da irribabilidade ou agresividade das persoas expostas ó ruído.
    – Dor de cabeza .
    – Aumento de accidentes laborais en entornos ruidosos, debido á disminución da atención.

  3. estelachaves.aso.1a di:

    O ruído é un problema que afecta á sociedad dende hay moito tempo, aumentando considerablemente dende a revolución industrial e a creación de máquinas e utensilios moi ruidosos. Aparte dos problemas citados no post, están outros, como que o 3% da poboación sofre infartos por mor da alta intensidade do sonido. Esto trae unha cantidad de 200.000 mortes ó ano.
    Evidentemente, esta tendencia á elevación tamén afecta ó oído e a todas as enfermidades dericadas del. Pero non soamente os tuídos da calle afectan, no caso dos MP4, que son uns aparellos moi útiles, son a cotío utilizados cun volume demasiado alto e que se estamos escoitándoo durante un tempo prolongado pode ocasionar graves problemas. Dende o meu punto de vista, o que se debería facer é baixar o número máximo de volume, é dicir, reducindo o ruído. Tanto dos MP4, como dos televisores, como de calquera máquina.

  4. samuelmarino.aso.1a di:

    Isto supera claramente o umbral de dor que os expertos creen que se atopa entre os 80 e 85 decibelios. E isto non soamente ocorre co fútbol, xa que no campeonato do mundo de Fórmula 1 os coches superan os 120 decibelios con facilidade, razón pola cal nos circuitos normalmente facilítanse uns tapóns para combatir este precioso son da inxeñería máis avanzada. E para os periodistas, que teñen que traballar concentrados, facilítanlles unhas instalacións con cristais de 7mm de espesor, que aínda así solo fai que baixen ate 80 decibelios. Pero os circuitos ó estar normalmente en lugares lexos de cidades non afecta á vida cotiá das persoas, sen embargo existen circuitos urbanos como o de Valencia, ó que algúns colectivos denunciaron polo ruído que desprendían. Pero estes eventos xeran moitos cartos á cidade e vense recompensados. E tamén o circuito de Mónaco, que se está a celebrar nesta fin de semana, onde os cidadáns poden estar a metros do asfalto con so saír da ventana.

  5. rebecapineiro.aso.1a di:

    A exposición a niveis de ruido intenso durante un período significativo de tempo, produce pérdidas de audición, que nun principio se recuperan cando o ruido cesa, pero que co tempo poden chegar a facérense irreversibles, convertíndose en sordeira.
    Á vez, a exposición a niveis medios de ruido, pero nun maior espazo de tempo, repercute de forma parecida, traducíndose ambas situacións en desprazamentos temporais ou permanentes do umbral de audición. Os métodos de avaliación realízanse a través de análises audiométricas.

  6. sofiaoliveira.aso.1b di:

    Os problemas auditivos están aumentando na nosa sociedade debido a factores industriais e tamén, como se comenta no post e no comentario do meu compañeiro Samuel.
    Ben é certo que o silencio absoluto non existe (nun cuarto pechado hermeticamente seguimos escoitando a circulación do noso sangue, ao igual que o latido do corazón).
    Aínda así debemos intentar baixar os decibelios na nosa vida, porque seguramente vivamos mellor e con menos stress.

  7. fatimafuentes.aso.1a di:

    Os efectos do ruido pódense clasificar en tres niveis:
    – Os auditivos: producindo un efecto máscara que impide a percepción total ou parcial de outros sons. A fatiga auditiva, un déficit temporal da sensibilidade auditiva que persiste certo tempo despois da supresión do ruido. Os acúfenos, que son os ruidos que aparecen no interior do oído por alteración do nervio auditivo, causando ansiedade e cambios de carácter na persoa que os sofre. Como consecuencia do ruido, destrúense células auditivas irrecuperables, de maneira que se reduce a calidade de audición.
    – Os non auditivos: Efectos sobre o sono, xa que o ruido pode provocar dificultades para concilialo e despertares bruscos. Efectos sobre a conducta, porque provoca alteracións psicolóxicas como: irritabilidad, astenia, susceptibilidade exaxerada, agresividade, alteracións do carácter, de personalidade e trastornos mentais. A todo isto tamén se lle pode sumar señais de inquietude, inseguridade ou disminución da concentración. Provoca estrés, pero este factor é producido, tanto polos ruidos de alta intensidade como polos de intensidade débil e repetida. Favorecen os riscos de problemas de saúde no feto dunha muller embarazada. Dificultan a aprendizaxe nos nenos e desfavorecen as suas capacidades de comunicación e socialización.
    – Por último, os efectos económicos, tendo en conta que a sobrecarga acústica a nivel urbano, inflúe sobre o precio das vivendas, alquileres… que decrece segundo aumenta o ruído.

  8. lourdesfarina.aso.1b di:

    Nos nenos, expostos a ruídos constantes e fortes fan que teñan niveles máis elevados de tensión arterial que aqueles que non o están. Este estado pode afectar na madurez posibilitando enfermidades de carácter cardiovascular.
    o ruído constante por riba dos 55 decibélios fai que se produzan cambios no sistema hormnonal, empeorando a circulación periférica, aumentando a glucosa, colesterol e dos niveles dos lípidos.
    Tamén unha das graves consecuencias é o insomnio. Isto conducirá a un cansancio xeral, que fará que disminuan as defensas posibilitando que aparezan enfermidades claramente infecciosas.

  9. oscaralvarez.aso.1b di:

    Na vida diaria estamos expostos a enormes ruidos que poden alcanzar bastantes db. Feitos que nos resultan cotiás como escoitar musica ou ver a televisión a un voulume elevado ou dende ir a ver un partido de fútbol ata asistir a un concerto de música podennos producir sordeira. Creo que habería que tomar unhas medidas máis ríxidas para poder vivir nunha cidade sen excesos de ruidos xa que esto ten demasiadas consecuencias negativas sobre a sociedade.

  10. martincabal.aso.1b di:

    O ruído que se poida xerar en eventos deportivos non ten que ver coa calidade de vida, é un exceso continuo o que propicia un descenso da calidade de vida, dende logo síntome orgulloso de que Galicia sexa o lugar onde menos contaminación acústica hai de Epaña, e debemos loitar por seguir así. Galicia calidade

  11. miguel.aso.1b di:

    Sorpréndeme que sexan España e Xapón os países máis ruidosos do mundo sendo tan diferentes entre sí. Supoño que no caso de España deberase a que a nosa poboación e máis pasional e festeira, e no caso de Xapón a explicación terá algo que ver coa cantidade de xente por metro cadrado que hai na cidade.

  12. elisaduran.aso.1a di:

    Como ven dixen no post,á fronteira marcada de 65 dB nesta sociedad actual vese moi afectada e sobrepasada. O timbre dun movil pode alcanzar os 110 dB, nivel que na táboa de medidas da OMS representa “danos importantes” para o sistema auditivo; un claxón, 190 dB, e a sirena da policía, 100 dB, mentras que unha conversación normal non supera os 40 dB. Con estos danos pode observarse que superamos esta fronteira de sonido moi habitualmente.

  13. ateneaprado.aso.1b di:

    O exceso de ruído pode chegar a orixinar graves problemas de audición como xa se di no post, pero tamén pode producir nerviosismo e outras enfermidades como estrés, insomnio e tamén que a persoa esté de mal humor constantemente. Deberíanse tomar serias medidas xa que se trata dun problema realmente grave e moi perigoso para a saúde de todos.

  14. noeliavazquez.aso.1a di:

    Sintome orgullosa de que Galiza sexa un dos lugares onde menos contaminación acustica hai.
    Segundo a miña opinión penso que non so nos debemos fixar na contaminación deses días de ledicia tras gañar un partido de fútbol ou calquera outra cousa, senón nos demáis días do ano nos que moitas discotecas e outros establecementos sobrepasan os límites legais.

  15. martinblanco.aso.1a di:

    A regla imposta sobre o nivel de son é totalmente ignorada na actualidade. A contaminación acústica está moi presente en todas partes.

    O oído humano, comeza a deteriorarse a partires dos 140 dB, aínda que xa é perigoso nos niveles a partires dos 100 dB, uns niveles que podemos atopar na maioría das discotecas.
    Son moitas as persoas que dispoñen de alteracións (algunhas veces pequenas, outras moi notables) do sentido acústico, que poden ser escoitar os sons máis altos ou máis baixos do normal. Ademais, non é só perxudicial para o oído: escoitar música a un nivel moi alto dana o cerebro, xa que pode xerar trastornos a medio ou largo prazo.

  16. manuelsomoza.aso.1a di:

    O ruído que se xera en acontecementos deportivos é moi intenso. Persoalmente a min molestame o ruído das bocinas que algúns afeccionados levan ós partidos de baloncesto…
    No caso do fútbol, un bó exemplo foi neste pasado Mundial, en Sudáfrica onde as vuvucelas tiveron un gran protagonismo. Nos partidos, os afeccionados tocaban as vuvucelas e os xogadores mismos non eran capaces de escoitar os pitidos do árbitro e eralles moi dificil estar concentrados no partido con ese molesto rúido. Un grupo de científicos fixo un estudo nun dos partidos e a frecuencia máis alta que se chegou a rexistrar foi ata 1630 hercios.

  17. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Comparto a opinión de Martín, nesta sociedade non nos preocupamos na potencia de sons que producimos. O principal productor de sonido sna cidade é o tráfico, seguido dos locales públicos como discotecas, bares…
    O bombardeo constante deste de sons vai deterionandonos o sentido do oído, pero este é só un dos multiplos problemas que pode producir. Estes problemas poden ser, dolor de cabeza, hipertensión, estrés, cansancio, insomnio, falta de concentración, maior irratibilidad, problemas do corazón…, pero a meirande parte dos problemas comezan co insomnio, sufrido por moita xente.

  18. micaelgarcia.aso.1a di:

    A contaminación acústica, por definición, é o exceso de son que altera as condicións normais unha zona. Este fenómeno esta cada dia máis presente na vida cotidia nunha persoa, e a larga pode producir efectos fisiolóxicos e psicolóxicos nocivos.
    Un informe da Organización Mundial de la Salud considera 50 dB como límite superior desexable, outro estudo a Unión Europea expón que diariamente máis de 80 millóns de persoas sofren ruídos ambientais superiores a 65 dB e outros 170 millóns entre 55 e 65 dB.

  19. gabriellema.aso.1a di:

    Actualmente a contaminación acústica é unha das maiores preocupacións nas áreas urbanas. De feito, nos últimos anos esta creceu considerablemente. Estímase que en España ó menos nove millóns de persoas soportan niveis medios de 65 decibelios.
    Estas variacións e ruidos poden acabar producindo no individuo insomnio, ansiedade, falta de concentración ou comprensión, irritabilidade, estrés e debilitamento do sistema inmunolóxico, a parte doutras consecuencias físicas, sociales e económicas.

  20. noeliadozo.aso.1a di:

    A contaminación acústica, aínda que non nos decatemos apenas dela, estanos perxudicando notablemente.
    Non só son en días puntuais como é a celebración futbolística que se menciona no post, senón que día a día podemos observar distintos fenómenos que están superando os decibelios permitidos.
    Moitos rapaces novos, ratifican as súas motos aumentando a cilindraxe emitindo así despavoridos sons que superan o umbral de dB que o oído humano pode permitirse. Pero está claro que ninguén llo vai prohibir, sería demasiado arriscado.

  21. sandragarcia.aso.1b di:

    É certo que últimamente a nosa capacidade auditiva é menor, vben sexa pola contaminación acústica, ou porque os nenos e xovenes empregamos audiculares nun volume demasiado elevado.
    No post fala do elevado número de decibelios que estamos obrigados a soportar, por exemplo, nun partido de fútbol, pero eu creo que non hai maneira posible de regular iso, xa que é imposible prohibir á xente gritar. Sí se podería restrinxir o emprego de artefactos que xeran moito ruido, como bocinas ou similares, xa que perxudican o noso oído.

  22. paulacnine.aso.1b di:

    E vardade que cando hay un encontro como estes no que millerios de afeccionados saean a celebrar un gol, e normal que haxa ruido xa que asi expresan a sua alegría, na actualidade hay moitisimas cousa que afectan os nosos oídos xa que con tan so non escoitar o MP3 co volume adecuado podemos perder algo de oído xa que son volumes demasiado elevados cando non somos conscientes do volume necesario que debemos poñer.

  23. laurareguera.aso.1b di:

    E asombroso canto ruido podemos chegar a escoitar, e sobre todo nas cidades onde se concentra mais. Estou de acordo con que cando estamos co Mp3 poñamos un volume adecuado, onde poidamos escoitar a música e tamen o que pasa o noso arredor, xa que se imos pola rúa escoiando música cos cascos a toda volume e imos cruzar un paso de peatóns o levar tanto volume non escoitamos o coche que ven de frente e podemos ter un grave accidente

  24. eloyrdaporta.aso.1a di:

    UN son apartir dos setenta db xa comeza a ser perxudicial para a saúde, e apartir de ahí comezan a probocarnos estrés e insomnio. E de entre 100 e 110 db xa comeza a danar o oído e se coñece como umbral tóxico. DE seguido doubos uns datos sobre o ruido que causan os obxectos máis cotidianos:
    ·UN susurro ou respiración- 10 db
    ·Murmullo- 30 db
    ·Habitación en silencio-40 db
    ·Conversación- 50db
    ·Timbre dunha casa-80db
    ·Banda de música-90 ou 100
    .Claxón dun coche-110
    .Tráfico- 120db
    .O motor dun avión 150db

  25. angelpadin.aso.1a di:

    A contaminación acustica pode ser moi perxudicial debido á pouca importancia que lle damos, pero un forte impacto auditivo pode ter causas notables para o noso benestar, como poden ser os efectos psicolóxicos como insomnio, fatiga, estrés… ou efectos psicopatolóxicos como dilatacion de pupilas, alteración do pulso cardiaco, aumento da presion arterial e dor de cabeza… a uns 60 db e umento da glucosa en sangue e dos trigliceridos a uns 85 db. Pode chegar a ter efectos sobre a conducta, a memoria, a atención…

  26. lorenabuceta.aso.1b di:

    Un factor importante neste tema son os locais ou discotecas.Ainda que en España o nivel de decivelios nestes locais sexa alto con 86 db, o volume elevase demasiado nas discotecas británicas, según un estudio levado a cabo por o RNID, en 15 discotecas de Londres, Manchester, Edimburgo, Cardiff e Belfast.Nas discotecas do estudio, o nivel de ruido medido na pista de baile era de entre 90 e 110 decibelios. Si non se fan descansos alexándose da música alta pode producirse unha pérdida de audición.
    Un estudio anterior do RNID, entre persoas de 18 a 30 años que iban habitualmente ás discotecas, indicaba que o 73% das persoas sufrían pitidos nos oídos e unha audición reducida, tras unha noite neste tipo de locais.

  27. victorino.aso.1 di:

    O exceso de dB e unha cousa a cal non lle damos importancia pero tena. O futbol e un causante de ruido iso non cabe duvida xa que e un deporte o cal pois o segue moita xente pero creo que hai deportes os cales pois teñen unha contaminación acustica maior como a formula 1, motos… e no día a día pois nas cidades os coches, fabricas, discotecas… Na miña opinión pois o fútbol e unha vez ou duas cada ano como moito e coches, fabricas, discotecas… pois sonos todo o ano e isto eu creo que e un causante de extres nas zonas nas cales pois habita moita xente.

  28. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Non estou dacrodo con Victorino. É certo que na Fórmula 1, carreiras de motos de outros deportes que se utilizan vehículos, causan moito ruído, pero como explica Samuel nun comentario, normalmente os circuitos, salvo o de Valencia, celébranse fora das cidades, e grandes espazos, polo que a contaminación acústica é menor.
    Onde se era máis ruído é sen dúbida no fútbol, xa que os afeccionados van celebrar calquera acontecemento importante de victoria, cmo a liga, a copa do rei ou a champions, polo que a contaminación producida polo fútbol é moito maior.

  29. damianlores.aso.1a di:

    A contaminación auditiva si se acumula, traslada ou mantense no tempo como as outras contaminacións, pode causar grandes danos na calidade de vida das persoas si non se controla adecuadamente.

    O termino contaminación acústica fai referencia o ruído, entendido como son excesivo e molesto, provocado polas actividades humanas: tráfico, industrias, locales de ocio, aviones, etc, provocando efectos negativos sobre a saude auditiva, física y mental das persoas.

  30. xmiguelcastro.aso.1b di:

    Si,concordo con Eloi,ten razón cando fala dos affeccionados.Ai xa cuestión de(se lembro ben tres anos),a ultima vez que o Barcelona gañara a Copa de Europa,emitiran unha reportaxe,no que debido aos bós resultados do clube,o estadio soía estar a rebosar,e calcularon uns 80 decibelios,e se os afeccionados saltasen todos a vez,consegurían facer un pequeno por non dicir insignificante temblor de terra.
    Con isto quero dicir,que nas celebracións dos triunfos máis importantes,o aforo do Camp Nou case se duplicaría na praza de Canaletas,aumentando de maneira esaxerada os decibelios.

  31. sarabetanzos.aso.1b di:

    Gustaríame nomear as enfermidades máis detacas e coñecidas directas que pode chegar a causar a contaminación acústica ou sonora, pero o peligroso de todo isto, é que en moitas enfermidades todavía a día de hoxe son descubertas as causas e entre as que se topa como protagonista a contaminación sonora.
    Enfermidades así poden ser insomnio ou falta de concentración, problemas hormonais, de aprendizaxe, cardiovasculares, de afonía e disfonía… Hipoacusia ou sordeira, entre elas.

  32. silviagarcia.aso.1b di:

    Penso que pensar na contaminación acústica está ben, sobre todo no caso do fútbol…si unha aficción na hora do partido realiza dB polo aire…pero pensamos algunha vez…a contaminación que realizan despois dun partido??a aficcion despois dun partido colle os coches e fabrican unha de combustible para capa de ozono impresionante, logo con bengalas, con porquería, con desperfetos en canto queimando materiais tóxicose rompendo cousas que a sua elaboracion lamentablemente contamina…está moi ben pensar na contaminacion acustica…pero en situacions como esta…penso que hai contaminacións máis perigosas por outras vandas.

  33. arantxaleiro.aso.1b di:

    Ao longo do dia todo o mundo escoita millóns de ruidos e aun voolumen diferente,e e inevitable deixar de escoitalos pois ainda que unha persoa intente que non haxa ruidos,sempre hahi ruidos ainda que esteas na calle.E a verdad e que tamen é algo oi importante o da contaminación acustica,e as enfermidades que poden causar tamen.