Mente sá en corpo sá

Seguro que moitas veces nos dixeron a importancia que ten realizar exercicio físico constantemente aínda que as veces por vagancia ou falta de tempo, entre outros casos, non se realiza o necesario. Non todas as vantaxes do exercicio se centran en obter unha mellor figura xa que ten moitos máis beneficios como:

imagen

Axuda a fortalecer ósos e músculos proporcionandolle flexibilidade, resistencia e unha maior cantidade de osíxeno, axuda a mellorar a capacide pulmonar, rexuvence o corpo evitando o envellecemento prematuro e axuda a elminar toxinas, axuda a durmir mellor e estar máis relaxado aumentando a nosa capacidade cerebral, o que evita o risco de contraer depresións, dsminúe o risco de contraer osteoporose, xa que realizando exercicio físcio os nosos ósos volvense máis fortes (esta enfermidade aféctalle en maior medida ás mulleres despois da menopausa xa que os ósos quedan máis débiles tras a perda de calcio que sufriron). En definitiva realizar deporte axuda a mellorar a nosa calidade de vida agora e a longo prazo.

Ao principio destacamos que as veces non realizamos por falta de tempo ou vagancia, e os espertos recomendan reducir as horas de televisión e ordenador e empregalas para realizar algún tipo de deporte como camiñar, correr etc… E hai que ter en conta que o deporte comezase realizando pouco a pouco xa que mentras o noso corpo non se acostuma pódense producir lesións. E tamén se recomenda empezar a practicar deporte de nenos para evitar a obesidade infantil que hoxe en día está moi presente e para acostumar o noso organismo.

imagen

Autor: Mari Maquieira Cancela

Esta entrada foi publicada en Medicina, Saúde e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

32 Responses to Mente sá en corpo sá

  1. mariamcosta.aso.1b di:

    En efecto, a realización de exercicio é moi importante para nós. Os seus beneficios a nivel físico son innumerables e fartamente coñecidos por todos nós. Pero eu creo que tamén nos axuda a nivel mental: estamos máis frescos e áxiles, e con máis enerxía.
    Para a xente que non ten tempo para estas cousas ou simplemente á que non lles gusta demasiado, está recomendado que fagan polos menos un exercicio coma correr ou camiñar. O simple feito de facer unha camiñata a ritmo rápido unhas tres veces á semana, aínda que non serve se o que queres é ter unha forma física de ximnasio, si reporta moitos beneficios para nós. Tamén son recomendables os estiramentos, aínda que non fagas exercicios, para manter os músculos despertos e flexibles.

  2. gabriellema.aso.1a di:

    É certo que moitas veces non realizamos exercicio por falta de tempo ou por pura vagancia, e estamos cometendo un grave error, xa que unha actividade física controlada e planificada, apórtanos moitos e grandes beneficios.
    As pautas mínimas a seguir á semana para manterse en boa forma son:

    – Un mínimo de tres horas á semana
    – Un mínimo de 40 min por sesión
    – Alrededor do 95% do exercicio aeróbico lixeiro e medio
    – Alrededor do 5% de exercicios de intensidade media e alta
    – Traballo de fortalecemento abdominal en tódalas sesións
    – Exercicios de flexibilidade articular (estiramentos) en tódalas sesións
    – Exercicios de coordinación e equilibrio en tódalas sesións.

  3. laracores.aso.1b di:

    Por todos é sabido que o exercicio aporta cantidade de mellores na nosa vida, pero como comentan no post non é algo tan fácil de facer.

    O que temos que ter claro é que o exercico non é so algo que facemos para mellorar o noso físico, senón tamén para mellorar a nosa calidade de vida, por eso hai que ter coidado xa que unha obsesión con el. Neste caso o exercicio pódenos levar a pasar enfermidades coma a vigorexia, que é un trastorno no que a persoa está descontenta co seu físico e quere conseguir máis voluminosidade de músculos, polo que se exercita en exceso. Por eso temos que ter coidado con obsesionarnos tanto polo exercicio, inda que en liñas xerais é recomendable practicalo tódalas semanas.

  4. noeliadozo.aso.1a di:

    A actividade física está presente no noso día a día. Ademais de tódolos beneficios xa citados no post, o deporte proporciona máis lonxevidade; diminuíndo o risco de infartos de miocardio, enfermidades arterias e, principalmente, todo tipo de patoloxías cardiovasculares.
    Outro dato e que as persoas fumadoras que realizan exercicio físico regularmente teñen máis facilidade para abandonar este mal hábito.

  5. sandragarcia.aso.1b di:

    Claro que facer exercicio é moi beneficioso, peor como di no post a nos comentarios dos meus compañeiros, non sempre e tan doado como parece. Moitas veces pola vagancia, ou pola falta de persistencia, deixamos o deporte a un lado coa excusa de que xa o faremos outro día, ou que porque un día non o fagamos non pasa nada. É recomendable que todos os días se faga algo de deporte, para mellorar a nosa condición física. Ademais, mellorando o noso corpo, melloramos tamén a nosa saude mental, xa que nos sentimos máis sans, e o ver os cambios que o noso corpo experimenta a causa do deporte, anímannos aínda máis.
    ‘Non fago desporte porque non teño tempo’ ou ‘Cando teño tempo estou canso’ é o que escoitamos con máis frecuencia. Convén intentar sacar tempo para sentirnos mellor con nós mesmos.

  6. sarabetanzos.aso.1b di:

    O exercicio físico é moi beneficioso, non só para baixar de peso. A maioría das persoas acoden a el para adelgazar, e non se decatan do favor que lle están proporcionando ao seu corpo.
    O exercicio diminúe o colesterol, o risco de infarto… Baixa a tensión si está alta.
    Según lin, é tan eficaz como a psicoterapia no tratamento da depresión.
    Ademais, estimula a liberación de endorfinas, hormonas internas que producen sensacións de placer e benestar.

  7. arantxaleiro.aso.1b di:

    Paréceme realmente interesante este post,principalmente porque non minte,di a verdade ,pois facer deporte beneficia a moitísimas persoas,pero é bo comezar a facer deporte desde pequeniños,pois despues o corpo xa se vai acostumando ,faise máis flexible.
    Facer exercicio cada dia trae consigo moitos benefios:fortalece o corazon,os pulmons e as articulacións,aumente o osíxeno,o ton a forza e o volumen…
    Asi podria seguir con moitos benefios pois son moitos os que se poderian conseguir,incluso para que o corpo se sinta mellor e este mais relaxado para pasar mellores noites.

  8. paulacnine.aso.1b di:

    O exercicio e moi bo para moitas cousas, xa que realizando podes manter a tua mente despexada e fas que o teu corpo pouco a pouco se sinta mellor consigo mesmo, e ti tamen xa que o exercicio e moi saludable.
    Hai moitas persoas que non o practican, xa que non lle guta debido a que non lle encontraron o seu lado divertido, ou beneficioso ou simplemente nn lles gusta xa que lles parece unha tonteria ou perdeda de tempo.

  9. lourdesfarina.aso.1b di:

    Ademais do que aportan os meus compañeiros hai que dicir que outro dos beneficios de facer exercicio é que o músculo máis importante do noso corpo, o corazón perde a graxa que o rodea aportando máis fortaleza. Desta forma podemos observar un corazón moito máis forte e grande.
    Co exercicio non só fortalecemos este músculo senón todolos os demais, falo agora dos músculos encargados de vaciar e encher o aire dos pulmóns. Fan que se poida tomar máis aire con menos gasto enerxético facendo que a respiración sexa maís eficiente aumentando a oxigenación e reducindo o estrés dos músculos respiratorios.
    Por un lado aumenta a superficie de transmisión do oxíseno ao sangue, esto fai que se produza unha maior capilarización por un maior número de alveolos en funcionamento
    Por outro lado cando os pulmóns necesiten unha aportación de osíxeno poderán levar acabo esa función sen toses nen agotamento.

    Esta información é unha pequenísima parte da que nos podemos encontrar cos beneficios do deporte. Tan só 20-25 minutos diarios podemos facer que as nosas vidas duren máis.

  10. elisaduran.aso.1a di:

    Hoxe en día, todos os medios de comunicación informan constantemente da importancia da actividade fisica no día a día de cada persona. Tamén, na actualidade, a actividade física, sobre todo, antes de ser importante por unha mellor calidade de vida ou ata por unha mellor esperanza de vida, sobre todo, hoxe en día, cunha dieta equilibrada, utilizase para baixar eses quiliños de máis para que quede ben o vestido do fin de semana. Moitas veces, esa tendencia a adelgazar, demasiadas veces, sen necesidade médica, simplemente é pola presión mediática que se ten hoxe en día co tema do físico. Pero de todos modos, sexa por razones puramente estéticas ou por razóns máis saludables, a actividade física está presente sempre.

  11. cristinagesc.aso.1a di:

    Tódolos días escoitamos na radio ou vemos na televisión que facer deporte é saudable e imprescindible pero, como ben se di no post, xa sexa por vagancia ou por estar cansos despois dun día de traballo, non o facemos. Temos que pensar que un simple paseo despois de cear pode sernos moi bo para a nosa saúde. O que non podemos facer e poñerse a correr forte despois de cear, xa que o noso organismo está realizando a dixestión e utilizando as forzas nela, quedando sen forza para realizar un gran esforzo físico.

  12. oscaralvarez.aso.1b di:

    O exercicio físico é algo que debe estar presente na vida cotiá de todos pero ante a escasez de tempo, o malestar ou simplemente a vagancia optamos por non facer este exercicio. A práctica de actividade física débese realizar en todas as etapas da vida aínda que en cada etapa as persoas cambiamos o obxectivo do exercicio.

    Os nenos deben practicar deporte para evitar a obesidade infantil e para crecer con menores problemas que, como se citan en comentarios anteriores, a práctica de exercicio físico axuda a reducir. O obxectivo de realizar deporte é diferente nos adolescentes e adultos que buscan perfeccionar o seu corpo ou, no caso dos deporistas, mellorar as súas capacidades deportivas. A xente máis maior tamén debe de practicar exercicio inda que moito máis débil, dadas as súas condicións, para poder levar una vida diaria máis cómoda e reducir numerosos problemas que coa vellez se dan en maior número.

  13. estelachaves.aso.1a di:

    Como ben dixeron os meus compañeiros, realizar exercicio é necesario porque gracias a el o noso corpo está máis protexido. Aparte dos benefiicios mecionados no post, a realización de exercicio ten moitas máis vantaxes:
    -Axuda a combatir o extrés.
    -Mellora a autoestima, ó verse mellor pola constitución que se consegue.
    -Aumenta a resistencia e diminúe o risco de fatiga.
    -Axuda na relaxación, facendo que os músculos se contraigan e sentir así mesmo unha gran sensación de benestar.
    -Queima calorías.
    Outro dato interesante, é que axuda a mellorar o sono, factor moi beneficioso.
    Pero o problema do deporte é que é necesario ser constante, e na época na que estamos, onde a nosa vida se rixe por unha serie de exames e clase, non constamos da suficiente estabilidade para rpopoñerse realizar todos os días un pouco de deporte.

  14. belindagomez.aso.1a di:

    A actividade física é imprescindible para manter controlada a osteoporose. As actividades de sobrecarga (exemplo:o camiñar), teñen maior efecto positivo sobre os ósos que aqueles exercicios nos que o individuo non soporta o propio peso, tales como natación ou ciclismo. Por outro lado, convén ter en conta que o exercicio de sobrecarga estimula a masa ósea de forma localizada, polo que se aconsella traballar todas as partes do corpo (pódese observar que o brazo activo dun tenista posúe ata un 20% máis de óso que o inactivo).
    Dieta e exercicio son determinantes da masa ósea ao final do proceso de maduración e na conservación durante a vida adulta.

  15. rebecapineiro.aso.1a di:

    Os programas de actividade física deben proporcionar relaxación, resistencia, fortaleza muscular e flexibilidade.
    Na interacción do corpo co espazo e o tempo a través do movemento, constrúense numerosas aprendizaxes do ser humano.
    Facer deporte diminúe a frecuencia cardíaca de repouso e, cando se fai un esforzo, aumenta a cantidade de sangue que expulsa o corazon en cada latido. Desta forma a eficiencia cardíaca é maior, gastando menor enerxía para traballar.
    Tamén mellora o sono, contribúe a unha maior independencia nas personas maiores, prevén o deterioro muscular producido pola idade, diminúe a sensación de fatiga…

  16. ateneaprado.aso.1b di:

    A actividade física pode darlle unha vida mais longa e unha melloría notable en canto a saúde. O exercicio axuda a previr sobre todo as enfermidades do corazón, e moitos outros problemas. Ademais o execicio tamén aumenta a forza, dache mais enerxía e pode axudar a reducir a ansiedade e a tensión. En resumen, facer exercicio proporciónanos grandes beneficios en todos os sentidos.

  17. laurareguera.aso.1b di:

    Non sabía que o exercicio fose tan beneficioso, pensaba que sería bo para manterse en forma e para os deportistas, pero xa vexo que serve para moitisimas mais cousas e moi importantes. Eu penso que a maioría da xente tampouco fai deporte, a parte de que non hai moito tempo, tamen porque non lle gusta ir solo, prefiere ir con algunha compañia, xa que así ainda te distraes moito maise non sería tan aburrido e gustariache repetir mais veces.

  18. miguel.aso.1b di:

    O corpo do ser humano está diseñado para camiñar todo o día na búsueda de alimento ou lugares onde durmir, descansar e comer un pouco e continuar o seu camiño (coma sucedía na época na que os seres humanos eran nómades).
    Na actualidade, o ritmo de vida globalizado e tecnolóxico que levamos fainos máis cómoda a vida, e non precisamos de desprazarnos ou realizar grandes esforzos físicos. Isto ten unha parte mala, pois a nosa condición física deteriórase con facilidade se non practicamos exercicio con asiduidade e facemos unha dieta equilibrada.

  19. micaelgarcia.aso.1a di:

    O deporte é algo imprescindible na vida de calquera persoa sá, pois é o responsable de aportar moitos beneficios físicos e mentais.
    Pero o deporte hoxe en dia é algo máis que unha simple actividade física, pois move millóns de cartos e é o responsable do seu propio lugar na economía, xa sexa por actividades como a prensa, a construcións de infraestruturas, mediciña especializada, “merchandising”…

  20. samuelmarino.aso.1a di:

    Por todos estes motivos é tan importante empezar a realizar deporte dende cativos. Xa que cos simples xogos cos que tanto nos divertíamos de ananos mellóranse significaticamente as funcións cardiovasculares e contribúe a unha adecuada maduración do sistema músculo-esquelete e das súas habilidades psicomotoras. E co exercicio físico continuado e unha dieta saudable regularás o teu peso corporal evitando a aparición da obesidade, tanto na infancia como na vida adulta( o 80% dos adultos obesos xa o eran de cativos)Tamén, como xa dixeron algúns dos meus compañeiros, axuda á prevención de enfermidades dexenerativas como a arteriosclerosis.

  21. migueltrigo.aso.1a di:

    Eu penso como Samuel, dende pequenos debemos practicar o deporte que mais nos guste, e debemos introducir a os pequenos das nosas familias no mundo do deporte, calquera deporte, pois e algo que engancha (no bo sentido). Ademais de ser mala para a persoa que a padece, a obesidade supón un 10% do gasto público de sanidade. Reducíndoa, aforraríanse bastantes cartos que se deberían reinvertir en polideportivos, axudas a deportistas, etc…

  22. fatimafuentes.aso.1a di:

    O exercicio debería ser algo fundamental nas nosas vidas, pero por diferentes motivos como falta de tempo, de vontade, ou por cansancio, entre outras cousas, son moitas as persoas que non realizan ningún tipo de deporte. Isto, ademáis de consecuencias físicas que non teñen maior importancia ata certo punto, pode acarrear outro tipo de problemas de saúde, como pode ser a obesidade. Outros factores favorables que nos proporcionan certo tipo de deportes, poden ser: unha mellora xeral da conciencia e o estado físico, un traballo emancipador e específico do xénero, un desenvolvemento de valores e modelos positivos, unha mellora nas relacións públicas, pode ser empregado como terapia.

  23. martincabal.aso.1b di:

    O deporte é unha actividade social moi desenvolvida, tanto que os deportes están pensados para distintas idades, empezamos con xogos lúdicos, seguimos con deporte de compañeirismo, ximnasio, tenis, padel, pilates… Anque non ten que ver, esta recomendado practicar deportes que estean relacionados co teu grupo de idade, para reducir o risco de lesión.

  24. elisaduran.aso.1a di:

    Como ben introduce Martín Corbelle, hoxe en día o deporte adaptouse moito as necesidades de cada individuo. Cada un debe saber o que quere facer, “o que quere adelgazar”, a súas capacidades cardíacas, a súa idade, sexo etc. Como tamén di moi acertadamente Samuel, é moi importante que collamos ó hábito de facer deporte dende moi pequenos e así levar unha vida saudable durante moito tempo.

  25. noeliavazquez.aso.1a di:

    Facer deporte proporcionanos unha mellor vida, pero desgraciadamente ainda hai moitas persoas que non o practican, ben sexa por falta de tempo ou por simple vagancia.
    Hoxe en día desde o colexio estannos a inculcar estes hábitos e penso que a maioria das persoas se habituarán a ese xeito de vida e non so eles practicarán o deporte senón que tamén arrastrarán por decilo dalgunha maneira aos seus pais e avós a estes hábitos.

  26. manuelsomoza.aso.1a di:

    Hoxe en día o deporte está presente nas nosas vidas xa sexa por campeonatos de élite ou por estudos científicos ou recomendacion dos médicos por dores que temos, por recuperacións tras lesións ou simplemente por practicalo.
    O deporte é algo básico na vida de toda persoa, é necesario para non estar obeso, para sentirse mellor un mesmo,para liberar toxinas mediante a suor, para descargar todas as tensións acumuladas, para non aburrirse, para coñecer a xente, en poucas palabras, para ter unha mellor calidade de vida.

  27. xmiguelcastro.aso.1b di:

    Digo o mesmo que martincabal,hoxe en día o deporte esta adaptado a persoa.
    Sinto ter que discrepar con somoza en que é necesario facer deporte pra non estar obeso,xa que o metabolismo de cada persoa e moi diferente,e non por non facer deporte vas ser obeso.Na miña opinión facer anque sexa algo de deporte a semana,ben sexa montar en bici;xogar ocs amigos e moi bó,xa que che axuda a non caer absentismo,todo iso acompañado dunha dieta máis ou menos equilibrada,sen comer entre horas,bebendo auga,etc

  28. sarabetanzos.aso.1b di:

    Está claro, Xesús, que o deporte sempre vai a ser beneficioso. Sempre que non se practique en exceso, claro (vigorexia).
    Pero o deporte, aínda que só o practiques un día, ou dous á semana (habendo semanas que incluso non o practiques) ao largo da vida creará moitos beneficios. É íncrible, un par de horas ou catro semanais de exercicio físico poden ter unha rentabilidade impresionante.

  29. victorino.aso.1 di:

    Xa non e a primeira vez que sale un post deste estilo que facer exercicio e veneficios. Esta claro que isto axuda pois a encontrarse un ben fisicamente e atoparse agusto co seu corpo. Como di o post pois moitas veces por falta de tempo ou por outros motivos pois non se realiza deporte pero na miña opinión a malloria das veces e por bagancia xa que todos temos un momento libre e polo tanto temos tempo para facer exercicio pero a malloria este tempo pois o usa para estar no ordenador ou na televisión.

  30. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Estou dacordo con qu ea xente practique deporte, pero todo en esceso é malo. Co deporte, ademais de queimar calorías tamén sometemos os músculos a un proceso de desgaste que pronto se recuperan co descanso, isto é máis notable nas persoas que o practican amiudo. Pero en esceso, non digo que sexa malo facer deporte, pode causarnos lesións nas que teríamos que absternos a calquera xogo deprotivo, converténdose así un remedio en peor ca enfermidade.

  31. sarabetanzos.aso.1b di:

    Bueno, eu non entendo moi ben a que tipo de lesións te refires Eloy, pero iso pode pasar aínda que non practiques deporte en exceso ou a miúdo. Unha lesión levada a cabo practicando un deporte pode deberse a un pequeno fallo, a un mal quentamento… Non ten por qué relacionarse co exceso de prácticas de deporte.
    Non sei que deixei claro o concepto, igual che malinterpretei.

  32. silviagarcia.aso.1b di:

    Penso si e non igual ca Eloy, a ver praticar deporte, é moi bo, pero cando o corpo está dia a dia, e no dia momento si e outro tamén facendo deporte, este debilitase moito máis que aquel que facendo deporte non o esforza tanto dia a dia e lle da o mesmo tempo descanso, e o que está máis debilitado ten máis posibilidades de lesionarse que aquel que non o está…