Invasión de baleas

A baía de Wilhelmina, situada na Antártida, foi durante uns anos obxeto de estudo de investigadores estadounidenses, xa que nela aparecían inusuais aglomeracións de máis de 300 baleas jorobadas que se alimentaban de abundante krill (especie de crustáceo semellante ao camarón).

 

imagen

Este comportamento tanto das baleas coma do krill non é habitual nesta época do ano, xa que a bahía debería estar cuberta, case na súa totalidade, por grandes capas de xeo. Sen embargo só existen pequenos bloques que cobren arredor do 10% da extensión mariña do lugar.

 

imagen

Se a zona se atopase en condicións normais, o xeo recobrería o krill e as baleas veríanse obrigadas a buscar alimento noutra parte. Certo é que o derretimento das placas de xeo da Antártida debido ao cambio climático é beneficioso para as baleas a curto prazo, xa que atopan alimento facilmente. Pero nun período máis longo de tempo, este suceso non será tan beneficioso nin para as baleas nin para o krill , xa que éste non terá capacidade de aumentar a súa poboación e, como consecuencia, as baleas carecerán de alimento, feito que pode provocar a desaparición de ámbalas especies.

 Autora: Noelia Dozo

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

24 Responses to Invasión de baleas

  1. silviagarcia.aso.1b di:

    Volvemos a ver neste tema outro caso no que o cambio climático está chegando con forza. Os animais buscan o seu alimento sexa onde sexa…hoxe en día xa non podemos decir que as aves e outras especies animais emigran hacia outro lugar nas fechas onde se teñen que ir xa que devido o quentamento global os animais emigran en fechas diferentes as abituais. atopei unha noticia onde nas costas valencianas se puido ver unha balea deste tipo.

  2. silviagarcia.aso.1b di:

    A miña pregunta sobre o comentario anterior é: que pasará cando estes animais non teñan o alimento que necesitan?

  3. cristinagesc.aso.1a di:

    O krill é un eslabón fundamental no ecosistema mariño antártico. Aliméntase fundamentamente de algas e considérase que constitúe a maior biomasa do mundo actual. A renovación natural desta biomasa realízase cada dous anos.
    Debido a gran importancia como fonte de proteínas, péscase sobre todo por parte das flotas xaponesas e polacas. Ademáis os trece países membros do Tratado do Antártico crearon unha oficina con base en Australia que dispón de poderes para limitar as capturas.
    Tamén este crustáceo ten unha acción benéfica sobre o sistema cardiovascular (arterias e corazón) e axuda a ter o nivel xusto de tensión arterial contribuíndo a reducir o risco de esclerosis, infartos e trobosis entre outros.

  4. rebecapineiro.aso.1a di:

    Unha vez máis estamos diante das consecuencias do cambio climático.
    A fame, a pérdida de hábitat e as interferencias coas actividade humanas son as novas ameazas ás que teñen que enfrentarse os cetáceos debido ó cambio climático.
    O derretimento dos polos, o aumento do nivel do mar e os cambios de salinidade causarán outros efectos biolóxicos e químicos que afectaran á produtividade dos alimentos dos cetáceos, ao cambio xeográfico da súa disponibilidade ou á transformación dos hábitats de cada unha das especies de cetáceos.

  5. eloyrdaporta.aso.1a di:

    O Krill é a especie animal que se atopa en maior cantidade no planeta, xa que só na Antártida atópanse máis de cincocentos millóns de toneladas, xa que precisan o xeo para poder reproducirse, e serve de alimento a baleas, peixes e algunhas aves, e en menor medida para o consumo humano. Coa desaparición das baleas, o krill aumentaría a súa producción, xa que estas poden comer ata dúas toneladas dunha vez, pero coa falta de alimento e perda de xeo, esta especie pode estar en perigo de extinción, o ser máis facil a súa captura o desaparecer o xeo, tanto para os animais coma para os humanos.

  6. estelachaves.aso.1a di:

    As baleas jorobadas caracterízanse por ser as máis acrobáticas de todas. Razón pola cal despertan unha moi grande espectación e son as máis aclamadas polos turistas. Este tipo de balea dase nos polos, pero aparece en lugares como Sanamá, cando éstes están en inverno, aínda que parezca contradictorio, as baleas (acostumadas ó frío dos polos), pasan a súa estación quente neles.
    Aínda que son chamadas baleas jorobadas en realidade non teñen ningunha joroba algunha, se non que teñen esa denominación pola forma que fan ó arquear o lombo cando asoman á superficie e emprenden unha emersión profunda. Outras das características que presentan estas baleas son as súas grandes aletas pectorais, que poden chgar a medir cinco metros, e tamén posúen unhas perturberancias na cabeza,crecéndolle un pelo en cada unha delas.

  7. micaelgarcia.aso.1a di:

    Ademais, o Kril estase volvendo cada vez máis importante para a sociedade humana, pois é un bo alimento para os peixes na acuicultura e é fonte de valiosos aceites usados como suplementos nutricionais.
    Se pola sobreexplotación do Kril este chegase a extinguirse ou a baixar moito a súa poboación, produciríase un gran desequilibrio biolóxico, posto que o Kril esta na base da cadea alimenticia de moitísimos animais, e dende os consumidores directos de Kril hasta os grandes carnívoros mariños sufriríase un descenso da poboación.

  8. oscaralvarez.aso.1b di:

    As baleas jorobadas poden correr perigo pola causa que se cita no post pero estas baleas tamén corren perigo pola súa caza masiva. Este tipo de baleas reduciu considerablemente a sua poboación a finais do seculo pasado, desaparecendo en todo o século cerca de 200.000 especies. Parece ser que dende o 1999 a caza reduciuse coniderblemente e as poboacións de baleas empezaron a crecer novamente, inda así, a caza destes animais é bastante frecuente.

  9. miguel.aso.1b di:

    A situación que plantea este post recórdame a un suceso que, a moita menor escala, dase en América do Norte: As lebres de América do Norte, cada X tempo teñen unha tempada de esplendor en canto a alimento, cría e desenvolvemento. Os linces que se alimentan de lebres, como consecuencia deste esplendor de alimento, tamén se desenvolven moito, e as súas camadas de cachorros, en troques de ser de dous, son de cinco.
    Pero cando chega o inverno, as lebres quedan sen alimentos, e producese unha morte masiva entre as lebres, o cal repercute nos linces, dos cales tamén perecen un grande número de indivíduos.
    Isto non supón ningún problema para estas especies, pois é un proceso da natureza.
    En troques, o caso que plantea este post é moito máis alarmante, pois estamos a falar dunha consecuencia do cambio climático, unha manipulación do ser humán no medio ambiente. Este “período de esplendor” para as baleas e o krill pódese desencadear nunha verdadeira ecatombe medioambiental.

  10. elisaduran.aso.1a di:

    Unha vez máis, este cambio climático lle afecte a biodiversidade, neste caso as baleas jorobadas e o krill. Pero as baleas jorobadas,Megaptera novaeangliae,veronse moitas veces en perigo. Na actualidade están nun estado de conservación de preocupación menor, pero esta especie foi obxecto de caza. A causa da captura excesiva, a súa poboación chegou a reducirse ata un 90%. Dende enton, a poboación recobrouse parcialmente; porén, os enredos en elementos de pesca, as colisións con buques e a contaminación acústica, continuan sendo unha fonte de preocupación.

  11. gabriellema.aso.1a di:

    Esta é outra das consecuencias do cambio climático, a pesar de que é beneficioso na actualidade, se a situación segue tal como está, dentro duns anos, a situación empeorará considerablemente.
    A balea jorobada é unha especie migratoria que pasa os veráns en aguas frías de altas latitudes e que se reproduce en climas tropicais ou subtropicais. Descoñécese o propósito destas migracións, aínda que todo apunta a necesidade das baleas á obtención de enerxía explotando o superávit do alimento durante o verán, obtendo unha vantaxa termodinámica ó pasar o inverno en augas templadas ou cálidas onde se reproducen. Se o cambio climático segue avanzando e o krill desaparece nesta zona, estas baleas terán que buscar outras zonas para alimentarse.

  12. migueltrigo.aso.1a di:

    Eu creo que a natureza se autoregula, explicovos, como en calquera relación depredador-presa, se a poboación de depredadores aumenta, e consomen demasiado, a poboación de presas diminue de maneira que os depredadores quedan sen suficiente alimento. Así o seu número redúcese, dándolle ás presas un tempo para aumentar o seu número ata que os depredadores volvan a ser moitos, e así continuamente. Claro está que tamén interfire a acción humana, pero sobre eso si que podemos actuar, pois está na nosa man, pero, como xa dixen no caso do resto animais, penso que se regula solo.

  13. manuelsomoza.aso.1a di:

    Eu creo que tamén pode ter ademais otro efecto negativo xa que pasados uns anos se se regulase outra vez o clima e poidese haber xeo nesa zona, aínda que o krill tivese es protección, as baleas xa non serían capaces de buscar noutras zonas xa que modificadas as suas conductas e polo tanto a sua forma de alimentarse, e dicir, sen buscar noutros lados. Noutras palabras, acostumbraríanse a ter comida fácil e sería moi dificil que recobrasen a sistema de vida que antigamente tiñan.
    Por outro lado, non estou dacordo con miguel xa que sí, diminúe o numero de presas y como consecuencia o de depredadores, pero o descenso de nº de presas e moito máis avanzado cao de depredadores. Ademais se non teñen esa protección do xeo pode chegar a desaparición e como consecuiencia a desaparición dos depredadores.
    Xa sei que poida que este caso sexa un pouco extremo pero tamén no que ti te baseas, sí, regulase pero tendrían un número máis pequeno de membros ambalas dúas especies, polo tanto máis débiles e ter máis posibilidades de extinguirse.

  14. noeliadozo.aso.1a di:

    Non só serían as baleas as que saírian perxudicadas se desaparecese o kril, senón que son moitas as especies as que dependen deste crustáceo para sobrevivir; pingüíns, focas e aves mariñas. Pero un estudo revela que estas especies por medio dos mecanismos de adaptación poderían chegar a cambiar a súa dieta.
    Ao desaparecer o krill, prodúcese un incremento duns organismos chamados sapas, que en caso de emerxencia funcionan como recurso alimenticio.

  15. micaelgarcia.aso.1a di:

    Miguel,na miña opinión, tes razón. Pero o que esta a ocorrer nesa zona e no resto so mundo é un proceso natural modificado polo home, polo que vexo máis difícil que a natureza se autorregule posto que non é ela a “causante” do problema.
    Canto máis abaixo se encontre un organismo na cadea trófica, maior impacto terá a súa ausencia ou desaparición, neste caso o Kril, como ben apunta Noelia, esta nun dos “cimentos” dunha cadea.

  16. elisaduran.aso.1a di:

    Estou totalmente de acordo con Micael. Como noutros moitos casos de cambio climático, estan demasiado relacionado coa actuación do home para que a natureza por si mesma se autoregule todo o rapido que nos quixeramos ou que o necesitaramos. Esto é o realmente importante porque a humanidade ten que ser consciente de que os nosos actos teñen unhas consecuencias tan fáciles de solucionar.
    No caso destas baleas e o krill pode que simplemente sexa pasaxeira , pero estos cambios van seguir sucedendose ata que realemente tomemos partido nesto rapidimanete.

  17. samuelmarino.aso.1a di:

    O krill son pequenos crustáceos mariños que nadan en densas bandadas, como se di no post, especialmente nas augas do Antártico. Estas baleas poden inxerir 2 toneladas de krill dunha soa vez, xa que aínda que son unha gran fonte de proteínas co gran tamaño que teñen necesitan cantidades enormes para satisfacer o seu apetito. Así que si o xeo non recubre o krill as baleas nun tempo prolongado acabarían exterminando o seu principal alimento.

  18. martincabal.aso.1b di:

    A frase de “pan para hoxe fame para mañá” venlle o dedo para esta noticia, non é ningunha boa noticia que as baleas hoxe se poidan alimentar mais e mellor grazas o desxeo, xa que mañá van ter serios problemas para sobrevivir.
    Eu creo que no desxeo xa pouco se pode facer, pero aínda así hai que diminuír as emisións xa.

  19. victorino.aso.1 di:

    Esta é unha noticia das cales pois non se escoitan tan abitualmente nas noticias pero non deixan de ser unha noticia que esta hai. Sen duda algunha esta e unha noticia moi mala xa que se estaria a falar da extinción de duas expecies animais as cales ainda que o ser humano pois non a “usemos” como alimento habitual pois non deben desaparecer se non pois estaríamos a falar dunha roptura da cadena alimentaria.

  20. sarabetanzos.aso.1b di:

    De acordo con Martín, o desxeo non é beneficioso, mirese por onde se mire. Pode ser que hoxe as baleas lles sexa rentable, pero non compensará co que pode pasar o día de mañá.

  21. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Non opino o mesmo que Elisa, este problema se non o paramos agora, non será un problema pasaxeiro, xa coa desaparición do Krill veríanse afectadas moitas especies que estan ligadas o crustáceo de forma directa, coma os peixes e animales árticos, e logo irían desaparecendo as especies que se alimentan deste Krill de forma secundaria(refírome a peixes e outros animais depredadores que se alimentan destes primeiros iniciais). Pero aínda que algúns deste animais cambien a súa dieta e continúen existindo, moi poucos o conseguirán, e teríamos así outro problema xa que moitas especies que poderían ser alimento para os humanos desaparecerían e o problema non lle afectaría só os animais marinos.

  22. elisaduran.aso.1a di:

    Eloy, eu nunca dixen que a desaparición doKrillfose pasaxeiro, senon que non é o último cambio climático que se vai producir, nin o primeiro. Cando me refiro a queéalgo pasaxeiro,refirome a que pode Krill este hoxe noutro lugar, e que mañan este en perigo de extinción, exaxerandomoito,claro. Pero o clima esta cambiando rapidamente, e hay que ter solucións canto antes.

  23. laurareguera.aso.1b di:

    Xa vemos outro efecto negativo mais que trae o cambio climático, que coa desconxelación dos polos o Krill non re reproduce e acabara desaparecendo, e as baleas mais do mesmo xa que o alimentarse deles o morrer non terán que comer. Por eso hai que buscarlle canto antes unha solución para que isto non siga ocorrendo e asi estes animais non desaparezcan.

  24. sarabetanzos.aso.1b di:

    Eu penso que a xente xa comeza a mentalizarse coa importancia que está tendo o cambio climático e as repercursións que tanto temíamos que sucedesen, xa que algunhas delas comezalos a vivilas día a día. Así que espero que, co paso do tempo, acabemos solucionando o quentamento global.