Superárbores VS Cambio climático

Un grupo de ecoloxistas queren clonar árbores para combatir o cambio climático, pero non calquera árbore, se non ás superárbores como as sequoias xigantes da Sierra Nevada de California e as sequoias vermellas das zonas costeiras do este de Estados Unidos.

imagen

 

A idea de clonalos ven seguida por recrear os bosques nativos que se perderon, xa que estes bosques ancestrais son os máis efectivos para recuperar o ambiente e limpalo. Sendo a principal función que presentan estas árbores a de absorber o dióxido de carbono, que se sabe que é un dos maiores responsables do quentamento global.

Estes exemplares medran rápido, absorben moito gas tóxico porque teñen gran tamaño e almacénano durante moito máis tempo, xa que o carbono é liberado á atmosfera cando a árbore morre. E estas árbores son milenarias.

Mediante excursións ós bosques estadounidenses, estes especialistas e os seus colaboradores recopilaron ADN vexetal dende os anos 90. Recollendo brotes, fragmentos de árbores e rastros biolóxicos das árbores aparentementente desaparecidas. Logo nun laboratorio encárganse de multiplicalos con métodos de clonación como a chamada micropropagación. E finalmente plántanse nunha zona extensa, xa que estos exemplares chegan a medir o mesmo que un edificio de 40 pisos.

 

Autor: Samuel Mariño Paz

 

Esta entrada foi publicada en Biotecnoloxía, Cambio Climático e etiquetada , . Garda o enlace permanente.