“Fallas que fallan”

A coñecida festa Valenciá pode parecer moi divertida, pero a verdade é que esta festa xera só na súa produción 10.000 toneladas de residuos, o derroche lumínico é enorme ata antes de comezar coa festa en sí, e a contaminación acústica é incesante. Pero o máis preocupante das fallas son a cantidade de gases que se envían á atmósfera, como ven sabedes, as fallas tratan de queimar estatuas que representan figuras coñecidas. Antigamente estaban feitas con papel, cartón e madeira pero agora foron evolucionando é se fan con poliestireno expandido, que procede do petróleo, polo que arde rápidamente pero é moitísimo máis tóxico. Os falleros deféndense dicindo que os materiais antiguos fan as fallas moito máis pequenas e voluminosas, calquera que esté con este material está fora do mercado, segundo din.

imagen

Ademáis da contaminación de quemalas estatuas, teñen un consumo de luz realmente esaxerado, 35.000 bombillas acendidas 6 horas ó día en tan so un tramo da cidade, esto é un consumo de 21.000.000 W cada día, algo totalmente innecesario.

 De feito, a festa das fallas está tan pouco regulada  que nin dispoñemos de ningún informe que fale do impacto medioambiental que supón.  Victor Belloch é un técnico en educación ambiental que critica a forma de levar esta festa, denuncia que non se fan suficientes investigacións de cómo as fallas poden afectar á nosa saúde en canto a enfermedades cardiorrespiratorias.

imagen

Defende a utilización das fallas como elemento de educación ambiental, levándoas en coches ecolóxicos, con reciclaxe…

 Son poucos os falleiros que reclican os materiais posto que é algo moi caro. Tamén os hai que deciden facer “fallas ecolóxicas” con materiais menos contaminantes, incluso se prometeu un premio para a falla menos contaminante do 2011, pero por causas descoñecidas ainda non se entregou.

Autora: Lara Cores

Esta entrada foi publicada en Actividades e eventos, Residuos, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

27 Responses to “Fallas que fallan”

  1. elisaduran.aso.1a di:

    Unha vez máis, o debate é sobre a tradición e os danos ó medio ambiente. Uns poden decir que a tauromaquia é unha tradición, pero creo que moitos, e na miña opinión, espero que a maioría opinen que é unha crueldade atacar contra esos animais. Pero neste caso, a contaminación é evidente, pero menor. Podemos chegar a pensar, que na actualidad, un pouquiño máis de contaminación ou pouquiño menos, non importa. Nos, realmente, si sabemos que ese pouquiño importa, pero non sera mellor, intentar cambiar outros hábitos, seguro que bastante máis contaminantes, antes que perxudicar a estas tradicións? Seguramente, haxa moitas opinións diferentes sobre este tema. O que si deberíamos si creo que se debería cambiar, pode ser a concienciación dista contaminación coa utilización de materias menos contaminantes, e pareceme unha xenialísima a idea de promocionar isto con premios as fallas menos contaminantes. Espero que sexa ese premio algun dia entregado.

  2. manuelsomoza.aso.1a di:

    Este tipo de debates son continuos entre persoas tradicionais que sempre fixeron esa festa e os “progresistas” que ven o problema que pode ter este tipo de actos.
    Por exemplo, aquí preto de nós, no verán hai a chamada festa a da auga en Vilagarcía no que de gasta unha gran cantidade de auga que para os andaluces sería un suicidio derrochar tal cantidade de auga xa que escasean dela como moitas persoas no mundo, pero a nos parecenos algo normal xa que dispoñemos dela en abundancia e non nos extraña este tipo de festas.

  3. cristinagesc.aso.1a di:

    Estou totalmente dacordo con Manuel. Puxo un bo exemplo, o da festa da auga, que como ben di é un derroche de auga. Aínda que aquí ata o de agora tivemos auga en abundancia durante todo o ano, eu penso que algún día teremos escaseza dela, xa sexa por diferentes razóns entre elas o cambio climático, e entón empezaremos a mirar para non facer esa festa na que se gastan moitísimos litros de auga pero xa será demasiado tarde.

    Penso que toda a luminosidade da que se fala no post é algo innecesaria, xa que, é un uso tremendo de enerxía o cal, consume moito e gástase moitísimos cartos entón aínda que queda moi bonito, deberían de mirar algo máis polas consecuencias que pode provocar esa luminosidade.

  4. micaelgarcia.aso.1a di:

    As fallas inicialmente eran unha festividade para honrar a Xan Xosé,patrón dos carpinteiros, nese dia collían a madeira que vella ou inservible e queimábana, co paso do tempo chegou a converterse no que hoxe coñecemos.
    Aparte de ser unha tradución popular, tamén xenera moitísimos ingresos xa que move anualmente a máis dun millón de turistas.

  5. rebecapineiro.aso.1a di:

    Aínda que non existen estudos sobre a toxicidade do poliestireno expandido comparada coa madeira ou otros materias, os expertos coinciden en que existen alternativas moi ecolóxicas, coma o carbonato de polilimoneno.
    Outras medidas que se plantearon os expertos para facer sostibles as fallas sería utilizar bombillas de baixo consumo ou obligar a que se separen os residuos nas barras das verbenas.

  6. martinblanco.aso.1a di:

    Esta é unha das moitas tradicións “culturais” que son polémicas e problemáticas para o planeta. Festas que derrochan auga, enerxía, festas que matan animais… Todos coñecemos e estamos concienciados de que son dañinas para o planeta máis son un símbolo e unha festa, e a xente non pensa nin por un segundo nesas cousas, únicamente disfrutan das festas, que pasarán factura co paso dos anos…

  7. noeliavazquez.aso.1a di:

    Esta festa, coma moitas outras perxudica moito ao medio ambiente, moitas persoas din que a solución sería prohibilas pero eu non o penso asi. O que hai que facer e concenciarse un pouco máis e intentar gastar o menos posible, utilizando materiais que non perxudiquen ao medio.

  8. estelachaves.aso.1a di:

    Estou completamente de acordo cos meus compañeiros no referente ás tradicións que resultan perxudiciais para o medio ambiente, como os exemplos xa citados. Todas as persoas que defenden esta conducta alegan que é as fallas son un referendo para Valencia, pois serven de atracción turística. Os gobernos nin se quera se plantexan disuadir ós fabricantes das fallas de que utilicen materiais menos contaminantes, ou que mesmo se cambie a tradición de queimalas, xa que se os fabricantes se negan a facelo, non teñen nada que facer, sería unha gran perda de turismo, e así mesmo, de diñeiro.
    As persoas que defenden as fallas como unha tradición, deberían adaptarse tamén a todas as tradicións que hai, e non soamente á que se lle pode sacar beneficio. Un caso concreto, e que resulta moi evidente, é o uso do galego, xa que aínda que consta dunha grande tradición e non causa ningún problema, cada vez queda máis abaixo respecto ó castelán.

  9. ateneaprado.aso.1b di:

    Eu nunca estaría en contra desta tradición nin moito menos me opoñería a que se fixesse como ata o de agora. O que si penso e que xa que se lles permite facela, pois deberían ter un pouco de consideración co medio ambiente e ó rematar todas as celebracións non deixar todo tirado, e aqueles residuos tóxicos ou máis perigosos para o medio ambiente, que os reciclasen ou os levasen a algún sitio para que fosen destruídos sen que despois houbese problemas como a contaminación.

  10. paulacnine.aso.1b di:

    Este material contamina moito, debería poder utilizarse outros materiais que contaminen menos xa que e verdade que é unha tradición pero debemos coidar o noso planeta, e o que estamos facendo con isto e empeorar as cousas.

  11. silviagarcia.aso.1b di:

    Penso que cando se celebra unha festa, se ten que mirar os pro e os contras desa, e solucionalos contras co paso do tempo…A festa valenciana das fallas, deberíase de quitar o tema de queimalas…non so polo problema tóxico que estas producen, tamén polo tema de precaución hacia os espectadores que acuden a esta, o impresionante creo non é ver como se queiman …se non apreciar o seu traballo e unha vez rematada…reciclar ese materiar para… se se pode usalo nese tema ou noutro…Por outra banda a culpa téñena aqueles que se preocupan tanto polo medio ambiente…pero que na hora da verdade…non fan nada

  12. fatimafuentes.aso.1a di:

    Neste post, trátase un dos temas bastante polémicos. As festas tradicionais que poden resultar divertidas para as persoas no momento en que se celebran, a pesar de que logo prexudiquen o medio no que viven. Deberían reconsiderar a tradición, procurar seguir celebrándoa pero sen fatigar tanto o ambiente. E coma sempre, esto debería cambiar, pero mentres non os afecte directamente, para eles, todo estará ben.

  13. miguel.aso.1b di:

    Penso que o que contaminan estas festas é insignificante comparado co que fan os países que non respectan o protocolo de Kioto, así que antes de eliminar as festas que lles gustan á xente e que son un símbolo de identidade, habería que preocuparse polo máis dañino a maior escala.
    Unha vez solucionado o gran problema, habería que centrarse en contaminación a menor escala, como esta festa, que ainda que non se faga desaparecer, si que habería que controlar o nivel de contaminación.

  14. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Coincido con Fátima, sempre que falemos de tradición ou de calquera festa, é inevitable que contaminemos en grandes cantidades de distintas formas, de forma lumínica, medioambiental, acústica… é inevitable xa que o haber unha festa no único que pensamos é en pasalo ben e non nos damos conta do que facemos. Pareceme ben que utilicemos outros materiais que sexan menos perxidiciais para o medio ambiente, pero nunha festa é inevitable a contaminación, aínda que esta sexa en menor cantidade.

  15. noeliadozo.aso.1a di:

    Que se empregen materias menos contaminantes na construción das fallas é unha boa noticia.
    Pero se a festa fose erradicada sería aínda mellor. Seguramente un valenciano non estará dacordo, pero se eu me puxese no seu lugar, sen dúbida estaría a favor de que desaparecese a festa. Prefiro perder uns días de diversión que non estar contaminando de tal maneira.
    E como as fallas, hai moitos máis eventos nos que se perxudica o medio ambiente.

  16. mariamcosta.aso.1b di:

    Eu estou de acordo con Miguel. Está moi ben que se fagan pequenas accións a favor do medioambiente, pero estas totalmente inútiles se os países e as grandes empresas seguen sen respetar os protocolos de protección do medio ambiente. Eu tamén penso que estas festas son un símbolo da cultura e da identidade da xente (non se poden comparar coa tauromaquia, por exemplo, unha tradición anacrónica e salvaxe), e sería unha medida moi impopular eliminalas. Como di Fátima, ao fin e ao cabo tódalas festas conlevan gasto de enerxía e contaminación, é inevitable.
    Poderían tratar de utilizarse outros materiais ou fontes de enerxía menos contaminantes, por suposto; pero esto sería despois de solucionar o “gran problema” como lle chama Miguel, xa que se non non serve para moito.

  17. sofiaoliveira.aso.1b di:

    Estou completamente dacordo con María, exceptuando festas nas que se maltratan a animais, considero que hai moitas outras cousas que contaminan máis que unha falla ou similar.
    Se non reparamos en gastos noutro tipo de situacións nas que si sería lóxico, non debemos esaxerar quitando estas celebracións, que unha vez ao ano, no fan mal a ninguén.

  18. gabriellema.aso.1a di:

    Sen dúbida, este post é moi interesante e polémico. Eu non estou de acordo coa celebración desta festa, xa que as súas consecuencias ecolóxicas son ben grandes (Contaminación acústica, lúminica e residual)pero tampouco quero que se suprima. Como ben di Rebeca, deberíase recurrir a outros materiais que sexan máis ecolóxicos, xa que tanto a súa queima como o seu proceso de producción son moi perxudiciais para a atmosfera pola emisión de clorofluorocarbonos. Ahora ben, as fallas é unha festa tradicional de Valencia, polo que dudo que ésta se suprima nunca, aínda que poderían empregar materiais menos contaminantes, para contrarrestar o efecto da contaminación lumínica e acústica que sempre estarán presentes nesta festa.

  19. sandragarcia.aso.1b di:

    Non creo que esta festividade se suprima, xa que coma calquera festa importante, ten unha longa tradición. Como todos os meus compañeiros din, e posible seguir a realizala, pero dunha forma máis ecolóxica, ainda que as persoas máis tradicionais non verán con bos ollos calquera mínimo cambio nunha festividade que leva tantos anos celebrándose desa forma. Habería que facer ver á poboación as consecuencias de celebrar desa forma esa festividade, e propoñerlle alternativas máis ecolóxicas.

  20. elisaduran.aso.1a di:

    Eu creo, que o plantexamento desta festa, non sería que desaparecese, na miña opinión. Este caso, con mesura, podería seguir sendo unha tradición e poder seguir tendo esas masivas cantidades de turistas que mencionaba Micael o nos primeiros comentarios. Eu creo, o que debería facerse, e unha concienciación da contaminación que xera, e intentar disminuila. Pode haber multiples accións, como carrozas máis pequenas, materiales menos contaminantes, etc pero sobre todo, eu creo que sobre todo, baséase en non “pasarse da raia” e ter un control maior do que se esta facendo o medio ambiente con esta festa.

  21. cristinaotero.aso.1a di:

    Na miña opinión penso que esta festa non podería desaparecer, pero sí ser modificada e evitar os abusos tan grandes que esta festa provoca, por exemplo reducir o número de bombillas, no meu parecer innecesarias, cambiar os materias do que estan feitos as fallas..etc

  22. estelachaves.aso.1a di:

    Aparte da contaminación da atmósfera pola emisión de CO2 procedente da queima das fallas, tamén se da, como din os meus compañeiros, unha contaminación lumínica e acústica. Pero tamén aparecen outra serie de problemas relacionados, como a aparición de residuos sólidos que difícilmente se poden erradicar e tamén o gran gasto enerxético e económico que se inviste cada ano na celebración destas festas e que podería ser reducido. A calidade de vida das persoas vese afectada cada ano por éstes impactos medioambientais, polo que se debería ter en conta o disfrute tanto dos participantes da festa, que se divirten co ruído e coas grandes luces, como das persoas que non sinten ningunha achega especial cara a esta festa.

  23. victorino.aso.1 di:

    Como ben algún compañeiro meu dixo pois hai festas entre nós nas cales pois tamén se fai un mal ulso dos recursos dos cales dispoñemos pero que en moitos sitios pois teñen necesidades deles e incluso cando chega o Nadal pois tamen vemos como todos alluntamientos (cada un co presupuesto que pode) pois alumean moitas calles case un mes todas as noites con alumbrados de moitas bombillas.
    Na miña opinión pois deveriase facer as fallas como antiguamente xa que contaminariase menos e farianse como antigamente, e respecto as bombillas luminosas pois temos que pensar no Nadal a cantidade de luz que se gasta “inecesariamente” case un mes e que a luz que se gasta nas fallas pois é solo seis días.

  24. martincabal.aso.1b di:

    Non creo que a calidade de vida dos valencianos diminúa por mor da celebración da mascletá, nin que supoña un gasto económico para a cidade, se non, todo o contrario.
    Non estou a favor de que se queira acabar con esta festa, pero si de que se leve a cabo un consumo tan esaxerado, de tódolos xeitos non sei porque se lle da tanta atención a esta en concreto, cando hai centos de festas e eventos deportivos onde se consomen cantidades inmensas de enerxía.

  25. elisaduran.aso.1a di:

    Sin embargo, eu non estou tan de acordo con Martin Corbelle. Pode que non sexa o unico beneficio que poidan ter os valencianos na súa economia, pero coma en toda España, e sobre todo na costa mediterranea, o turismo é moi importante. Pode que gañen de moitas outras formas, pero é unha ganancia cada ano bastante elevada.
    ISto non escusa o concello a responsabilizarse da contaminación xerada nesta festa e promover outras solucións máis ecoloxistas para que se poida seguir disfrutando desta festa durante moito tempo.

  26. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Non estou totalmente de acordo co que di Elisa, xa que en calquera festa de calquer lugar, sempre aparecerá un alto índice de contaminación, por parte dos habitantes, turistas ou ambo-los dous. Acabar con estes niveis tan altos de contaminación é moi complicado, pero como ben dis, poden buscarse solucións máis ecolóxicas, pero a contaminación sempre a habería dunha forma directa, coma neste caso das fallas, ou indirecta, nos desplazamentos que fai a xente para acudir a estas festas. Ademais, a xente cando anda ce “troula”, non se pon a pensar na contaminación que xenera, senón en pasalo ben. Podemos intentar contaminar menos con métodos máis ecolóxicos, pero aínda así contanimaríamos en grandes cantidades.

  27. micaelgarcia.aso.1a di:

    Xa pero o contrario que noutras festas, nas faias estase a facer a expulsar a atmosfera unhas cantidades de CO2 moi elevadas, ademais que o ruído enxordecedor que provoca e molesto para algunhas persoas e para a fauna que vive na cidade ou cerca dela. Todas as festas contaminan, pero a esta contamina aínda máis que a media dende o meu punto de vista