A durmir!

Estudos recentes demostraron que durmir unha hora  adicional pola noite axudaría a controlar a obesidade infantil, mantendo un índice de masa corporal baixo, e estar menos exposto a obesidade nos 5 anos seguintes.

imagen

Tamén se contrastou que unha hora máis de sono diminuiría ata un 36% a probabilidade de que os nenos sufran sobrepeso. Unha das causas é que durmir pouco aumenta a producción de ghrelina, unha hormona coñecida como a do crecemento, debido a que anima a comer máis, e diminúe a da leptina, outra que ten o efecto oposto, xa que reduce o apetito. E ten outra causa máis evidente, pero que non podemos esquecer; se durmimos pouco temos menos ganas de facer exercicio. A   relación ten un exemplo numérico claro: a taxa de nenos obesos ou con sobrepeso en España (arredor dun 30%) correspondese cos que durmen mal. Para combaer isto recomendan que os adultos durman de 6 a 8 horas ao día, e os nenos 10 horas.

imagen

Aconsellan que non haxa televisores nos dormitorios, nin que lean na cama; non facer actividades que impliquen atención escesiva, e tampouco que tomen excitantes (café, té, tabaco) dende as 5 da tarde

Autora: Laura Reguera

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

27 Responses to A durmir!

  1. laracores.aso.1b di:

    Por todos é sabido que durmir pode aportarnos cantidade de beneficios, ademais dos nombrados neste post, durmir axúdanos estéticamente: a nosa pel descansa máis e fai que as células se poidan rexenerar máis facilmente, ademais que elimina olleiras e bolsas nos ollos debidas ó cansancio dos mesmos tras un día expostos á luz.
    Tamén axuda na osixenación das células xa que ó dormir respiramos máis profundamente.
    O estrés é maior cando non durmimos, así que durmir tamén sirve para reducilo (o estrés é especialmente perigoso xa que eleva o risco ante infeccións, coas horas de soño debidas este perigo redúcese)
    Inda que moitos o fagan, pasar unha noite en vela a estudar é o peor que se pode facer, o descanse é fundamental para o noso intelecto e é moito máis efectivo durmir as horas necesarias que pasar horas estudando cando se debería durmir.

  2. estelachaves.aso.1a di:

    A maioría das veces, os expertos fálannos dos beneficios que trae consigo un bo descanso, pero tamén hay que ter en conta que durmir pouco ou mal tamén inlúe na nosa saúde. Para comezar, un mal hábito na maneira de durmir implica un desaxuste nos biorritmos do corpo. O sono é un factor determinante para a saúde, xa que gracias a el podemos “cargar as pilas” e enfrentarse ó día seguinte. Pero tamén hay outros efectos perniciosos que debemos ter en conta, como é a paerda da atención, qué implica non estar concentrado e non poder realizar determinadas accións. A falta de sono tamén inflúe no humor, xa que volve máis agrias e frías ás persoas que non gozaron dun descanso satisfacorio, é dicir, daquel que o corpo necesita para estar nas súas plenas facultades.
    como nun post anterior, as persoas que máis sufren de insomnio son os estudiantes, xa que ó carecer de tempo para estudiar, róubanlle horas ó sono. Este hábito non resulta perxudicial se é realizado en ocasións contadas, pero se se realiza a cotío resulta pernicioso para a saúde.

  3. elisaduran.aso.1a di:

    Na actualidade a obesidade é un tema moi frecuente en múltiples ocasións debido a que é unha enfermidade que preocpa a moitisima xente, exaxeradamente, o realmente porque a sufren. Na nosa sociedade o tema do peso esta moi valorado case éticamente, porque os canones de beleza nos últimos anos eran dunha fraqueza casi extrema e, sobre todo as mulleres, controlaban moito as súas dietas para estar máis “guapas”. A obesidade é un tema serio que pode perxudicatar terriblemente nas nosas vidas, ata problemas cardíacos que levarían a morte.

  4. sarabetanzos.aso.1b di:

    Ademais dos beneficios que comenta as miñas compañeiras, podemos engadir que durmir fai no noso corpo un mellor sistema inmunolóxico, xa que para que o noso “anti-virus” funcione necesita moito descanso.
    Durmir axuda tamén ó control da hipertensión, cando non descansamos o suficiente aumenta a tensión arterial, así como as enfermedades cardiovasculares se van facendo máis notables debido ó incremento de cortisol, que é a hormona que causa o estrés.
    O noso corazón tamén necesita reposo. Cando durmimos, a frecuencia cardiaca se ralentiza para poder reparar células coronarias e texidos.
    Ademais durmir fai que moitas das enfermimades máis común sexan menos perxudiciais, especialmente na diabetes (durmir axuda a controlala xa que aumentan os niveles de azucre en sangue) ou as migrañas (durmir fai que as dores de cabeza diminúan).

  5. mariacmaq.aso.1a di:

    Está claro que un bo descanso axudaranos en moitos aspectos, xa que aparte dos que mencionaron as miñas compañeiras hai que engadir que un bo descanso axudanos a descansar a vista e a rexenerar rodopsina, un pigmento sensible a luz que serve para que os ollos se recuperen o esforzo realizado durante o día. Incluso recomendan dormir unha pequena sesta para recuperar o sono atrasado, relaxarnos e resistir o resto do día con unha maior productividade.

  6. sandragarcia.aso.1b di:

    Ademais dos comentados no post, durmir ben e durante como mínimo dúas horas ten outros beneficios para nós. Non durmir ben, afecta ó noso sistema inmunolóxico, facéndonos máis suscetiples a virus e enfermidades. Mentres durmimos e cando o cerebro ordena e procesa toda a información que recibimos durante o día, e o cerebro necesita descansar, de feito que ainda que o noso corpo esté en descanso, se non durmimos, o cerebro non o está. Ademais está claro que o durmir ben é beneficioso para que estemos cargados de enerxía o día seguinte, e afrontemos as novas actividades e os deberes que temos. Outro beneficio é referido á beleza. Mentres durmimos, o corpo repárase. Precísanse 8 horas de sono para que non se nos inchen os ollos nin se poñan vermellos.

  7. lourdesfarina.aso.1b di:

    Como se comenta neste post, durmir é beneficioso para moitos aspectos da vida. Aínda así hai persoas que pensan que dormir cinco horas son suficientes para o seu desenvolvemento diario. Isto non é de todo certo. O corpo chega a un momento no que se acostuma só con esas horas a descansar. Esas persoas tampouco son capaces de dormir máis. Isto é algo perxudicial xa que á larga pasa factura. Cada persoa necesita un tempo determinado para o seu descanso, sen embargo aconsellase que se acostume a cada individuo a dormir mínimo oito horas diarias. Intentandoo con respiracions e relaxacións para aqueles que lles custa máis.

  8. silviagarcia.aso.1b di:

    Eu penso que isto está ben sempre sen abusar, vamos como todo Algunhas das vantaxes de durmir son: mellora a sensación de benestar xeral, aumenta a vitalidade, reactiva os reflejos, mellora o noso grado de atención, incrementa a eficacia do noso traballo, diminue o risco de accidentes cardiovasculares, pero durmir moito e bo?que sucede cando adicamos moito tempo a durmir?moitas persoas dedicam mais de oito hora de sono. Durmir demasiado fai que o noso corpo se relaxe en exceso, e é que os biorritmos baixan a velocidade metábólica tamén.O noso organismo vólvese máis lento e cada vez nos sentimos máis cansdos e con menos ganas de afrontar o dia a dia. Ademáis as persoas con sobrepeso teñen isto devido o que comen e o seu metabolismo…

  9. rebecapineiro.aso.1a di:

    Dormir ben implica decansar as horas necesarias e descansalas ben.
    Aínda así, o corpo acostúmase en períodos prolongados a descansar en pouco tempo, pero isto á larga pasará factura.
    Cada persoa necesita o seu tempo de descanso, pero moita xente non descansa o que debería.
    Descansar ben implica moitos beneficios, como por exemplo, a respiración ralentízase e vólvese máis profunda, o que facilita a oxixenación das células.
    O descanso é fundamental para mellorar a nosa actividade intelectual. O cerebro necesita estas horas de desconexión para procesar a información acumulada durante o día. Para estudar, é mellor dormir ben, que pasar a noite repasando.

  10. manuelsomoza.aso.1a di:

    Non sabía eu disto e antes de lelo pareceríame unha contradiccion xa que canto máis se durme, menos exercicio físico, menos desgaste e polo tanto maior acumulación de tecido adiposo…
    Ademais dos inconvintes que se mencionan no post, o non dormir o suficiente pode comprometer o teu sistema inmunolóxico facéndote máis susceptible ós virus e tamén intentar novas actividades que requiran coordinación como os ejercicios aeróbicos poden ser máis difíciles.
    Durante o sono o tu cerebro ordena e procesa a información que se “absorbe” mentras se estuvo desperto.

  11. cristinagesc.aso.1a di:

    A noite é o periodo do día no que o corpo e a mente descansa e se recupera, por iso é necesario durmir unhas horas mínimas e necesarias tódolos días. Senón o facemos podemos sufrir algunhas consecuencias como a falta de concentración e de memoria ou a obesidade.
    O cerebro non para de traballar. Durante a noite, mentras durmimos, a actividade cerebral é máis intensa.

  12. victorino.aso.1 di:

    Eu non sabía que canto máis se durme pois axuda a prebir a obesidade. Eu sempre dixen que pa non chegar a obesidade pois facendo exercicio e non comendo en exceso pois non se pode chegar a obesidade, xa que na miña opinión si que se pode estar un pouco por riba do peso pero sen chegar a obesidade. Tamén temos que ter en conta que para faser exercicio no día pois se necesita descansar ben xa que se se fai exercicio cansado e con sono eu creo que non se fai o correcto porque non fas o exercicio suficiente no día.

  13. arantxaleiro.aso.1b di:

    É unha noticia un pouco que impresiona porque eu antes de non leer esta noticia non sabia nada desto,pero aunda asi en relacion as horas que se durmen,penso que se debe de manter a relación de horas durmidas,horas en accion,horas de comidas etc.
    Xa desde pequeniños os pais xa non lle dan bebidas como o cafe os seus bebes e os deixan durmir bastantes horas.

  14. mariacgarcia.aso.1a di:

    Eu creo que se durmimos máis horas ao día seguinte sentimonos moito mellor xa que descansamos moito e sentimonos renovados.
    Eu non estou dacordo conque se durmimos mais temos máis tendencia a comer.Creo que todo o contrario porque estamos máis cansados e non temos nin ganas de comer nin de nada.

  15. noeliavazquez.aso.1a di:

    Eu non estou dacordo con estes datos xa que no meu caso canto menos durmo menos como xa que me faltan enerxías e estou cansada.Eu penso que isto inflúe de forma difernte nas persoas xa que non todos somos iguais.

  16. estelachaves.aso.1a di:

    Unha das cousas que tamén nos aporto durmir ben e as horas necesarias é relaxación. Na nosa idade, onde o corpo está exposto a cambios hormonais e aínda por enriba temos un descanso moi irregular, por mor do estudo que moitos adolescentes realizan ata altas horas da noite. Estos factores xuntos, provocan unha crecente tensión que acabará reflexándose como estrés. Chegados a este punto, os sentidos non están receptidos e desátase o chamado “bloqueo”, que traerá consigo uns malos resultados académicos.
    Para tentar reducir o estrés, existen unha serie de técnicas que se caracterizan pola facilidade de realización e polos efectivos resultados. A respiración abdominal, como primeiro exemplo, axúdanos a controlar o noso corpo e ter dominio de nós mesmos. A práctica de actividades como yoga ou Tai Chi Chuan, ou incluso camiñar tranquilamente polo placer de camiñar pode axudarnos a controlar os nosos nervios.

  17. paulacnine.aso.1b di:

    Este post e moi interesante, xa que ainda uqe paraza mentira cantas menos horas durmamos mais apagados estamos. O descanso para nos é como unhas pilas que se cargan e se descargan o final do dia, e é moi importante que descansemos o suficiente xa que esta comprobado que se non descansamos correctamente afectanos a todo, incluso o apetito como nos conta este post.

  18. fatimafuentes.aso.1a di:

    Pois este paréceme un post bastante curioso, porque ó igual que o meu compañeiro Manuel, eu tamén pensei que era algo contradictorio, xa que, supostamente, canto máis durmimos, menos exercicio físico realizamos, pero claro, o k realizaríamos non sería suficiente. Por outra banda, está claro que na etapa na que estamos, precisamos descansar para poder render día a día, e máis, como di Estela, cando estamos con exames. Se non respetamos un certo horario, todo o estudado non servirá para nada xa que non sabremos asimilalo. Conseguir desconectar de tódolos problemas e relaxarse é a mellor maneira para conseguir durmir e descansar completamente.

  19. noeliadozo.aso.1a di:

    A parte das consecuencias que se mencionan no post, durmir pouco e mal pode desembocar nunha depresión.
    É moi común pensar que se durmimos unha semana moi pouco, esas horas perdidas pódense recuperar na fin de semana, pero isto é un erro, xa que como máximo chégase a recuperar un 20 ou 30% do sono, pero non totalmente.

  20. elisaduran.aso.1a di:

    Claramente este post relaciona o descanso coa obesidade. Eu, quería propoñer, que como xa non fai moito houbera un post sobre a importancia das horas de sono e os seus beneficios, pareciame interesante tratar o tema da obesidade, que é realmente un tema da sáude que esta na actualidade moi “de moda”. Como exemplo disto, fai pouco vin un telediario dunha cadea televisiva onde se chegaron a tratar catro noticias diferentes, pero todas relacionadas coa obesidade, no mesmo.

  21. cristinagesc.aso.1a di:

    A obesidade infantil trátase da acumulación excesiva de graxa corporal, especialmente no texido adiposo, e que se pode percibir polo aumento do peso corporal cando alcanza 20% a máis do peso ideal según a idade, a talla e o sexo de cada persoa.

    Ademáis o cambio de hábitos que conleva o ritmo de vida na sociedade actual propiciou que a obesidade aumentara nunha proporción tal, que xa se considera unha epidemia. Os nenos tamén se ven reflexados nesa realidade. É un problema moi serio do que aínda non estamos concienciados e, que hay que empezar a asumir porque a maioría dos nenos con sobrepeso acabarán sendo obesos nun futuro.

  22. gabriellema.aso.1a di:

    Paréceme un post moi curioso, xa que nos informa dunha das moitas consecuencias que acarrea durmir pouco. A cantidade de sono condiciona o nivel no organismo das hormonoas leptina e grelina, de modo que cando un individuo durme pouco os niveis destas hormonas altérase, o que leva consigo un desiquilibrio alimentario. Outras consecuencias da falta do sono son debilidad, estrés, dor de cabeza, taquicardias, falta de concentración etc.

  23. eloyrdaporta.aso.1a di:

    A “enfermidade” que non nos deixa durmir é o insomnio. Esta enfermidade ten consecuencias nefastas a longo prazo. Estes son alguhnas das consecuencias:
    O primeiro día sen durmir sentímonos descansados(aínda que pareza mentira), pero conforme van pasando os días pouco a pouco imos perdendo a memoria, de primeiro son os nomes dalgunhos obxectos pouco comúns ou cun nome raro, logo imonos olvidando das letras e da ler e escribir. Imos perdendo todas estas facultades ata o punto de ter alucinacións pola falta de sono, e por último vemos a amigos ou familiares coma xente que nos quere facer mal.

  24. eloyrdaporta.aso.1a di:

    O insomnio afectalles máis as persoas que oscilan entre as idades de entre 20 e 50 anos, e sobretodo nas mulleres, o ser máis sensibles emocionalmente. O aumento disto traeo o inxerir alimentos pesados ou quedar ata tarde mirando a televisión.
    Un dato interesante sobre as alucinacións que sofren as persoas que non poden durmir é que son debidas o cansancio da mente, que aínda que pareza que está funcionando a pleno rendemento, parte dela está durmida de forma involuntaria, dunha forma parecida a como dormen os golfiñós, pero o noso cerebro o non traballar individualmente cada parte, como se foran dous órganos distintos, vemos animais ou obxectos que estamos soñando. Por iso as persoas que padecen insomnio teñen alucinacións e oen ruídos estranos.

  25. elisaduran.aso.1a di:

    Neste caso, compañeiro Eloy, creo que os teus dous comentarios seguidos, son bastante inapropiados. O insomnio do que ti falas, ocmo ben dis, afecta a adultos. Nos, non falamos de adultos, falamos de obesidade infantil. Ademáis, o caso non e que sexa non durmir, senon que non se durme o suficiente. Ademáis, o realmente importante, e a efecto que ten nos nenos de hoxe en día, que se pasan máis horas diante da tele que durmindo.

  26. emmanuelfj.aso.1b di:

    Antes de comezar anoto que estou de acordo co post nº 25 de Elisa.
    O que queria apuntar sobre este tema e que esta noticia non é parcial nin está esaxerada. Segun teño lido, as diferencias entre nenos que durmen por riba e por debaixo das 9 horas, no campo da obesidade son enormes. De feito a falta de soño ademais de obesidade pode acarrear siabetes de tipo 2. Unha opción para recuperar un chisco de soño ( non confundir con recuperar horas de soño) pode ser a siesta na que tras estar varias horas despertos pode axudarnos a recargar os nosos sistemas de alertae que o noso ritmo do ciclo do soño sexa , dentro do posible, regular.

  27. sarabetanzos.aso.1b di:

    O anterior dedúcese dun estudio que se lle realizou a doce varóns xoves, aos que se lles limitou o sono a catro horas durante dous días. Como promedio, o seu nivel de leptina baixou un 18%, mentres que o de grelina subiu un 28%. O resultado foi un aumento do apetito algo superior ao 23%, con tendencia a inxerir dulces, salados (patatas fritas, frutos secos…) e comidas con alto contido en carbohidratos como a pasta e o pan. Adicionalmente, diversos estudos epidemiolóxicos indican que as persoas que durmen pouco son máis propensas ao sobrepeso.