Ciencia ficción?

 

imagen

O exercito de EEUU leva varios anos investigando e probando unha nova arma non letal. O ADS (Active Denial System) tratase de un emisor de ondas, dunha frecuencia superiror á dos microondas pero menor ca dos raios X, que elevan a temperatura da pel a unhas temperaturas cercanas ós 55 graos, esto é posible dado que o raio atravesa a roupa e chega  ata uns 2 mm dentro da pel, unha vez alí quenta as particulas de auga e produce esa elevada sensación de calor.

O exército de EEUU afirma que máis de 600 voluntaios expuxéronse unhas 10.000 veces ó ADS e menos do 1% sufriu lesións menores, aínda así, esta arma é moi eficaz e nunca ninguén a soportou máis de 5 segundos. Os que se opoñen a esta teoría afirman que se podería quentar pulseras ou obxetos metalicos que transportasen os obxetivos, o que provocaría queimaduras.

Ó igual que o gas lacrimóxeno, as balas de goma, as balas de plástico, o gas pementa… Esta arma, cun alcance de máis de 500 metros, está pensada para o control de masas ou para usala contra soldados enemigos. Todas as armas, sexan perigosas ou non, desempeñan dous papeis antagonistas, os de arrebatadora e protectora de vidas, pero como esto non se pode elexir, a creación de novas armas sempre estarrá ligada a unha grande polémica. Moitas persoas temen que este sistema de control chegue a ser demasiado eficiente.


Autor: Micael García

Esta entrada foi publicada en Novas tecnoloxías e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

23 Responses to Ciencia ficción?

  1. laracores.aso.1b di:

    Dame moita pena que se usen os cartos das persoas para matar a outras.
    Investir millóns de dólares en armamento é algo totalmente erróneo, hai miles de enfermidades sen cura por falta de investigación, principalmente pola escaseza de fondos, e é algo totalmente tráxico que se usen cartos para esto e non para encontrar novas curas a enfermidades.
    Este arma en concreto foi desarrollada con cartos públicos para poder dispersar manifestantes dunha forma máis efectiva cas que se nombran no post pero sin ser letais.

  2. estelachaves.aso.1a di:

    Coincidindo coa morte do líder da organización terrorista Al qaeda (a base), Bin Laden, acrecéntase o debate sobre a utilización de armas letais ou non letais. A morte de Bin Laden é un bo exemplo para darnos conta do gran conflito que se da entre as nacións. Dende a nosa posición como países desenvolvidos e cunha cultura determinada, tememos e consideramos (evidentemente) como un acto terrorista o ataque do 11S ou o do 11M, onde morreron milleiros de persoas, condenando a a¡Al Qaeda e ó seu líder a morte. Pero dende a outra banda, o mundo arábigo chorará a súa morte e clamará vinganza contra EEUU.
    Como referente ás armas non letais que se citan no post, é evidente que aínda que sexan utilizadas polo goberno estadounidense, pronto chegarán a mans dos opositores. E a pesar de ser utilizadas para manter a paz, é evidente que deixará moitas mortes nese camiño.

  3. sofiaoliveira.aso.1b di:

    Opino o mesmo que a miña compañeira Lara.
    Con tantas enfermidades que están por investigarse aínda, que se invistan grandes cantidades de diñeiro en guerras e neste caso, máis concretamente en armas, paréceme un pouco abusivo, xa que os cartos que se utilizan son públicos.
    Neste sistema, desgraciadamente a guerra é necesaria, e todo o que acarrea ela, sexa bo ou malo.

  4. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Esta nova arma térmica pode ser moi perigosa, xa coa temperatura e intensidade que pode alcanzar ou máis podería producir varias lesións en persoas de avanzada idade ou nenos pequenos que estean expostos a ela durante moito tempo. Nunha manifestación na cidade, esta arma crearía un gran problema, porque ó afectar ata nuhna distancia de 500 metros, afectaría a persoas moi sensibles, e que non participan no conflicto, dando deshidratacións, golpes de calor…
    Con esta nova arma inténtase crear unha forma distinta de combatir as masas e ó exército, que para este último sería devastador, xa que supoño que se lle podería aumentar moito máis a potencia ata ser unha arma moi mortal.
    Parece que apartir de agora enfrentarémonos a unha nova xeración de armas.

  5. noeliadozo.aso.1a di:

    Como ben din os meus compañeiros, non vexo lóxico que na época na que estamos se emplee tempo e diñeiro en crear unha arma.
    É incoherente que por un lado se estean investigando curas contra enfermidades que están matando a miles de persoas no mundo ,e por outro se intenten patentar métodos para matar.

  6. paulacnine.aso.1b di:

    Estas novas armas que se fabrican na actualidade son moi perigosas, xa que estan creadas para atacar o enemigo e que este chege a morrer.
    Parece que na actualidade a creación de armas mais eficientes e importante, pero non sempre temos que utilizalas para loitar xa que tamen se poden utilizar para outras cousas, nas que non interveña a morte dun ser humano.

  7. lourdesfarina.aso.1b di:

    Estas armas son primeiramente para ¨manter a paz¨ aínda que contradictoriamente se utilicen para acabar coa vida de moitas persoas.
    Eu e creo que a maioría dos dos meus compañeiros están de acordo que gastar unha gran cantidade de cartos en armamentística é algo incoherente. Moitas veces, a causa disto, en moitos países a poboación queda gravemente desatendida creando moitos máis problemas dos que xa hai.

  8. micaelgarcia.aso.1a di:

    Eloy creo que te estas a equivocar, os 500 metros os que esta arma ten alcance, non afectan a unha area circular,ademais non atravesa paredes, se non o grupo de persoas os que se proxecte o raio, como xa comentei no post ninguén pode aguantar varios segundos baixo a temperatura que o raio proxecta, a xente que máis aguantou foi por vontade propia é o máximo foron 5 segundos, polo que é pouco probable que produza lesións, almenos segun o que eu lin.
    Tampouco estou de acordo coa a posibilidade de que produza desidratación, xa que non se produce unha evaporación da auga que o noso corpo conten, so un curto aumento de temperatura.

  9. tamaralopez.aso.1b di:

    Creo que si que é grave iso de que nadie aguante máis de 5 segundos porque significa que nunha guerra na que non tes escapatoria esta arma levaria a milleiros de persoas a súa morte.
    Comparto a opinión de que é incoherente que se estean investigando curas contra enfermidades e se mate a milleiros de persoas no mundo. Ao igual que creo que o orzamento que se destina a estas armas poderían ser moito máis útil en medicina,educación,investigacións…

  10. estelachaves.aso.1a di:

    como din os meus compañeiros, as grandes potencias estanlle dando moita importancia ó factor militar, temendo ataques terroristas. Polo tanto, unha gran parte do diñeiro ivírtese na creación de armas potentes e que poidan chegar a sorprender ó contrincante ó non saber o alcance, a potencia e os estragos que poiden chegar a causar. Neste caso, o exército de EEUU conta co factor sorpresa, pois moi poucas persoas coñecen a arma en detalle.
    Unha das características que ten a arma, é o seu alcance de máis de 500 metros, e a posiblidade de inutilizar ós opositores nun espacio amplo e sen necesidade de ferilo de gravidade ou incluso matalo, como sucede con calquera outra arma letal.

  11. elisaduran.aso.1a di:

    Creo que coma todos ou a maioria dos meus compañeiros, temos unha tendencia, máis ben, pacifista. Coma eles, eu opina que hoxe en día o capital aportado as investigacións militares e excesivo, pois que no momento en que vivimos, cuns dereitos humanos, uns valores éticos, … Nos que está mal vista a violencia. Os gobernos moitas veces escusanse decindo que é contra un ataque terrorista, pero no meu caso opino, que respondendo con máis violencia, non se arreglara nada.

  12. silviagarcia.aso.1b di:

    Eu sigo pensando…cantas persoas estarán morrendo día a día devido a fame, o frio, as enfermidades…as guerras…por un lado quérense eliminar as armas…pero polo outro créanse máis, definitivamente estamos baixo unha sociedade que non sabe o que quere…se non existiran armas non habería tanta pobreza, fame, guerras…porque?hoxe en día visto o visto…as investigación prefiren gastar o capital en avances en vez de mediciñas, e diferentes accións para acabar co desastre de pobreza e guerra que nestes momentos a sociedade esta vivindo…

  13. victorino.aso.1 di:

    Esta nova arma parece un bo sistema para desfacer abalanchas de soldados enimigos. Na miña opinión e unha arma máis que pode deixar secuelas para a vida das persoas, soldados… pero e que nas guerras sempre hai moitos feridos de armas de fogo, minas enterradas baixo o suelo… e con isto non quero decir que as guerras sexan boas pero desde a existencia do ser humano sempre houbo guerras e a malloría por colonias.
    Espero que esta arma pois non se use para desfacer as abalanchas de persoas que se manifestan na calle cando acaba un partido de fútbol, manifestacións políticas… xa que se quenta os metais pode quedar moita xente con queimaduras nas mans, cuello…

  14. fatimafuentes.aso.1a di:

    Hai moitas enfermidades sen cura, xa que se precisa invertir demasiado tempo e diñeiro na súa investigación. En cambio, neste tipo de armas poidan ser empregadas invírtese de todo. Tal vez sexan necesarias para certos gobernos, pero dende logo, pensar que non chegan os recursos para salvar máis vidas e ver, que mentres uns traballan para salvalas, outros traballan para acabar con elas é algo incoherente. E falando concretamente desta arma, o feito de que non sea letal será discutible, xa que os danos que pode producir e as consecuencias despois de usala, poden variar.

  15. manuelsomoza.aso.1a di:

    Dame vergonza ver este tipo de cousas, xa que demostra claramente que o ser humano é un completo egoísta e existen sempre multitude de conflitos entre nós por poseer algo… Para isto se crearon as armas, para dar unha vantaxe ó ca ten para poseer o que queiran.
    Por outra banda tamén me da vergonza que pese a crise mundial que existe, os países recorten de todos os lados e prefiran recortar gastos de investigación para a ciencia antes ca os de investigación para armamento…

  16. silviagarcia.aso.1b di:

    Pero que me estás contando Victorino?ousexa que para ti a creación de armas deste tipo…paréceche ben¿?se a primeira persoa no mundo que creou unha arma…non o fixera…non habería unha segunda…unha terceira…unha cuarta e asi sucesivamente…e se non se creasen armas agora mesmo, si habería mortes, si, pero non guerras como hai nin intentos de solucionalos con métodos deste tipo, que por riva de so crean máis violencia, se non se creasen guerras e se gastase tanto diñeiro en mantelas, tanto en armas como en outros aspetos, eses cartos que son millóns e millóns e millóns…poderíanse gastar en alimentos, menciñas, benestar para a sociedade mundial que hoxe en día o está pasar francamente mal devido a que unha arma deste tipo ou doutra peor rematou o coa sua vida ou coa dun ser querido…por xente de tipo que apoia aquelas que realizan armas as venden e por riva o peor as usan para realizalo mal nesta sociedade está o mundo como está…

  17. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Estimado Micael, polo que estás dicindo esta arma é completamente inofensiva e non lle fai mal a ninguén, entón pregúntoche, ¿para que creou o exército estadounidense un arma que se podería utilizar nas guerras senón fai nada (iso é o que me estas dicindo)?
    As manifestacións de persoas poden darse en calquera lugar e calquera momento, e para disolvelas utilízanse armas, e estas a súa vez non distinguen os manifestantes e persoas inocentes, polo que sempre resulta ferido alguén que non o merece. Se esta arma se utilizase nunha manifestación e alcanza a unha persoa maior con mobilidade reducida, esta persoa non podería escapar, e a calor que desprende a máquina, faría que perdera o coñecemento, por un golpe de calor que sufíu a causa da máquina, polo tanto xa non podería moverse e quedaría exposta a arma, que continuaría para acabar coa manifestación. Non me dirás que esa persoa non sufrirá ningunha lesión.
    Tamén no caso dunha guerra na que se utilizase esta arma, para disolver o outro exército, utilizaríase esta arma, e tamén lle afectaría ós nosos soldados, pero se os nosos estiveran protexidos por un traxe térmico, cabe a posibilidade de que o outro exército acabe apoderándose tamén dese traxe e a arma finalmente sexa inservible.

  18. micaelgarcia.aso.1a di:

    Creo que te equivócaste de comentario Eloy, pois eu non falei en ningún momento dun arma inofensiva, é máis, esta é a arma antidisturbios máis eficaz.O que eu dixen foi que esta arma non é como se estaba a retratar, o igual que cun rifle , esta arma ten un obxetivo, non é como unha bomba que unha afecta a unha area, se non que o encargado de manexala elixe sobre que actúa o raio, por esta razón, a non ser que se faga conscientemente, a persoa con baixa mobilidade da que falas non tería por que sufrir danos xa que non se lle debería apuntar, reitero que os 500 metros non son a redonda,non afectan a unha area.

  19. micaelgarcia.aso.1a di:

    Creo que te equivócaste de comentario Eloy, pois eu non falei en ningún momento dun arma inofensiva, é máis, esta é a arma antidisturbios máis eficaz.O que eu dixen foi que esta arma non é como se estaba a retratar, o igual que cun rifle , esta arma ten un obxetivo, non é como unha bomba que unha afecta a unha area, se non que o encargado de manexala elixe sobre que actúa o raio, por esta razón, a non ser que se faga conscientemente, a persoa con baixa mobilidade da que falas non tería por que sufrir danos xa que non se lle debería apuntar, reitero que os 500 metros non son a redonda,non afectan a unha area.
    Dise que se podería utilizar nunha guerra,e é certo, pero seria altamente ineficiente, polo seu corto alcance e porque non é mortal, pero si tentarían destruíla.O fin e o cabo o que se intenta conseguir na guerras é facerlle o maior dano o inimigo,cousa que unha arma non letal non conseguiría.

  20. elisaduran.aso.1a di:

    Con todos os debates particulares que esta xerando este post, e claro apostar que o uso da ciencia nos asuntos militares é unha aposta que a ninguen lle chega agradar. Sen meterme en historias técnicas nin en estos “mini-debates” que se crean entre algúns dos meus compañeiros, eu opino que debería deixarse xa de fabricar estas cousas coa “escusa” de que son so para a defensa, non para ó ataque; porque o fin e o cabo, cando ti te defendes, simplemente estas atacando un anterior agresor. Espero que nunca necesitemos estes medios para solucionar os problemas entre Estados, ou simplemente, entre persoas, e que sigamos utilizando o don da palabra e da razon, que para algo a temos.

  21. martincabal.aso.1b di:

    Elisa eso de que a ninguén lle chegara a interesar dilo ti, e nos ,polo pais no que vivimos, pero os estadounidenses séntense demasiado orgullosos do seu sistema militar, tanto que non dubidan en invadir países axexos, para logo lamentarse polas represalias.

  22. elisaduran.aso.1a di:

    Martin Corbelle, é eso que ti dis o que critico, o “orgullo” estadounidense polo sistema militar. Eu, como individuo, como propio da miña ideoloxía, non estou de acordo co sistema militar en ningún caso, aínda que sexa consciente que en moitos casos sexa ilóxico e utópico.

  23. emmanuelfj.aso.1b di:

    Señores, diñeiro, esa é a solucion a todolos comantarios. É a man que mece a cuna, a razón pola que os investigadores non desarollan maquinas mais precisas para detectar canceres? no exercito gañan mais, a razón de que se inventen este tipo de armas? para protexer os cartos da nación. Sei que pode resultar unha resposta moi simple, pero a grandes rasgos e esa a sintese de todo. A xente que vale para crear cousas que axuden a humanidade estan facendo cremas para rexuvenecer a señoras maiores ou creando artefactos deste tipo, a xente que de verdade esta investigando e creando polo ben do resto é porque a súa vontade pesa mais na balanza que os cartos que lle poidan dar. Esta é a miña opinion no pequeno debate que se formou ó redor do tema.
    Vaiamos á parte tecnica, cousa que interesa bastante se te atopas nun blog de ciencias. Este aparello traballa con ondas milimétricas de alta frecuencia en 95 GHz, decenas de veces superior ó Wi-Fi ou ás ondas microondas como ben di o texto. A pesar disto as probas que se fixeron para detectar os riscos revelan que non provoca nin cancer nin estirilidade e tampouco afecta secundariamente ós fetos. Esta arma, un tanto inutil tendo en conta os cartos que nela se invertiron, é comparada co camión de auga a presión que se utiliza para as manifestacións e veno como o seu sucesor inda que se siga pensando que o camión de auga a presión gaña por goleada.