Os polos derrétense

Segundo  estudos realizados pola NASA , as capas de xeo de Groenlandia e a Antartida, están perdendo a súa masa a un ritmo máis acelerado do que afirman as predicións estipuladas, xa que pensaban que os polos tardarían polo menos 10.000 anos en fundirse. As capas de xeo estánse desfacendo máis rápido caos glaciares das montañas, o que nos indica unha subida do mar moito antes do previsto.

 Un bo exemplo, é que en 2006 os polos perderon unha masa combinada de 475 xigatoneladas ao ano en promedio, unha cantidade suficiente para elevar o nivel do mar nun promedio de 1,3 mm ao ano, fronte as 402 xigatoneladas, que perderon de promedio os glaciares das montañas.

 

imagen

A subida do nivel do mar xa se pode apreciar nalgunhas praias, xa que estas están perdendo area e, nunhas máis ca noutras, posto a que a actividade humana  está facendo que esta situación se agrave cada vez máis.
Penso que estamos a tempo de darlle volta a esta situación, porque de non facelo destruiremos o habitat de moitos seres vivos.

Autor: Noelia Vázquez

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

25 Responses to Os polos derrétense

  1. martincabal.aso.1b di:

    A min gustaríame pensar que esto puidese acabar, pero creo que non, a contaminación é unha clave da industrialización , sobre todo para os países en pleno crecemento.
    As multinacionais moven o mundo e os gobernos por motivos económicos non actúan dunha maneira radical, e nunca o van facer, hai países vergonzosos como os Estados Unidos, China, India… que non se comprometen co resto e cos protocolos pactados, e que xuntos están contaminando dunha maneira brutal o planeta.

  2. martinblanco.aso.1a di:

    Claro que xa é apreciable a subida do nivel no mar, había una poboación nunha illa, non me acordo se en Europa ou América, que estaba casi ao mesmo nivel do mar, e en 20 anos estaba previsto que a illa quedaría totalmente cuberta, afortunadamente a illa era pequena e a súa poboación tamén, e foron evacuados por unha organización, a países voluntarios que lles deron vivenda e outras cousas para poder continuar coa súa vida, ademais moitos animais morren pola desconxelación dos polos e cada día todo estase a volver máis grave. Martín Corbelle ten toda a razón sobre o que di, aínda que sexa unha pena.

  3. rebecapineiro.aso.1a di:

    O xeo da Patagonia derrítese máis rápido que os demais glaciares do mundo. Nos últimos 7 anos perderon 42 kilómetros cúbicos de xeo por ano.

    O xeo derrítese tan rápido polos efectos do cambio climático: o aumento da temperatura no aire e o descenso das precipitacións. Pero estes factores non son suficientes para explicar a gran velocidade do desxeo. A outra causa parece ser a vulnerabilidade dos glaciares desta rexión fronte ó cambio climático. A maior parte dos glaciares da Patagonia están en proceso de fusión.
    O cambio climático ten maior efecto sobre os glaciares en proceso de fusión, polo que esta área é especialmente sensible a este fenómeno.

  4. elisaduran.aso.1a di:

    Aínda que comezamos a velo como unha rutina, o quencemento global sigue ahi, e non é un tema que se deba ignorar. Uns poucos de nos, os alumnos de 1º Bac. A coa modalidade de bioloxía podemos disfrutar dunha saída a unha serie de praias de Sanxenxo, moi cercano a nos, onde podíamos apreciar mediante a observación de estratos de “area”, que se encontraban moi superiores o nivel do mar, dous ou tres metros. Isto, podería deberse a unha elevación do terreo, pero o máis posible e que se observe debido o descenso do nivel do mar nos ultimos anos. Isto é unha proba irrefutable de que non fai falla irse ata a Antartida para comprobar as consecuencias deste quencemento.

  5. mariamcosta.aso.1b di:

    A subida do nivel do mar é realmente alarmante. O certo é que asusta pensar que moitos pedazos de terra quedarán comidos polo mar; por exemplo, o caso que comenta Martín Blanco desa illa. Os animais por suposto serán dos máis afectados e moitas especias polares desaparecerán.
    Martín Corbelle ten toda a razón; aínda que sexa unha verdade terrible de aceptar. De feito, este é un cambio que sería moi difícil de parar incluso aínda que a xente tivera ese propósito firme, porque está moi avanzado.

  6. migueltrigo.aso.1a di:

    É certo que e unha traxedia para moitos animais, pero ainda que sexamos en gran parte responsables do cambio climatico, temos que ser conscientes de que a Terra xa sufriu cambios e cambios, e que as especies se adaptaron a eles. Non estou a decir que non debamos facer nada ó respecto, pero o feito feito está, e temos que aprender dos errores da nosa especie para non cometelos nun futuro de novo.

  7. micaelgarcia.aso.1a di:

    O largo da historia a terra sufriu glaciacións e desglaciación cíclicas, e o igual que co quentamento global, xa estaba ahi antes da nosa chegada, o problema é que estamos a acelerar demasiado estes procesos, e iso perxudica gravemente a biosfera.
    Comparto a opinión dos dous Martíns, é posible por remedio a este gran problema ao que se enfrenta a nosa civilización, pero para os que realmente poderían marcar unha gran diferencia, importa máis o diñeiro que o mundo no que viven.

  8. noeliafv.aso.1b di:

    Nun estudo realizado por Eric Rignot, chegouse á conclusión de que si as actuales tasas de derretimento de xeo continúan a este ritmo nas próximas catro décadas, a pérdida acumulada podería elevar o nivel do mar en 15 cm para o ano 2050. Trátanse duns datos pmoi superiores aos previstos no 2007. Sinceramente pareceme algo moi trite o que está a pasar no planeta. Pode que a nos esto non nos afecte plenamente pero si o fará as xeracións vindeiras, e terán que pagar os danos que nos lle fixemos ao planeta…eu penso que aínda se está a tempo de frear esto un pouco

  9. aracelilores.aso.1b di:

    Os culpables de o que esta acontecendo nos polos, e todo culpa nosa, cada vez o cambio climático e máis visible…Non se esta facendo nada para frear esta situación, nin importa moito, porque se realmente importara tomaríanse medidas en estes temas. Con estas desconxelacións dos polos desapareceran moitos especies de animais, e as nosas costas aumentaran o seu nivel de auga, facendo así desaparecer illas por completo.

  10. estelachaves.aso.1a di:

    O quentamento global é un fenómeno que se da por mor do efecto invernadoiro, que é imprescindible para a vida na terra, pero que tamén pode chegar a ser perxudicial se aumentan os niveles de dióxido de carbono. Como é ben sabido, os causante deste aumento é o ser humano, por mor da emisión de CO2 á atmósfera. Nos últimos 100 anos, rexistrouse un aumento da temperatura de entre 0.4 e 0,8ºC. Este dato é procupante, xa que a terra ríxese por unhas temperaturas idóneas para a vida nela. E unha pequena variación deste balance pode traer consecuencias moi negativas.
    Á parte do derretemento dos polos, tamén se darán outros efectos se o cambio climático segue a aumentar a este ritmo, como choivas torrenciais, enfermidades causadas pola gran radiación do sol, incendios constantes, sequiás…
    Do cambio climático temos información sobre as súas causas, as súas consecuencias, o perxudicial que é… Pero o que moita xente aínda non ten é a concienciación de tentar colaborar o pouco que se poida para intentar paliar os seus efectos.

  11. miguel.aso.1b di:

    Este problema ten unha teórica solución, pero é case imposible levala á práctica se non nos poñemos todos dacordo e nos concienciamos en protexer o que é noso e deixamos a un lado por un momento o gran poder dos cartos.
    A última glaciación deste planeta comezou fai 100.000 anos e rematou fai 10.000.

  12. cristinagesc.aso.1a di:

    No post dise que estamos a tempo de darlle volta a esta situación, pero eu penso que o único que podemos facer é frealo.
    Entre moitas cousas que podemos facer para frear esta situación están:
    -Apagar a televisión ou ordenador cando non os esteamos usando.
    -Conducir menos e usar máis o transporte público.
    -Reciclar
    -Poñer a funcionar os electrodomésticos cheos, por exemplo, non poñer a lavadora cunha camisa.
    -Plantar unha árbore: Unha soa árbore absorbe unha tonelada de CO2 durante toda a súa vida.

  13. sarabetanzos.aso.1b di:

    A capa de xeo ártico está diminuíndo a unha tasa aproximada de 8% por cada década.

    Antártida todavía non sufriu os efectos do quentamento global do mismo xeito que a zona ártica, sen embargo, según expertos británicos no adegazamento do xeo na súa rexión occidental contribúe a que o nivel global do mar se incremento nun 10%.

  14. malenasineiro.aso.1b di:

    Este é un problema bastante grave e que desgraciadamente todavía non se está moi concienciado, o quentamento global é un problema que nos afecta a todos e estase pronunciando cada vez máis, por exemplo, os invernos calidos e os abriles máis ben secos que estamos a ter. Non se lle ve unha clara solución pero o que si esta claro é que temos que facer algo para coidar o medio no que vivimos e tentar que todas as persoas se comprometan a facelo.

  15. manuelsomoza.aso.1a di:

    É incríble pero certo, o que di Corbelle é totalmente correcto.
    As multinacionais preocupalles moi pouco o coidado do planeta con tal de conseguir cartos.
    Pero o que máis me indigna sobre este tema e que xa pasados uns cantos anos desde o comezo do movemento en contra do cambio climático e coas continuas charlas, publicidade, estudos, problemas no medioambiente, etc. ó cabo duns anos a xente pensa que xa non hai, que xa rematou, venno tan común que nin lle poñen importancia algo que é demasiado importante como para deixalo así sen máis. Ademais, fai pouco na clase que tivemos de CCMC, o profesor púxonos un video sobre o que pensaba a xente que era o cambio climático e desgraciadamente a xente é unha ignorante que non atende o verdadeiramente importante e algúns a día de hoxe non saben o que é o cambio climático…

  16. rebecapineiro.aso.1a di:

    Científicos da Universidade de Duke avistaron 300 baleas xibardo (ballenas jorobadas) na Antártida occidental. A razón é a cantidade de crustáceos planctónicos existentes nestas augas, dous millóns de toneladas. Pensan que a abundancia de krill débese ao seu movemento estacional nas bahías onde pasan os meses de inverno baixo o xeo mariño.
    Esto podería estar a acontecer frecuentemente, o que pasa é que aínda non fora observado.
    Este feito demostra o rápido que está afectando o cambio climático á Antártida, xa que nesa zona, os bloques de xeo cubrían menos do 10%.
    A falta de xeo é unha boa noticia para estas baleas a corto plazo, pero mala ó longo, xa que nas áreas onde hai máis crustáceos planctónicos ó haber menos xeo rexístranse enormes descensos de krill.

  17. silviagarcia.aso.1b di:

    Está clarisimo que o cambio climático non so está na desconxelación dos polos, e como consecuencia o aumento no nivel do mar…atopei unha noticia que di:o drama ecolóxico no Ártico, onde o cambio climático está acelerando a erosión das súas costas a un ritmo de ata dez metros por ano que da lugar a un novo estudo climático que desvelou como o desxeo dos glaciares árticos desempeña un papel “clave” no aumento do nivel do mar, Os 550.000 quilómetros cadrados do Ártico canadense, un arquipélago que contén unhas 30.000 illas, perdeu entre 2004 e 2009 o equivalente a tres cuartas partes dos xeos dos glaciares existentes debido a que se rexistraron temperaturas máis cálidas do habitual neses anos, o 99 por cento do xeo da Terra está “atrapado” nas capas de xeo da Antártida e Groenlandia. Con todo, a pesar desta cifra, a súa “achega” á subida do nivel do mar é do 50 por cento porque son zonas “suficientemente frías para que as altas temperaturas só afecten os bordos dos seus glaciares”, o novo estudo descubriu que a outra metade do derretemento do xeo que cada ano se une ao mar e aumenta o seu nivel provén dos glaciares e casquetes de xeo máis pequenos como os que hai no Ártico, onde a calor actúa con maior eficacia no xeo e na neve. O cambio climático está chegando con furor…pero as solucións aínda non se ven…

  18. cristinaotero.aso.1a di:

    O quentamento global é un feito que nos esta a acontecer a todo o mundo, aínda que algunha xente non este concienciada de elo. Se non se toman grandes medidas o respecto esos 1,3 mm serán moitos máis. é algo que temos que parar todos coa nosa colaboración.

  19. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Creo que o gran problema do cambio climático atópase na falta de comunicación por parte dos medios, xa que non lle prestan atención a este problema porque simplemente é algo rutinario xa e carece de “gancho xornalístico” o non producir cartos. Opino que para conseguir que a xente se dea conta da súa gravidade necesitaríamos que os medios de comunicación volveran a informarnos ben do que é, que provoca, as súas consecuencias e como paralo, xa que a xente está desinformada, como vimos no video (citado por Manuel)en CCMC.
    Por iso opino que a forma de paralo é mediante a información.

  20. paulacnine.aso.1b di:

    En moitas ocasións non nos damos conta do que porbocamos, con esa simple lata de coca-cola nunha praia, ou noutro lugar que fai que haxa mais contaminación, o que proboca a larga é a destrucción dos polos e doutos lugares que pouco a pouco van a ir desaparecendo, e facendo que desaparezca debido as temperaturas, etc.

  21. estelachaves.aso.1a di:

    Aínda que Eloy ten razón ó dicir que é necesario unha boa imformación sobre os problemas e as causas que o cambio climático provoca, pero na actualidade, a información pode chegar a todos os sitios e prácticamente todos teñen unha idea do que é, aínda que non sexa moi exacta, e sobre todo, todos sabemos que é perxudicial, e que se pode diminuír algo intentando non contaminar. Dende o meu punto de vista, o problema é o egoísmo que posúen certas persoas, xa que seguen realizando infrastructuras e producindo COs continuamente. Esto pasa porque o cambio climático seguramente non os alcanzará dunha forma moi violenta e non pensan nin tentan axudar ós nosos predecesores que son os que o terán que soportar.

  22. victorino.aso.1 di:

    Este dato e preucupante xa que se se estan desconxelando os polos a este ritmo pois veremos como os pingüins, oso polar… se quedan sen o seu lugar para vivir.
    O aumento do nivel do mar como di o post pois depende de duas cousas que son o desconxelamento dos polos e o aumento da terra sobre o mar e para isto solo temos que mirar a o noso redor e vemos como case todos alluntamientos costeiros, por non decir todos, pois se aumentou a superficie da terra sobre o mar e moitas veces o aumento e excesibo. A causa disto pois vemos que cando hai unhas chubias fortes pois moitas veces se inundan moitos lugares xa que a superficie onde agora ai casas, poseos marítimos… pois antes chegaba alí o mar cando había chubias fortes.

  23. fatimafuentes.aso.1a di:

    Eu tamén estou dacordo con Corbelle. É moi triste, pero é certo. Coma sempre, os problemas que non teñen consecuencias económicas nin sociais a curto prazo, para algunhas persoas, non existen. Ós países que non cumpren os protocolos nin comparten o acordo, non lles convén facelo. De tódolos xeitos, aínda que o cambio climático precisa máis axuda que o día a día de cada un de nós, como mínimo, temos intentar facer o menor dano posible ó medio e, buscar a maneira de transmitir o problema á sociedade, xa que segue sendo algo totalmente ignorado por un gran número de persoas. A nós non nos afectará demasiado o cambio climático polo de agora, pero aquí temos un claro exemplo de que algo falla, xa que comezaremos a notar as consecuencias incluso antes do que estaba previsto. Si queremos evitar que as futuras xeracións non poidan disfrutar do planeta coma nós, debemos mentalizarnos e facer todo o que esté ó noso alcance.

  24. elisaduran.aso.1a di:

    Estou da acordo cando Estela di que xa non chega a ser tanto a concienciación da xente, senon o egoísmo de algunhas persoas. É por desgracia, como di Manuel, esas persoas soen ser persoas que son as que realmente podrian chegar a cambiar isto, como multinacionais ou ata presidentes de goberno nalgúns caso.

  25. silviagarcia.aso.1b di:

    A ver…xa pode vir o papa a dicir que temos que cambiar o mundo que como non o fagamos absolutamente toooodoooo o mundo isto non vai cambiar…ousexa é moi fácil coller e votarlle as culpas os demais…pero a hora de dicir, non eu pola miña parte vouno facer vou intentar facer todo o posible para que o afundimento da terra non suceda,non lamentablemente case ninguén