Chernobyl 25 anos despois

O 26 de Abril de 1986 en Ucraína, prodúcese o maior accidente nuclear coñecido ata o momento. O reactor número 4 da central nuclear de Chernobyl, 90 minutos despois de decidir reduci-la potencia do xenerador para iniciar un test no circuíto de refrixeración, unhas fallas no sistema de control, a perigosa desactivación do sistema de seguridade (por requerimentos do test) e a mala actuación dos operadores ante a emerxencia, desatan a catástrofe.

 imagen

Dous minutos despois de iniciarse unha incontrolada nube de vapor no núcleo do reactor, queda fóra de control: estalan, debido a unha sobrepresión, os condutos de alimentación e a coraza protectora de grafito do núcleo, provocando un enorme incendio e a expulsión ao exterior de 8 toneladas de combustible radioativo, cunha media de 30 anos de desintegración, despois dunha doble explosión que destrúe o teito da planta.

As consecuencias desta catástrofe afectaron a uns 5 millóns de habitantes da área, así como tamén se viu contaminada parte de Bielorrusia, Rusia e rexións de Polonia, República Checa e Alemania. As brigadas especializadas sofocaron os incendios e neutralizaron o núcleo do reactor botando toneladas de químicos e area dende helicópteros. Inicialmente, esta ecatombe foi disimulada por Rusia, pero transcende ao propagarse a radiación por toda Europa, polo que se piden explicacións. Evacúanse as poboacións máis cercanas á planta, e a produción agrícola e gandeira debía ser destruída.

Quince anos máis tarde, a evaluación de vítimas totales por parte de diversas ONG’s ascendía a 20.000 mortos ou con prognótsico de diferentes cancros. Estes datos seguen sendo descalificados anos despois, xa que se alega que estes resultados son debidos a transtornos preexistentes.
Vintecinco anos despois, hoxe, un informe da ONU dá respostas definitivas sobre os seus alcances.

 Credes que foi unha situación similar á vivida hai uns meses en Xapón?

 

 

Autora: Sofía Oliveira

Esta entrada foi publicada en Residuos, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

29 Responses to Chernobyl 25 anos despois

  1. laracores.aso.1b di:

    A diferencia principal é que en Chernobyl o desastre foi dado por fallos nos sistemas de control e o riesgo de desactivar o sistema de seguridade que, supostamente, requería o test de emerxencia, ademais da ineficacia da actuación dos operadores de emerxencia. Según os especialistas, a catástrofe de Chernobyl foi dada por erros humáns.
    En cambio, o problema de Fukushima foi a consecuencia dun desastre natural, o peor en Xapón nos últimos 140 anos.
    Ademais en Chernobyl a seguridade non era tanta como a que se deu agora, daquela o reactor funcionaba á súa máxima capacidade no momento da catástrofe, non tiña contención. Este non era o caso dos xaponeses.

  2. gabriellema.aso.1a di:

    Os rusos trataron de ocultar a catástrofe nos seus comezos, e eso non axudou á súa solución. Ademais os xaponeses controlaron a liberación de vapor, o que fixo que a reacción do reactor fose menor que a dos rusos (A cal foi unha explosión totalmente inesperada que liberou tanta radición coma 20 bombas de Hiroshima. De seguir quentándose, o reactor de Fukushima pode sufrir os mesmos danos que o de Chernobyl

  3. martincabal.aso.1b di:

    Disgústame un pouco que se publicara un post de chernobyl cando eu tiña unha presentación apiques de rematar.

    O desastre de Fukushima non chegara a ser tan grande como o da memories V.I Lenin mais coñecida como a central nuclear de chernoby, Ucrania, dende un principio as autoridades xaponesas evacuaron a zona de risco. A URSS non Rusia, isto é unha falacia , non fixo esto, ata pasados 2 días, e a decisión de evacuación foi reducida, solo a emerxente cidade de pripyat, en Xapón traballase co ultimo en tecnoloxía en chernobyl a tecnoloxía era obsoleta.

    Foi moi curioso como sucedeu, a central nuclear sueca de Forsmark,chegou a contaminación emitida polo núcleo de reactor da lenin, estes “pararon” a central e fixeron unha inspección nas súas instalacións, cando se deron conta de que non era culpa deles, investigaron as correntes aéreas e déronse de conta que debía vir de Urania, mais concreto de chernobyl, aí foi cando Mijail Gorbachov secretario xeneral se veu obrigado a dar a cara.

  4. eloyrdaporta.aso.1a di:

    O que máis axudou a que se desatara o desastre de Chernobyl, foi o secretismo que gardaba a URSS frente a todolos temas referentes o país e os seus aliados. Tamén se tomouo con moita “paciencia” a súa evacuación, xa que o accidente foi en Ucránia, porque se fose en Moscú , non tardarían máis que unhas horas en evacuar a cidade e os seus arredores.
    O que máis me chama a atención de todo, é que o desastre se producira por unha revisión da seguridade, iso foi o que maís me extrañou, que entón se ocorrera un terremoto coa metade de forza que o de Fukushima, as consecuencias serían demoledoras para toda a poboación nun radio de menos de cinco quilómetros, xa que o uranio quedaría exposto, e habería moita máis radiación.

  5. samuelmarino.aso.1a di:

    En Chernobyl foi bastante diferente, en canto á maneira en que se produciu a catástrofe e na súa reacción despois dela. Xa que en Chernobyl produciuse por culpa dun erro humán por andar a “xogar” coas barras de control que se sabe que son tan perigosas se o seu uso é indebido, non sei como uns especialistas puideron cometer ese erro. E unha vez despois da explosión a reacción foi moi lenta, chegando incluso a ser ocultada a catástrofe pola URSS dous días.

  6. noeliadozo.aso.1a di:

    Aínda que a central nuclear estaba situada en Ucraína, foi Bielorrusia o país que máis quedou afectado pola radioactividade, por mor dos ventos que existían nesa época do ano.
    As consecuencias que tivo este accidente xa son coñecidas por todos, só dicir que preto de 73.000 persoas continúan vivindo cunha invalidez permanente e moitas outras sufrindo aínda as consecuencias do que foi o accidente nuclear máis grave da historia.

  7. martincabal.aso.1b di:

    Eloy eso de que se o accidente fose enunha central nuclear de Moscova non tardarían nin unhas horas en evacuar… paréceme falar por falar, se chernobyl non foi evacuada antes foi porque a URSS “unión de repúblicas socialistas Soviéticas” non quería que se desatase o caos, e non eran conscientes da tremenda catástrofe que tiñan entre mans.

    Por outro lado o que fixo a catastrofe de fukushima non foi o terremoto, se non o posterior tsunami.

  8. mariacmaq.aso.1a di:

    Son dous casos producidos por unha natureza diferente, nos que os niveis de radiactividade desprendidos tamén son diferentes no caso de (Fukushima)a radioactividade desprendida é aproximadamente unha décima parte daa que se desprendeu en Chernobyl, polo tanto os danos tamén seran menores.

  9. arantxaleiro.aso.1b di:

    Penso que si é unha situacion parecida a que ocorreu uns meses en Xapon.
    É unha pena o que lles sucedeu sucede a poboación,pois deberon de pasalo moi mal por eles e polas persoas que sufriron problemas.

  10. xmiguelcastro.aso.1b di:

    Eloi,con todo o respeto,deberías informarte máis sobre a URSS.
    No tempo en que se estaba a vivir,na URSS,acababa de gobernar Brézhnev,período no que o sistema económico soviético entrou en recesión a causa do atraso na agricultura,o que fai ter que importar trigo para abastecerse.A outra causa,era o atraso nas calidades de vida da poboacíon,o que foi creando descontento.A morte de Brézhnev,sucederono dous secretarios máis,nun período de tres anos.En 1985 foi nomeado secrtario Mijaíl Gorbachov,que puxo en marcha dúas reformas chamadas “Perestroika” e “Glásnost”,coas que se abriu un período de apertura ao exterior.
    Con esto podes observar claramente que era un período de inestabilidade dentro da URSS.
    Nesa década os EEUU,gañabanlle claramente a partida a URSS,xa que tiñan unha grande vantaxe na carreira armamentística.
    A raíz das reformas de Gorbachov,estableceronse dúas correntes dentro do partido comunista,os “conservadores” e os “novos pensadores”,con ideas de involucrarse no mercado mundial,etc…
    Cando foi Chernobyl,a sección conservadora,”traicionou” a Gorbachov,ao non explicarlle claramente e con toda veracidade os suceso que estaban a acontecer.
    Explico esto por que na situación de crise na que se estaba sumida a URSS,o sector “conservador”non podía permitir sacar a luz esa catástrofe,que suporía unha “derrota” máis na Guerra Fría,e tamén explico esto por que non tolero que se desprstixie a figura de Gorbachov,que grazas a el os países do leste saíron da “mafia” na que se convertera o PCUS.
    E por favor,un rapaz que saca as notas que ti sacas,ten que razoar,e non dicir se o desastre fose en Moscova,non se podería evacuar unha cidade en cuestión de Horas.
    (desculpade a todos a extensión do comentario)

  11. miguel.aso.1b di:

    Deixémonos de politiqueos e de discutir por ver quen tivo a culpa, pois está comprovado que ata no país máis especializado do mundo pódese dar un erro. A realidade agora é que millóns de personas vense afectadas por esta catástrofe 25 anos despóis.
    Volvemos ao debate de si ou non á enerxía nuclear. Na miña opinión,´a enerxía nuclear é boa porque é barata e efectiva, pero creo que en ocasións non compensa. Creo que debería incrementarse gradualmente o uso de enerxías renovables.

  12. micaelgarcia.aso.1a di:

    Non estou dacordo, no caso de que a central de Chernobyl sufrise un terremoto a metade de forte que o do Xapón non pasaría nada,xa que tería unha magnitude de 4.4 na escala Richter, un terremotos desa magnitude percíbense cerca de 6000 o ano e apenas causa danos.Non hai que esquecer que a escala Richter é unha escala exponencial.
    Aínda así un terremoto en Chernobyl seria moitísimo máis perxudial que no Xapón pero pola simple razón de que no Xapón as infraestruturas están deseñadas para soportar movementos sísmicos, dado que e frecuente a presenza de terremotos, todo o contrario que en Ucraína.

  13. rebecapineiro.aso.1a di:

    O peor desta catástrofe é que, ademais das consecuencias que tivo no seu momento, e as mortes directas, esa contaminación radiactiva continua nesas terras, e non desaparecerá ata dentro de moitísimo tempo, pero os habitantes seguen a vivir alí, e o que é aínda peor, seguen a cultivar alimentos nesas terras. Desta forma están expostos a unha radiacción permanente durante toda a súa vida, feito non demasiado bo para a súa saúde.
    No Xapón, as víctimas actualmente son moitas, polo terremoto, o posterior tsunami e ademais a catástrofe nuclear. Pero as víctimas serán moitas máis á larga, xa que esa contaminación permanecerá nas terras e tamén no fondo do mar, algo que contaminará a fauna nun país alimentado básicamente de peixe, e seguramente nunca se saiba a cantidade exacta de persoas falecidas a causa do accidente de Fukushima, igual que en Chernobyl.

  14. karinamendez.aso.1b di:

    Non penso que o terremoto de Chernobyl fose máis perigoso que o de Xapón, pero como di o meu compñeiro Micael, Xapón e Chernobyl non poseen as mesmas infraestructuras polo que un terremoto que en Chernobyl causaría moitos desastres pero non faría o mesmo en Xapón.

  15. rubengonzalez.aso.1a di:

    Eu dende logo penso que o de Chernobyl foi bastante diferente o de Xapón, xa que, en Chernobyl a catástrofe foi producida por erros humanos e en Xapón foi un terremoto e logo un tsunami o que produciron os problemas na central.

  16. estelachaves.aso.1a di:

    Aínda que Chernobyl e Fukushima foron dúas catástrofes de dimensións considerables e ámbalas dúas elevasen o nivel de alerta ó máximo, presentan notables diferencias. A máis evidente é, afortunadamente, que Fukushima non ten o risco de ser tan perigosa para a saúda como o foi e segue sendo Chernobyl, segundo dixo o especialista en enerxía nuclear, Kenji Sumita, da universidade de Osaka.
    O reactor 4 de Chernobyl era un reactor que estaba formado por un núcleo de grafito, como se di no post, e refrixerado por auga. Estos dous factores, produciron unha reacción descontrolada en cadea. Fukushima non posúe grafito, polo que non se produxo a reacción e puideron enfriar os reactores.
    Para que Xapón puida descansar se perigo, teñen que seguir arrefriando os reactores e preparando tanques para almacenar toda a contaminación que se está vertendo, ata o momento de encontrar a forma de arrefriar conmpletamente os reactores.

  17. manuelsomoza.aso.1a di:

    Ten moita razón miguel, xa que non ten importancia falar de política sobre unha catástrofe. Que puideron ter a súa parte de culpa uns ou otros? pode ser… Pero o realmente importante e debatir agora na actualidade sobre se se debe seguir coa enerxía nuclear ou non coas súas vantaxes como que producen unha gran cantidade de enerxía e comparacións a outro tipo de obtenciónd e enerxía ou as desvantaxes coma posibles catástrofes como estas ou os residuos que produce este tipo de enerxía…

  18. paulacnine.aso.1b di:

    Respecto a pregunta que nos plantexa este post, se foi parecida a catastrofe de xampon verase a largo prazo.
    Hay diferenzas xa que o de chernobyl foi debido a un fallo humano, e en Xapón foi debido o terremoto que arrasou con todo.

  19. victorino.aso.1 di:

    Estou de acordo con Somoza e Miguel en que non ten sentido discutir sobre política, o que pasou aquel día en Chernobyl xa pasou e se temos algo que recordar de aquel día e que foi unha catástrofe pero non por culpa de que as centrais non son seguras senón en que foi por un fallo humano enorme e que agora mesmo hai un monton de persoas con problemas de saude por culpa de ocultar a catástrofe e o peor e que estas persoas pois estan sen apoio económico e non lles dan unha solución xa que lles dicen que non se pode probar que o que lle pasa sexa por culpa da central.
    Se algo do mais importante que se debe de recordar de Chernobyl e que asta o ano 2000 a central estubo en funcionamento cos seus reactores que non sufriron daños, algo que realmente choca moito xa que se decimos que esa zona esta contaminada pero seguese traballando ali, non solo as persoas desa ciudad, senón na misma central que tubo o acidente.
    Finalmente, quería decir que no seu día nun foro que houbo sobre a enerxía nuclear pois o mellor pois non me expresin ben pero en ningún momento queria nin desacreditar a os Islamistas nin as persoas de Ucrania solo quería decir que o medo que eu lle tiña a estas centrais era a un atentado terrorinta e puxen o exemplo das Torres Xemelgas. Temos que ter en conta que o de Chernobyl foi un fallo humano facéndolle un text de seguridade porque o goberno de aquel momento tiña medo a un atentado terrorinta e o que querían comprobar pois era se eran seguras, algo pois que a min na quel momento pois me fixo reflexionar “que pasaría se aqueles avións de extrelarse sobre as Torres Xemelgas pois o fan sobre unha central” realmente pois eu penso no peor.
    (Pido disculpas se no foro pois non fun respectuoso pero non era a miña intención).

  20. sergioagra.aso.1a di:

    Manuel,creo que este é un claro exemplo de que non temos que utilizar a enerxía nuclear. Ainda que o de Chernobyl fora a causa dun fallo human,temos que intentar co pasos dos anos intentar disminuir o uso da enerxia nuclearxa que se volve a ocurrir una desgraza igual, afectaria case a toda a humanidade.Enton teremos que intentar invertir nas enerxias renovables.

  21. martincabal.aso.1b di:

    Claro que ten importancia a política, xa que pola mala actuación dos mandatarios moitas mais persoas das que debían acabaron enfermas ou mortas e moitas das que naceron posteriormente sufriron todo tipo de deformacións, se estudamos como sucedeu a catástrofe nas horas anteriores o mesmo, porque non vamos estudar o que sucedeu despois?.
    Por culpa da actuación política miles de persoas quedaron sen nada, nin unha compensación polos traballos realizados a poucos metros do reactor.

    Por outra banda se queres abrir o debate das enerxías nucleares a día de hoxe da única maneira que se pode actuar e por vía política presionando aos mandatarios.

    Victorino, unha vez mais déixasme sen palabras, non foi un test antiterrorista foi un test de seguridade/rendemento , tes razón no de un posible ataque terrorista sobre unha central, seria unha gran catástrofe, pero tamén existen bombas nucleares que posúen algúns países é parece que a xente non lle importan.

  22. martincabal.aso.1b di:

    A URSS puxo ente moitas outras escusas que era unha proba de seguridade bélica, pero segan moitos científicos, é unha mentira, era unha proba para producir mais con menos.

  23. damianlores.aso.1a di:

    Han que foran por situacións diferentes os desastres nucleares destas dúas centrais nucleares. O dano que provoca na saúde e no medio ambiente a radioactividade é moi similar.

  24. belindagomez.aso.1a di:

    O accidente de Chernóbil trastocou o equilibrio de toda a sociedade bielorrusa, ucraniana e rusa. Xerouse unha crise xeral a causa dun complexo entramado de distintos factores como, por exemplo: realoxamentos de poboacions moi numerosas, pérdida dos terreos agrícolas, contaminación dos alimentos, crise económica, incremento del gasto sanitario a causa dos problemas xerados polo accidente, problemas políticos, man de obra debilitada, enormes costes estatais para a recuperación da normalidad nas zonas afectadas, etc.Esto desgraciadamente vai ser o que teñan en común co Xapón.

  25. malenasineiro.aso.1b di:

    Para o meu parecer a gran diferencia será o número de afectados, xa que en xapón tomaronse moitas medidas de control e estamos a falar dun dos países máis avanzados do mundo. A diferencia con Rusia onde intentouse manter en “segredo” semejante catástrofe e por culpa disto moitas persoas estaban sendo afectadas pola radioactividade sen sabelo, e ademas de que a evacuación foi máis ben tardía. Nestes casos o tempo e ouro e no caso de Xapón tiverono moi en conta e non dudaron en pedir axuda a quen fixera falta para que non se repetira o vivido en Chernobyl.

  26. manuelsomoza.aso.1a di:

    Sergio, eu no meu comentario non expresei que quixese a enerxía nuclear como método de obtención de enrxía, solo expuxen que o mellor era debatir se se debe ou non se debe utilizar.
    Eu persoalmente creo que se debe utilizar este método ata que as enerxías renovables cheguen ao punto de que poidan sostentar a demenda de enerxía do mundo e ir diminuíndo progresivamente a utilización das enerxías nucleares.
    Por outra banda, con respecto a falar de política pois no que di Corbelle, nese punto ten razón en canto ó de explicar que repercusións tivo nas persoas as decisións dos mandamáis. Ademais, o que di corbelle o de presionar ós políticos, a cousa non é tan fácil, xa que se por exemplo España decide “si” as enerxias nucleares e aínda que o pobo portugués presione os seus políticos de que non, seguramente estarán case igual de expostos os posibles perigos que si dixeran “si” as enerxías nucleares…

  27. micaelgarcia.aso.1a di:

    Segun o que eu lin, a proba que provocou a catástrofe tería lugar polo medo a un posible ataque bélico as centrais nucleares, e nel trataban de estimar o tempo que o reactor aguantaría sen suministro eléctrico.
    Comparto as ideas de Manuel respecto a países que poñen en perigo a outros países, e nesta situación encontrase agora mesmo España, xa que Francia con 58 reactores repartidos en 18 centrais, é o pais da Unión Europea con maior numero de centrais nucleares.En caso unha catástrofe, nos seriamos dos máis perxudicados.

  28. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Lendo os comentarios de Corbelle e Xesús vexo que non me expliquei ben. Refirome, no comentario de Corbelle, que a evacuación dunha cidade importante como Moscova, sendo a cidade máis importante da Unión Soviética, sería moito máis rápida a súa evacuación, estando nunha posición tan privilexiada comparado con a cidade de Pripyat, Ucrania, o considerar esta nación como subdesenvolvida. Quizais hesaxerei bastante dicindo que só fosen unhas horas, pero en comparación sería moito menos tempo, aínda que a cidade de Moscova sexa maior.
    Respecto o comentario de Xesús, a URSS posuía unha gran industria pola Revolución Industrial ideada por Lenin e posta en práctica por Stalin, converténdose antes e despois da Segunda Guerra Mundial nunha gran potencia a nivel mundial. Non creo que todo ese poder desaparecese dun día para outro, aínda que todo isto apareceu antes da Guerra Fría , que a partir disto o seu poder deixou de crecer tan rápido.
    Aínda así a URSS tiña un gran poder militar e armamentístico moi alto e a súa investigación en armamento nuclear, o que supoñía unha grande ventaxa. Durante este tempo a Unión Soviética avanzou bastante en investigación espacial e militar, polo que se va que non carecían de cartos. Digo isto porque para construír unha cidade en Ucrania financia bastante pola URSS, que lles interesaba aparte de extracción de enerxía, de estudar e mellorar armamento nuclear, porque a construcción dunha planta nuclear e unha cidade o seu carón non é barato que digamos.
    Non digo que a URSS tivera problemas co avastecemento de trigo, pero tiña cartos para outros investimentos, e iso da que pensar.
    Opino tamén que a URSS ocultou este incidente para ocultar o que ocorría dentro dela e as súas intencións e porque tratabase dende o seu punto de vista un país secundario.
    Para rematar, xa sei que non podo competir sobre este tema da URSS e a Guerra Fría con Corbelle e con Xesús, só vos isto para que reflexionedes un pouco sobre isto “e a outra cara da URSS”.

  29. martincabal.aso.1b di:

    Eloy claro que podes competir, solo que non te expresaras moi ben no anterior comentario, debo dicirche que pripiat era unha cidade moi desenvolvida. No do secretismo da URSS estou dacordo contigo.