Xa rematou?

Pasadas xa unhas semanas dende a gran catástrofe no Xapón, parece que todo rematou: Xa non se ven tantos informativos no telexornal que falen diso, nos xornais case nin se menciona a situación, na radio noticias sobre iso son case inexistentes… Todo o mundo pensa que xa rematou o gran problema que algúns o clasificaron de estado “apocalíptico”. Pero que non só son os efectos inmediatos que produce una catástrofe coma esta, tamén hai efectos secundarios que moitas persoas pasan por alto e non lles importa.

imagen

Substancias radioactivas 20.000 veces por enriba do límite legal anual filtráronse ó mar dende a avariada planta nuclear de Fukushima entre o 1 e o 6 de abril. Neses seis días  escapáronse ó mar cerca de 520 toneladas de auga con elevada radioactividade. A filtración foi detectada o 2 de abril , aínda  que para entón xa se filtrara ó Océano Pacífico cerca de 5.000 terabecquerels de sustancias radioactivas.

A comezos deste mes TEPCO verteu ó mar cerca de 11.500 toneladas de auga con radioactividade relativamente baixa (cen veces superior ó límite) para deixar espazo en varios depósitos coa fin de almacenar neles líquido moito máis contaminado.

imagen

A radioactividade  provocou que o Goberno  evacuara un radio de 20 km en torno á central. Antes dun mes ampliará as áreas de evacuación a outras cinco localidades situadas  ata a 40 km nas que se detectou a alta radioactividade. Para tratar de impedir que a radioactividade se espalle no mar, TEPCO instalou fai doce días unha barreira con placas de aceiro e unha muralla de material sintético no litoral.

Autor: Manuel Somoza.

Esta entrada foi publicada en Novas tecnoloxías, Residuos, Tectónica de Placas, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

26 Responses to Xa rematou?

  1. josuafalvarez.aso.1a di:

    Aínda non, as catastrofes físicas sí remataron pero a radiación aínda está presente e poder ter efectos na natureza, neste caso no mar e nos peixes.

  2. mariacmaq.aso.1a di:

    Claro que non rematou, non segue sendo noticia importante porque xa pasou un tempo e non queren preocupar máis pero por desgrazada esta radiación seguirá presente unha longa tempada provocando diversas enfermidades e diversos danos tanto en animáis acuáticos,terrestres,persoas,vexetais etc…

  3. laracores.aso.1b di:

    É moi triste que noticias tan tráxicas coma estas sexan escoitadas solo durante as primeiras semanas e olvidadas para sempre, inda máis noticias coma esta cuxas consecuencias imos sufrir directa ou indirectamente durante anos.
    Os niveles de radioactividade no auga chegaron, ainda que moi baixos, a Tokio.
    Pero non so no auga, tamén atoparon altos niveis en alimentos que foron cosechados cerca da central, o goberno planea limitar a distribución de productos na zona para evitar riscos

    O obxectivo agora é o desmantelamento da central, pero para iso teñen antes que parar as emisións de radiactividade de planta, cando esto ocorra comezarán a desmantelala pero, según o goberno e as empresas encargadas, este proceso pode durar incluso 10 anos.

  4. martincabal.aso.1b di:

    Claro que non, quizás dentro duns anos os nosos fillos estarán prantexandose esta mesma cuestión, a radioactividade e extremadamente imprevisible e imparable, por iso creo que non é moi lóxico xogar con ela, non é como un tsunami por exemplo que arrasa o que encontra o seu paso, a radioactividade é silenciosa e unha vez que te expuxeches a unha cantidade alta de esta, a mellor solución e morrer, e ser illado.

  5. manuelsomoza.aso.1a di:

    O mércores 20 de abril, o Goberno prohibiu a distribución dun tipo de peixe similar á anguia de mar en Fukushima ó detectarse un nivel de cesio de 14.400 becquerels por kilo, moi por enrima do límite legal de 500 becquerels, nunha mostra capturada en augas da cidade de Iwaki, no sur desa provincia.

  6. ateneaprado.aso.1b di:

    Nin de broma, xa que non podemos pretender que un problema tan grave coma este se solucione en cuestion de días, meses ou incluso dentro duns anos. A radioactividade non é calquera cousa xa que todo o mundo sabe o perigosa que é e que calquera tipo de problema que haixa no referente a esta sempre ten un alto risco de perigo, tanto para o medio ambiente como para as persoas.

  7. sandragarcia.aso.1b di:

    Claro que a traxedia en Xapón non rematou. É certo que xa non estamos tan pendentes desa grande catástrofe e que non nos chega información; para nós, parece que é algo pasado, pero en realidade, moitas desas familias tardarán moitos anos en recuperarse, e para outras moitas, a vida non será nunca o mesmo. Ademais, a grande cantidade de radiación procedente de Fukushima pode afectar ás próximas xeracións como pasou con Chernóbyl, e moitos heroes sacrificaron a súa vida para evitar a toda costa que a situación fose a peor. Xapón espera reconstruír os danos provocados polo tsunami en 10 anos, pero o dano moral tardará moito máis tempo en ser olvidado.

  8. mariamcosta.aso.1b di:

    Na actualidade, as noticias como esta impactan moito no momento, e son o centro dos telediarios, dos periódicos e de tódalas redes de comunicación: pero enseguida son olvidadas e son sustituídas por outras máis recentes. Iso é a consecuencia da velocidsade á que viaxa a información actualmente: nuns días xa temos información sobre outro novo acontecemento noutro lugar do mundo que acapara a nosa atención.
    A traxedia non rematou, por suposto. Aparte de tódalas persoas e familias enteiras afectadas polo terremoto que aínda van a pasalo moi mal, está o problema de Fukushima, que pode afectar a moito territorio e durante moito tempo, incluso varias xeracións, como di a miña compañeira Sandra.

  9. arantxaleiro.aso.1b di:

    Ainda que non se fale da gran catastrofe,esta queda marcada como un feito moi importante.
    É de imaxinar que as catastrofes fisicas xa estan rematadas pero ai outras segundarias pero xa non as votan nos telediarios.
    E como din alguns dos meus compañeiros,estas noticias no momento impactan moitisimo pero co paso do tempo como se van recuperando as catastrofes fisicas as persoas xa van olvidando o que esta a pasar neste momento pero como xa dixen esta catastrofe vai a quedar para a historia como outras tamen impactantes.

  10. micaelgarcia.aso.1a di:

    O peor de todo isto é que para que os países desenvolvidos se den conta ou admitan que a enerxía nuclear non debería ser unha opción e que e moi perigosa, teña que suceder unha catástrofe de tales magnitudes. Se non fose pola catástrofe de Fukusima as grandes potencias non se prantearían non alargar máis a suposta vida útil de algunhas centrais,o peche doutras como xa esta a facer Alemaña ou simplemente sometelas a todos as probas que se están a realizar por mor da catástrofe de Xapón.
    É verdadeiramente moi triste que para facer recapacitar sobre as propostas enerxéticas do futuro teña que ocorrer algo así, moi triste…

  11. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Pareceme unha gran catástrofe o vertido desta auga contaminada o mar, xa que agora tomos corremos perigo de intoxicarnos todos o comer seres mariños contaminados. O que me estrana é que Xapón o fixera sen ningunha contemplación, xa que a súa dieta baséase na comida que da o mar, sobre todo peixes e algas. Isto é inaceptable se mire por onde se mire, o propio goberno xaponés destrúese así mesmo e, a súa falta de responsabilidade poderíanos contaminar e converter este problema, máis ou menos “particular”, nun problema a escala mundial.

  12. martinblanco.aso.1a di:

    Neste mesmo instante acábanse de detectar grandes cantidades de contaminación radiactiva superiores aos legais en productos tan importantes como o leite non pasteurizada e en un montón de verduras, como o brócoli. O aire, o mar e a terra sufriron moitísimo estes acontecementos e vai a costar moi caro.

    Cada día analízanse diferentes tipos de especies de peixes e detéctanse novas contaminacións, polo que o peixe debe de ser prohibido para a alimentación do ser humano, e corre moitísimo peligro de perder exemplares ata desaparecer…

  13. mariacgarcia.aso.1a di:

    Estou dacordo cos meus compañeiros, xa que, como pasa cn todas as noticias ao pouco de suceder estase falando sempre delas pero co paso do tempo vanse olvidando e deixase de falar delas.
    Eu creo que esto vai seguir contaminando durante algún tempo e seguirá perxudicando a animais e persoas das próximas xeracións.

  14. noeliavazquez.aso.1a di:

    No momento que estas noticias saen a luz somos bombardeados polos medios pero logo cando xa pasa un tempo os medios olvídanse, e o goberno empeza a ocultar cousas.
    Evidentemente isto non rematou xa que a terra o mar e os animais porsuposto están gravemente contaminados.

  15. taniagonzalez.aso.1b di:

    Claro que isto non acabou, o que pasou en Xapón foi moi forte e porque non sexa noticia non significa que xa pasara porque isto vai levar moitísimo tempo e millóns de euros en reparar Xapón, foi unha catástrofe que non se olvidará nunca.

  16. cristinagesc.aso.1a di:

    A radioactividade é un fenómeno natural ou aritificial, polo cal algunhas substancias denominadas radioactivos, son capaces de emitir radiacións, que teñen a propiedade de impresionar placas fotográficas, ionizar gases, producir fluorescencia…
    As radiacións emitidas polas substancias radiactivas son principalmente partículas alfa, beta e gamma. A radioactividade é unha fotma de enerxía nuclear, usada na medicina e consiste en que algúns átomos como o uranio, radio e torio son inestables e están continuamente perdendo partículas alfa, beta e gama.

  17. cristinagesc.aso.1a di:

    As radiacións poden ser:
    -Raios Alfa: Formados por partículas materiais que presentan dúas unidades de carga eléctrica positiva e catro unidades de masa. Son lixeiramente desviados pola acción de forzas magnéticas intensas. Poden ionizar os gases e entrar na materia. Son absorvidos cando se pon ante eles unha lámina metálica.
    -Raios Beta: Formados por partículas de menor masa que as que forman os raios alfa e son de unidade de carga negativa. Posúen maior velociadade cas dos raios alfa.
    -Raios Gamma: Son totalmente diferente ós anteriores porque éstes non experimentan desviacións ante os campos eléctricos ou magnéticos. Poden atravesar láminas de chumbo e recorrer grandes distancias no aire. A súa natureza é ondulatoria e non ten carga eléctrica nin masa. A súa capacidade de ionización é máis débil cas capacidades anteriores.

  18. manuelsomoza.aso.1a di:

    Segundo un artigo que lín, Europa está dividida ao elixir se enerxía nuclear pese o acontecido fai pouco en fukushima.
    O que máis desconcerta ós que non queren este tipo de enerxía e que o acontecido ademais nun país caracterizado por ter unha, moi boa seguridade, pode ocorrer en calquer momento e desatar unha catástrofe a nivel mundial e isto crea unha gran controversia xa que se un país admite a enerxia non só ese país corre o perigo de ter un problema coma o acontecido senón que os país do arredor tamén están expostos aínda que renunciaran a enerxía nuclear…

  19. estelachaves.aso.1a di:

    Ampliando algo a información sobre o debato a favor ou en contra das centrais nucleares, dicir que nestos momentos é imposible prescindir delas, xa que pese a todo correspóndense coa maior parte da enerxía do mundo. Por mor dos problemas que xeran e da oposición dos cidadáns ante a construcción de novas centrais, elevado agora máis polo acontecido en Fukushima, non se contruirán, polo menos durante un tempo, máis centrais nucleares. Esta noticia é alentadora, pero os problemas xorden non coa creación de novas centrais, seguramente máis preparadas e seguras. O problema aparece coas centrais que xa levan anos funcionando e quizás teñan algún risco, porque non se van a deixar de utilizar, sería un gran golpe para a fabricación de enerxía.
    Hai moitas alternativas á enerxía nuclear, como as enerxías renovables, pero aínda non están o suficientemente adaptadas para ser a base da fabricación de enerxía.
    Por mor disto, os debates e discusión seguirán dándose por moito tempo.

  20. lorenabuceta.aso.1b di:

    Os efectos nocivos da radioactividade son acumulativos. Isto significa que unha exposición mínima continua convértese en perigosa despois de certo tempo. Exposición a cantidades non moi altas de radioactividad por tempo prolongado poden ser nefastos e fatales para o ser humano, causando varias enfermidades.

  21. paulacnine.aso.1b di:

    Creo que non rematou xa que unha catastrofe así case nunca se olvida e se di que rematou.
    E verdade non podemos prescindir das centrais nucleares, debido a enerxía que producen, pero tamen e vardede que cos avances que temos hoxe en dia poderían ter mais vixiado todo para que non se repia esta catastrofe.

  22. elisaduran.aso.1a di:

    Sobre o debate a favor ou en contra da enerxía nuclear, penso que os gobernos nestes momentos non estan sendo realmente o obxetivos que deberian ser con este tema, e pensando nos bens dos cidadáns. Aínda que sempre foi moitas veces a verdadera razón pola que actúan moitos políticos, neste momento de crisis que se vive, a maioria de gobernos non poden permitirse nin ter esas centrais nucleares, nin o seu mantemento, nin ni siquiera a súa desaparición, porque todo do que falamos conta cun desembolso moi grande de cartos. O único que considero que se esta debatindo nestes momentos a nivel mundial, e que, tras o sucedido en Xapón,a sociedade pode a chegar a ter medo destas centrais, e que máis le interesa a moitos políticos con unhas eleccións cercanas, e que o pobo este de acordo cos seus actos. Polo que, creo que os políticos neste momento teñen como extratexia ou táctica e que a xente vexa que hay movemento no tema das nucleares, e que ademais coste o menos posible.

  23. damianlores.aso.1a di:

    A radiación que sufriu Fukushima foi un horrible desastre que danara a saúde e o medio ambientes durante centos de anos. As substancias mais perigosas son o iodo, estroncio e cesio. O iodo afecta inmediatamente e provoca alteracións nos xenes,o estroncio acumulase nos osos durante 30 anos e o cesio acumulase nos músculos irritando o organismo. Todo isto aumenta o risco de todo tipo de cancros e aparicións doutras enfermidades.
    No medio ambiente a largo prazo a contaminación irase depositando no solo e no mar, pódense incorporar na cadea trófica dos peixes que son a base da dieta de Xapón. Este proceso vaise bioacumulando pasando dun ser vivo a outro e empeorando a situación.

  24. victorino.aso.1 di:

    O que pasou en Xapón ainda non rematou e na miña opinión unha catástrofe como esta tarda moito en acaba xa que sempre quedan secuelas de persoas enfermas, unha zona na cal non se pode vivir pola radiactividade…
    O máis preucupante disto e que se esta vertendo auga contaminada a o Océano Pacífico e isto e un gran problema xa que temos que ter en conta que a poboación xaponesa se alimenta de moitos productos do mar como algas, peixes… e isto pode afectar a saude das persoas xa que estes peixes estan contaminados e pode traerlles problemas de saude a larga.

  25. malenasineiro.aso.1b di:

    segun os informativos unha catástrofe deste tipo pode acarrexar moitos problemas e moitos terreos que se encontran arredor da central kedan totalmente inutiles e ademas pronosticase que para que desaparezca por completo a radioactividade deben pasar polo menos uns 20 mil años. Poderemos ver tamen co paso do tempo o problema que acarexara para a poboacion xa que moita xente que se mantivo exposta ás radiacións morrera ou sufrira malas formacións no corpo. Esta catástrofe aínda non rematou e tardara en facelo moitos anos.

  26. fatimafuentes.aso.1a di:

    Está claro que aínda non remataron as consecuencias. Como adoita suceder con este tipo de noticias, os primeiros días fálase continuamente do ocorrido e, ocupan a maior parte dos medios de comunicación. Ó pasar algún tempo, coa chegada doutras novas, estas vanse esquecendo, xa que os medios cada vez, falan menos delas, quizáis porque tampouco interesa. A pesar disto, non quere dicir que a importancia do suceso diminuia co tempo, xa que, neste caso precisamente, as consecuencias que está acarreando e o que seguirá provocando é bastante grave. Pero penso que se valorarán máis porque afectará dunha maneira bastante directa á sociedade.