Son de amores

 Poder pasear pola rúa escoitando os sons da natureza é imposible se un vive nunha cidade, por culpa da contaminación acústica que está asolagando as grandes urbanizacións. Pero este problema non soamente afecta ás persoas, senón que tamén o sofren os paxaros, xa que teñen que aumentar o seu nivel de canto para poder compensar o ruído urbano.

imagen

Un estudo realizado polos membros do CSIC indica que o verdecillo, un paxaro da familia dos xílgaros, aumentou o volume do seu cantar a 70 decibelios, utilizando niso o 60 % do seu tempo. O problema que ocasiona esta técnica é que o verdecillo reduciu o tempo investido noutras tarefas importantes, como é estar atentos ós depredadores. Expertos en  ornitoloxía puideron comprobar este feito, escoitando á mesma clase de paxaro cantar a diferente volume dependendo de se estaba no campo ou na cidade.

imagen

 Os paxaros utilizan o seu cantar para atraer ás femias e para marcar o seu territorio, polo que esta diferencia que se está dando entre eles pode marcar tamén o comezo dunha distinción que posiblemente desencadeará  na creación de dúas especies diferenciadas.

Autora: Estela Chaves Falcón

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, selección natural e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

28 Responses to Son de amores

  1. samuelmarino.aso.1a di:

    Sen dúbida é unha noticia moi interesante.Aínda que sexa algo cómica non ten moita graza, xa que unha vez máis a contaminación; neste caso a contaminación acústica producida polos seres humáns, produce efectos negativos na fauna.

  2. martincabal.aso.1b di:

    É unha noticia moi impactante que debido a contaminacion acustica se poidan crear duas especies dun mesmo animal, mais eu creo que a contaminación acústica non é a que mais lle afecta os paxaros xa que nas cidades non habitan moitos paxaros, estes ao destruírlle o seu hábitat na construcción das mesmas mudan para lugares menos poboados.

  3. martinblanco.aso.1a di:

    Seguramente este paxaro diminúa en exemplares pola culpa da contaminación acústica, dado que por mor dela, o paxaro resulta moito máis facil de cazar polos depredadores. Outro exemplo claro dos danos que estamos a causar, mais neste caso non hai moita volta atrás que facer… Moitos pensarán que a contaminación acústica non é tan importante como as demais pero non é así… ésta tamén está a causar desequilibrios no planeta.

  4. cristinagesc.aso.1a di:

    O verdecillo vive en parques e xardíns e tamén frecuenta en terreos baldíos en busca de comida. Ó principio da primavera instálase para anidar na proximidade das aglomeracións e, sobre todo, donde hai coníferas. A femia constrúe un nido nunha rama pequena, discretamente. Dende a copa dunha árbore veciña o macho lanza as súas interminables frases, animándoa e emitindo o canto durante o seu sinuoso voo.
    En España é moi común. Cría sobre todo en frutais e en todo tipo de árbores e arbustos.

  5. victor di:

    Poderiades explicar como neste caso se formarían dúas especies a partir dunha?

  6. arantxaleiro.aso.1b di:

    É unha noticia realmente impactante,pois eu non sabia que os ruidos da rua afectaban aos paxaros,pero si é certo.
    Este páxaro canta para atraer as femias e disuadir a outros machos;e así estes, canto máis ruido máis alto cantan,e asi compensan a contaminación acustica.
    Despois de que estes páxaros aumenten o seu volumen a 70 decibelios,comezan a cantar menos, probablemente porque pasan a cantar máis tempo en exceso pode interferir con tarefas importantes, como estar alerta para ameazas.

  7. laracores.aso.1b di:

    O verdecillo dividiríase en dúas especies para adaptarse ó novo medio, o paxaro que se mantivese no campo sería o que ata agora coñecemos mentres que o que está a vivir nas cidades cambiaría algunhas das súas costumes, como o volume do seu canto, para adaptarse.
    Son moitas as aves que cambian as súas actividades vitais para adaptarse ó medio urbano, refléxase sobre todo na construcción dos seus niños, nos que agora encontramos tamén restos de materiais plásticos, texidos e cartóns xunto cos tradicionais de orixe natural (barro, ramas, palla…)

  8. gabriellema.aso.1a di:

    O exceso de sonido que altera as condicións normais do ambiente nunha determinada zona é coñecido como contaminación acústica. Como ben di a súa definición, ésta altera as condición normais, e como di a miña compañeira Estela no post, agora demostrouse que tamén afecta ó canto dos paxaros. Os paxaros vense obrigados a cantar nun tono máis alto para poder ser escoitados aínda que non cantan só máis alto senón que empregaban menos notas baixas e as súas “cancións” eran máis curtas.
    Por outra parte, os ciéntificos alegráronse ó comprobar a capacidade de adaptación dos paxaros ante o ruido, aínda que tamén existe unha gran preocupación polas especies de aves, que podrían non ter capacidade de elevar a voz.

  9. miguel.aso.1b di:

    Moitos outros animais modificaron os seus hábitos por causa da interrupción do seu hábitat por cidades humanas. Un exemplo son os monos que en cidades da India e outros países, conviven cos seres humáns e aproveitanse dos restos de comida dos humáns para se alimentar. mesmo teñen chegado a meterse en vivendas a saquear.

  10. noeliadozo.aso.1a di:

    Os científicos que realizaron este estudio tamén observaron que o canto dos paxaros era diferente nos días laborables e nas fins de semana , xa que a contaminación acústica tamén é diferente.

    Esta especie é capaz de vivir en dous medios diferentes. Polo tanto, cada poboación desenvolverá unhas características adaptativas a cada un deles o que fará que co tempo aparezan dúas especies distintas.

  11. mariamcosta.aso.1b di:

    A contaminación acústica é un problema do que teñen consciencia os propios humáns; sobre todo os que viven nas cidades. Existen regulamentos para que o exceso de ruido moleste o menos posible ás persoas. Agora demóstrase que afecta tamén aos animais; seguro que a ninguén se lle ocurrera pensar neste tipo de cousas.
    Por suposto, calquera cambio no seu hábitat afecta aos animais, que teñen que adaptarse a el. É unha gran noticia saber que os animais teñen esta enorme capacidade para adaptarse ao medio, que asegura a súa supervivencia.
    Neste caso sería sinxelo que se creasen dúas especies diferentes, xa que se as condicións que rodean aos de campo e aos de cidade son moi diferentes, os de cidade terán que cambiar para adaptarse, e o cambiar unha cousa soe acarrear que cambien outras tamén, que os acabarán diferenciando como especie.

  12. victor di:

    Como vedes neste caso, un cambio ambiental (aumento do ruído) pode ser prexudicial para unha especie. Pero ese prexuizo non significa a súa extinción senón unha dapatación ao medio. Cal sería a cualidade que deberían ter os verdecillos para adaptarse a esta nova situación? Dita cualidade xa existía antes de que se producira a contaminación acústica? De non existir este tipo de contaminación sería posible que se orixinara a nova especie de verdecillo?

  13. samuelmarino.aso.1a di:

    Debido á contaminación acústica, os verdecillos deberían mellorar o seu canto en canto ó volume, xa que para facerse escoitar tendrían que cantar máis alto intentando competir coa nosa contaminación acústica. Supoño que esta capacidade xa a tiñan, pero non tan acentuada, para competir polas femias. E penso que de non ser pola contaminación acústica non se orixinaría unha nova especie de verdecillo, xa que poderían realizar as súas tarefas diarias con normalidade.

  14. migueltrigo.aso.1a di:

    No meu punto de vista si que aparecería igualmente a nova especie de verdecillo, xa que esta aparece a partires de mutacións, pero estas mutación non sería apreciable na poboación de verdecillos de non ser pola contaminación acústica

  15. rebecapineiro.aso.1a di:

    Este é un dos casos que os efectos negativos do home ten na natureza.
    O cambio climático provocado pola contaminación humana tamén ten consecuencias nos animais, como é o caso dos osos polares.
    Investigacións realizadas por científicos canadienses demostran que os osos polares do oeste da bahía de Hudson están perdendo peso a causa do quentamento global.
    Os osos polares habitan nun medio ambiente frío e dependen dunha amplia extensión de auga conxelada de mar para alcanzar a súa presa. Estes animais actualmente mostran unha gran sensibilidade aos cambios climatolóxicos, debido ó aumento da temperatura da Terra, o que provocou que a auga de xeo na bahía Hudson disminuira de forma significativa.

  16. estelachaves.aso.1a di:

    Os verdecillos son unha máis das moitas especies que ven afectados os seus costumes por mor da chegadada dos humanos e máis concretamente coa industrialización destes. Aínda que moitos dos meus compañeiros indican que a posible nova especie de verdecillo terá unha canto máis potente, tamén existen outras posibilidades para o futuro da especie. Como se cita no post, ó aumentar tanto o volume, o verdecillo descoidou outras facetas importantes, como é a protección contra os depredadores. Para que isto non suceda, este paxaro pode potenciar calquera outro sentido, como o visual, é dicir, atraer ás femias cunha plumaxe chamativa, ou por irradiar un cheiro característico, como o fan moitos outros tipos de paxaro.
    Se non houbese contaminación acústica, seguramente o verdecillo non tería que aumentar ou cambiar a súa técnica de atraer ás femias, porque o seu canto seguiría intacto, pero seguramente na cidade encontraría calquera outra característica que os fixera diferentes ós do pobo.

  17. micaelgarcia.aso.1a di:

    Pois a min paréceme que máis que unha nova especie destes paxaros o que podería pasar é que se producise un descenso na súa poboación, e de tal xeito podería estar máis próxima a súa desaparición que a súa evolución.

  18. sandragarcia.aso.1b di:

    Este é outro dos efectos que provocamos os seres humanos. Sen percatarnos, coa nosa presenza e actividade alteramos as formas de vida dos animais que nos rodean. Os verdecillos situados nas cidades soen cantar por máis tempo para evitar o ruido que xeramos os humanos, sobre todo en días laborales, xa que os expertos comprobaron que durante as fins de semana o seu canto non é tan prolongado.
    A investigación foi publicada pola Behavioral Ecology e estivo a cargo do Consello Superior de Investigacións Científicas en España, o que determinou que a maior contaminación acústica, máis agudo é o canto destas aves.
    Ante as variacións que nós provocamos, os animais varían as súas capacidades para adaptarse ó medio. Non penso coma Micael. Se agora estes paxaros perderon facultades na protección a causa da evolución do seu canto, tamén poden desenvolver outros mecanismos de defensa. Aínda que tardan un certo tempo en adaptarse.

  19. paulacnine.aso.1b di:

    Estou de acordo co meu compañeiro micael, xa que danse moitos casos nos que parece que vai haber unha aparicion dunha nova especie e en ralidade isto supon a desaparición desta.

  20. estelachaves.aso.1a di:

    Non estou de acordo con iso de que estaría máis próxima a súa desaparición que a súa evolución, xa que para que unha especie desapareza téñense que dar unhas causas moi fortoes, xa sexan de acción humana (infrastructuras..) ou naturais (meteoritos, tsunamis…) Neste caso, a especie ve dificultado a rutina da súa vida pola contaminación, pero o máis probable é que desenvolva una técnica para adaptarse ó cambio vivido. E aínda que non puidese adaptarse a estas condicións, nunca chegaría á desaparición da especie, xa que este caso soamente se da nas cidades, non no campo, ademais de que as aves permanecen nelas nun período de tempo pequeno, por mor da migración.

  21. malenasineiro.aso.1b di:

    Este problema é pouco considerado e eu pola miña parte vexolle poucas solucións desgraciadamente, xa que como concienciar a unha poboación sobre o problema acústico cando non teñen tempo para nada? sobretodo nas grandes cidades.
    Este problema tamen o sufren moitos outros animais.. coma o morcego que por culpa do ruido e das grandes cidades que prodecen moita contaminación luminica tiveron que transladarse a outros lugares máis apartados. Tamen outros moitos paxaros que sufren por estes problemas morren xa que o non vivir ben provocalles unha desprolongación da súa vida.

  22. micaelgarcia.aso.1a di:

    Eu tentaba referirme as poboacións desta especie que viven na cidade, aínda así, creo que se esta a falar da evolución demasiado a lixeira, non é un proceso que teña lugar dun dia para outro, e non surxe dunha necesidade, se non da aparición dunha mutación que poña en practica a selección natural.Se chegase a suceder todo este proceso a suposta nova especie estaría adaptada o ambiente urbano, pero se é verdade que non pasan moito tempo na cidade non seria necesaria esta evolución…

  23. victorino.aso.1 di:

    Nos últimos anos estamos vendo como cada vez lle estamos arrebatando o lugar de vida a os animais ven sexa mamíferos, aves, réptiles… coas deforestacións, aoumentendo o terreo cara o mar… e isto a larga pode acarrexar problemas para as especies é este e un deles.

  24. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Comparto a opinión de Estela, xa que estamos a falar de extinción coma se fose algo que ocorrese dun día para outro, pero isto leva cumplilo varios centos de anos, tería que ocorrer unha gran catástrofe para que desaparecesen todos.
    Tampouco se pode dicir que haxa unha evolución dos verdecillos da cidade e os de campo, xa que este proceso pode levar miles de anos, e conque se desplazaran máis ó campo, isto desaparecería.
    O exemplo dos verdecillos, é outro caso de adaptación dos animais impostas polo home, casos así podemos atopar centos por distintas cirscuntancias en distintos animais.

  25. manuelsomoza.aso.1a di:

    Opino o mesmo ca micael, a evolución dase co paso de un periodo de tempo moi, moi longo e na maioría dos casos non se da esa evolución para unha mellora na vida desa especie e acaba por extinguirse.
    Tamén é certo que o problema que se está a dar solo perxudica temporalmente a vida das aves debido a que non permanecen na cidade moito tempo pero aínda así, como é un problema que se da periódicamente e ademais co crecemento da actividade humana creo que acabará afectando e producindo estrés por exemplo ao intentar cantar máis alto ou estando máis tempo neses lugares xa que aumentaron de extensión…

  26. laurareguera.aso.1b di:

    E asombroso como os ruidos dunha cidade poden afectar tanto a natureza, o que teñen que facer os paxaros para marcar os seus territorios e para que as femias os escoiten o que deben de gritar. Penso que se deveria de busccar unha forma para que a contaminación acústica descendera para que non lles afectara a estes animais.

  27. elisaduran.aso.1a di:

    Hoxe en día a adaptación das especies xa non chegan a ser causas ambientias ou propias da natureza, se non que a maioria das causas polas que os animais vense obrigados a adaptación son por causas humanas, polo que non sempre o proceso de adaptación son faciles. Como din en comentarios anteriores, a evolucion dunha especie non é unha transformación de dous día. Aínda que nos non o creamos, hay moitas especies máis antigas que nos, e nos estamos facendo dano a a todas esas especies,ademáis das as xoves e as futuras, en un tempo relativamente pequeno comparado co que levan habendo esos ecosistemas que nos estamos destruindo, e que despois , queremos que en pouco tempo, se adapten o noso.

  28. elisaduran.aso.1a di:

    Hoxe en día a adaptación das especies xa non chegan a ser causas ambientias ou propias da natureza, se non que a maioria das causas polas que os animais vense obrigados a adaptación son por causas humanas, polo que non sempre o proceso de adaptación son faciles. Como din en comentarios anteriores, a evolucion dunha especie non é unha transformación de dous día. Aínda que nos non o creamos, hay moitas especies máis antigas que nos, e nos estamos facendo dano a a todas esas especies,ademáis das as xoves e as futuras, en un tempo relativamente pequeno comparado co que levan habendo esos ecosistemas que nos estamos destruindo, e que despois , queremos que en pouco tempo, se adapten o noso.