Libre de mutación xenética

A finais do 2010, naceu o primeiro neno sen un xen ligado ó cancro. Por primeira vez en España, investigadores cataláns presentaron ó bebé seleccionado xenéticamente antes de nacer, para evitar que padeza unha mutación fortemente ligada ó cancro de mama.

Os portadores do xen BRCA1, ó igual que do BRCA2, sofren con moita frecuencia tumores na mama, no ovario ou no páncreas. Isto era o que lle sucedía á muller da parella que acudeu ó Programa de Reproducción Asistida Puigvert-Sant Paul de Barcelona, disposta e evitar o largo historial de cancro familiar á súa descendencia.

 

imagen

  A súa solicitude pasou primeiro pola mesa da Comisión Nacional de Reproducción Asistida, quen autorizou o emprego das técnicas de diagnóstico xenético preimplantacional (DGP), para unha enfermidade tumoral, por primeira vez no noso país. Despois de ser autorizado, o DGP de preimplantacións é sinxelo: Fecúndanse os óvulos para obter varios embrións, entre os cales, so se seleccionarán os que non teñan a mutación en BRCA1. Finalmente, os especialistas implantáronlle á muller dous embrións “limpos”, dos que sobreviviu un.


 Entre outras cousas, este tipo de procedementos médicos, arrastran consigo conflictos éticos.

Autora: Fátima Fuentes

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina, Xenoma humano e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

27 Responses to Libre de mutación xenética

  1. laracores.aso.1b di:

    Este é un tema que sempre acarrea debate.
    A ética de moitos está en contra deste tipo de seleccións e califícanas de antinaturais e crueis porque despois desta fecundación artificial os embrións “inútis” son descartados, para eles, un asesinato.
    Según o meu punto de vista, este é un avance importantímo para a humanidade, o poder seleccionar embrións para evitar que saian rapaces con enfermimades que practicamente seguro sufrirán é algo fai uns anos inimaxinable, cunha correcta investigación e unha aceptación da sociedade quizais nos permita nun futuro seleccionar embrións perfectos, como vimos na película Gattaca da clase de ciencias, onde plantexaba a posibilidade de que nun futuro tódolos humáns eran elixidos de forma artificial e xenéticamente perfectos.

  2. estelachaves.aso.1a di:

    Hai moitas razóns para que unha proposta de selección artificial sexa aceptada ou rexeitada. Un dos casos máis importantes e que se dan máis comunmente é o factor irmán maior enfermo. Isto sucede cando un neno presenta algunha enfermidade e soamente pode ser salvado utilizando as células nai dun irmán sano, que se pode conseguir con moita sorte e de forma natural, ou directamente utilizando a selección artifical. Este método denomínase o “bebé medicina”, en España déronse 94 casos dende que se aprobou a “Lei de reproducción humana asistida”, aínda que foi no 2008 cando esta táctica resultou efectiva. Algunhas das enfermidades que soen necesitar dos bebés medicina son a leucemia ou a beta-talasemia ( grupo de anemias que poden causar dende unha leve anomalía nos glóbulos vermellos, ata una forte e perigosa anemia.
    Aínda que a selección artifical presenta moitas vantaxes, como as xa citadas, segue habendo discordia entre grupos conservadores, xa que argumentan que ó útlizar as células nai en medicina, estase matando a seres vivos.

  3. victor di:

    No método que se describe neste post hai realmente manipulación xenética?

  4. victor di:

    NOTA: ESTÁ UN NOVO FORO ABERTO (PERMANECERÁ 9 DÍAS)

  5. migueltrigo.aso.1a di:

    Non hai manipulación xenética, senon selección xenética, os científicos implantan os que non teñan esa mutación, sen modificalos.

  6. mariamcosta.aso.1b di:

    Como di Miguel, neste caso non se presenta realmente ninguna manipulación. Fecúndanse diversos embrións e logo escóllese ao que teña máis probabilidade de nacer san.
    Efectivamente a película de Gattaca era unha grande reflexión sobre este tema. Nesa película sí que se daba manipulación xenética, xa que poñían no embrión as características máis adecuadas.
    Respecto ao de se se están matando a seres vivos experimentando con células nai, eu non o creo. Ao contrario, esas investigacións están destinadas a mellorar a Medicina, e polo tanto salvar vidas. O caso dos “bebés medicina” é un grande exemplo. Realmente non entendo por qué alguén se oporía a que nacese un novo ser humano que encima pode salvar a vida do seu irmán maior.

  7. angelpadin.aso.1a di:

    Non me parece que este proceso de selección xenetica sexa eticamente incorrecto, xa que solo seleccionan embrións, non existe manipulación xenetica e ademais os que son descartados non están o suficientemente desarrollados como para consideralo ”asasinato” como din algúns… Podendo eliminar o cancro na descendencia por que arriscarse a sufrilo?

  8. mariacmaq.aso.1a di:

    Como ben apuntan os meus compañeiros este neste método non se produce unha manipulación se non unha selección, é un método que pode ser moi beneficiante xa que é mellor obter menos embrións e que sexan sans que obter máis e que teñan o risco de contraer unha enfermidade que lle poida traer unha vida chea de sufrimentos.

  9. micaelgarcia.aso.1a di:

    Non hai manipulación xenética, xa que os embrións implantados non foron modificados, tan so foron observados e seleccionados.
    Sobre o tema de se os procesos de selección xenética son eticamente incorrectos ou non, eu creo que dende os procesos puramente médicos ata a elección do sexo dun fillo son eticamente correctos. Poderíase chegar a erradicar algunhas enfermidades xenéticas da sociedade coa elección de embrións sans.

  10. sofiaoliveira.aso.1b di:

    Como ben di o meu compañeiro Ángel, se podemos evitar unha gran enfermidade no proceso de selección do futuro neno, por que non ir adiante con esa proposta?
    Paréceme un gran avance, e igual que a polémica do aborto, do cal son partidaria, penso que esta selección non é para nada un asasinato, xa que eses “seres” (por etiquetalos dalgunha maneira) non sinten nin padecen dor algunha.

  11. martinblanco.aso.1a di:

    Eu, personalmente, non lle veo ningún problema ético, todo o contrario, como exactamente di Ángel, puidendo evitar enfermidades como o cancro, esta non é unha acción incorrecta, senón positiva.

  12. eloyrdaporta.aso.1a di:

    O debate deste tema ético ben dado pola prolongación, ou efectos desta práctica dentro de moitos anos. O problema ético sería que todas as persoas seríamos iguais e teríamos as mesmas habilidades e defectos os uns e os outros, xa que o principio comezaríamos coa desaparición das enfermidades, pero logo elixiríannos pola nosa cor de pel, de pelo, a maior intelixencia… ahí comezarían todos os problemas o ser todos exactamente iguais.
    Este sería o gran problema sen contar que os óvulos fecundados serían destruidos o transportar esta enfermidade. Este sería o comezo deste desastroso efecto dominó.

  13. migueltrigo.aso.1a di:

    Non entendo o teu punto de vista de Eloy. Refíreste a que todo o mundo sexa elexido xenéticamente para ter as mesmas características? Iso non é posible na realidade, parece mais ben sacado dunha pelicula de ciencia ficción, por diversas razóns:
    1º Non todo o mundo ten recursos nin capital para un proceso de selección xenética.
    2º Non suporía verdadeiramente un problema, pois cada un conservaría a súa propia cadea xanética, só se modificarían algúns rasgos.
    3º Como xa dixen non ten ningunha funcionalidade a excepción da de curar enfermidades de transmisión pais-fillo.(É certo que moitos ricos estan a facelo, pero é porque lles sobra o diñeiro e se aburren cos seus coches de luxo, entón deciden “crear” un fillo como se se tratase dun Sim.

  14. sarabetanzos.aso.1b di:

    Estou dacordo coa opinión de que isto é algo positivo; realmente positivo.
    Que se poidan evitar graves enfermidades como hoxe en día é o cancro, é un avance ao que non lle vexo ningún aspecto negativo.
    A opinión de Eloy xa me parece un tanto esaxerada, e opino coma Micael.

  15. eloyrdaporta.aso.1a di:

    O que me refiro non é a que sexa malo destruír as enfermidades hederitarias, senón o que isto conlevaría dentro moito tempo, cando esta técnica este máis estudada e sexa máis asequible para o home de clase media. Todos elixiríamos coma quereriamos que fosen os nosos fillos, vouvos por exemplo: todos temos fillos altos, rubios e con ollos azuis, co paso dos anos todos seríamos máis ou menos iguais, e ante unha enfermidade que só lle afecta as persoas cos ollos azuis (por exemplo) acabaría con todos nós.
    Sei que isto sería unha situación límite ou de ciencia ficción, pero sería unha posibilidade, eu refírome a desaparición dos outros xens ligados a algunha característica podería facernos vulnerables a outras enfermidades.

  16. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Vouvos por un exemplo, se as persoas queren ter fillos altos, con isto desaparecería a enfermidade do enanismo. Pero sen embargo, o desaparecer esta enfermidade desaparecería a posibilidade de non ter cancro, xa que existe unha tribu (real) dos Andes que carece desta enfermidade, o sufrir toda a tribu con enanismo.
    Se eliminásemos esta enfermidade perderíamos a posibilidade de saber a cura contra o cancro, ou outras enfermidades peores.

  17. martincabal.aso.1b di:

    O problema desta técnica e que progresivamente se ira utilizando cada vez mais para fins estéticos, o que me parece unha estupidez, non vexo mal que se intente previr o cancro ou outras enfermidades coa selección xenética.

  18. martincabal.aso.1b di:

    O problema desta técnica e que progresivamente se ira utilizando cada vez mais para fins estéticos, o que me parece unha estupide.
    Non vexo mal que se intente previr o cancro ou outras enfermidades coa selección xenética.

  19. micaelgarcia.aso.1a di:

    Respecto o comentario de Eloy, eu creo que aínda nese futuro do que falas non todo o mundo podería elixir se o seu fillo vai a ser rubio e de ollos azuis, o único que se fai neste tipo de procedementos e elixir unhas células sans que proceden dos proxenitores, no suposto futuro se nin os proxenitores nin os seus antepasados presentan un xen de ollos azuis, os seus fillos non poden ter ollos azuis.En todos os futuros procesos de selección so poderás elixir as características xenéticas dominantes ou recesivas que ti mesmo posúes.
    Eu creo que o igual co aborto,isto nun futuro creara polémica e estará moi controlado.

  20. noeliadozo.aso.1a di:

    A selección de embrións é un avance médico importantísimo, xa que nin sequera da lugar a que alguén nazca enfermo e se vaia curando ó longo da súa vida.
    Como di Micael, é preciso que se controle a técnica, aínda que afortunadamente non creo que haxa moita xente que pretenda demandar a técnica para escoller o físico do seu fillo.

  21. miguel.aso.1b di:

    Estou dacordo co que di Martín, se esta técnica se comeza a utilizar para “crear ao ser humano perfecto”, podería desembocar nun gran problema social, coma o que vimos recentemente na película “Gálata”, imaxinemos que o noventa por cen dos seres humanos sexan perfectos, que pasaría con embrións non manipulados xeneticamente?
    Se a técnica se utiliza para eliminar as enfermidades máis mortíferas entón podería ser unha boa medida.

  22. sandragarcia.aso.1b di:

    É unha gran nova saber que con esta técnica pódese evitar que un fillo que tiña elevadas probabilidades de ter cancro poida chegar a padecelo. Pero como todas as cousas tamén ten os seus inconvenientes. Segundo lin nos comentarios dos meus compañeiros poderianse chegar a seleccionar aspectos como a cor do pelo ou de ollos, ou a intelixencia (sempre entre os xens dos país) pero… por qué non se limita a selección ó campo das enfermidades, e se prohíbe en relación con aspectos físicos ou intelectuais? Se non chegariamos a ser coma robots.

  23. elisaduran.aso.1a di:

    Como comentou Lara, este e un tema moi mencionado xa moitas veces e que sempre crea moito debate, e sobre todo, un debate etico de que ou como facer as cousas. Claramente as investigacions xeneticas seguen cara diante rapidamente, pero chegan a estancarse por este medos eticos que acarrean.

  24. estelachaves.aso.1a di:

    Co tema dos aléns recesivos e dominantes estou de acordo con Micael, xa que aínda que se tivese libre albedrío á hora de elexir as características dun fillo, teríase que escoller entre as características dos proxenitores, xa que sexan ollos azuis ou pelo vermello. Polo tanto a idea de que todos seremos exáctamente iguais como explica Eloy non sería dende o meu punto de vista totalmente correcto, xa que aínda que a sociedade teña a beleza idealizada e o concepto de moda esté moi presente, todas as persoas buscan destacar en algo e ser diferente, polo que se se puidese escoller, cada un seguiría un gusto determinado. A pesar disto, elixir o aspecto dun fillo non me parece correcto, soamente se debería utilizar a selección artificial en casos onde peligre a saúde dun irmán ou mesmo do propio neno.

  25. paulacnine.aso.1b di:

    E un tema moi interesante, xa que grazas a este decubrimento moitas persoas poderán ter fillos, sen correr o risco a que teñan enfermidades que proveñan dalguns dos seus descendentes.
    Grazas a este experimento creo que tamen podrán esoller todo o que unha nai e un pai queria para o seu fillo.

  26. manuelsomoza.aso.1a di:

    É unha gran noticia para as mulleres xa que a vida non foi boa con elas ó portar ese xen característico para ter cancro de mama, gracias aos avances, hoxe en día a súa descendencia non ten porque ter a mesma sorte…
    Pero aínda así,os principais factores de risco de contraer cancro de mama incluen unha idade avanzada, a primeira menstruación a temprana idade, idade avanzada no momento do primeiro parto ou nunca dado a luz, o tomar hormonas tales como estróxeno e proxesterona, o consumir licor e ser de raza blanca.
    Entre 5 a 10% dos casos, el cancro de mama é causado por mutacións xenéticas heredadas.

  27. fatimafuentes.aso.1a di:

    Este tipo de procedementos médicos son realmente alentadores, xa que cada vez hai máis procesos cos que podemos evitar certas enfermidades na descendencia. Pero todo isto aínda está moi recente, e aínda que xa se aplicara antes algo similar, por exemplo, no ano 2008, cando outro bebé naceu polo diagnóstico xenético preimplantacional, libre de Corea de Huntington, é algo que está comezando a empregarse en moitos casos, pero que aínda non está totalmente normalizado.
    Por outra banda, gracias a estes avances moitos pais decídense a ter fillos, pero si isto non se aplicara, aínda serían moitos os que prescindirían deles. E de tódolos xeitos, é algo que non tódalas parexas se poden permitir, tendo en conta o custo.