UE contra as catástrofes nucleares

 

central nuclear

A Unión Europea decidiu impoñer controis de resistencia as súas centrais nucleares ante os seísmos, tsunamis e ataques terroristas, xa que non queren ter un problema como o que hai agora en Xapón coa central de Fukushima, o que  o comisario europeo Oettinger chamou “apocalipse”; un termo moi acertado para o que esta pasando agora alí. Como ben dixo este comisario “Practicamente todo está fóra de control” e isto fixo que os membros da UE decidirán aplicar probas de resistencia ás súas centrais nucleares. O que se tenta facer é examinar os riscos de tsunamis, seísmos, ataques terroristas e cortes de electricidade nas instalación nucleares en Europa, que están dotadas con 150 reactores; 58 deles atópanse en Francia.

 A antigüidade e tipo de construción tamén se terá en conta cando se efectúen, a partires do segundo semestre deste ano, estes controis de “expertos independentes”. Estes controis serán voluntarios e ofreceranse a outros países non membros da UE, que os precisen ou  se quixesen axudar a realizar estes tests de seguridade das centrais.

 Este accidente nuclear reabríu o debate en Europa sobre a seguridade destas instalacións.

Autora: Cristina Galiñanes

Esta entrada foi publicada en Física de partículas, Novas tecnoloxías, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.

34 Responses to UE contra as catástrofes nucleares

  1. sofiaoliveira.aso.1b di:

    Esta iniciativa paréceme moi boa, xa que se poderían evitar catástrofes como a de Fukushima e incluso peores con só unha posta a punto a tempo das nosas centrais.
    Deixando atrás o debate de “si” ou “non” á enerxía nuclear, xa que o dano está feito, podemos facelo máis leve revisando estas instalacións.
    Aínda así, deberían de ser obrigatorios estes exames, porque así evitariamos que quedaran atrás algunhas centrais, e que puidera ocorrer nelas algunha desgraza.
    O lamentable é que teña que ocorrer unha ecatombe como a de Xapón para que nos demos conta de que temos que facer revisións e inspeccións de seguridade.

  2. martincabal.aso.1b di:

    É un pouco triste que sexa necesario que ocorrese a catástrofe de Fukushima para que a unión europea faga unha revisión xeneral dos seus reactores activos.
    Non dudo que as medidas de seguridade nuclear sexan levadas a cabo na gran maioría de centrais, pero os sucesos falan , os accidentes nucleares son tan catastróficos e desastrosos, que fan que non mereza a pena o risco da convivencia nuclear.

  3. rebecapineiro.aso.1a di:

    Paréceme moi ben que se fagan estas revisións, e creo que sobre todo deberían mellorarse as medidas de seguridade en caso de catástrofe, como agora está a acontecer no Xapón. Tiveron que utilizar auga do mar para refrixerar os reactores, pero non pensaron en qué farían con esa auga despois de utilizala. Agora vertiron case 12000 toneladas de auga radiactiva ao Océano Pacífico, algo que terá un xigantesco impacto ambiental, seguramente non nos decatemos ata dentro de algúns anos, pero esta catástrofe sen dúbida vai afectarnos tanto a nós coma ás futuras xeracións.
    Agora a compañía xaponesa Tepco anuncia que recollerá 10 millóns de litros de auga radiactiva do Pacífico.

  4. lourdesfarina.aso.1b di:

    É certamente interesante que se empecen a controlar en maior medida a seguridade nas centrais nucleares.
    Non se nega que a día de hoxe a seguridade sexa ampla pero é mellor revisalas para que non existan este tipos de problemas, como o de Fukushima.
    O que sucede con estes problemas é que si se produce nalgún momento os danos son enormes.

  5. lorenabuceta.aso.1b di:

    Ainda que un pouco tarde,a iniciativa e positiva pra todas as centrais e para os traballadores que arriscan a vida a diario. Pero ainda así, eu creo que é mellor tarde que nunca, e polo menos tras levar a cavo estas medidas de seguridade, non haberá lugar a dubidas no caso de que ocorrese algo.

  6. noeliadozo.aso.1a di:

    Sen dúbida é unha boa noticia que se sexa previsible ante a posibilidade de futuros desastres relacionados con centrais nucleares, aínda que o feito de que estes controis sexan “voluntarios” contradí un pouco todo o empeño que se pon, ou que se debería poñer. Nun tema tan serio como son as consecuencias que provoca un accidente nunha central nuclear, tense que coidar todo ao detalle.

  7. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Actualmente existen 250 centrales nucleares en funcionamento e ata fai pouco (antes desta catástrofe) había ata case 150 en construcción. O comezo a súa intención era a producción de enerxía, pero logo utilizáronse con fins militares, así nadeu a primeira bomba atómica.
    Normalmente estas centrais pasan rigurosas precaucións antes do seu funcionamento e durante el, pero en ocasións poden ocorrer catástrofes deste tipo. A central de Fukushima é unha nova Chernobil, pero o contrario ca esta, a de Fukushima tarda demasiado en recuperarse, e as súas consecuencias vanse a notar en todo o mundo en pouco tempo, xa que agora úsase auga do mar, esta contamínase, e logo volve o mar, e iso vainos a afectar a todos, xa que logo esa auga contaminada chegará ata nós por medio das correntes mariñas. Algo que na miña opinión é inaceptable pola parte dos xaponeses.

  8. tamaralopez.aso.1b di:

    É lamentable que se espere ata agora para esos exames. De feito neste blog trata a UE pero países que non pertencen a ela están realizando tamén estas probas.Un exemplo é Canadá.A Comisión Canadense de Seguridade Nuclear esixiu o venres unha avaliación completa da situación en todas as unidades de enerxía nuclear canadense.O 29 de abril,os operadores das empresas nucleares están obrigadas a elaborar unha primeira avaliación de cales son as leccións aprendidas coa situación ocorrida en Xapón,así como presentar un informe sobre as medidas urxentes, e os outros plans para resolver os problemas.

  9. cristinagesc.aso.1a di:

    Os terremotos son a gran causa dos maremotos. Para que un terremoto orixine un maremoto, o fondo mariño debe moverse en sentido vertical, de xeito que o océano é impulsado fóra do seu equilibrio normal. Cando esta inmensa masa de auga trata de recuperar o seu equilibrio, xéranse as ondas. O tamaño do maremoto estará determinado pola magnitude da deformación vertical do fondo mariño.

  10. angelpadin.aso.1a di:

    A solución a estas catastrofes, como a de Xapón, non é facerlles probas de resistencia ás centrais nucleares, se non eliminalas, pero as centrais foron creadas coa necesidade de reducir o consumo de combustibles fósiles pero tendo unha fonte de enerxía de alto rendemento, para seguir tendo o subministro enerxético necesario pero reducindo a emisión de gases que provocan o efecto invernadoiro, polo tanto debemos seguir tendo en funcionamente estas centrais ata que atopemos unha fonte de enerxía renovable e con unha gran producción.

  11. migueltrigo.aso.1a di:

    Eu estou en desacordo totalmente coa utilización de enerxía nuclear, xa que é perigosa, e está ahi a posibilidade das enerxías renovables, pero non se dan implantado a grandes escalas porque é custoso e da moito traballo, pero son limpias e seguras. O problema é que non nos damos conta do perigo que conleva a enerxía nuclear, e que seremos conscientes del cando pase unha catástrofe ainda maior. Os políticos deben responsabilizarse e involucrarse coas enerxías renovables!.

  12. laracores.aso.1b di:

    Paréceme de total hipocresía a actuación dos encargados de seguridade das centrais europeas. O perigo nas centrais xa era moi grande antes do accidente en Fukushima, é realmente necesario esperar a que ocurran traxedias como esta para facer unha revisión a fondo?
    Con esto deixan ver que a seguridade levada ata o momento era insuficiente, e que as investigacións tampouco foron as adecuadas, por iso non me parece que se deba alabar este comportamento que están a levar agora.

  13. oscaralvarez.aso.1b di:

    Non cabe dúbida de que esta medida só pode aportar consecuencias positivas para os traballadores das centrais, os lugares próximos a elas e para o resto do planeta. É verdade que esta medida xa debería estar presente antes do ocorrido en Fukushima pero agora non sirve de nada pensar no que podería haber sido e o que verdadeiramente importa e a medida que a UE quere tomar. Estou en desacordo con que esta medida sexa opcional xa que todas as centrais deberían pasar estes controis.

  14. estelachaves.aso.1a di:

    Para mellorar a seguridade das centrais nucleares europeas existen unhas probas denomianadas “estrés-test”. No momento en que se realicen estes test, as centrais poden ou non aprobalos. Na maioría dos casos, bastaría con mellorar algunha cousa para superar os obextivos da UE. No caso contrario, onde a central non puidera remediar os factores perxudiciais, non tería máis remedio que cesar a actividade.
    Por mor da catástrofe de Xapón, estas probas contarán cunha maior rixidez e imparcialidade, sendo todas e cada unha das probas de carácter público e tendo a debida transparencia. Un dos factores que maís relevancia debería ter á hora de realizar una proba é a da “idade” das centrais, sendo moito máis estrictos coas de máis idade, xa que co tempo aparecen unha manchea de problemas que moitos países ignoran, por razóns económicas, xa que una central nuclear é beneficiosa co paso do tempo, xa que construíla é moi complicado e custoso.

  15. victor di:

    Por que utilizaron auga de mar? Que elementos son os que provocan a contaminación nesa auga? Canto tempo pode permanecer esa radiactividade na auga?

  16. rebecapineiro.aso.1a di:

    Debido aos fallos nos sistemas de refrixeración, tiveron que utilizar auga do mar, para que os reactores non se quentasen demasiado e o núcleo non se fundise, provocando así unha catástrofe xigantesca.
    Entre os materiais liberados hai gases nobles, iodo, cesio e teluro. Os ecoloxistas ven a situación irremediable se a auga chegara a conter plutonio.
    Algúns destes elementos poden non desaparecer ata dentro de 30 anos desa auga.

  17. martincabal.aso.1b di:

    A decisión de votarlle auga do mar o reactor, foi porque era fundamental reducir a temperatura do núcleo, e encher as piscinas de almacenamento para evitar que os combustibles se convertan en liquido e produzan substancias moito mais perigosas e incontrolables.Os medios de comunicación a esto erroneamente chámanlle fusión nuclear.

  18. miguel.aso.1b di:

    Na central de Fukushima utilizaron auga marina para manter a refrixeración do núcleo do reactor.Isto débesea que tra-lo terremoto-maremoto, os sistemas de refrixeración de tres reactores de Fukushima están averiados e dous explosioós produxéronse nos reactores 1 e 3, pero a blindaxe de contención aguantou e evitou así que saíra radiación á atmósfera.

  19. paulacnine.aso.1b di:

    Quero decir ante todo que sempre ten que pasar unha catástrofe así para que se tomen as medidas e os controis que sempre se deberon tomar e non porque pasen estas cousas decidamos tomar medidas que deberían ser tomadas antes, non sempre vamos a chegar a tempo para deter unha cousas asi porque xa será demasiado trade.

  20. victor di:

    Todo o Iodo, cesio… que existen na natureza son radiactivos? Dicides que algúns poden permanecer na auga ata 30 anos, de que depende ese tempo de permanencia? Com se lle chama?

  21. samuelmarino.aso.1a di:

    Non, por exemplo, o iodo que atopamos na natureza non é todo radioactivo. A maioría dos isótopos radioactivos do iodo teñen unha vida media curta e transformaránse rápidamente en compostos estables de iodo. Pero sen embargo, hai unha forma radioactiva do iodo que ten unha vida media de millóns de anos e que sería moi perxudicial para o medio ambiente. Este isótopo entra no aire dende as plantas de enerxía nuclear, onde se forma durante o procesamento do uranio e do plutonio. Os accidentes nas plantas nucleares provocaron a emisión de grandes cantidades iodo radioactivo ó aire.

  22. gabriellema.aso.1a di:

    Esta iniciativa paréceme bastante boa, aínda que tardía. Esta iniciativa xa tiña que estar presente en tódalas centrais nucleares dende a súa construcción, non empezar agora as revisións desmesuradas, despois da catástrofe en Fukushima.
    A pesar disto, paréceme moi boa esta iniciativa, aínda que comezara despois da catástrofe en Fukushima, xa que nos aportará a todos máis seguridade. Aínda que sigo sen entender cómo se construiu unha central nunclear como foi a central de Fukushima na costa de Xapón, nunha zona onde están presentes numerosos seismos que poden desencadear, como ocurriu no mes pasado, un tsunami.

  23. sandragarcia.aso.1b di:

    Como o meu compañeiro Gabriel, opino que é unha iniciativa que chega con algo de retraso, pero máis vale tarde que nunca. Se podemos evitar outra catástrofe igual a de Xapón, sería unha gran nova.
    O cesio existente na natureza provén da erosión e desgaste de rochas e minerais. Tamén está presente no aire, na auga e no chan a través da minería e fábricas de minerais. Os isótopos radiactivos do cesio poden ser disminuidos só na súa concentración a través da desintegración radiactiva. A maioría dos compostos do cesio son moi solubles en auga. No chan, o cesio non pode ser eliminado pola auga subterránea; alí permanece nas capas superiores do chan e queda fortemente unido ás partículas do mesmo, e como resultado non queda dispoñible para ser tomado polas raíces das plantas. O cesio radiactivo ten a oportunidade de entrar nas plantas ó caer sobre as follas. Os animais que son expostos a altas dosis de cesio mostran cambios no comportamento, como o incremento ou disminución da actividade.

  24. cristinagesc.aso.1a di:

    O iodo radioactivo emite unha radiación que ten como principal o uso médico e recentemente tamén no diagnóstico e tratamento do neuroblastoma.

    O iodo é o halóxeno menos abundante. Obténse a partir dos ioduros presentes na auga do mar e en algas, ou en forma de iodatos a partir dos nitratos da salitre.

    O iodo é corrosivo, é necesario ter coidado cando se manexa, xa que, o contacto directo coa pel pode causar lesións. O vapor de iodo é moi irritante para os ollos. Tamén é perigoso para as membranas mucosas.

  25. victor di:

    Que son isótopos? Cáles son os radiactivos deses elementos? Que é o período de vida media?

  26. cristinagesc.aso.1a di:

    Os isótopos son átomos dun mesmo elemento que teñen o mesmo número de protóns e electróns pero difente número de neutróns.
    Existen isótopos radioactivos naturais como o uranio, radio, carbono ou o potasio e tamén existen isótopos radioactivos artificiais como o plutonio, estroncio, iodo, cesio, ou o cobalto.
    A radiactividade artificial prodúcese cando se bombardean certos núcleos estables con partículas apropiadas. Se a enerxía destas partículas ten un valor adecuado, penetran o núcleo bombardeado e forman un novo núcleo que, no caso de ser inestable, desintégrase despois radiactivamente.

  27. ateneaprado.aso.1b di:

    Chámaselle isótopos ós átomos dun mesmo elemento, nos que os seus núcleos teñen cantidades diferentes en neutróns, e polo tanto difiren en masa.O período de vida media é o promedio da vida dun núcleo antes de desintegrarse.

  28. fatimafuentes.aso.1a di:

    Como din moitos dos compañeiros, esta iniciativa chega bastante tarde. De tódolos xeitos, é unha boa noticia que a partir de agora se realicen este tipo de controis. Resulta difícil de crer que tivera que suceder unha catástrofe como a de Fukushima para poñer en marcha esta idea, xa que parece demasiado obvio que centrais deste tipo non son un xoguete, polo que deberían estar moi pendentes e seguros da súa construción e, ter en conta as consecuencias que pode ter unha mala organización nestes proxectos.

  29. martincabal.aso.1b di:

    Un isótopo é cada un dos elementos químicos que posúen o mesmo número de protóns e distinto número de neutróns. Todos os isótopos dun elemento ocupan o mesmo lugar na táboa periódica e posúen as mesmas propiedades químicas.

    Tipos de isótopos radioactivos: Iridio 192, Cobalto 60, Cesio 137, Uranio 235.

  30. victor di:

    NOTA: ESTÁ UN NOVO FORO ABERTO (PERMANECERÁ 9 DÍAS)

  31. sarabetanzos.aso.1b di:

    E falando de isótopos, gustaríame aportar que a maioría dos elementos químicos contan con máis dun isótopo. Apenas 21 elementos, coma o sodio, teñen un único isótopo natural.

  32. elisaduran.aso.1a di:

    Os isotopos son elementos quimicos que tenhen o mesmo numero de protons, polo que o mesmo numero atomico, pero tenhen distintos numero de neutrons , polo que diferentes numero masico. Estes elementos radiactivos, entre eles alguns tan conhecidos como o uranio, poden ser tanto naturales ou artificiales.

  33. estelachaves.aso.1a di:

    Como último hora en referencia á central de Fukushima, decir que chegaron a España, concretamente a Cáceres uns residuos radiactivos moi por embaixo dos niveis de perigosidade. Os isótopos detectados foron iodo 131, cesio 137 e cesio 134. Tamén procedente da central de Xapón chegará a nós un nube con isótopos radiactivos, pero que non terán ningún efecto pernicioso para á saúde, ao igual que sucede noutros países de Europa.

  34. victorino.aso.1 di:

    Esta medida que a Unión Europea quere facer pa saber se as nosas centrais son seguras pareceme acertada, pero penso que debería estar feito antes aunque nunca oubera acidente nuclear na Unión Europea.
    En España temos alguans centrais que xa superan os 40 anos e a o meu pensar deveríaselle facer controis austeros pa saver se son seguras e en caso de que non o foran pois cerrralas ou facerlles reparacións asta que o foran.