Cara a un verán permanente?

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía, non se aprecian datos significativos sobre as precipitacións, pero a temperatura en España subiu uns 0.6 ºC dende 1971 e, de xeito, que pasan os anos a temperatura vai aumentando cada vez máis. Este aumento vai en liña cos datos de tendencia ó quentamento da temperatura global da Terra.

 

imagen

Se as emisións de CO2 continúan aumentando así, a finais deste século, a media da temperatura na Terra podería superar os 31ºC. O principal foco de produción de CO2 é a queima de combustibles fósiles. Os altos niveis atmosféricos de dióxido de carbono teñen un efecto negativo para o noso planeta.


A contaminación implica o risco para a saúde das persoas e tamén dos seres vivos. A contaminación pode ter carácter local, cando os efectos ligados ó foco sófrense nas súas inmediacións, ou planetario, cando polas características do contaminante, se pode ver afectado o equilibrio do planeta e zonas alonxadas ás que conteñen focos emisores.

Autora: Cristina González Escudeiro

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

34 Responses to Cara a un verán permanente?

  1. laracores.aso.1b di:

    España é un dos países máis vulnerables fronte o cambio climático.
    No 2020 os cambios serán xa especialmente notables, as temperaturas serán moito máis elevadas e sufriremos incendios e importantes olas de calor con frecuencia.
    Indo máis lonxe, os informes afirman que en 2070 as temperaturas máximas nun mes caluroso, como ben pode ser xullo, serán polo menos 7 grados por riba dos actuales. Isto provoca un aumento do nivel do mar polo que moitas das zonas costeiras chegarán a desaparecer baixo as augas.
    Pero non todo será calor, España sufrirá tamén chuvias torrenciais, sequías e nevadas moito menos copiosas
    É demasiado tarde para evitar por completo as consecuencias do quentamento global, pero si podemos reducilas traballando individualmente con pequenos actos, pero de nada sirven se non se presiona ós máximos gobernos para que fagan reducións nas emisións de gases.

  2. gabriellema.aso.1a di:

    Como di a miña compañeira Lara, o quentamento global é xa inevitable, pero si podemos facer cousas para reducilo, reducindo o uso dos vehículos e compartindo ou utilizando transportes públicos reducimios as emisións de dióxido de carbono, cada coche contribúe un 10€ do monóxido de carbono que afecta á atmósfera.
    Con plantacións de árbores e evitando a tala indiscriminada dos mesmos, según estudios unha hectárea de árbores elimina nun ano tanto dióxido de carbono como o que producen catro familias nese tempo, unha soa árbore elimina unha tonelada de dióxido de carbono na súa vida.
    Reducindo a enerxía que utilizamos os países non terían que usar tanto petróleo, carbón ou gas. Reutilizar papel tamén é moi recomendable, con 100 kilos que reciclemos salvamos 7000 árbores, ademais a fabricación de papel reciclado consome entre 70 e 90% menos enerxía que o normal.

  3. eloyrdaporta.aso.1a di:

    OS que máis van a sufrir con este “verán permanente” serán os animais e as plantas, que serían os que peor se adaptarían as estas condicións e se perdería moita biodiversidade, coma se falaba disto no post dos mouchos.
    O cambio climántica trae consigo perigosas consecuencias, entre elas está a desconxelación dos polos, que acabaría con moitas especies coma os osos polares, pingüíns, o raposo ártico … , e tamén de moitas especies mariñas, xa que moitas delas aliméntanse do placto, e este necesita os polos para reproducirse, e absorve abundantes cantidades do CO2. Tamén avería problemas no transporte marítimo o aparecer maior cantidade de icebergs nos océanos. Como se pode observar, isto tería consecuencias catastróficas para toda a Terra.

  4. paulacnine.aso.1b di:

    Nos veráns é na epoca na que as persoas non se dan conta do que contamina esa lata de kas que deixan tirado na praia, ou ese papel que din que xa o recolleran…No verán a xente os turistas soen tirar mitas cousas na praia ou no lugar no que se encontran, esto fai que haxa mais contaminació pouco a pouco e coa medida do tempo, cando nos deamos conta do que provocamos quereremos facer algo e non chegaremos a tempo xa que sera tarde.

  5. lourdesfarina.aso.1b di:

    Ademáis das recomendacións que nos da Gabriel, outras formas de reducir a nosa aportación ó quentamento global son un mantemento regular dos nosos coches para así reducir a emisión de gases á atmósfera.
    Reducir un 10% a basura persona pode aforrarnos 540 kilos de dióxido de carbono ó ano, ademáis reducindo á metade os residuos dunha familia cegamos incluso a aforrar 1000 kilos de residuos anuais.
    Cada litro de gasolina que evitemos aforra 3 kilos de dióxido de carbono. Inflar correctamente as llantas mellora a tasa de consumo de combustible en máis dun 3%.
    Hai moitas máis formas de deixar de contribuír o quentamento global, pero o máis importante é a presión que temos que exercer nos nosos gobernos para facer convenios internacionais como os que se están a facer para reducción de emisión de gases, pero hai que asegurarse de cumplilos.

  6. sofiaoliveira.aso.1b di:

    Este aumento da temperatura da terra debido ás emisións de CO2 á capa de ozono fará que dentro duns anos (cada vez nun periodo máis cercano) o clima da terra se unifique, provocando a extinción de distintas especies animais e vexetais, polo que as que sobrevivan farano durante pouco tempo, xa que tódalas especies son necesarias para a existencia doutras, porque nos alimentamos uns dos outros.
    O que se debería facer é plantar máis árbores en contraposición cos gases nocivos que vertemos á atmosfera, e intentar reducir estas emisións, porque a Terra é a nosa casa, e debebos coidala.

  7. micaelgarcia.aso.1a di:

    Outra consecuencia que podería ocasionar o cambio climático e a perda de territorios, ou países enteiros.Co aumento da temperatura estase a derreter unha gran cantidade de xeo, e isto fai aumentar o nivel no mar…En países como as Maldivas,cunha altura media sobre o nivel do mar de 2 metros, viven unha autentica ameaza, e poderíase evacuar a poboación nas próximas décadas a países cércanos como Nova Zelanda ou Australia.Moitos outros países insulares encóntranse na mesma situación que as Maldivas.

  8. estelachaves.aso.1a di:

    É evidente que a principal causa deste aumento de temperatura é o quentamento global. Como xa se mencionou, a emisión de gases á atmosfera provoco o denominado efecto invernadoiro, qué aínda que a malloría das persoas o asocian con algo pernicioso para a saúde humana resulta ser todo o contrario, sen el non poderíamos habitar o planta, xa que é o responsable de estabilizar o clima. Pero coa continua emisión de gases este fenómeno estase convertendo en algo perxudicial, polo que o correcto é tentar emitir o menor posible.

  9. miguel.aso.1b di:

    Micael ten razón, moitas das illas do Océano Pacífico vense amenazadas pola subida do nivel do mar. Os atolóns son illas formadas por arrecifes coralinos que creceron arredor de illas de orixe volcánico, cuxo afundimento supuxo a aparición de paradisíacas illas con forma de anel. Nestas illas do Pacífico viven uns 11.000 seres humáns. Os seus fogares vense claramente amenazados dada a subida do nivel do mar.

  10. martinblanco.aso.1a di:

    Estamos a 5 de abril, e mañán están pronosticadas unhas mínimas de 13ºC e unhas máximas de 28ºC. Fai anos, nesta época sería totalmente soprendente recibir un tempo tan caluroso coma este nesta época, máis últimamente, nestes anos, pódese ver como o verán “chega máis temprano e vaise máis tarde”. Probablemente a causa deste feito sea o cambio climático, que está provocando serios danos no planeta.

  11. eloyrdaporta.aso.1a di:

    En Galicia podemos atopar evidencias deste cambio. Por exemplo comprovouse que dende o 2006 as temperaturaws máximas da comunidade subiron en 2ºC, alcanzando naulgúns ríos temperaturas de 18º e máis.
    A gran masa forestal de Galicia eliminou ata 6 millóns de toneladas de CO2, pero por culpa dos moitos incendios que nos avatiron estes últimos anos esta cifra vaise reducindo.

  12. manuelsomoza.aso.1a di:

    É moi triste saber que isto está ocorrendo cada vez con máis frecuencia no noso planeta…, e o que é peor, que o causamos nós sen ningún tipo de lamento.
    Os pobos indíxenas serán os primeros afectados polo cambio climático, xa que a súa supervivencia depende dos recursos naturais do seu entorno, e cualquier cambio, como por exemplo sequías extremas, poden ameazar a súa vida. Pero en difinitiva nos tamén acabaremos sendo víctimas dese cambio…
    O que produce o cambio climático e que a atmosfera, con maior CO2, actúa como un xigante invernadoiro, e dicir, deixa pasar a radiación solar hacia a superficie terrestre pero impide que a radiación en forma de calor saia a fóra e quede retida dentro da atmósfera o que fai que aumente a temperatura.

  13. arantxaleiro.aso.1b di:

    Impresiona un pouco esta noticia,pero si é certo.
    Estoume fixando que estos dias,en pleno mes de abril as temeperaturas son bastantes altas para o mes e na epoca na que estamos.Outros anos neste tempo no facia tanto calor coma o que fai agora.

  14. victor di:

    É soamente o CO2 o causante do efecto invernadoiro? Cales son as fontes de producción de CO2?

  15. martinblanco.aso.1a di:

    As fontes de producción principais son a queima de combustibles fósiles e biomasa, servicios públicos como a electricidade ou o gas, o transporte, os procesos industriais e actividades domiciliarias como a cociña ou a calefacción. Tamén constitúen unha gran emisión de CO2 os incendios forestais. Ademais, existen outros emisores deste gas, como poden ser os seres vivos.

    Ademais do CO2, os gases que causan o efecto invernadoiro poden ser Metano (CH4),
    Óxido nitroso (N2O), e gases que conteñen flúor (HFC, PFC, SF6) [Os gases fluorados encóntranse en pequenas cantidades na atmosfera máis son extremadamente potentes para o efecto invernadoiro]

  16. rafaelgondar.aso.1b di:

    Penso que se deberia queimar o menos posible e reciclar mais. Asi seria menor a contaminacion e abria mais CO2

  17. angelpadin.aso.1a di:

    Hoxe en día o cambio climático xa non está tan presenta nas noticias coma antes, xa que non é tema de actualidad ainda que o esteamos a sufrir parece que nos olvidamos un pouco del pero o certo e que estos datos son preocupantes, e se seguimos pola liña actual o planeta verase seriamente afectado polas altas temperaturas. A principal fonte de producción de CO2 somos os animais, coa nosa respiración pero esto non o podemos evitar, o que esta desmesurado é a queima de combustibles fósiles.

  18. sarabetanzos.aso.1b di:

    O efecto invernadoiro pode causarnos graves consecuencias. Gustaríame aportar algunhas delas. A máis importante, como xa coñecemos é o aumento da temperatura media do planeta, o que conleva a un aumento de sequías nalgunhas zonas e inundacións noutras.
    Ademais, obteriamos unha maior frecuencia de formación de furacáns, e un progresivo desxeo dos casquetes polres, coa conseguinte subida dos niveis dos océanos. Incrementarían as precipitacións a nivel planetario pero chovería menos días e de xeito máis torrencial.

  19. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Os principais gases do efecto invernadoiro son maiormente o dióxido de carbono, o óxido nitroso e o metano. Pero a isto hai que engadirlle as grandes cantidades de vapor de auga, que é o gas que máis axuda neste proceso.
    A nosa atmósfera está composta por nitróxeno e osíxeno, o que explica que aparecza tanto óxido nitroso. O dióxido de carbono é producido pola combustión de combustibles fósiles, de madeira e tamén pola respiracíon dos seres vivos. O metano é producido polos seres vivos, e nos últimos anos disparouse a súa cantidade pola gran cantidade de animais que se crían nas granxas con fins alimenticios e económicos.

  20. lorenabuceta.aso.1b di:

    Os gases máis significativos na contribución do efecto invernadoiro son o dióxido de carbono (55%) a través da queima de combustibles fósiles e da deforestación; os clorofluoros carbonos e gases afins(24%), os cales se obteñen principalmente de diversos usos industriais(refrigeradoras, aerosoles de espuma, solventes)e da agricultura intensiva.
    O metano (15%) tamén xoga un papel importante. Estas emisions producense a través da minería de carbón, fugas de gas, deforestación, respiración de plantas e solos por efectos do quentamento global, fermentación entérica…
    E por último o óxido nitroso (6%) por medio da
    agricultura e forestería intensiva, queima de biomasa, uso de fertilizantes e queima de combustibles fósiles.

  21. samuelmarino.aso.1a di:

    Ó redor dun 96.5% das emisión proveñen da queima de combustibles fósiles, sendo os máis empregados o carbón e o petróleo. Estos queimanse en procesos industriais, transporte e actividades domésticas como nas cociñas e calefaccións. Tamén caben destacar os grandes incendios forestais como unha fonte considerable de dióxido de carbono.

  22. micaelgarcia.aso.1a di:

    Nos últimos anos as cantidades de CO2 na atmosfera aumentaron de 280 partes por millón a 390(Isto provoca unha concentración global do 0,039%)o que parece relativamente pouco,pero e suficiente para desencadear un aumento de temperatura a nivel global.
    O CO2 pode desaparecer do medio por medio da fotosínteses das arbores, pero tamén “desaparece” cando os seres vivos mariños crean as súas cunchas con este material, cando morren as súas cunchas precipítanse o fondo creando grandes depósitos de CO2. Podería chegar a suceder que co quentamento dos mares o CO2 acumulado liberarase e deste xeito aumentara aínda moito máis o que xa esta presente no medio.

  23. victor di:

    O aumento do CO2 na atmosfera xunto co aumento das temperaturas ten tamén consecuencias negativas para o mar e a vida mariña. Cales?

  24. samuelmarino.aso.1a di:

    O aumento da temperatura do mar ten como consecuencia a aparición dalgúns fenómenos de contaminación orgánica, como as mareas vermellas. Os cambios de salinidade debido á auga doce do xeo que se funde cambiarán as correntes mariñas oceánicas. Este fundimento dos xeos tamén produciría a diminución do fitoplancton asociado ó xeo, con consecuancias devastadoras en toda a cadea alimentaria mariña (dende pequenos crustáceos ata as enormes baleas e os golfiños)

  25. rebecapineiro.aso.1a di:

    Unha das consecuencias que isto produce é un aumento da temperatura superficial do océano e un descenso da termoclina (liña que separa as augas frías ricas en nutrintes, das cálidas, máis pobres) que conleva importantes consecuencias sobre a vida mariña. Na costa, as augas mézclanse por correntes naturais orixinadas polo impacto da masa acuática sobre o continente.

    Se a temperatura do mar aumenta en 2 ou 3ºC, a estabilidade dalgúns corais veríase ameazada. Os aumentos previstos no nivel do mar tamén afectarían á súa capacidade de supervivencia, xa que a estabilidade dos arrecifes de coral se atopa asociada ao mantemento dunha certa distancia da superficie da auga.

  26. micaelgarcia.aso.1a di:

    O mar e o aire encóntranse nun continuo de intercambio de CO2,polo que moito do CO2 que producimos vai parar o mar.O mar contes en disolución 50 veces máis carbono que o CO2 o aire.
    O aumento do CO2 provoca un mar máis ácido, isto dana os organismos mariños, algúns dos máis afectados teñen unha importancia inmensa para a vida mariña como os corais ou o placton.Ademais estudos recentes sobre os erizos de mar demostran que por causa dun medio máis ácido, a súa capacidade de reprodución vese diminuída un 25%.
    Tamén é certo que algúns tipos de organismos proliferan nestas condicións, pero algúns estes organismos poderiamos consideralos como “malas herbas” e outro dos organismo que saldrian beneficiados son perxudiciais para a saúde.

  27. victor di:

    Un aumento da acidez da auga afectaría tamén aos animais con cuncha. Por que? En caso de producirse credes que iso sería prexudicial para os cultivos da nosa ría?

  28. rebecapineiro.aso.1a di:

    Ao ser absorbido pola auga, o CO2 reacciona e forma ácido carbónico. Durante este proceso, cada vez máis ións de carbonato flotan arredor, e moitos organismos do mar dependen do carbonato da auga mariña para a formación das súas cunchas.
    As especies que utilizan aragonita, un tipo de carbonato cálcico moi soluble, son particularmente vulnerables. Entre elas atópanse pequenos caracois pterópodos, que contribúen á alimentación de peixes coma o salmón.

  29. joseachaves.aso.1a di:

    Según os investigadores, o aumento no CO2 que absorve o océano ten un efecto directo sobre a capacidade dos microorganismos de producir cunchas.
    A acidez xa aumentou cerca dun 32% dende épocas preindustriais e créese que para o 2100 incrementarase en 130%, o cal podería ter un impacto potencialmente catastrófico na vida mariña, din os científicos.
    Calcúlase que a metade do CO2 liberado pola queima de combustibles fósiles durante os pasados 200 anos foi absorbido polos océanos do mundo.

  30. micaelgarcia.aso.1a di:

    As cunchas das criaturas mariñas están compostas de carbonato cálcico, un aumento da acidez da auga podería disolver estas cuchas. Este feito seria moi perxudicial para as rias baixas xa que poñería en perigo a produción do marisco, tan importante na nosa ría. Un estudo xa documentou que o numero de mexillóns e percebes diminuíu a medida que a acidez do mar aumentou.

  31. fatimafuentes.aso.1a di:

    O aumento da acidez da auga dos océanos está provocado polo incremento das emisións de CO2. A acidificación dificulta e, en casos extremos, impide a formación de estructuras de carbonato cálcico por parte de organismos mariños como crustáceos, moluscos e corais, que precisan deste compoñente para a formación das súas cunchas e esqueletos externos. Por todo isto, a nosa ría vese afectada, xa que algúns mariscos como o mexilón, a ostra ou a vieira, acabarán sufrindo estas consecuencias.

  32. victor di:

    NOTA: ESTÁ UN NOVO FORO ABERTO (PERMANECERÁ 9 DÍAS)

  33. victorino.aso.1 di:

    A causante de CO2 son as grandes industrias, os nosos coches, oa nosas calefacións da casa… Todo isto e posible gracias o petróleo, carbón, gas principalmente. Isto a parte de facernos máis facil a nosa vida tamén ten os seus perxuizos como a contaminación masiba de CO2 que vai pa atmósfera e polo tanto a o calentamento do planeta. A medida que pasa o tempo o home esta a embestigar a maneira de disminuir o CO2 e oxe xa podemos ver algún coche eléctrico, moitas casas con placas solares, moitos muiños de vento… isto pouco a pouco fai disminuir a produción de CO2 e polo tanto disminue o consumo de petroleo, carbón e gas.

  34. elisaduran.aso.1a di:

    Como xa se mencionou, as criaturas marinhas con cunchas, moluscos etc., estan compostas de carbonato calcico, que cun posible aumento do CO2, da acidez da auga, pode disolver as cunchas ata chegar a facelas desaparecer.
    As Rias Baixas son grandes exportadoras deste alimento, e claramente se verian gravemente afectada a economia se se atopara en mal estado e non se poderan comercializar.