A tormenta perfecta

Grandes expertos aseguran que no 2012 sufriremos unha das máis potentes das tormentas solares de entre as que se teñen coñecemento. En 1859 sufriuse a maior delas, pero as consecuencias non foron moi graves, pois a éra tecnolóxica aínda non comezara, pero na actualidade, unha tormenta solar de grande intensidade pode causar graves desperfectos por valor de miles de millóns de dólares, inablitando os sistemas dos satélites, GPSs, telefonía móbil e outras tecnoloxías.

 

imagen

As tormentas solares prodúcense aproximadamente cada 11 anos e, a máis forte rexistrada, produciu auroras borealis a latitudes do caribe, e xerou curtocircuítos nos telégrafos que recén comezaban a usarse, causando numerosos incendios. Pero se sufrimos agora un gran impacto (estímase case equivalente ó de 1859), poden causarse danos que serán irreparables durante anos, como a erosión de paneis solares, o parón do abastecemento de auga, ata os medios de transporte se verán afectados. Este suceso confirmaría as prediccións do calendario maia (sen intención de mostrarme apocalíptico). Os expertos creen que deberíamos comezar a sensibilizarnos coa posibilidade, que é moi alta de que isto suceda, e termos preparados uns protocolos a seguir cando ocorra.


Toda a información deste suceso está corroborada pola NASA

Autor:Miguel Trigo

Esta entrada foi publicada en Catastrofes naturais, Investigación espacial, Novas tecnoloxías, Universo e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.