Non nos volveremos X-men’s cos microondas

A gran  maioría de nos ( por non dicir todos) temos un aparato no que quentamos, ou nos quentan, o leite ás mañans, quentamos as pizzas ou usámolo para fins moi parecidos. A pregunta xurde cando despois de estar saturados por tantas historias nas que persoas correntes, ó seren expostas a radiación convertense en superheroes ou cando nos ven a memoria Chernovil, ou máis actualmente Fukushima, pódenos afectar a radiación do microondas? O microondas que temos na casa o único que fai e mover as moleculas dos líquidos producindo unha calor que chega a penetrar nos alimentos a uns 2’5 cm.

Xa que estes microondas non rompen enlaces químicos a maior transformación que podemos conseguir nun alimento e que se queime como moito. Como fai isto?: cun “magentrón” situado dentras dos controis de tempo e temperatura que emite as ondas que un ventilador esparce por toda a cavidade onde nos introducimos os alimentos. Un procedemento  simple e potente. A parte disto, os microondas teñen un sistema para que as ondas non vaian mais alá do recinto destinado a quentar e os métodos que incorporan para que o abriren a porta as emisións paren aseguranos unha recepción de microondas nula. Nula tamen é a cantidade de microondas que nos poderían chegar a nos aínda que sempre hai que ter conta  que o noso electrodoméstico está en boas condicións xa que unha prolongada exposición  dun electrodoméstico mal illado como este pode causar problemas.

 

imagen
funcionamento dun microondas

A pesar de todo isto non e saudable quentar todo no microondas xa que como din as nais ,  é mellor unha comida cociñada ó estilo tradicional.


Autor: Emmanuel Franco Joven

Esta entrada foi publicada en Medicina, Novas tecnoloxías e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

17 Responses to Non nos volveremos X-men’s cos microondas

  1. ateneaprado.aso.1b di:

    Sobre os efectos que se poden producir ó quentar a comida no microondas, penso que todo o mundo escoitou algunha vez unha chea de cousas como por exemplo que é perxudicial para a nosa saúde. Despois de tantas investigacións todos podemos saber con claridade que todo o que escoitamos sempre deste aparello, son simplemente lendas. Pero como di emmanuel ó final deste post, tampouco e recomendable usalo sempre para quentar todo, ainda que grazas a el podemos aforrar moito tempo se temos presa.

  2. cristinagesc.aso.1a di:

    Buscando encontrei un artigo interesante sobre o microondas, a páxina é : http://www.forodeseguridad.com/artic/discipl/disc_4020.htm

    A comida, en xeral, ten un alto porcentaxe de auga que está formada por moléculas polares. Os microondas son capaces de mover estas moléculas, facelas xirar e logo éstas transmiten o movemento a outras moléculas que formen parte do alimento, ata que finalmente se quenta a comida.

  3. victor di:

    Cal é a diferencia física entre os xeitos de quentar a comida nun microondas e nun forno eléctrico?

  4. gabriellema.aso.1a di:

    A maioría de nós empregamos o microondas dado que permite cociñar en pouco tempo, xa que ahorra un 70% do tempo frente a métodos de cocción tradicionais. Outra vantaxe é que o microondas non altera a textura, nutrientes e sabor dos alimentos.
    Moitos de nós escoitamos que o microondas pode axudar a desarrollar cancro de estómago. Este feito si se pode dar, pero unicamente cando empregas plásticos durante o calentamento da comida, xa que estos despreden unhas pequenas partículas, que se mesturan coa comida, que posteriormente consumimos e que son perxudiciais para a nosa saúde. Dito isto, o máis aconsellable é usar recipientes de vidro.

  5. belindagomez.aso.1a di:

    O forno electrico cociña quentando a superficie e trasladando a calor cara ao interior do alimento. Chega un momento que a deshidratación da superficie fai que esta quede tostada.
    O microondas consiste na penetración de ondas electricas no alimento ata un centimetro de profundidade. Estas ondas fan que as moleculas se movan e se friccionen producindo calor.
    -En sintesis: son dúas maneiras diferentes de cociñar

  6. paulacnine.aso.1b di:

    A diferencia e que nun microondas as ondas son electromagnéticas, e nun forno e calor.
    Opino como a miña compañeira atenea, grazas a este aparello aforramos tempo e gastamos menos.

  7. noeliadozo.aso.1a di:

    O microondas emprega unha menor potencia para obter un resultado igual, case sempre, que se empregamos o forno eléctrico.
    Como o microondas consume menos enerxía prodúcese un aforro que a longo prazo se nota na economía do fogar.
    Ademais disto, no microondas non se perden vitaminas C e complexo B tanto coma no forno eléctrico.

  8. laracores.aso.1b di:

    Os fornos eléctricos quentan por corrente eléctrica (radiación) e o microondas por pequenas ondas, o que o fai máis contaminante. Ademais os microondas sopoñen unha reducción de gasto entre un 60 e un 70% fronte os fornos eléctricos debido a que usan menos potencia eléctrica.
    Inda así, agora xa existen fornos microondas dos que podemos disfrutar.

  9. estelachaves.aso.1a di:

    Outro mito que tamén se escoite en referente ó microondas é o feito de que os alimentos enfrían antes do que enfríarían se fosen quentados en fornos tradicionais. Esta suposición surxiu por mor de que como os alimentos se quentan antes, tamén se deberían enfrían antes, cousa que resulta errónea. Un feito que ocorre no momento de quentar algo no microondas é a mala distribución da calor, quentando primeiro a superficie e esplaiándose logo polo centro. Pero este feito ocorre tanto en fornos como no microondas, aínda que o notamos máis nos microondas porque sacamos os alimentos antes do que os sacaríamos no forno.
    Tamén hai máis mitos relacionados con devandito aparello como é que non podemos introducir elementos metálicos. Seguramente todos escoitamos unha frase tal como: “Non metas a taza co papel de aluminio enriba”. Se metemos, entón, algo de metal no microondas, o que vai suceder non é unha gran catástrofe que nos destroce a cociña, pois para empezzar, as paredes do aparello son metálicas, así como o prato en algúns casos. Polo tanto, os metais, ó ser tan bos conductores da corrente eléctrica, fan que reflictan as ondas e os alimentos non se quentan, sería como acender o microondas sen nada no interior.

  10. arantxaleiro.aso.1b di:

    É verdade que a comida sabe mellor quetada nas cociñas tradicionais pero hoxe en dia quen non utililza un microondas para quentar calquer cousa?
    Pois penso que moitas das persoas que o utilzan,utilizano porque lles é un metodo máis comodo e tamen aforran moito tempo.
    O uso do microondas ten ventaxas:
    -Permite diminuír a perda de vitaminas como a C e complexo B.

    -Grazas ao microondas as preparacións resultan menos grasosas, porque os alimentos non requiren do uso de aceites para non se pegar

    -A cocción, aínda que é rápida, elimina toda contaminación por xermes

    -O seu uso para desconxelar elimina a proliferación de bacterias

    -Permite cociña saudable e rápida
    Así como tamén ten unha serie de desventaxas:
    -A comida requentada no micro enfriase máis pronto que quentada na cociña tradicional.

  11. victor di:

    Que outras utilidades teñen as radiacións que se utilizan nos microondas?

  12. rebecapineiro.aso.1a di:

    Ademáis do forno microondas, estas microondas teñen outras aplicacións.
    En telecomunicacións, as microondas son utilizadas en radiodifusión, xa que pasan fácilmente pola atmosfera con menos interferencias ca outras lonxitudes de onda maiores. As microondas tamén son usadas en programas informativos de televisión para transmitir unha señal dende unha localización remota ata unha estación de televisión.
    A televisión por cable e o acceso a Internet vía cable coaxial utilizan algunhas das frecuencias de microondas máis baixas. Algunhas redes de telefonía celular tamén usan baixas frecuancias de microondas.
    A tecnoloxía de microondas tamén se utiliza nos radares, para detectar o rango e a velocidade de obxectos remotos, e no máser (dispositivo semellante a un láser pero que traballa con frecuencias de microondas).

  13. martincabal.aso.1b di:

    A radiación microondas utilizase tamén no televisor por cable, nas retransmisións en directo, nos radares e nas conexións sen fíos…

  14. eloyrdaporta.aso.1a di:

    A pesar do que pon neste post, existe un estudio feito nos microondas que explica que as radiacións que produce nos alimentos, non son tan grandes coma se nos presentan. É certo que as ondas, alteran as propiedades dos alimentos, e se se pode o mellor é evitalas, pero dependendo do tipo de ondas e do microondas, esta diferenza é minúscula entre os alimentos cocinados o método tradicional e calentados no microondas. (Insisto en que depende do tipo de microondas).

  15. victorino.aso.1 di:

    O problema dos microondas xa hai tempo que se ben decindo que pode ser perigoso para a saude por quentar os alimentos por ondas en vez de quentalos por calor. Eu son dos que opino que non son perigosos para a saude xa que se veñen estudando e os resultados din que non son perigosos. Un día estaba mirando na TVG un programa que se chama Ciencianosa e o catedrático Jorge Mira trataba o problema dos microondas e polo que el dicia, igual ca o post, que non nos preocuparamos e esplicou o funcionamento do microondas.

  16. manuelsomoza.aso.1a di:

    Eu creo que o microondas non é perxudicial para a saúde.
    O curioso é a forma en que se inventou o microondas.
    Durante un curso dun proxecto de investigación relacionado co radar, o doutor Percy Spencer, notou algo moi peculiar. Estaba probando un novo tubo ó vacío chamado magnetrón cando descubriu que un doce que tiña na súa bolsa derretérase…

  17. sarabetanzos.aso.1b di:

    Eu opino coma Somoza, resulta obvio que si o microondas fose nocivo de verdade, as autoridades nunca permitirían que se vendesen no mercado. ¿Non é así? ¿Permitirían a súa venta?