Abelladependencia!

“Se as abellas desaparecesen do planeta, ó home só lle quedarían 4 anos de vida”. Esta frase atribuída a Albert Einstein é unha verdade asumida pola maioría do mundo científico. Actualmente existe un fenómeno preocupante e aínda non ben explicado sobre o que está a pasar coas abellas no mundo. Simplemente están a morrer. Enfermidade ou produto da contaminación ambiental?

imagen

As abellas son criaturas que existen en case todas as rexións do mundo. Están presentes na tundra ártica, nos altos do Himalaia e ata no extremo sur do continente americano. Tres cuartos das 240 000 plantas con flores, dependen deste insecto para a reprodución por polinización. Dos 115 produtos agrícolas que alimentan a humanidade, 87 dependen deste proceso onde as abellas xogan un rol central.

Segundo Laurence Packer, da Universidade de Toronto, as abellas estarían contaminadas por un protozoario, “Nosema ceranae”, orixinario do sudeste asiático. A globalización da industria apícola tivo como efecto a contaminación deste insecto por patóxenos mortais. Pero existe consenso entre os científicos en que a perda de hábitats, a intensificación da agricultura e o uso de agroquímicos tamén xogan un papel moi importante no proceso da mortalidade das abellas e dun aumento das enfermidades.

As abellas necesitan dunha dieta en polen variada para obter os minerais e graxas suficientes para unha boa nutrición. Os monocultivos, como por exemplo, os xirasoles, teñen un polen pobre en nutrientes.

 

Outro perigo son os pesticidas. Un  neonicotinoide, unha forma sintética da nicotina é un pesticida que ten a característica de atacar ó sistema nervioso central dos insectos. Este pesticida aplícase a máis de 140 tipos de cultivos e é vendido en máis de 100 países. Os franceses reaccionaron rapidamente para prohibilo cando se percataron de que causaba estragos nas colonias de abellas.  Estes pesticidas foron atopados no polen de varias plantas en todo o mundo.

Autor: Manuel Somoza

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Evolución e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

23 Responses to Abelladependencia!

  1. laracores.aso.1b di:

    A varroa é un ácaro cuxa hembra deixa as ovas no interior das celdas das larvas das abellas, polo que cando as Abellas adultas saen ó exterior fano moi debilitadas (o ácaro succionalles hemolinfa). As abellas afectadas polo acaro son máis pequenas do normal e incluso sen alas, polo que tardan moico en morrer, esta é outra causa de diminución do número de abellas.

    As abellas teñen propiedades curativas que moitos descoñecen, ademais da recolectación do mel, as abellas proporciónannos, co seu veneno (coñecido como apitoxina) propiedades terapéuticas que nos axudan a tratar numerosas enfermedades como son a artritis, a artrosis, a febre reumática, os tumores, o parkinson ou o alzheimer

  2. cristinagesc.aso.1a di:

    As abellas son os polinizadores máis importantes das plantas con flores. Calcúlase que a terceira parte dos alimentos humanos son polinizados principalmente polas abellas.
    A maioría das abellas son de corpo veludo con pelos plumosos que levan unha carga electrostática. Todo isto axuda a que o polen se pegue ó seu corpo. Coas súas patas transfiren o polen ás canastas de polen que poden ser de dous tipos: scopas ou corbículas.
    En xeral, as abellas visitan flores dunha sola especie por un periodo de tempo antes de ir a outra especie. Isto é moi beneficioso para as plantas que requiren polen da mesma especie para a súa fecundación.

  3. arantxaleiro.aso.1b di:

    É unha noticia asombrante,que a vida do ser humano dependa das abellas.
    As abellas son o elemento polinizador máis importante do planeta. A ausencia de abellas non podería ser suplida mediante ningunha técnica agrícola actual, e levaría consigo a diminución de gran parte da flora do planeta da que se alimenta un gran número de especies, que tamén verían minguada a súa fonte de alimentos. Unha cadea que tería grandes consecuencias a nivel ambiental e que remataría por afectarnos a todos.
    Ainda que por outras noticias que vin non solo dependemos das abellas tamen dependemos doutros animais.

  4. victor di:

    Lara fala dos ácaros e a hemolinfa; aportade algo de información sobre estes dous conceptos.

  5. cristinaotero.aso.1a di:

    Os ácaros son unha subclase de arácnidos.Existen casi 50.000 especies descrita e estimase que existen entre 100.000 e 500.000 especies que todavía no foron clasificadas.A maioría dos ácaros son diminutos e só alcanzan uns milímetros de lonxitude.Os ácaros son un dos grupos máis antigos de animais terrestres, conocense fósiles de 400 millons de anos. Hay ácaros en medios terrestres e acuáticos. Son na súa maioría depredadores.

    A hemolinfa é un líquido circulatorio dos artrópodos, moluscos, etc.A súa composición varía moito de unha especie a outra. Pode ser de diferentes cores ou incluso incolora, os pigmentos soen proceder da alimentación ou dos procesos metabólicos e non teñen ningunha función biolóxica, xa que o transporte de gases é independente do aparato circulatorio.

  6. estelachaves.aso.1a di:

    Sábese que as abellas están diminuíndo porque presentan síntomas como malformacións, transtornos do sistema nervioso, desorientación, un estado de saúde delicado… Por mor de estos problemas, as abellas non sabe chegas ás súas colmeas ou son botadas fora delas. As causas on moi diversas, empezando pola infección con insticidas, aínda que tamén hai outras causas como é a introducción de especies exóticas que achegan enfermidades ata o de agora descoñecidas e que son as causantes dalgún dos problemas que citei anteriormente. A desaparición das abellas traerá consigo unha ecuación moi sinxela: ausencia de abellas = ausencia de polinización = extinción de especies vexetais = extinción de algunhas especies animais.

  7. eloyrdaporta.aso.1a di:

    A abella raíña é a única abella da colmea que pode poñer ovos. Os ovos fecundados dan lugar as abellas obreiras, encargadas da colmea, e os ovos nonh fecundados dan lugar os zánganos, cuxa única misión é fecundar e morrer.
    As novas larvas son criadas en celdas hexagonais horizontais, e na contra, as raíñas críanse en celdas horizontais, que no momento adecuado emiten un son conforme van saír, e loitan unhas contra outras pra decidir que será anova raíña.
    Unha abella raíña pode chegar a vivir ata tres anos, e en contra as obreiras poden chegar a vivir ata tres meses.

  8. sandragarcia.aso.1b di:

    Ademais dos factores que se mencionan no post, e os comentados polos compañeiros, hay moitos máis factores que inflúen na posible extinción das abellas. Por exemplo, nos últimos anos veuse percibindo a chegada dunha vespa invasora, chamada vespa asiática que se alimenta das nosas abellas. Tamén as emisións electromagnéticas poden estar afectando as nanopartículas de magnetita que as abellas posúen no seu abdome. Ou pesticidas, hongos…
    O que está claro é que sen abellas teriamos moi poucos anos de vida máis.

  9. martincabal.aso.1b di:

    Xa na epoca do Mioceno fai 10 a 12 millóns de anos; moito antes da aparición do home as abellas estaban estendidas sen separación de desertos ou mares como actualmente.
    Na prehistoria no período Neolítico, o home xa recolectaba mel. Así en España na gruta da Araña nos montes de Valencia encontrouse unha pintura rupestre datada no 7000 antes de Cristo.
    Alguns tipos de especies son Apis dorsata: Abella xigante, Apis florea: Abella diminuta da India, Apis cerana,Apis mellifera

  10. victor di:

    A gran relación entre as abellas e as plantas con flor significa que estes dous grupos evolucionaron xuntos?

  11. sarabetanzos.aso.1b di:

    Os ácaros son uns artrópodos, que se poden topar en diferentes ambientes, entre eles no polvo doméstico. Son recoñecidos como os responsables das alerxias a éste polvo dende finais dos anos 60.
    Son animais emparentados coas arañas, teñen un tamaño de menos de 0,3 mm, polo que solo son visibles ao microscopio.

    E a hemolinfa é o nome que se aplica ao líquido hemático que se topa no interior das cavidades hemocélicas dos animais, cumplindo a mesma función que o sangue.

  12. mariacmaq.aso.1a di:

    Pareceme unha noticia increible decir que as nosas vidas dependan das abellas.
    As abellas están falecendo por causa de tantos productos que se empregan, pero isto non so está afectando a especie das abellas senon que hoxe en día outras especies como os humáns enferman con máis frecuencia e de enfermidades máis raras e perigosas.

  13. martincabal.aso.1b di:

    A poboación de abellas tamén esta a desaparecer dramaticamente debido, principalmente, a perda de diversidade de plantas. Así o asegura un estudio francés publicado, ‘Biology Letters’ na BBC.

    Descubriron que as abellas que se alimentan do polen que producen varios tipos de plantas presentan un sistema inmune máis forte que aquelas que se alimentan dunha soa especie, as abellas precisan ter un bo sistema inmune para esterilizar a comida para a súa colonia.

  14. lourdesfarina.aso.1b di:

    As flores coevolucionan coas abellas, é dicir,teñen unha adaptación evolutiva mútua. A súa relación neste caso é a polinización. Tanto as abellas como as avespas teñen unha asombrosa capacidade visual.
    As aves son outro grupo de animais que evolucionan de forma paralela coas plantas con flores, influíndo desta forma no desenvolvemento de síndromes particulares de polinización (conxunto de caracteristicas que as flores buscan co propósito de atraer a un tipo particular de polinizador).

  15. gabriellema.aso.1a di:

    Parece incrible que a nosa existencia dependa das abellas, aínda que se o pensamos a fondo, resulta bastante comprensible. A polinización é o paso do polén desde o aparello masculino das plantas, ó femenino. Este proceso pódese dar de diferentes formas, aínda que a máis peculiar é a polinización, que realizan as abellas nas plantas con flores. Estas plantas sufrieron una serie de cambios que lles permitiron atraer e facilitar a función destos insectos.

  16. eloyrdaporta.aso.1a di:

    Poderíase considerar que as abellas e as flores evolucionasen xuntas, xa que as abellas van polinizando as flores dependendo da época e da especie, e polinizan dita especie enteira e comezan con outra, e así sucesivamente.

  17. victor di:

    Que outros animais polinizadores coñecedes? Teñen algo en común?

  18. laurareguera.aso.1b di:

    Outros animais son as mariposas, que unha parte da súa alimentación e o polen e teñen en común eso,que se alimentan de polen, emais cousas en común. Pareceme asombroso como coa extinción dun insecto, que moitos odiamos polas suas picaduras, pois nos pode cambiar a vida dos seres humanos tantos, hasta mesmo quedarnos menos anos de vida.

  19. noeliadozo.aso.1a di:

    A polinización zoófila, é aquela que se realiza mediante animais, que transportan o polen que queda pegado no seu corpo despois de pousarse sobre a flor.
    Outro exemplos de animais polinizadores son as avispas, formigas, moscas ,colibrís…
    Incluso hai mamíferos polinizadores como o morcego ou o mono.

  20. estelachaves.aso.1a di:

    A pesar de que a polinización sempre estivo asociada ás abellas, existen multitude de animais capaces de relalizar esta función, podendo clasificarlos en varios grupos:
    -Páxaros: Como é o colibrí, normalmente encárganse de polinizar as flores tropicais, que son máis grandes, para que os paxaros poidan aletear sen alterar o seu estado.
    -Mamíferos: Os morcegos son os encargados de polinizar flores nocturnas como o baobab, xa que pola característica que posúen de ter as follas colgantes, poden sacar o néctar sen ter que estropear a planta.
    Insectos:
    Escarabellos: Polonizan grandes plantas como os nenúfares e outro tipo de plantas que para o olor humano resultan nauseabundas.
    Mosquitos e Moscas: Ó igual que os escarabellos, síntense atraídos polo mal cheiro das plantas, e polinizan a pranta máis grande de todas (Rafflesia arnoldi).
    As bolboretas: Soamente poden coller o néctar das flores, como se pode apreciar pola trompa característica que posúen. Esto fai que polinicen flores tubulares ou con espolóns.
    Abellas: Soen polinizar as flores máis grandes, xa que son as únicas capaces de abrir os elementos florais.

  21. ateneaprado.aso.1b di:

    Conócense moitos animais polinizadores, pero por exemplo algúns insectos tamén necesitas dunha determinada planta para poder levar a cabo ese proceso.Os morcegos, mais concretamente os vexetarianos das zonas tropicais Los murciélagos también son otros de estos animales, más concretamente los murciélagos vegetarianos de las zonas tropicales,tamén necesitas plantas eseciais. A eles non lles serve calquera planta senón que os atraen as flores noctunas, que cheiran moito, que producen moito polen, e que non teñan cores. Tamén se pode dicir que os caracois e as babosas tamen pertencen a este grupo de animais.

  22. victor di:

    Todos os vexetais necesitan de animais polinizadoras para o seu ciclo de vida?

  23. martincabal.aso.1b di:

    Non, o transporte do polen tamén o poden realizar axentes físicos como o vento(plantas anemófilas)piñeiros,robles, gramineas), ou auga (especies hidrófilas)Vallisneria e Elodea.