Potenciadores da memoria

imagen

A perda de memoria afecta á maioría das persoas que padecen enfermidades neurolóxicas e neurodexenerativas.O elevado custo do tratamento e o deterioro da calidade de vida dos pacientes consitúen un grave problema social. O trasntorno é, ademáis, un dos que máis castiga a poboación ancián.
Nun laboratorio de neurobioloxía descubriron que a estimulación coa proteína RGS-14  da corteza visual secundaria V2, unha diminuta rexión cerebral, pode mellorar a memoria. Os experimentos realizaronse con ratas cuxa memoria mediuse mediante a proba do recoñecemento de obxectos. Os múridos que sobreexpresaban a proteína inxectada V2 retiveron  a información  dun obxecto durante meses; os animais de control, en cambio, foron incapaces de almacenar  a mesma información durante máis de 45 minutos. Asimesmo, os animais inxectados con RGS-14 almacearon o triple da información  ca os non inxectados. As ratas sometidas ao tratamento recordaron multiples obxetos; os animais sen tratar, só dous.
A proteína RGS-14 podería convertirse nun fármaco que remediase as deficiencias na memoria dos anciáns e pacientes con patoloxías neurolóxicas ou neurodexenerativas.


Autora: Laura Reguera

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

16 Responses to Potenciadores da memoria

  1. laracores.aso.1b di:

    As pérdidas de memoria son cada vez máis frecuentes na nosa sociedade, según un recente estudio, o estrés pode incrementar notablemente as posibilidades de ter alzheimer ou pequenas pérdidas de memoria, pero esta non é a única posible causa que ten, tamén a enorme falta de atención impide que podamos ter certa fijación nos recordos, a longo prazo isto causa graves problemas de memoria. Ademáis das causas biolóxicas como son a idade, a predisposición xenética ou o sexo (as mulleres teñen máis posibilidades), as pérdidas de memoria podense dar tamén a causa de golpes, por consumo excesivo de alcol, problemas alimentarios…
    As persoas que teñen estos problemas sufren moito inda que sexan pequenas pérdidas, e nin falar dos familiares que teñen ver como os seus seres queridos chegan a olvidalos.
    Se as investigacións sobre esta nova proteína seguen podemos chegar acabar con esta enfermidade algún día.

  2. martincabal.aso.1b di:

    Interesante noticia dende logo, anque agora mesmo so sexa comprobado en ratas xa é algo.
    Polos experimentos que se fixeron parece ser mais para o aumento da memoria que para a recuperación de esta. (as ratas inxectadas coa proteína V2 non sofren ningún problema).
    Sen mais información, dubido que a un cerebro danado dita proteína lle poida axudar a rexenerarse e volver a realidade.
    Existe un procedemento que consiste en inxectar nun cerebro enfermo de alceimer células nai embrionarias ou adultas para deter o deterioro cognitivo, os experimentos realizados en humanos xa obtiveron resultados positivos.

  3. silviagarcia.aso.1b di:

    As enfermidades de pérdida de memoria…non se poden curar, so existen tratamentos para retrasalas.

  4. arantxaleiro.aso.1b di:

    A perda de memoria co paso dos anos en persoasmaiores é normal, pero en persoas xoves poden ser por infinitas causas,e é unha pena que as persoas teñan esta “enfermidade”.
    Eu non creo que teña cura ainda que poida chegar a habela co paso do tempo e cos avances cientificos.

  5. sandragarcia.aso.1b di:

    A memoria é algo moi importante para todas as persoas, e como vimos nun post anterior, non é bo tela en exceso… Pero tampouco en defecto. Se este tratamento consegue mellorar a memoria das persoas maiores ou enfermas é un gran avance, xa que é moi duro ir perdendo a memoria, tanto para os enfermos como para as persoas que os rodean e ven como esas persoas van perdendo a capacidade de recordar.

  6. ateneaprado.aso.1b di:

    Podemos falar de moitos factores relacionados coa pérdida da memoria como son: a amnesia, o envecellemnto duha persoa, a menopausia, o estrés, a depresión e incluso o alcolismo. Se se quere axudar a unha persoa que sufra isto, primeiro debe haber moito apoyo familiar, tamén se lles recomenda as persoas que rodean a persoa afectada, que lle amosen fotografías e obxectos que sean do ámbito familiar para que lle poidan servir a este de axuda para ir recordando algo. Pero como ben dixo a miña compañeira Silvia, ai medicamentos e tratamentos para axudar a mellorar a situacion da persoa, pero non se pode decir que estaría curado de todo.

  7. paulacnine.aso.1b di:

    Estou de acordo con arantxa de que as persoas maiores perdan a memoria cos anos, pero hai moitas que recordan moitas cousas da súa imfancia. E verdade que e unha cousa moi estrana que xoves perdan a memoria pero danse casos.
    Esto co largo do tempo terá cura xa que cos avances de hoxe en dia decubrimos a cura de moitas enfermidades.

  8. estelachaves.aso.1a di:

    Como din os meus compañeiros, a perda de memoria pode ser por deiferntes causas, aínda que a máis abundante é a causada pola idade. Como se puido apreciar en post anteriores, non é bo nin a perda de memoria nin unha memoria excesivamente boa, senon a búsqueda dun término medio. Segundo se di neste post, os experimentos que foron feitos saíron ben, pero cun roedor que aumentaba considerablemente a súa capacidade memorística. Para que este fármaco se extenda entre as persoas, habería antes que saber os danos colaterais que poderían causar, aínda que non fosen inmediatos nin tan sequera síntomas físicos, hay que ter en conta o sufrimento que pode chegar a ter unhe persoa que pasa de non ter memoria a ter unha capacidade innata de recoller información, xa que saírse da costume de non recordar nada tmén pode chegar xerar un trauma.

  9. eloyrdaporta.aso.1a di:

    A perda de memoria tamén é positivo para nós xa que coa súa pérdida as nosas neuronas póden descansar ou almacenar nova información, dende este punto vista é moi beneficioso, como observamos nun post anterior feito por María, no que se debatía este tema. Na miña opinión é beneficioso perder algúns recordos inservibles, xa que o que máis nos importa a cada un continúa en recordo, pero pode ser que estea oculto.

  10. victor di:

    Un dos maiores problemas das enfermidades relacionadas coa dexeneración das neuronas é que este tipo de célula non se poden reproducir para que deste xeito as novas poidan substituir ás enfermas. Sabedes se neste campo de investigación se ten avanzado o suficiente como para que nun futuro próximo sería posible substituir as neuronas vellas?

  11. sarabetanzos.aso.1b di:

    Co paso da idade as células cerebrais deterioranse e a rede de células nerviosas sufre danos importantes que se caracterizan por unha reducción da permeabilidade das membranas celulares cuxa consecuencia é o detrimento da transmisión de sinais no noso corpo. Probablemente ésta sexa unha das causas de padecimientos tales como a enfermidade de Alzheimer e oytras formas de disminución mental relacionada coa idade como a demencia senil.
    Probablemente, isto poida explicar os potenciadores nerviosos.

  12. lourdesfarina.aso.1b di:

    Un grupo de investigadores da Universidade de Auckland, en Nueva Zelanda e a Academia Sahlgrenska de Goteborg en Suecia publicaron unha demostración na cal se podía eliminar a idea na que o cerebro tras o nacemento non podía crear neuronas novas nin substituír as destruídas.
    Este tratamento pode abrir unha nova vía para as enfermedades como son o parkinson ou o alzheimer, que danan o cerebro.
    Nesta investigación pódese observar a ruta que seguen as células nai, que son capaces de producir novas neuronas ata alcanzar o bulbo olfatorio.
    Este estudo ábrennos as portas a esa posible substitución de neuronas vellas.

  13. martincabal.aso.1b di:

    Segun un estudio da universidade de nova York Existe un numero moi reducido de neuronas que si se poden remplazar pero a gran maioría cando morren non poden ser substituídas,
    Palabras textuais do director da investigación:

    Agora sabemos que o cerebro ten o potencial para crear neuronas novas que substituían as que morreron. Este potencial poderia utilizarse para reparar circuítos danados. En todo o mundo hai laboratorios que están tratando de poñer estes coñecementos en situacións clínicas. A cuestión será inducir o cerebro a que produza e poña no lugar correcto calquer tipo de neurona que se poida necesitar, de maneira que, independentemente da clase de célula, as células novas do tipo requerido podan remplazar a outras do mesmo tipo que haxan morto. Non estamos cerca de chegar a esta meta.

  14. joseachaves.aso.1a di:

    O cerebro adulto ten células inmaduras con propiedades de células madre neuronais. Hoxe en día, a rexeneración neuronal é posible con numerosos trucos, pero débense vencer aínda moitos obstáculos para lograr o reemplazo neuronal. O gran reto é cómo integralas en conexións neuronais.

  15. victor di:

    Como transmiten os sinais as neuronas? Como se almacena a información no cerebro?

  16. estelachaves.aso.1a di:

    A transmisión de sinais é un conxunto de procesos que actúan de forma encadeada para que unha célula poida converter estas sinais en respostas específicas. A transmisión de sinais afecta a unha secuencia de reaccións bioquímicas dentro da célula, que se leva a cabo a través de enzimas ( moléculas porteicas), unidas a outras substancias denominadas “segundo mensaxeiro” Todos estes procesos realízanse en intervalos moi pequenos de tempo.
    As neuronas son células nerviosas neurotransmisoras, as neuronas almacenan, envían, reciben, forman datos e transmiten mensaxes, xa que cada neurona conta con centos de conexións coas células. As neuronas funcionan gracias a unha serie de impulsos eléctricos que se xeran no noso interior e que reciben a como estímulos e envían como impulsos cara o cerebro ou a médula espiñal.