Outra forma de vida…

Os membros da Fundación Nacional do Indio (Funai) no Brasil,  localizaron dende o aire a un grupo de indíxenas non coñecido ata o momento, que estaban preto da fronteira con Perú. Nas fotos, pode verse unha comunidade na que hai nenos pequenos e non hai escaseza de alimentos. En realidade, hai algunhas cestas cheas de mandioca e papaias frescas, o que probablemente vén dos pomares en torno á poboación.

A supervivencia dos pobos indíxenas destacados nas imaxes está,  segundo esta ONG, seriamente ameazadas pola invasión de madeireiros ilegaIs do lado peruano da fronteira. As autoridades brasileiras pensan que a chegada  masiva de madeireiros está empurrando a tribos illadas de Perú para o Brasil, e resulta probable que os dous grupos entren  en conflito.

 

imagen

Survival e outras organizacións pasaron anos a desenvolver unha campaña para que  o  goberno peruano actuara de forma decisiva para impedir a invasión, pero non fixo moita caso. Con todo, o goberno de Alan García, dixo nalgunha ocasión que eses indios “non existen”.

 O ano pasado, unha organización estadounidense, Upper Amazon Conservancy, fixo o último dunha serie de voos no lado peruano, revelando novas evidencias de extracción ilegal de madeira nunha zona protexida. Hai dous anos, tamén fotografou un grupo que intentou atacar con frechas ao avión no que ian membros da Funai. No Brasil, o goberno demarcou territorios para as tribos illadas, pero sería insuficiente se as de outros países veciños  acaban cruzándoa ante as ameazas que teñen nos seus propios países.

Autora: Lorena Buceta

Esta entrada foi publicada en General, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

17 Responses to Outra forma de vida…

  1. sofiaoliveira.aso.1b di:

    As talas de árbores ilegais están incontroladas, a pesar de que o goberno dos países onde se fan normalmente, sábeo, pero non queren poñerlle remedio.
    Esta tala masiva desplaza animais do seu hábitat natural e polo tanto, tamén a posibles tribus indíxenas que poidan habitar alí.
    Paréceme que se podería controlar este problema poñendo vixilancia nos montes, selvas, etc.

  2. rebecapineiro.aso.1a di:

    Os pobos indíxenas non son tomados en conta por políticas públicas para fomentar o seu desenvolvemento.
    Estas poboacións, calculadas en máis de 200 millóns de individuos espallados en máis de 70 países, foron moito tempo os habitantes máis desfavorecidos, marxinados e excluidos en moitas partes do mundo. As súas identidades, culturas, terras e recursos están moi entrelazados e son especialmente vulnerables aos cambios que causan os programas de desenvolvemento.

  3. samuelmarino.aso.1a di:

    Claramente isto non pode seguir así, non hai dereito a desprazar a tribus indíxenas, que viven en contacto coa natureza e sen molestar a ninguén, pola culpa da tala de árbores de xeito ilegal. Pero coma sempre, como con esto algúns ganan moitos cartos non sei vai a facer nada, xa que a ninguén lles interesa o que lles pasa a estos indíxenas.

  4. noeliadozo.aso.1a di:

    Coma sempre van uns por riba doutros.
    En países coma Brasil estas tribus indíxenas son tremendamente abundantes, e máis aínda das que non se ten evidencia polo momento.

    É inviable que por temas económicos, aínda por riba ilegais, se trate de desprazar a este tipo de persoas, que teñen un xeito distinto de vivir e das que seguramente as sociedades avanzadas poderíamos aprender milleiros de cousas que nos resultarían beneficiosas.

  5. lourdesfarina.aso.1b di:

    É bastante díficil que se solucione este problema. Esta noticia é un caso, que se descubriu, pero en todo o mundo haberá moitisimas mais tribus nas que moita xente se enriquece sen que o saiba o Estado e incluso tendo constancia se sucesos semellantes.

  6. aracelilores.aso.1b di:

    Estou dacordo cos meus compañeiros, estas talas de árbores provocan a desaparición de moitas outras tribos que dependen do bosque para a súa supervivencia.
    hai que parar isto rápido, moitas tribos de indíxenas están desaparecendo.. a desaparición total de estas talas ilegais é case imposible que desaparezan por completo, porque os madeireiros só buscan o seu interese económico.

  7. martincabal.aso.1b di:

    Mentres haxa ingresos para catro ricos a situación non vai variar, o goberno non está facendo nada por evitar a tala de arbores, se non todo o contrario, por eso non e tala ilegal (o estado non esta en contra), todo é unha patraña na que existen convenios entre empresas e o estado.
    As tribus quédanse sen espacio, e vense obrigadas a moverse para Brasil, onde existen outras indíxenas que quererán defender o seu territorio, esta non é a única mala noticia, as maquinas cortadoras de arbores fan estragos por onde pasan, e deixan un area forestal cada vez mais pequena onde seres vivos de distinto tipo habitan.

  8. lorenabuceta.aso.1b di:

    Está claro, polos evidentes signos de desprezo, que a algunhas poíiticos do goberno non lle importa ni o máis mínimo o que lle poida ocorrer ás persoas que viven de forma retrógrada sen molestar a ninguén, seon que, aínda por encima tratan de diminuir o seu habitat para o seu beneficio.

  9. mariacmaq.aso.1a di:

    Estes grupos de indíxenas non teñen porque ser desprazados dun lugar no que xa levan moito tempo e sen causar ningún problema.
    Ademáis sendo un problema deste tipo do que van a saír beneficiados uns cantos sen pararse a mirar o dano que lle están causando a moita xente.

  10. silviagarcia.aso.1b di:

    A min paréceme escalofriante como pode haber persoas que ainda vivan así,como pode haber persoas no mundo que poidan solucionar estes problemas, porque a xente que vive asi, non é que viva moi ben, a min dame moita pena, que non so se solucione esto, que ainda por riba, se lle faga peor

  11. malenasineiro.aso.1b di:

    As tribus indíxenas están condeadas a desaparecer, xa que cada vez son máis as civilizacións de indíxenas que son obligadas a desprazarse. Os indíxenas teñen unha vida pacifica coa natureza, pero lamentablemente son só os indíxenas os que respetan á natureza xa que as civilizacións máis desembolvidas tenden a aproveitarse destes bosques e selvas tropicais.

  12. noeliafv.aso.1b di:

    A tala incontrolada e ilegal de árbores está a provocar máis problemas que os da deforestación e a extinción de especies animais, e este e un claro exemplo doutra das consecuencias, que fan que esta pobre xente que viviu ahí durante xeracións se vexa obrigada a ter que mudarse a outros lugares. Cada vez o problema da tala ilegal vaise agrabando, e penso que non hai moitas formas de frenalo…

  13. lorenabuceta.aso.1b di:

    Non só lle perxudica a tala de árbores,tamén lle afectan outras actividades onde o Estado non os respaldan. Por exemplo, PETROPERU S.A. ten o dereito e propiedade sobre os hidrocarburos extraídos,
    celebrando contratos da súa exploración e explotación con licenciatarios. As normas otorgan o Estado peruano
    un poder discrecional para dispoñer o aproveitamento dos recursos do subsolo que considere máis útil e
    conveniente. Os ordenamientos legais incorporan moi poucas normas concernientes ó manexo das
    eventualidades que teñen relación coas terras ou territorios ocupados, con título ou sin el, polos grupos indíxenas. Sen embargo, en Perú como en moitos outros países latinoamericanos, amplios sectores indíxenas
    alegan que o seu dominio territorial é ancestral e anterior a cualquier outros.

  14. paulacnine.aso.1b di:

    As trubus non teñen case espacio e,é normal que se vexan obrigadas a emigrar.
    E estou de acordo con moitos dos meus compañeiros respecto a tala de árbores, xa que debido a iso moitas trubus desaparecen.

  15. martincabal.aso.1b di:

    Aí quería chegar eu Lorena, cando os medios informativos poñen as actividades de deforestacion (tala de arbores) como algo ilegal non é certo, xa que as empresas implicadas teñen os dereitos outorgados polo goberno e non cometen ningún delicto

  16. laracores.aso.1b di:

    Non entendo como o goberno de Perú vende as persoas do seu pobo por cartos, como se falaba en comentarios anteriores, as tribus están condenadas a desaparecer, ou a non ser tribus primitivas e aisladas da globalización como algunhas brasileiras que se aproveitan dos turistas para sacar beneficios monetarios.

  17. estelachaves.aso.1a di:

    Nesta ocasión, os beneficios económicos están levando ás empresas a imiscuírse en territorios que non lles pertenecen nin teñen dereito algún. O que acabará pasando neste lugar é a perda desta tribu, como xa sucedeu noutros lugares. Dende que se descubriu América, e chegaron persoas a ensinlarlle o noso idioma ós indíxenas e a catolizalos, os europeos temos un afán incrible por facer que se parezan a nós e ter a nosa cultura. Este tipo de actuacións demostran o medo que albergan algúns gobernadotes ante estas persoas, pensando que poden actuar en contra deles ou mesmo probocar unha guerra, cando o que de verdade desexan é poder vivir en liberdade e como ata agora, este medo aínda dura na actualidade e pode acabar afectando á vida destas persoas.