Vaqueiros: moda mortal

Os vaqueiros gastados son unha moda en todo o mundo desde fai anos, pero a técnica coa que se consegue ese efecto envellecido,  o “sandblasting”,  que trata en aplicar un chorro de area directamente sobre a tela do pantalón para conseguir o efecto de desgaste, provocou  46 traballadores mortos e máis de 5000 estan  enfermos de silicose, enfermidade provocada polo silice da area.

imagen

O método está prohibido en Europa, pero non en outros países, onde se fabrican a maioría das prendas que chegan as tendas, en países como Turquía, Bangladesh, China, A India… Acabase de crear  unha campaña ‘Ropa Limpia’ en 14 países de Europa, co obxectivo de presionar as grandes marcas para que deixen de usar esta técnica e  para que indemnicen os traballadores afectados.

 

imagen

Aquí deixo un vídeo:

http://www.antena3.com/noticias/ciencia/elaboracion-vaqueros-desgastados-cuesta-decenas-vidas-cada-ano_2011030300007.html#

Autora: Araceli Lores

 

Esta entrada foi publicada en General e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

42 Responses to Vaqueiros: moda mortal

  1. laracores.aso.1b di:

    Non imaxinaba de ningunha maneira que a fabricación duns pantalón vaqueiros podería ser tan perxudial para quen os fabrica, a silicosis é unha enfermidade moi grave e, polo momento, irreversible.

    A silicose é unha enfermidade fibrósica-pulmonar debido á inalación de compostos químicos que conteñen “sílice cristalina”, o cal non é tan difícil de atopar xa que non so se da na fabricación de vaqueiros descastados, se non tamén en traballos de remoción de pintura, de limpeza abrasiva de pontes, tuberías e superficies pintadas, na tritura de mortero, aplastando, cargando, transportando, astillando, martillando ou perforando rochas, picar ou martillar mampostería, na demolición de estructuras de hormigón, na perforación con martillo de diversos materiais…

    Os principias síntomas son as dificultades á hora de respirar, a forte tos e a debilidade física, pero é difícil de detectar porque non aparece nas primeiras etapas, se non que non se soe facer presente durante os primeiros 15 ou 20 anos despois de estar exposto.
    As capacidades do noso corpo para combatir estas infeccións vense anuladas pola sílice nos pulmóns, o que fai que podamos ser tamén vítimas doutras enfermedades moi graves como a tuberculose, que poden causar febres, pérdidas de peso, sudores nocturnos, dolores no peito, insuficiencia respiratoria…
    Desgraciadamente, na maioría dos casos a sílice acaba causando a morte.

    Despois de descubrir tódalos problemas que isto causa, declárome abertamente en contra do uso deste producto na elaboración de roupas

  2. estelachaves.aso.1a di:

    Os problemas que están sufrindo as persoas afectas ó estar expostas a este producto, débense á socedade dos países desenvolvidos, xa que as persoas, co seu afán de querer ir á moda, levan este tipo de pantalóns raídos. Para que a venda dos pantalóns sexa asequible a todas as persoas e a empresa encargada de fabricalos recaude un beneficio, translada a fabricación a países subdesenvolvidos, onde a utilización desta técnica, que resulta máis barata, está permitida.
    Todo isto fainos reflexionar sobre unhas características que se están dando cada vez nesta inestable sociedade, que é a “a moda” e a tendencia que teñen as persoas en vestir prácticamente cos mesmos productos. Por mor disto, pérdese a diversidade, tanto en gustos como en apariencia, que antes había, onde as tendas que máis se enriquecen a conta disto son as multinacionais, sendo isto a fin dos pequenos comercios.

  3. mariamcosta.aso.1b di:

    Desde logo, cousas como ésta son as que nos fan darnos conta do abuso que comenten as grandes empresas en países como os arriba mencionados. É unha barbaridade qe haxa xente que poida morrer para que nós podamos mercar uns vaqueiros con aspecto desgastado. Esta ténica debería, sen dúbida, ser prohibida en todo o mundo.
    Eu tamén de claro en contra desta técnica, xa que non podemos permitir que os traballadores destas industrias enfermen e ata morran por causa dunha moda.

  4. martinblanco.aso.1a di:

    Este tipo de cousas deben ser erradicadas, onde o diñeiro vai por diante da saúde de decenas de persoas. Son moitas as industrias e comercios onde explotan e someten a cousas perigosas aos seus traballadores, ademais, pagándolles moi pouco polo seu esforzo. O poder económico cega a moitas persoas é provoca moitas catástrofes cada día.
    Espero que esta actividade, e moitas outras que son perigosas para a vida de alguén, sexan prohibidas en todo o mundo. E posiblemente, traballando por buscalo, poderiase encontrar algunha posibilidade de crear este efecto nas prendas, pero con outra técnica…

  5. martincabal.aso.1b di:

    Este problema non é tan difícil de erradicar, a mais rápida seria deixar de usar ditos pantalóns, pero se os mozos non poden vivir sen eles, podense facer maquinas mellor deseñadas para este traballo.
    O que me parece incrible e que non se deixe de usar esta técnica que estropea vidas a partir de xa, unha cousa tan estúpida e anormal como desgastar os pantalóns por moda solo se lle ocorre a humanidade cando non ten nada mellor que facer.

  6. rebecapineiro.aso.1a di:

    E entramos outra vez no debate sobre o consumismo. As grandes empresas prefiren gastar uns céntimos menos en cada pantalón poñendo en perigo vidas de traballadores. O peor é que esta técnica levase utilizando anos e só a longo prazo podemos apreciar as súas consecuencias. Prohíbese en países desenvolvidos, deixando aos subdesenvolvidos utilizala, xa que como seguramente non atopen outro traballo mellor, farano igual sabendo as súas consecuencias. Esta técnica tería que estar prohibida a partir de xa, en tódalas partes do mundo.

  7. paulacnine.aso.1b di:

    E moi einteresante este post, xa que creo que moi poucas persoas coñecían a existencia desta enfermidade e tamén na forma en que se desgastaban os nosos modernos vaqueiros.
    Opino que poderíamos deixar esta tendencia, xa que eses trabaladores estan afectados, deberíase utilizar outra estratexia ou intentar convater estas enfermidades.
    Pero opino que a solucion mais facil e que se deixen de usar e frabricar xa que nos podemos vivir sen eles.

  8. cristinagesc.aso.1a di:

    Eu opino coma Lara cando fala de que nunca puiden imaxinar que a fabricación dunha peza de roupa tan habitual coma uns pantalóns vaqueiros podería ser moi prexudicial para as persoas que o fabrican, pola enfermidade da silicose, que é unha enfermidade respiratoria causada por inhalar o polvo do silice. O silice é un cristal común que se presenta naturalmente. Atópase na maioría dos leitos rochosos e forma polvo durante o traballo coa minería, explotación de canteiras, construcións de túneles e tamén ó traballar con moitos materiais metálicos. O silice é un dos compoñentes pricipais da area.

  9. victorino.aso.1 di:

    A verdade non sabía que para darlle o ton gastado a os pantalóns pois usaron unha técnica perxudicial para a saude. Esta enfermidade non e nova xa que a leban parecendo moitos canteiros ao picar a pedra. Esta técnica o que fixo foi que agora tamén se dea esta enfermidade no sector téxtil.
    Eu creo que esta técnica pronto se vera sustituida porque Inditex, El Corte Inglés, C&A, Levi-Strauss y H&M, entre outras compromentéronse a deixar de vender en todos os seus centros aquelas prendas que levan este proceso e o que van facer e intentar sustituir esta técnica por outra. Pero tamén creo que moitas empresas como este proceso lle salga máis caro pois non o van sustituir xa que asi se verian afectedo o marxe de beneficio. A única maneira de que se deixara de usar esta técnica e que todos os países o prohibiran e non solo nos países desemvolvidos.

  10. laracores.aso.1b di:

    Paréceme que o comentario de Martín é un pouco esaxerado, en Europa xa é totalmente ilegal esta forma de elaborar vaqueiros, pero inda así se segue a practicar noutros países por motivos de costo. A solución non sería deixar de fabricalos senón utilizar outros métodos que conseguen os mesmos efectos, que os hai.
    Esta enfermidade non aparece de forma inmediata, polo que é posible que sexa agora cando se están a dar conta dos seus efectos, é, inda que xa é imposible remediar os danos causados, están deixando de usar estes métodos xa que as empresas como inditex (zara, bershka…) e moitas outras marcas xa informaron de que deixarían de facer estas prácticas de maneira inmediata.
    Ademais añadir que como puxen no meu comentario anterior, esta non é a única causa pola que podemos respirar o sílice.

  11. lourdesfarina.aso.1b di:

    Aínda que nos países de Europa se prohibiu este tipo de métodos, hai que recordar que grandes marcas como é o caso Vivarte, Inditex ou h&m importan as súas prendas da China ou India.
    O que máis me sorprende é a enfermidade, que é propia dos mineiros onde tardan vinte anos en desenvolvela fronte a estes traballadores do sector téxtil que só tardan aproximadamente seis meses.
    Ademais, eu creo que neses países as condicións laborais son moi pésimas. Non creo que utilicen mascarillas e moito menos que as fabricas estén totalmente equipadas. como debería ser.

  12. martincabal.aso.1b di:

    Para min é tan fácil como deixar de usar estes pantalóns que ao fin e ao cabo non aportan nada novo.
    Xa sei que en Europa esta prohibido, pero eso non ten apenas importancia, onde se fabrican os pantalóns son outros lugares mais pobres.
    En canto ao de inditex probablemente sexa unha estratexia para quedar ben e facerse publicidade gratuíta.

  13. laracores.aso.1b di:

    Pode que sexa unha estratexia, pero se o importante é que o fagan, sexa polas causas que sexa a xente que está sendo afectada por respirar este composto deixara de estalo.

    Tendo en conta que hai outras formas nada tóxicas de conseguir o mesmo efecto, non creo que se teña que deixar ese tipo de pantalóns, outra cousa sería que non houbese forma, pero habéndoa non encontro o problema.

  14. arantxaleiro.aso.1b di:

    Paréceme unha noticia impactante,xa que eu nunca oin que na producion de pantalóns da moda provocaran enfermidades e menos persoas que morrensen.
    Eun creo que se eses traballadores fan este tipo de pantalóns e polo beneficio que eles teñan porque sabe o que esta de moda e o que non e o que a xente comprara máis.

  15. aracelilores.aso.1b di:

    Algunhas multinacionais demandan vaqueiros tratados mediante sandblasting, porque din que en comparación con outras técnicas esta ten un desgastado máis preciso, xa que o chorro de area permite tratar partes concretas da tela que non se poden conseguir con outras técnicas, como a técnica lavado a pedra que seica o seu efecto de desgaste é máis homoxéneo.

    Ademais o sandblasting é un proceso moi barato, xa que a area rica en sílice non é cara e a súa aplicación manual resulta unha técnica simple.

    Eu opino que cando se trata da saúde, e que esta técnica resulta tan prexudicial, como para provocar a morte e enfermidade de tantos traballadores debíanse tomar as cousas máis en serio e prohibirse radicalmente esta técnica. Paréceme vergonzoso que “por ir a a moda”, teña que morrer xente; non se teñen que suprimir os vaqueiros desgastados hai outras técnicas que ainda que non dean ese “desgastado tan preciso”, polo menos non afectan a saúde dos seus traballadores. É en canto que o sandblasting sexa a técnica máis barata, creo que o diñeiro non debería de ser un propósito para usar esta técnica, porque moitos destes vaqueiros de estilo desgastado véndense a prezos moi altos, chegando incluso a triplicar o seu valor; e a parte de iso que provocando a morte de persoas, sae cara, porque una persoa ten máis valor que un simple vaqueiro desgastado.

  16. sofiaoliveira.aso.1b di:

    Quedo totalmente sorprendida ao coñecer esta información, xa que nunca pensei que este efecto desgastado se conseguiría de tal maneira.
    Estou dacordo coas miñas compañeiras Lara e Araceli en afirmar que non é necesario eliminar do mercado este tipo de produto, pero si en cambiar de maneira inminente a maneira de conseguilo, xa que, se xa me parecía unha barbaridade a produción da roupa nos países subdesenvolvidos explotando aos maiores e nenos por un soldo miserento, esto, sobrepasa o “normal”.
    Sen dúbida, cando vaia mercar un pantalón vaqueiro, pensareino dúas veces en querer que sexa desgastado ou non.

  17. damianlores.aso.1a di:

    A min sorprendeume que a silicose unha enfermidade típica dos mineiros tarden uns vinte anos en desenrolar a enfermidade, pero que moitos dos traballadores que están expostos ao “sandblasting” caen enfermos en só seis meses. Seria mellor que utilizaran outras técnicas que non foran tan perxudiciais para a saude dos traballadores.

  18. martincabal.aso.1b di:

    Nin creo que fose necesario cambiar o sistema, con unha mellora no equipo de protección dos obreiros quizás se acabaría co problema.

  19. noeliafv.aso.1b di:

    Pareceme un dato moi interesante o que nos aporta a nosa compañeira Araceli. Nunca cheguei a pensar que a fabricación duns simples pantalos puidese chegar a provocar a morte de alguén. Esto dacordo co meu compañeiro Martín, eu penso que bastaria con mellorar a protección…

  20. cristinag.aso.1a di:

    Creo que se só melloramos o equipo de seguridade non seria suficiente xa que moitas veces non están dispostos a pagar un mellor equipo porque non lles importa a vida dos empregados senón que lles importa gañar mais. Creo que o mais correcto sería baixar a demanda dos pantalóns gastados.

  21. karinamendez.aso.1b di:

    Non sabía que morría xente ó fabricaren pantalóns vaqueiros gastados pero penso que a moda poderiase cambiar. Se se deixa de fabricar os pantalons gastados e se fabricaran pantalóns normais, a moda cambiaría. Así poderiamos evitar que morresen mais traballadores.

  22. mariacmaq.aso.1a di:

    Esta noticia e realmente sorprendente nunca imaxenei que a fabricación duns simples pantalóns (gastados) desencadearan tan graves consecuencias para os seus fabricantes. O máis sorprendete é o abuso que fan estas grandes empresas sobre os seus empregados sabendo que expoñen as vidas de estes, e sen importarlle o máis mínimo, seguramente estes empregados son de baixa clase social con poucos recursos para vivir, e con poder gañar algo para manter as súas familias non miran os perigos os que se expoñen.

  23. sandragarcia.aso.1b di:

    É incríble como unha técnica para conseguir pantalóns desgastados pode custar a vida dos traballadores que a realizan, e tan só por vender prendas de moda.
    As modas fannos vestir segundo o que as mesmas dicten, sen ter nada máis en conta.
    Pero como moitos dos meus compañeiros din, non creo que sexa necesario eliminar este tipo de pantalóns do mercado, senón cambiar a forma de producilos, ou establecer normas e condicións de seguridade que protexan ós traballadores.

  24. noeliavazquez.aso.1a di:

    Esta noticia impresioume moito xa que nunca pensei que producir uns simples pantalóns puduidese producir unha enfermidade tan grave como a silicose.
    Estou totalmente de acordo con Martín cando di que simplemente mellorando o equipo de proteción podería solucionarse este problema.

  25. samuelmarino.aso.1a di:

    En Europa o sandblasting non se usa dende os anos 90, pero precisamente son os países europeos os principais clientes destes vaqueiros. Tamén se prohibiu en Turquía en 2009, así que a súa producción aumentou en outros países como Bangladesh, China, Pakistán, India ou Siria.
    As empresas coñecen as consecuencias do sandblasting pero moitas delas prefiren facer oídos xordos. Como o caso de Pepe Jeans, Armani ou Diesel, que non fixeron nada para eliminar o sandblasting da súa cadena de confeción.

  26. rafaelgondar.aso.1b di:

    Eu nunca pensara en que fabricar uns pantalóns destes causara tantas mortes e enfermidades, eu penso igual que o meu compañeiro Martín.

  27. malenasineiro.aso.1b di:

    A moda é a culpable de moitas mortes e non só por este tipo de técnicas, por culpa da moda tamén existen moitas enfermidades coma a anorexia ou a bulimia. Queda moi claro que é inhumano que se fabriquen este tipo de prendas a partir de este método de desgaste pero o único que podemos facer nós é non mercar este tipo de prendas procedentes dos países xa mencionados, aínda que teñan un custo maior, estades dispostos a pagar máis polos vosos vaqueros? moita xente non e seguramente moitos de nós seguiremos mercando este tipo de roupa. O mundo está cargado de inxustizas e ésta é só unha máis de tantas.

  28. mariacgarcia.aso.1a di:

    Esta noticia é moi importante xa que como no meu caso moitas persoas non saben que producir uns simples vaqueiros pode causar unha enfermidade como esta e esta noticia esta ben xa que asi as persoas podense enterar disto.Creo que teríamos que facer todo o posible para resolver este problema.

  29. aracelilores.aso.1b di:

    Acabo de encontrar una información que pode acabar co sandblasting, pois unha empresa valenciana inventou unha lavadora ecolóxica chamada “eco-lavadora G2”, que usando unha técnica de láser destiñe os vaqueiros de forma rápida e segura, co que se evitará, que dous millóns de traballadores corran o resgo de sufrir silicoses. Úsase xa no 12% de produción de vaqueiros.

    Aparte esta lavadora ten moitos beneficios; non usa auga nin deterxentes, nin produtos químicos, e ten unha mellorada eficiencia enerxética, que aforra mais de un 60% de consumo por prenda.

    O directivo asegura que si todas as fábricas de vaqueiros e camisetas de tipo desgastado usaran a súa máquina, aforrariamos uns 4.500 millóns de kilovatios/hora o ano, para que vos fagades unha idea equivale o que consume España en 8 meses.

  30. lorenabuceta.aso.1b di:

    Seguramente os individuos que contratan a esas persoas,que traballan na tecnica de desgastar pantalón (a saber en que condicións),saben perfectamente, que é perxudicial para a súa saude pero non están dispostos a facilitarlles un equipamento de protección en regra, nin moito menos comprar maquinaria, para non perder beneficios.
    Pareceme unha gran idea que algunhas industrias textís colaboren para que, polo menos, se frabiquen en menos cantidade, sexa pola razón que sexa.

  31. xmiguelcastro.aso.1b di:

    Na miña opinión concordo con martincabal,en que o mellor sería mellorar a protección dos obreiros,xa que seguramente non estarán expostos só aos perigos do sandblasting,senón que a outro tipo de perigos propiciados pola opulencia da grande empresa,que o único que pretende e obter beneficio aproveitandose da situación da poboación deses países.
    E en referente ao sandblasting,sinceramente pareceme vergonzoso,que morran persoas,para que en occidente poidamos vestir os pantalóns gastados.
    Se se queren levar gastados os pantalóns a cachar a eira e pronto collen o color ese do sandblasting.

  32. noeliadozo.aso.1a di:

    A lavadora da que fala Araceli, emprega unha nova tecnoloxía denominada G2 que simula o lavado cunha pedra ( a pómez).
    Transforma o aire da atmósfera nun plasma de gases que emprega para lavar e finalmente volve a convertir en osíxeno.

    Pero aínda que haxa un avance no método do sandblasting dame que non é a solución ao problema, seguro que os traballadores afectados dos ( e os que o estarán) dos países menos desenvolvidos seguirán a padecer o problema por máis anos.

  33. martincabal.aso.1b di:

    Xesús ten razón.
    Que moda é esa que acaba ou dana vidas de seres vivos?
    A verdade e que non se necesitan os ditos pantalóns para nada, fai uns anos desgraciadamente ter os pantalóns gastados non era igual a moda, hoxe que todos podemos levalos pantalóns normais gastámolos aposta … maña a moda será levalos remendados con 20 parches de cores..
    E non importa dicir, bueno agora xa non os fabrican con este método (aínda se sigue co sandblasting), ,porque cada un de vos que leva un pantalón gastado, foi culpable en parte desta moda, pola que morreron varias persoas.

  34. lorenabuceta.aso.1b di:

    Non estou dacordo con Martín porque, se o lado da estantería onde expoñen os vaqueiros puxese: “se compra estes pantalóns morrerá a persoa que o desgastou, grazas a vostede!” seguramente moita xente non os mercaría, e entre esas persoas eu, xa que non tiña nin idea de cómo, nin en qué condicións se facía.

  35. xmiguelcastro.aso.1b di:

    Grazas a martincabal por mostrarme o seu apoio ante a miña opinón,pero no último comentario que escribiu na miña opinión non estivo acertado cando dixo que somos culpables.Esa é unha acusación moi forte,e seguro que de todos os que mercamos estes pantalóns non tiñamos constancia do método usado para a súa elaboración.
    Volvo recalcar en que a culpa e dos dirixentes que permiten eses abuso,e distribúen o producto lanzando eslogans publicitarios de maneira insistente para que merquemos ese producto,sen tan sequera imaxinarnos do perigo que conlevou facer o pantalón,que por outra banda,se o producto é coma os de certa multinacional galega,aos dous lavados xa encolle.

  36. manuelsomoza.aso.1a di:

    Paréceme outra das mostras do que produce as ansias das grandes empresas por conseguir o maior beneficio sen importar as cosecuencias.

    A silicose pode producir síntomas como: Tose, fatiga,taquipnea, perda de apetito e perda de peso, dolor de peito, fiebre, gradual oscurecemento das uñas, que pode chegar á ruptura destas.
    Cando a enfermidade xa é moi grave pode cehgar a producir: cianose (pel azulada), cor pulmonale (Insuficiencia cardiaca) e insuficiencia respiratoria.

  37. laurareguera.aso.1b di:

    Pareceme sorprendente como unha prenda de roupa que coma quen di a maioría da xente utiliza todos os dias pode ser mortal. A pesar de ser unha enfermidade que non se pode curar a silicose podese tratar. O principal e apartarse da fonte de exposicion, seguido de antitusíxenos, brondilatadores e osíxeno, todo isto para sanear os pulmons. Tamén se prescriben antibióticos para posibles infeccions respiratorias.

  38. martincabal.aso.1b di:

    Lorena e Jesús que ao lado da estanteria non poña “se compra estes pantalóns morrerá a persoa que o desgastou, grazas a vostede!” non quere dicir que ti non sexas un/unha culpable indirecto desto, ti es demandante dun producto que perxudica os traballadores que o producen, sáibalo ou non.
    Jesús ti dis que é culpa das multinacionais, simplemente che respondo a esto dicíndoche que vaias a un mercadillo, estou convencido que algún atoparas

  39. lorenabuceta.aso.1b di:

    Si eu son demendante ou non Martín, non quere decir que sexa culpable directa porque son demandante dos vaqueiros desgastados, independentemente de cómo se leve a cabo dito desgaste.

  40. silviagarcia.aso.1b di:

    Os culpables somos todos, tanto a persoa que ten aí milleiros de persoas traballando a cambio de que?o mellor a cambio dun salario pero sacrificandose moito, para que nos esteamos a moda…deberían cambiar o material este por outro…o importante e ter que vestir…pero non a este prezo

  41. fatimafuentes.aso.1a di:

    A min paréceme difícil de crer que a vida dos traballadores lles importe tan pouco, como para non tomar outro tipo de medidas e realizar o proceso con outros métodos. Ademáis, o peor, é que isto non ocorrerá soamente cos vaqueiros, para que semellen desgastados, senón que é un exemplo do que sucede en moitas fábricas. Concretamente neste caso, está claro que deberían escoller outras opcións para realizar o traballo e, por suposto, prohibir este tipo de procedementos en tódalas partes.

  42. martincabal.aso.1b di:

    Concordo con silvia na frase”Os culpables somos todos”
    Lorena eu non dixen directa dixen indirecta,claro que non tes culpa de que se fagan por ese método, pero eso non quere dicir que non sexas unha culpable indirecta da producción deses bens.