Convivindo

imagen

Personalmente considero a simbiose na natureza un fenómeno moi interesante e tamén descoñecido por moita xente. A simbiose dase cando dúas especies diferentes “cooperan” mutuamente para obter beneficios, coma alimento ou protección. Pero existen outro tipo de relación entre  especies coma o mutualismo (as dúas especies acadan beneficios) ou parasitismo (tan só unha especie se beneficia “aproveitándose” da outra).

O parasitismo amplía a capacidade de supervivencia dunha especie utilizando a outras para cubrir as súas necesidades básicas. É un método de vida moi cruel e duro. Os parasitos clasifícanse en endoparásitos (residen dentro do hóspede) e ectoparásitos (que residen fora). En ocasións os parasitos poden á súa vez ser hóspedes doutros parasitos, chamados hiperparásitos (por exemplo, os ácaros que viven nos mosquitos son hiperparásitos).

imagen

Na imaxe vemos unha nai peitorroibo alimentando a unha cría de cuco. Esto débese a que o cuco é un parasito: a nai cuco pon un único ovo no niño doutra ave e tira fora un ovo do niño, despois abandónao á súa sorte. A cría do cuco nace e crece máis rápido que as do hóspede, e cando estas nacen mátaas para eliminar a competencia. Así asegura a súa supervivencia. Pode parecer cruel e inxusto, pero é lei de vida.

No seguinte vídeo vemos un tipo de verme alonxado no interior do tubo dixestivo dun caracol.

 

O verme ocupa os ollos do caracol, facéndoo moi chamativo para atraer aos paxaros, que mentres comen ao caracol tamén comen ao parasito. No interior do paxaro o verme crece e reprodúcese, para finalmente saír ao exterior nos excrementos,  dos cales se alimentan os caracois, e así se completa o ciclo. Este verme non é o único parasito que “incita ao suicidio”, pois hainos que viven dentro de insectos e manipúlanos de maneira que se somerxan na auga cando o corpo deste se lle queda pequeno.

Pero non todas as relacións entre diferentes especies son tan crueis. O mutualismo busca a satisfacción das necesidades básicas entre dúas especies diferentes, pero neste caso experimentan unha relación “cooperativa”.  Vexamos algúns exemplos: Na foto de arriba aparece unha gamba limpando os restos da boca dunha morena. A dieta das morenas constitúese a base de gambas, mais as cores chamativas desta indícanlle á morena que é unha gamba limpadora. Outro exemplo atopámolo nos búfagos, uns paxaros da sabana africana que  desparasitan aos grandes mamíferos.  Deste xeito acadan alimento, pero en ocasións “fan trampa”: pican as feridas dos hóspedes e beben o seu sangue.

 

Autor: Miguel Palacios

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, selección natural e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

20 Responses to Convivindo

  1. silviagarcia.aso.1b di:

    Paréceme moi raro este post, nunca oíra falar deste tema, nin nunca vira algo asi, paréceme moi raro o do caracol zombie, non pensei que despois de ser comido se puidese reproducir.

  2. sarabetanzos.aso.1b di:

    Paréceme un post moi interesante, que fala sobre fenómenos realmente incribles da natureza.
    Gustaríame aportar que nalgúns casos do parasitismo, pódese considerar o primeiro estadio dun proceso continuo que conducirá ao mutualismo.

  3. laracores.aso.1b di:

    Moitos parasitos afectan directamente ao ser humán. Cabe destacar o caso da solitaria ou tenia. A solitaria é un parasito que vive no intestino delgado dos humáns e mide arredor de 3 ou 4 metros de lonxitude, aínda que a máis grande atopada medía 18’11 metros.
    Este parasito é un verme chan de cor amarelo que se instala no intestino delgado dos seres humáns e come os alimentos que o hósped inxire. Esto produce que o hósped non se alimente ben, pois o seu intestino non absorve os nutrintes dos alimentos que come, e se non se colle a tempo, produce a morte.
    Déronse casos de persoas anoréxicas que inxerían conscientemente solitarias para evitar engordar.

  4. eloyrdaporta.aso.1a di:

    O que me máis me chamou a atención deste post é o parasitivismo que sofren os caracois, xa que este parásito obligaos a saír o Sol e poñerse en perigo, no cal algúns caracois morren o estar sometidos tanto tempo debaixo do Sol. O contraer este parásito, os caracois xa coezan a comportarse dun modo estrano, non soen comer, desplazase demasiado e comezan a buscar depredadores, como neste caso os páxaros.
    A convivecia por mutualismo é a máis común entre os animais coma no caso de desparasitación que se di aquí.

  5. noeliadozo.aso.1a di:

    Como ben di Lara, o parasitismo tamén afecta aos seres humanos. Outro exemplo son as lombrigas intestinais, que poden chegar a medir uns 8 m,(ocupando así todo o noso intestino).
    Aínda que se pode dar en persoas de tódalas idades soe aparecer en nenos, que teñen unha falta de hixiene na súa alimentación. Son moitos os do terceiro mundo que conteñen parásitos no seu organismo.

  6. lorenabuceta.aso.1b di:

    A simbiose na natureza te gran importancia. Por exempolo,si un mira no seu xardín os simbiontes quizáis non sexan obvios pero están omnipresentes. O trébol e a vicia, dúas herbas comúns, teñen boliñas nas súas raíces. Son bacterias fixadoras de nitróxeno esenciais para o seu san crecemento nos solos pobres neste elemento. Tamén os árboles, o arce, o roble e o nogal americano; entretexidos nas suas raíces hay sobre trescentos hongos simbiontes diferentes: as micorrizas que nos podemos observar en forma de setas. Ou contemplemos un can, normalmente incapaz de percatarse dos gusanos simbióticos que viven nos seus intestinos.

  7. cristinagesc.aso.1a di:

    A vida dos caracois varía dunha especie a outra. No seu hábitat natural, os caracois “Achatinidae” viven ó redor de cinco e sete anos e os caracois “Helix” poden vivir como moito tres anos. Os caracois mazá acuáticos viven só un e a maior parte das mortes son debidas a depredadores e parasitos. Tamén, en ocasións, os caracois teñen chegado a vivir ó redor de trinta anos.

  8. malenasineiro.aso.1b di:

    Dende logo é un post interesante, os parásitos viven no mundo dende moitos anos antes cá nosa existencia. Están por todas partes, moitas das especies de parásitos son microscópicas e conviven tamén con nós non só cos animais. Un bo exemplo desto é o ácaro que moitas veces encóntrase nos colchóns das nosas camas, non vos alarmedes xa que este tipo de parásito é indefenso e aliméntase da pel morta que perdemos ao dormir. Dende o meu punto de vista non se trata de que os ácaros sexan unha ameaza, forman parte tamén do ciclo alimenticio e seguramente sen eles moitas especies animais se extinguirían.

  9. micaelgarcia.aso.1a di:

    O ser humano tamén mantén unha relación de simbiose moi importante, a nosa flora intestinal está formada por millóns de bacterias que habitan no noso indestino. O papel da flora intestinal é moi importante para a nosa vida xa que axudan a absorción de nutrientes. Outros animais como as vacas non poderían vivir sen estás bacterias, dado que sen elas non poderían dixerir a celulosa, e no mesmo caso están as termitas coa madeira.

  10. rebecapineiro.aso.1a di:

    Algúns ectoparásitos teñen mecanismos e estratexias para atopar organismos hospedadores. Por exemplo, algunhas sambesugas (sanguijuelas) acuáticas localizan organismos con sensores de movemento e confirman a súa identidade rexistrando as substancias químicas antes de fixarse na súa pel.
    É moi común que os organismos hóspedes tamén desenvolverán mecanismos de defensa. As plantas a menudo producen toxinas que desalientan aos fungos parasitos e a bacterias.

    O sistema inmunitario dos vertebrados pode ser o obxectivo da mayoría dos parasitos a través do contacto con fluidos corporales. Moitos parasitos adaptáronse evolutivamente a especies hóspedes concretas.

  11. martincabal.aso.1b di:

    A simbiose está en case todos grupos e reinos da natureza e dase de maneiras moi variadas.
    Un exemplo de simbiose de comensalismo é a que se establece entre as quenlla e a rémora . O peixe rémora ten unha aleta transformada en ventosa, coa que se pega ao corpo da quenlla.
    De este modo a rémora desprazase xunto a quenlla alimentándose dos restos de comida que a esta lle caen.

  12. estelachaves.aso.1a di:

    Estas relacións de simbiose e paralelismo, son moi comúns incluso dentro do ambiente dos seres humanos. Existe una enfermidade, denominada “ascariasis”, que é causada por un parásito que alonxa no intestino: o “ascaris”. Os ascaris son o tipo de lombriga máis grande que podemos encontrar no intestino, chegando as femias a medir 35 cm. Para que un humano albergue este tipo de parásito, ten que inxerir un ovo fertilizado. A partir desto, os ovos eclosionan no interior do noso corpo e invaden a mucosa intestinal, chegando logo ós pulmóns. A partir de aquí, pasan ós alveolos, ó árbol branquial e por último pasan pola garganta ata volver a chegar ó intestino. No intestino delgado, alónxanse as lombrigas xa adultas, que poden vivir entre un e dous anos.
    Unha persoa infectada por este parásito presenta dolor abdominal, fiebre, vómitos… Este tipo de lombrigas recoñécense a simple vista cando son expulsadas polas heces.

  13. paulacnine.aso.1b di:

    Este é moi curioso, pero é verdade moitos parásitos poden afectar o ser humano.
    Pero chama moito a atención o parasitivismo que sofren os caracois,este parásito obligaos a saír o Sol e poñerse en perigo, no cal algúns caracois morren o estar sometidos tanto tempo debaixo do Sol.

  14. lourdesfarina.aso.1b di:

    Un exemplo de simbiose ocorre coa Anémona e o peixe ¨paiaso¨ .
    Viven conxuntamente, a anémona teóricamente é unha especie depredadora e obtén una protección fronte os posibles atacantes. A cambio, o peixe paiaso ofrece a posibilidade de inxerir as substancias perxudiciais para a anémona.

  15. rebecapineiro.aso.1a di:

    O parasitismo conleva un intercambio de substancias, que provocan no hospedador unha resposta inmunitaria. O parasito ten que vencer a acción do sistema inmune do hospedador para ter éxito.
    Un recurso de inmunoevasión para o parasito é formar antíxenos que se parezan aos do hóspede. Outro é o de adherir antíxenos do hospedador á superficie externa do corpo do parasito. Tamén poden ir variando constante e rápidamente as súas proteínas de superficie, así os anticorpos producidos polo hóspede non o poden recoñecer, xa que o hospedador invadido non reconoce ó parasito como invasor.
    Casi tódolos grupos importantes de animais teñen algunhas especies parásitas.

  16. lourdesfarina.aso.1b di:

    Vendo un documental de natureza, recordin algo que pode servir para este post. Un tipo de hongo parasito que ten un ciclo biolóxico bastante curioso. Parasita a formigas e aféctalles ao sistema nervioso provocándolles un extrano comportamento que fai que os demais membros da colonia a excluyan xa que si chega a introducirse no formigueiro afectaríaas. Un dos efectos do parasito é que a formiga suba ata o máis alto da herba e que morda a folla quedando anclada a ela, tempo despois, da cabeza da formiga empeza a crecer a estructura do hongo que porta as esporas, que a formiga este no máis alto da folla favorece a súa dispersión.
    Este mesmo tipo de ciclo biolóxico preséntano diversas especies de hongos parásitos que utilizan hospedadores a distintos tipos de insectos.
    Teñen un importante papel no ecosistema xa que controlan que as poboacións das distintas especies non crezan escesivamente

  17. micaelgarcia.aso.1a di:

    Un dos parasito máis escalofriantes do mundo é o Candiru, é un peixe que vive no rio Amazonas, normalmente parasita a outros peixe meténdose nas súas branquias,dañandoas e bebéndose o sangue. Pero tamén ten como costume introducirse pola uretra de animais maiores como os seres humanos, unha vez que se introduce , só se pode extraer mediante medios cirúrxico, xa que o séa corpo está provisto duns ganchos cos que se agarra a vítima e que provocan desagárraos se tira do peixe. Este peixe pode provocar a morte cando produce Hemorraxias internas demasiado grandes.
    Algúns investigadores cando se teñen que introducir no rio usan presevativos para protexerse do ataque do Candiru.

  18. mariajblanco.aso.1a di:

    Este post pareceme moi interesante porque da datos que podian non ser coñecidos por todos.

    Existe un mutualismo entre o Peixe Paiaso e os corais, no que os peixes encarganse da limpeza dos corais e os corais a cambio dalle refuxio a os peixes dos seus depredadores.

  19. elisaduran.aso.1a di:

    Eu opino que o mutualismo chega a casos extremos en ocasións, ata chegar a atoparse unha tenia solita(parasito intestinal máis común en seres humanos) de ata 18 metros de longo.

  20. manuelsomoza.aso.1a di:

    É unha boa forma de demostrar que a cooperacción é moi beneficiosa na vida xa que na simbiose, para os simbiontes é moito máis doado coseguir protección, axuda, etc. coa axuda doutro simbionte que por eles mesmos.
    Un exemplo de simbiose mutua é: entre un peixe paiaso que nada entre os tentáculos dunha anémona. Ese peixe protexe o seu territorio doutros peixes comedores da anémona e a cambio os tentáculos da anémona protexeo doutros depredadores.
    Por desgraza a nosa sociedade está nunha pensamento moi individualista e opina que é mellor facer as cousas individualmente que en grupo.