8,9 grados na escala Richter

O pasado 11 de marzo as 6.46 da maña (hora española) rexistrouse no Océano Pacífico un terremoto que acadouou 8,9 grados na escala Richter. Este forte movemento sísmico tivo o seu epicentro a 100 Km  da costa de  Xapón.

imagen

O terremoto de tal magnitude non provocou  danos directos importantes sobre a nación Xaponesa, xa que pola súa cercania a zonas de subdución, este pais ten os seus edificios especialmente deseñados para soportar os movementos sísmicos, pero  o tsunami que se orixinou a consecuencia do sismo foi devastador. Porque os movementos de terra non son a única consecuencia deste acontecemento xeolóxico dado que o epicentro, situado no medio do océano, desatou un tsunami con ondas de ata 10 m que penetraron 5 Km terra a dentro, arrasando todo o que se encontraba no seu camiño. As victimas do tsunami xa se contan por centos. Ademais da cantidade de mortos, hai unha grande cantidade de persoas desaparecidas, e as ondas arrastraron barcos terra a dentro e témese que dous trens tamén fosen arrastrados.

 De momento contabilízanse máis de 2000 vivendas destruídas e máis de catro millóns de fogares non dispoñen de electricidade. En  zonas anegadas pola auga moitos xaponeses permanecen nos teitos das súas casas esperando a que os rescaten. Ademais dos grandísimos danos provocados pola auga tamén se produciron incendios en vivendas e instalacións industriais,  pola destrución de instalacións eléctricas e de conductos para o transporte de gases inflamables.

 

imagen

 Temese que pola expansión do tsunami polo Pacifico outros países costeiros como Taiwán, Rusia, Indonesia, Papúa Nueva Guinea, Hawai… poidan sufrir danos.

 

imagen

A Unión Europea e países como Estados Unidos xa se ofreceron a axudar a Xapón en labores de rescate e reconstrución.

Polo momento o terremoto provocou no Xapón unhas imaxes moi impactantes…

Autor: Micael García

Esta entrada foi publicada en Catastrofes naturais, Tectónica de Placas e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.