Atracóns de alcol

O alcolismo é a consecuencia do consumo abusivo do alcol e produce unha dependencia física tan importante que o organismo non é capaz de vivir sen el. En caso de non tomalo, a persoa entra nun delirio, chamado “delirium tremens“, onde se producen alucinacións nas que a persoa ve monstros , bichos que percorren todo o seu corpo ou que están no seu cuarto e, en casos graves, a persoa pode chegar a morrer, polo que compre a atención médica no caso de que unha persoa con adicción deixe o alcol. Unha vez que o deixa, con axuda imprescindible da familia, a persoa será sempre un enfermo alcólico; isto quere dicir que non poderá probar nunca máis o alcol, pois de facelo  caería de novo na bebida.


Autora: Tania González

Esta entrada foi publicada en Medicina e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

33 Responses to Atracóns de alcol

  1. noeliavazquez.aso.1a di:

    Como ben dixo Tania ,o alcolismo, e bastante destructivo xa que produce unha dependencia posto que o alcol ven sendo unha droga mais,ainda que tomado con moderación non prexudica moito o noso organismo.
    Esta enfermidade é moi dura xa que os pacientes tardan moito en recoñecer que están enfermos.
    Unha gran vantaxe e que hoxe en día contamos con moitas clinicas especializadas unicamente no alcolismo, co fin de tratar esta enfermidade, ainda que como dixo Tania, sempre serás un enfermo alcólico posto que se probas só por unha vez o alcol podes volver a recaer.

  2. victor di:

    De todos xeitos, vivimos nunha cultura onde as bebidas alcólicas xogan un papel importante, tanto social como economicamente. Pero o alcol é unha substancia que pode ser moi prexudicial para a saúde. Somos unha sociedade coherente con respecto ao consumo de alcol?

  3. cristinagesc.aso.1a di:

    Os tratamentos contra o alcolismo inclúen programas de desintoxicación realizados por institucións médicas. Esto pode supoñer a estancia do paciente durante un periodo indeterminado, baixo o control en hospitais especializados donde pode que se utilicen determinados medicamentos para evitar a síndrome de abstinencia que é o conxunto de reaccións físicas ou corporais que ocorren cando unha pesoa con adición a unha substancia deixa de consumila.

  4. victor di:

    Reflexionade sobre o comentario nº 2

  5. paulacnine.aso.1b di:

    Creo que a nosa sociedade non é coherente co consumo do alcol, xa que esta e como unha droga permitida e tamén fai dano igual ca outras que non estan permitidas, e que tamen danan a nosa saúde.
    Opino que ainda que non estivese legalizada o alcol íase consumir igual xa que outras drogas non permitidas se consomen.
    Respecto ao post, creo que estas persoas teñen un grave problema xa que lles vai custar moito deixar de beber, e se non o fan a larga pode que este acabe coa súa vida.

  6. arantxaleiro.aso.1b di:

    O alcol é como o tabaco,penso que na maioría das persoas,unha vez que empezan non son capaces de deixalo e a moitas outras cada vez beben máis ,pero non en todos os casos é así.
    Beber alcol non é unha enfermidade,unha enfermidade é bebelo todos os días,estar enganchado a el.
    Esta claro que non é o mismo beber un cubata que cinco,no vai a producir os mesmos sintomas.Estes sintomas poden ser moi graves.
    Eu penso que unha persoa que esta enganchada non é capaz de deixalo,sería un pouco imposible,porque tarde ou temprano esa persoa volvería a caer na tentación e volvería o mesmo de antes.
    A verdade é que referente ó alcol,nadie se pon en contra,todo o mundo bebe a algo de alcol.

  7. ateneaprado.aso.1b di:

    Eu penso que o consumo de alcol non ten por que ser malo se se bebe en consideración. Ningué poder negar que en calquera tipo de festa o probe, ainda que só sexa para festexar algo. Con respecto a sociedade na que vivimos, penso que non e coherente xa que se vende alcol a nenos demasiado pequenos ainda que as leis o prohíban. Falando deste post, podese dicir que o alcolismo é unha enfermidades moi dura para a persoa que o sufra e tamen moi difícil de superar.

  8. miguel.aso.1b di:

    Eu creo que somos unha sociedade consciente respecto ao consumo de alcohol, pero que ignoramos os seus efectos por completo cegados pola sensación momentanea do colocón, pero que a posteriori acarrea multitude de problemas para o organismo do corpo humano.

  9. tamaralopez.aso.1b di:

    O alcol ten efectos sobre o cerebro e fai variar algunhas das suas funcións(coordinación,memoria…)
    Inxerir alcol de forma continuada e chegar a sobrepasara unha certa cantidade afecta tamén a outros órganos entre os que podemos destacar o riñón,O fígado e o sistema circulatorio.
    Existe unha certa cantidade según o alcol sexa inxerido por unha muller ou un home.
    280g no home; e 168g na muller(non embarazada) se pasan destas cantidades son considerados “bebedores de riesgo”.
    O alcolismo considerase unha enfermidade porque afecta ó equilibrio persoal e o das persoas que rodean ó alcólico.E o alcolismo non e unha enfermidade que se poida curar con medicamentos.

  10. karinamendez.aso.1b di:

    Penso que todos os cidadáns da nosa sociedade probou algunha vez o alcol. Creo que esas persoas as podemos clasificar en tres grupos:

    1º- As persoas que probaron o alcol pero non o volveron a tomar, porque non lles gustou ou por outras causas.

    2º- As persoas que o probaron e que agora o toman os fins de semana ou cando van dar unha volta con compañeiros.

    3º- As persoas que o probaron e se engancharon a el. Non poden deixar de tomalo e é aí cando se producen as enfermidades.

  11. oscaralvarez.aso.1b di:

    O alcolismo é unha enfermidade e, como tal, ten consecuencias negativas sobre a persoa que a padece. Esta adicción ao alcol etílico supón unha necesidade constante de inxerir alcol e aínda que esta enfermidade comeza co consumo reducido de desta substancia o consumo de bebidas alcólicas casualmene non ten por qué supor unha adicción a elas.
    Na actualidade danse numerosos grupos e asociacións capaces de levar a cabo tratamentos que axudarán aos alcólicos a sair desta enfermidade.

  12. migueltrigo.aso.1a di:

    Claro está que calquera cousa en exceso e perxudicial, se ben, como di o noso profesor Isaac, unha cervexa ten propiedades moi positivas, ou tamén unha cunca de viño coa comida, en exceso poden conlevar os efectos descritos anteriormente no post e polos compañeiros. E certo que moitos beben cada vez máis, podendo chegar a suporlles un problema.

  13. lorenabuceta.aso.1b di:

    Na miña opinon, se o alcol fose ilegal ou estivese prohibido a venta ós menores (e se cumprise) moitas persoas non probarían na adolescencia, e polo tanto, non exisirían moitos dos casos de alcolismo que hai no noso país.

    Para min, non é comparable o tabaco co alcol nin moito menos. O tabaco non afecta ó cerebro, e non fai que perdas o equilibrio, a noción do tempo… Creo que bebendo alcol podes acabar mais perxudicado o largo dos anos.

    E por último, hai numerosos casos de pacientes rehabilitados que non vvolveron a caer na adiccción, pero só (a parte do apoio familiar) se o paciente quere e ten unha gran forza de vontade.

  14. estelachaves.aso.1a di:

    Como di Miguel, algunhas bebidas tomadas con moderación poden chegar a ser beneficiosas, pero non nas grandes cantidades que se toman agora nin co tipo de bebida alcólica que hai actualmente. As persoas, sobre todo xóvenes que beben ata emborracharse, fano a base de cubatas e outros tipos de alcois que non traen consigo beneficio algún.
    O alcolismo dase cando unha persoa é víctima do alcol e necesita consumilo diariamente, chegando incluso a estar máis tempo bébedo que normal. Actualmente, a sociedade estáblecese sobre unhas normas que non soen ser as acertadas, pois moitos xóvenes indican que por emborracharse soamente os sábados á noite non pasa nada, pero se esto se converte nunhha rutina, posteriormente pode pasar a ser un vicio.

  15. mariamcosta.aso.1b di:

    O alcol está moi afincado na nosa sociedade. Iso non è malo a nivel dunha copa ou unha cervexa, que incluso pode ter beneficios para a saúde; pero as costumes de emborracharse cada sábado pola noite son tremendamente perxudicias. Sobre todo, ao darse en persoas tan xoves: hoxe en día poden verse rapaces de 12 ou 13 anos consumindo grandes cantidades de alcol, o que é tremendamente prexudicial xa que os corpos aínda se están formando e o alcol pode afectar moito más negativamente.
    En resumo, que os efectos negativos non son xa unha noite de descontrol, mareos ou vómitos, que non vai rematar con ningúen; senón que chegue a ser unha rutina case semanal, o que pode matar un fígado. Isto é realmente alarmante en idades tan temperás, repito.

  16. sandragarcia.aso.1b di:

    Como din os meus compañeiros, o alcol ten os seus beneficios, pero coma todo, en grandes cantidades é perxudicial. Na nosa sociedade o alcol está visto como un elemento case imprescindible para pasalo ben, o que considero unha idea que está moi lonxe da realidade. Ao principio o alcol pode desinhibir ás persoas, pero cando se abusa del, pérdese a conciencia do que se fai, e pode acarrear serios problemas.

  17. micaelgarcia.aso.1a di:

    Como coa maioría dos cousas o problema é o exceso, o igual que outros alimentos como o azucre o alcohol non é malo en pequenas cantidades pero é prexudicial en cantidades elevadas.
    Uns dos problemas é que bebidas alcohólicas dos que os xovenes consumen non están feitas para aportar beneficios, se non que se elaboran coa intención de emborrachar e ser agradables o gusto.
    O cerebro humano chega a madurez entre os 18 e 20 anos, o consumo de alcohol dunha forma considerable por parte dos adolescentes produce danos nun cerebro que aínda esta en crecemento. Ademais a franxa de idade onde estes danos poden ser maiores é dos 13 os 15 anos xusto a idade na que moitos xovenes empezan a beber.
    O alcohol é unha droga, pero só porque a xente quere que o sexa.

  18. martincabal.aso.1b di:

    O problema non é o alcohol, o problema é a reiteración do abuso de este. Os mozos beben pola presión do grupo, que sempre quere parecer mais maior do que é, e créense superiores por este feito ante os rapaces da mesma idade.
    Este tema é algo que me interesa moito, xa que cada fin de semana vexo algún coñecido ou amigo bebendo sen rumbo. A diferencia entre unha persoa que bebe e unha que é alcolica e que: unha necesita un grupo para beber e a outra, atopa en calquera situación un bo momento para facelo.
    Unha vez que tes o status de “bebedor” comeza a gustarche, e xa bebes porque te fai “ser mais aberto”, “pasalo mellor” etc… aquí xa empezas a beber abusando, aínda así os mozos din que bebendo 3 cubatas non están borrachos, ao ano seguinte para sufrir o mesmo efecto necesitas 6, se non sabes parar, cando te das conta de todos estes errores continuos é cando estas nunha clínica de desintoxicación ou nun hospital tratando unha cirrose que te esta matando.

  19. lourdesfarina.aso.1b di:

    Os rapaces sinten que bebendo forman parte dun grupo de persoas máis interesantes e alegres. As primeiras veces que bebes, coma calquera droga, non é algo que che encante. A medida que isto se repite convirtese pouco a pouco nun hábito.
    Normalmente, baixo a miña opinión, son persoas que teñen falta de personalidade e que poñen certas etiquetas ás persoas que beben.
    Ademais estou moi dacordo con Martín onde fala que esta serie de xente dí que o pasa mellor bebendo, tendo ese ¨puntillo¨ que che fai estar contento.
    A medida que pasan os anos todas as persoas que beberon dende moi xoves, danse conta do que non deberían facer.
    Claro que o alcol non é malo se o tomas de vez en cando. Agora en exceso sí.

  20. gabriellema.aso.1a di:

    Todos somos conscientes dos danos que causa o alcol no noso organismo. O problema está en que a maioría das persoas ven o “divertimento” por encima da súa saúde.
    Son numerosas as charlas que se nos aportan durante a ESO e a educación primaria de charlas sobre alcol, as drogas, o tabaco etc. Pero moitas persoas nesas charlas adícanse a facer bromiñas, intentando quedar por riba dos demáis, só polo simple feito de sentirse identificados co que está diciendo a persoa encargada da charla, non aproveitando o que realmente queren transmitirlles.
    Como ben di Martín Corbelle, moitos rapaces beben pola presión que exercen os seus amigos do grupo. Pero esta xente non se conforma con beber unha cantidade de alcol que xa lle permita abrirse máis os demáis, pasalo mellor… Senón que seguen a beber durante toda a noite, sen ter en conta o perxudicial que é para a súa saúde, para que logo o día seguinte, presuman das súas borracheiras, de quen ten maior dor de cabeza ou de quen fixo máis barbaridades no día anterior.
    E finalmente estou totalmente de acordo con Micael,xa que como ben di el, o alcol é unha droga que nós permitimos que o sexa.

  21. laracores.aso.1b di:

    Estase a falar do alcolismo nos xoves, pero en realidade non é un problema que so lles afecte a eles se non que son moitos os adultos que beben de forma pasiva e acaban por volverse alcolicos para “remediar” os seus problemas ou esquecer as súas penas, como comentan os meus compañeiros o alcol non soluciona ningún destes problemas se non que inda ocasiona moitos máis.
    O alcol fai que nos poñamos violentos, co que se un membro da familia sufre esta enfermedade e négase a superala poderá acabar por rompela.
    Hai moitas formas de sair do alcolismo, e inda que non é tarefa fácil, son moitos os que o conseguen cada día grazas a clínicas de desintoxicación e outros tratamentos, cun apoio da familia e a axuda dos expertos pódese chegar a unha completa desintoxicación.

  22. manuelsomoza.aso.1a di:

    Como varios dos meus compañeiros din, o consumo de alcol moderado é beneficioso en algúnhas bebidas como a cervexa ou o viño. O problema está cando ese “moderado” pasa a ser abusivo, entón aínda que non o pareza cambia a nosa forma de vida xa que dependemos del para por exemplo divertirnos, para pasalo ben, para facerse amigos dos demais,etc. E isto é algo moi tentador para a xunventude de hoxe en día que o que máis lle preocupa e ser popular…
    Ademais, como esta “etiqueta” que ten o alcol é moi tentadora sobre todo para os xóvenes, o alcolismo no noso país cada vez a media de idade é menor, polo tanto maiores consecuencias a larga, máis dano no organismo, etc.
    Por último, engadir que na nosa cultura o alcol está ben visto nalgunhas bebidas e incluso a xente utiliza estas bebidas para aumentar o turismo como é o caso do Salnés co noso viño Albariño ou incluso facer festas sobre esa bebida. Isto crea un conflicto entre o alcolismo e a cultura.

  23. mariacmaq.aso.1a di:

    O consumo de alcol moderado non é malo para a saúde xa que nalguns casos beneficia. O verdadeiro problema prodúcese cando o alcol se converte nunha necesidade, xa que hoxe en día moita xente depende do alcol para divertirse, unha diversión que lle pode saír cara a nosa saúde, cando realmente se converte nunha enfermidade que pode ser tratada pero que é moi díficil mentres o perxudicado non estea mentalizado da situación que se atopa por culpa do alcol.

  24. xmiguelcastro.aso.1b di:

    Quizáis quede un tanto descolgado do debate,pero dame pereza ler todos os comentarios.
    Contestarei a pregunta plantexada por Víctor no comentario nº2.
    Ao meu parecer vivimos nun estado un tanto hipócrita comparando outros estados.Con isto non pretendo ni exaltar outros Estados nin ridiculizar España,tan só digo,que é dos países onde máis se consume alcohol,e en grande medida na xuventude.
    Chámolle hipócrita por que é un país no que a cuestión das drogas,sen chegar a meternos en drogas moi fortes,falando simplemente de Marihuana,o Estado penaliza fortemente aos seus consumidores,ou as persoas que teñen un pequeno cultivo,e no tema do alchol,deixano circular libremente,sabendo que rapaces de 13 e 14 anos o consumen nos locais.
    Claramente,eu bebo cando saio,pero coido que sería convinte elaborar unha serie de leis,nas que se restrinxira algo máis o seu consumo,sobre todo na mocidade menor dos 16,perseguir a eses hosteleiros que permiten a venda a rapaces,e advertir dos perigos que conleva o consumo abusivo de alcohol.

  25. malenasineiro.aso.1b di:

    Para o meu parecer cada un é responsable dos seus actos. Está demostrado que unha cunca de viño ás comidas é moi bo para a saude, polo tanto o alcohol é coma todo, todo exceso é malo para a saude pero por tomar un par de copas nos fins de semana non pasa nada, o que hai que ter é un pouco de responsabilidade e beber o xusto.

  26. sandragarcia.aso.1b di:

    Sí é verdade que beber con moderación non é malo, o malo é saber onde está o límite, porque hai xente que comeza pensando: ”eu controlo”, ou ”por unha copa máis non pasa nada”, e acaba sendo un alcólico irremediable. En canto ao que se di no post, de que aínda despois de deixar o alcol, esa persoa será toda a súa vida un enfermo alcólico, non considero que sexa certo. Eu considero que se pode deixar de ser alcólico, e despois de deixalo, conseguir disfrutar do alcol con moderación. Non digo que non sexa difícil, pero co apoio da familia, e cunha grande forza de vontade, pódese.

  27. victorino.aso.1 di:

    Como dicen os meus compañeiros o alcol con moderación non e malo o peor e cando se chega a adición. Todos os fin de semana podense ver como moitos adolescentes teñen que ser hospitalizados por un coma etílico e isto si pode ser un problema xa que pouco a pouco o corpo necesita o alcol e chega a ser como unha droga xa que como di no post os enfermos teñen unha forte dependencia polo alcol.
    No noso país o alcol xoga un papel importante xa que xenera moitos portos de traballo e mobe moito diñeiro.

  28. taniagonzalez.aso.1b di:

    Estou de acordo con Malena porque tomes unha ou dúas copas no fin de semana non pasa nada. claro, se tes responsabilidade, pero a maioria dos xóvenes non a teñen e pensas que por beber xa son populares e son mellores cos outros e non saben no problema no que se meten porque a larga paganas, e por último unha persoa que foi alcoholica e saiu da bebida non podemos decir que está recuperada ainda que xa non bebas sigue sendo alcolica porque a sangue está habituada e esas persoas nunca poderán probar o alcol xa que se o fan volven a recaer.

  29. fatimafuentes.aso.1a di:

    Eu opino que por beber alcol mederadamente non pasa nada, como xa din moitos dos compañeiros, algunhas bebidas incluso poden chegar a ser beneficiosas. O alcol podese converter nun problema moi serio cando se comeza a consumir en cantidades máis altas das recomendadas e dunha maneira continua. Como xa sabemos, este feito pode crear adicción e traernos consecuencias moi graves para a nosa saúde.

  30. fatimafuentes.aso.1a di:

    En España, o consumo de alcohol é maior entre os homes (70,8 %) (dos cales, un 2,8 % son bebedores con risco) que entre as mulleres (36,7 %) (un 0,3 % de bebedoras con risco). En total, un 5,4 % da población adulta ten problemas relacionados co alcol. E para rematar, outra curiosidade: a mortalidade no noso país, relacionada con este tipo de bebidas, é dun 6%.

  31. lorenabuceta.aso.1b di:

    A desintoxicacón nun alcólico pódese facer de maneira tradicional ou mediante unha recuperación neuronal.
    Esta última segue as seguintes pautas:
    tras varios exames e a evaluación, realízase as intervencións farmacolxicas, orales e intravenosas, que permiten recuperar as funcions neuronales das estructuras do cerebro que foron danados polo alcol, de maneira que as neuronas tratadas poden maximizar a súa capacidade para usar o osíxeno e normalizar de maneira rápida as membranas neuronais. O principal logro deste procedemento farmacolóxico hospitalario é que proporciona a cantidade necesaria de medicación para asegurar una desintoxicación do alcolismo segura e cómoda, sin ansia de consumo e sen síntomas de abstinencia. Ó incrementar a capacidade das neuronas tratadas para usar o osíxeno dispoñible, as funcóns da membrana neuronal normalizanse de maneira rápida.

    Á diferencia da desintoxicación tradicional tarda 2 días, en vez de 5-180;nin sofren ansiedade, temblores, ansia de Consumo, falta de apetito, insomnio, depresión e irritabilidade durante o tratamento.

  32. belindagomez.aso.1a di:

    Eu creo que non somos unha sociedade coherente con respecto o consumo de alcol. Primeiramente, porque moitas zonas de España viven da venta de viño. Todo o mundo en xeral critica o abuso do alcól pero deixa de lado o feito de que un alcolico non se volve dun día para o outro, normalmente comeza bebendo para festexar algo. Na meirande parte dos festexos familiares se consome alcol por parte de adultos diante dos seus fillos e dinlle a estos que é malo, pero o que os nenos fan é a asociación de alcol con momento feliz, e isto vimolo todos. ¿Coñecemos algunha festa ou celebración onde non se sirva alcól?
    Por outra banda, pódense ver cantidade de anuncios en medios de comunicación sobre bebidas alcólicas, onde se equipara alcól con diversión, sensualidade, etc. A pesar de que todos coñecemos os efectos nocivos do alcol a maioría ve como algo moi lonxano volverse alcólico.
    Seguramente quenes cultivan cocaína consideran, que o consumo de cocaína en pequenas dosis, de maneira exporádica e sen adulterar, non ten nada de malo. Pero entre os españois non é algo socialmente aceptado.

  33. sarabetanzos.aso.1b di:

    Na miña opinión, eu penso que por máis que se fale e que saibamos todo o perxudicial que pode chegar a ser o alcol, realmente non temos asimilado o dano que ésta substancia pode chegar a facer.
    Os adolescentes, que son os máis propensos a consumir éstas bebidas, saben que alcol é moi dañido se non se consume con precaución, mais aínda así, son moi poucas as persoas que evitan as grandes consumicións por precaución.
    Penso que para que nos demos realmente do peligro da situación, deberiamos vivir en carne propia o dano que pode chegar a facer ésta substancia.